Benvido a este teu lugar de información, consultas, aportacións e por suposto críticas.


Un grupo, un compromiso, unha idea, unha ilusión...

Poñemos o teu alcance unha ferramenta necesaria para coñecer toda a información sobre o noso Concello: actuacións, acordos, propostas, necesidades, acontecementos.... e tamén lugar para opinar libremente a través dos teus comentarios.

Esperamos as túas aportacións.

martes, 20 de febrero de 2018

¡¡¡ TRISTE REALIDADE ¡¡¡

Nestes pasados días a prensa local està a publicar unha serie de artigos e datos sobre a TRISTE REALIDADE na que se atopa a nosa provincia en canto o tema da despoboación se refire.

Unha provincia sumida nun gravísimo problema que dende as institución provincial gobernada por dinastía de políticos herdanda de pais a fillos con políticas caciquis e clientelares durante décadas deixan un panorama desolador, acompañados e coa complicidade de gobernos municipais afins que seguen de espaldas a esta realidade.

Os datos no que se refire ao problema da poboación son espeluznantes, e para unha (ainda que xa tardía) reflexión, xa que dentro da Unión Europea, España está a cabeza deste problema, sendo Galicia a comunidade máis afectada, e dentro de Galicia, Ourense è un caso negativo que rompe tòdolos indicadores, e agora segundo os datos publicados o noso Concello da Peroxa, ten o triste honor de estar entre os primeiros postos en canto a pobos deshabitados e no primeiro lugar dos pobos con menos de 10 veciños, o que non augura unha boa perspectiva a curto prazo, xa que ademáis eses veciños están nunha media de idade moi elevada.

Os datos publicados falan por sí sós....


http://www.laregion.es/articulo/ourense/cada-pueblos-tiene-menos-10-habitantes-despoblado/20180214082031770494.html?platform=hootsuite

Dende o goberno municipal do Concello da Peroxa, como acostuman a facer, botaran a culpa a outras administracións destes datos, sen facer, pola súa parte nin unha sóa proposta para mellorar esta situación, coa perda de máis de 700 habitantes en 15 anos, ou mesmo tamén dirán de nós mesmos, como xa teñen feito en varias ocasións que damos unha imaxe catastrofísta do Concello¡¡¡¡

......SEÑOR ALCALDE E CONCELLEIROS DO PP: 

ESTES DATOS SON OFICIAIS E REFLICTEN O RESULTADOS DAS SÚAS POLÍTICAS EN CASE 40 ANOS DE GOBERNO MUNICIPAL E DESASTROSA XESTIÓN DESTE PROBLEMA COA POBOACIÓN DO CONCELLO, QUE TEN QUE EMIGRAR NA BUSQUEDA DE TRABALLO (XA QUE O TAN PROMETIDO SEMPRE EN ÉPOCA ELECTORAL PARQUE EMPRESARIAL SEGUE SENDO UNHA UTOPÍA), ASI COMO, OS PROGRAMAS DE REHABILITACIÓN DE VIVENDA (AUSENTES DURANTE ANOS ATA FAI UN PAR DE MESES QUE DECIDIRON OPTAR A SUBVENCIÓNS PUBLICAS PARA REHABILITAR TAMÉN POSIBLES VIVENDAS DE TITULARIDADE MUNICIPAL), ABANDOANDO COMPLETAMENTE OS NOSOS POBOS E PARROQUIAS CON MEDIDAS CENTRALIZADORAS QUE DEIXAN OS DATOS QUE VOS ACABAMOS DE PUBLICAR.

VOLVEMOS, COMO XA TEMOS FEITO EN INFINIDADE DE OCASIÓNS, A RECORDAR QUE VARIAS DAS NOSAS PROPOSTAS FORON REXEITADAS E OUTRAS APROBADAS NOS CORRESPONDENTES PLENOS PERO TODAVÍA SEN POR EN FUNCIONAMENTO.

PREFIREN SEGUIR CO SEU ESTILO DE FACER POLÍTICA  E DANDONOS A NÓS E A TODA A VECIÑANZA AS TÍPICAS REPOSTAS NOS PLENOS: 

"nos tamén temos ollos...."
"non vivimos noutro planeta....."
"non podemos poñer o carro antes que os bois....."
"os que gobernamos somos nos....."
"faremolo, pero non porque o digades vós....."
"o Concello non é unha axencia inmobiliaria....."

A PIQUES DE REMATAR OUTRA LEXISLATURA COS MESMOS GOBERNANTES E COS MESMOS XEITOS DE FACER A POLÍTICA, O RESULTADO É O QUE REFLICTEN TODOS OS DATOS QUE SE PUBLICAN, E SEGUIRAN SEN COMPRENDER QUE O NOSO OBXETIVO É A MELLORA DO NOSO CONCELLO, E SEGUIRÁN EQUIVOCÁNDOSE MENTRAS CANDO NO NOSO TRABALLO CONSTANTE E NAS NOSAS PROPOSTAS VEXAN UN ENEMIGO EN LUGAR DE OPCIÓNS DE MELLORA.

Tamén a televisión local Telemiño facía a súa particular análise da situación neste vídeo....

https://www.youtube.com/watch?v=X6Egk-BnxhQ

Estamos como se pode comprobar, tristemente, nos primeiros postos de pobos abandoados e pobos con escaseza de veciño, un dato que choca radicalmente con este outro onde somos un dos concellos da provincia con máis vivendas sen habitar.....CON MÁIS DE 500 ¡¡¡


DATOS QUE REFLEXAN QUE AS MEDIDAS TOMADAS POLOS NOSOS GOBERNANTES NAS DIFERENTES ADMINISTRACIÓN ESTÁN CLARAMENTE ERRADAS, POLO QUE NON SE PODE SEGUIR LAMENTANDO UN DA SITUACIÓN, E POLA CONTRA SEGUIR COAS MESMAS POLÍTICAS ERRADAS.....¡¡¡¡

Teñense anunciado na prensa diversos convenios asinados......este do ano 2012.....¿Que se fixo no noso Concello?.....NADA ¡¡¡

http://www.farodevigo.es/portada-ourense/2011/07/27/sector-inmobiliario-insta-concellos-implicarse-rehabilitacion-rural/566253.html

Unha das nosas primeiras propostas cando chegamos ao Concello no ano 2011 foi esta sobre esta mesma problemática....


Mesmo esta moción e o posterior acordo foi recollido pola prensa local......



¿QUE FIXO O CONCELLO DA PEROXA PARA POR EN MARCHA ESTA MEDIDA?

NADA ¡¡¡

POR TODO O EXPOSTO, E ARGUMENTADO NESTE ARTIGO, DEMOSTRAMOS UNHA VEZ MÁIS O PASOTISMO MÁIS ABSOLUTO DO ACTUAL GOBERNO MUNICIPAL, MÁIS PREOCUPADO DE OUTROS ASUNTOS QUE DE TRABALLAR PARA BUSCAR SOLUCIÓNS A UN DOS PROBLEMAS MÁIS GRAVES NA ACTUALIDADE ¡¡¡

UNHA VEZ LEIDO, ANALIZA E SACA AS TÚAS CONCLUSIÓNS ¡¡¡

TRABALLAMOS POLA MELLORA DO CONCELLO ¡¡¡

No hay comentarios:

Publicar un comentario