Benvido a este teu lugar de información, consultas, aportacións e por suposto críticas.


Un grupo, un compromiso, unha idea, unha ilusión...

Poñemos o teu alcance unha ferramenta necesaria para coñecer toda a información sobre o noso Concello: actuacións, acordos, propostas, necesidades, acontecementos.... e tamén lugar para opinar libremente a través dos teus comentarios.

Esperamos as túas aportacións.

martes, 30 de enero de 2018

¿ Coñeces os datos ?

A reflexiòn de hoxe está relacionada cun curioso artigo que a prensa local publicou fai escasos días sobre os cartos públicos que se levan nesta provincia os mandatarios locais, e polo tanto tamén os datos que "afectan" ao noso concello.

Destaca neste artigo que temos "a honra" de ter no posto nº 12 ao Concello da Peroxa da clasificación dos que máis gasta nos nosos mandatarios dos 92 concellos da provincia ¡¡

Tendo que engadir a estes datos, que os 40.000€ corresponden aos soldos do Alcalde e do Concelleiro de Urbanismo.

En canto ao xa elevado soldo do Alcalde Manuel Seoane, indicar que se lle pagan case 29.000€ por unha adicación parcial, é decir, por tan só unhas horas de adicación diaria a súa función, tendo en conta que si a adicación fose completa e o soldo seguise a mesma proporción duplicaría esa cantidade situándose nos primeiros postos da provincia e tamén de toda Galicia.



Resulta tamén moi chamativo que a evolución deste soldo que o noso Alcalde se leva, foi incrementándose nos últimos anos nunha porcentaxe que para nada se asemella a de calquer traballador....

Sirvan como exemplo as dúas imaxes compartivas seguintes do que era o seu soldo municipal no ano 2007 e o que é actualmente, cos datos do orzamento do pasado ano 2017

UN INCREMENTO DE MÁIS DE 2.300€ ¡¡¡¡


SOLDO NO ANO 2007: 26.698€ ¡¡¡



SOLDO ACTUAL: 28.994€ ¡¡¡


TOMA NOTA SOBRE ESTES DATOS QUE SEGURO NON COÑECÍAS ¡¡¡¡¡


No artigo da prensa local do enlace seguinte referíase a provincia de Ourense, pero tamén se publicaron recentemente uns datos que se referían a toda Galicia e onde temos unha privilexiada posición ¡¡¡




NOS FACILITAMOS A INFORMACIÓN DO QUE ACONTECE NO TEU CONCELLO.......TEU É A ANALISE E REFLEXIÓN¡¡¡¡.......E SOBRE TODO AS CONCLUSIÓNS ¡¡

SOMOS E SEGUIREMOS SENDO A ÚNICA FONTE DE INFORMACIÓN DE TODO E PARA TOD@S ¡¡¡


viernes, 26 de enero de 2018

Actividade no concello na fin de semana do 27 e 28 de xaneiro de 2018

No eido deportivo, os equipos representativos do Concello terán os seguintes encontros:


No fútbol rexional:

A PEROXA C.F. - C.D. RANTE: Domingo 28 as 16:30 no Campo do Marco.


No fùtbol dos equipos de base:


A.D. BOSCO - A PEROXA C.F. CADETE: Domingo 28 as 10:00 no Campo de Salesianos.

U.D. OURENSE "B" - A PEROXA C.F. INFANTIL: Sàbado 27  as 18:15  no Campo do Colexio Miraflores (Pereiro de Aguiar).

E.D.C. CELANOVA "B" - A PEROXA C.F. ALEVIN: Domingo 28 as 10:45 no Campo de Celanova.

A PEROXA C.F. BENXAMIN - C.D. VELLE "B":  Sàbado 27 as 16:00 no Campo do Marco.

A PEROXA C.F. PREBENXAMIN- E.D.C. XINZO : Sàbado 27 as 11:30 no Campo do Marco.


No fútbol de veteráns:

LLOVIZNA - NOVO RIBEIRO:  Sabado 27 as 17:30 no Campo do Marco.

ESTACION DE LOMA - ATL. PEROXA: Domingo 28 as 11:00 no Campo de Loñoa.


No fútbol sala:

MANZANEDA F.S. - PEARES F.S.: Sàbado 27 as 19:00 no Pabellón de Manzaneda.


No deporte do atletismo, os nosos representantes do PEROXA RUNNING, seguen a ter variedade de probas onde partipar, tal e como indica o calendario:


Nesta fin de semana, de novo a hostelería local convoca a través do BAR IVARI a un orixinal Campeonato de Fùbolin que se anuncia a travès do seguinte cartel.


Para rematar, lembramos que mañà sàbado día 27 teremos a Feira da Peroxa.

SOMOS E SEGUIREMOS SENDO A ÚNICA FONTE DE INFORMACIÓN DE TODO E PARA TOD@S ¡¡


jueves, 25 de enero de 2018

Un grave problema....

O título é ben expresivo do problema que imos a tratar neste artigo, e que ten relación coas recentes publicacións, tanto da prensa local, como da propia Televisión Autonómica na reportaxe feito no noso Concello da Peroxa, sobre a GRAVE problemática dos danos que ocasiona o xabarín.

A prensa local así recollía a noticia....

http://www.farodevigo.es/portada-ourense/2018/01/16/vecinos-peroxa-abandonan-fincas-presencia/1820202.html

A reportaxe da TVG sobre a situación foi a seguinte....

http://www.crtvg.es/informativos/vecinos-da-peroxa-deixan-de-traballar-as-leiras-polos-danos-do-xabaril-3609952

Como non podía ser doutro xeito, e sendo conscientes que xa fai anos é un dos problemas máis graves que ten o noso Concello, onde os agricultores e gandeiros sufren as consecuencias dunha superpoboación destes animais, compartimos as queixas da veciñanza e apoiamos ao concello nesta xusta demanda de solucións a este problema.

Agora ben, un problema, que non é novo, xa que esta mesma noticia se dá cada certos anos, dando publicidade ao problema, pero as solucións dos responsables seguen sen chegar.

Todos podedes, sin ir máis lonxe, lembrar unha reportaxe similar, alá polo ano 2013....

http://www.crtvg.es/informativos/os-xabarins-causan-destrozos-na-peroxa-661347

POLO TANTO.......CABE PREGUNTARSE......¿CALES FORON AS SOLUCIÓNS E AS MEDIDAS LEVADAS A CABO NESTES ANOS TANTO POLOS RESPONSABLES DA XUNTA DE GALICIA COMO DO NOSO PROPIO CONCELLO?

Lembramos, que alá polo xa lexano 2013 o Partido Socialista presentou no Parlamento de Galicia unha batería de medidas sobre esta problemática, que como case sempre, o goberno do Partido Popular rexeitou........e así seguimos ¡¡¡

Para continuar desglosando o que foi a nota de prensa sobre a xuntanza coa conselleira por parte do alcalde do noso Concello, indicar que tamén è preocupante, e moi necesario, unha solución ao problema dos niños da Velutina, pola súa gravidade para a poboación.

Agardemos que as medidas solicitadas, e as cales, tamén compartimos, sexan por fin atendidas, xa que sobre este asunto, tamén o Partido Socialista na Deputación de Ourense presentou unha serie de medidas para actuar contra esta nova plaga......pero como sempre......as actuacións están paralizadas ¡¡¡

http://www.laregion.es/articulo/ourense/psoe-pedira-mas-implicacion-provincia-velutina/20180113082349761492.html

Finalmente, toca reflexionar tamén sobre a petición do noso Alcalde de rematar con minifundismo para poder dar cabida e solucións aos novos emprenderos no rural e desfacerse das trabas que atopan no acceso e explotación das fincas abandoadas.

O titular da prensa nesta problemàtica foi o seguinte...

http://www.laregion.es/articulo/ourense/peroxa-pide-solucion-ao-excesivo-minifundismo/20180117095227762520.html

Nesta mesma noticia, tamén se refire a situación das nosas estradas, repletas de maleza na súa contorna co grave perigo en caso de incendios e sobre todo polo deterioro que ocasionan no seu piso, pero neste punto, lembrar que o Concello tan só se limita a poñer Bandos Informativos, para informar a poboación das leis e das obrigas, pero nunca ten actuado neste sentido, amosando unha completa falta de responsabilidade diante desta problemática.

A noticia tamén se recollía así noutro medio local....



Agardemos, polo tanto, que coa colaboración da Xunta, por fin¡¡¡¡ o noso Concello da Peroxa asuma as súas responsabilidades e se poña dunha vez por todas a traballar.

Anteriormente, a cada petición feita polo alcalde na reunión coa conselleira, expuxemos con claridade cales foran as medidas propostas polo noso partido, sen ter todavía resposta, nin moito menos, actuacións nese senso.......dando a calada por resposta e chegando a situacións lìmite ¡¡¡

Nestes últimos casos sobre o acceso e a limpeza das contornas das nosas estradas, poñeremos un exemplo de cada unha delas, no noso propio territorio, para que todos e todas poidades comprobar o nulo caso que tamén no concello da Peroxa, se fan as nosas propostas por parte dos responsables municipais, que en lugar de tomar e buscar solucións, prefiren sair nos medios de comunicación facendose a foto cos mandatarios da Xunta, mentras no seu propio concello ante os problemas indicados miran cara outro lado.....¡¡¡¡......TOMA NOTA.

EN CANTO O TEMA DE ACCESO A FINCAS PARA PODEREN SER TRABALLADAS LEMBRAMOS UNHA PETICIÓN FEITA RECENTEMENTE POLO NOSO GRUPO MUNICIPAL NUN PLENO A PRINCIPIOS DO PASADO ANO 2017 RECLAMANDO A TRAVÉS DO CORRESPONDENTE ROGO (NUMERO 6) A MELLORA DO ACCESO A UNHA ZONA DE FINCAS NO POBO DO CONCHOUSO.....




MESMO LLE FACILITAMOS COMO SEMPRE, TODOLOS DATOS NECESARIOS E IMAXES DO DETERIORO....




A RESPOSTA DADA NO SEU DÍA FOI......."IREMOS VER COMO ESTÁ" ¡¡¡

ATA O DÍA DE HOXE PARECE QUE NON TIVERON OCASIÓN DE PASAR POLA ZONA, XA QUE TODAVÍA NON HAI NIN RESPOSTA, NIN O QUE É PEOR.....SOLUCIÓNS ¡¡¡

TODO ISO A PESAR, DE COMO CADA ANO, TER RECIBIDO DIVERSAS SUBVENCIÓNS E AXUDAS DOUTRAS ADMINISTRACIÓNS PARA A MELLORA E ARRANXO DE CAMIÑOS MUNICIPAIS....



NO QUE SE REFIRE A LIMPEZA DE MALEZA A CARÓN DAS NOSAS ESTRADAS, TEMOS UN CASO QUE É BEN SIGNIFICATIVO, XA QUE TEMOS SOLICITADO A SÚA MELLORA EN NUMEROSAS OCASIÓNS, RECIBINDO POR PARTE DA ALCALDÍA TODO TIPO DE RESPOSTAS E DISCULPAS, PERO O CASO É QUE ESTÁ TODAVÍA SEN ACTUAR CONVINTEMENTE.

TRÁTASE DA ESTRADA ENTRE ANDELO E GULFARIZ ONDE O EXCESO DE ACACIAS FAI QUE INVADAN A ESTRADA E MESMO CAENDO SOBRE A MESMA DIFICULTANDO A CIRCULACIÓN POLA ZONA. 

TEMOS RECIBIDO, COMO DIXEMOS, RESPOSTAS DE TODO TIPO.....DENDE QUE SERÍA ATENDIDA DE INMEDIATO, PASANDO PORQUE ESTABAN A ESPERA DUNHA NOVA MÁQUINA DA DEPUTACIÓN.....ATA QUE NON ERA NECESARIO ACTUAR NESA ZONA ¡¡¡

CASUALMENTE, UNHA DAS PETICIÓNS FOI FEITO, AO IGUAL QUE NO CASO  DO CAMIÑO ANTERIOR NOS MESMO ROGOS, NESTE CASO NO NUMERO 1



UNHA VEZ MÁIS, AS NOSAS PETICIÓNS ESTÁN ARGUMENTADAS CON FOTOS REAIS, QUE NESTE CASO FOI XA NO ANO 2014, PERO BEN PODERÍA TER SIDO HOXE MESMO, XA QUE A SITUACIÓN POUCO MUDOU ¡¡¡



REMATAMOS, UNHA VEZ MÁIS, SOLICITANDO A TÚA REFLEXIÓN E ANALISE SOBRE O EXPOSTO NESTE ARTIGO.

SEGUIMOS E SEGUIREMOS TRABALLANDO POLA MELLORA DO NOSO CONCELLO ¡¡¡

jueves, 18 de enero de 2018

Actividade no Concello na fin de semana do 20 e 21 de xaneiro de 2018

No eido deportivo, os equipos representativos do Concello terán os seguintes encontros:


No fútbol rexional:

ATL. PONTEDEVA - A PEROXA C.F.: Domingo 21 as 16:30 no Campo de Pontedeva.


No fùtbol dos equipos de base:


A PEROXA C.F. CADETE - C.D. ARENTEIRO "B": Sàbado 20 as 10:30 no Campo do Marco.

A PEROXA C.F. INFANTIL- S.D. VALENZA: Sàbado 20  as 16:00  no Campo do Marco.

A PEROXA C.F. ALEVIN- PABELLÓN C.F. "B":  Sabado 20 as 12:00 no Campo do Marco.

POLIGONO C.F. - A PEROXA C.F. BENXAMIN:  Sàbado 20 as 11:30 no Campo do Poligono.

OURENSE C.F. - A PEROXA C.F. PREBENXAMIN: Sàbado 20 as 12:00 no Campo de Oira.


No fútbol de veteráns:

LLOVIZNA - ARNOIA: Sabado 20 as 17:30 no Campo do Marco.

VETERANOS POLIGONO - ATL. PEROXA: Sàbado 20 as 16:00 no Campo do Poligono.


No fútbol sala:

PEARES F.S.- BEARIZ F.S.: Domingo 21 as 11:30 no Pabellón dos Peares.


No deporte do atletismo, os nosos representantes do PEROXA RUNNING, seguen a ter variedade de probas onde partipar, tal e como indica o calendario:


Anunciamos unha nova edición de Enduro, que organizado polo Moto Clube A Peroxa se disputará o domingo 21 polo noso territorio....


Toda a información desta proba no enlace seguinte:


Dentro do programa festivo, anunciamos xa a primeira festa patronal deste novo ano 2018 que será na parroquia de Graices o domingo 21 na honra a San Vicente, patrón desta parroquia, e que ten o seguinte cartel:



SOMOS E SEGUIREMOS SENDO A ÚNICA FONTE DE INFORMACIÓN DE TODO E PARA TOD@S ¡¡

TRABALLAMOS POLA MELLORA DO NOSO CONCELLO ¡¡

viernes, 12 de enero de 2018

Actividade no Concello na fin de semana do 13 e 14 de Xaneiro de 2018

No eido deportivo, os equipos representativos do Concello terán os seguintes encontros:


No fútbol rexional:

A PEROXA C.F. - C.D. ALLARIZ: Domingo 14 as 16:00 no Campo do Marco.


No fùtbol dos equipos de base:

C.D. VELLE "B" - A PEROXA C.F. CADETE: Sàbado 13 as 10:00 no Campo de Velle.

MONFORTE C.F. "B" - A PEROXA C.F. INFANTIL: Sàbado 13  as 11:00  no Campo Luis Bodegas de Monforte.

E.D.C. BARBADAS "B" - A PEROXA C.F. ALEVIN: Domingo 14 as 11:00 no Campo da Valenzà.

A PEROXA C.F. BENXAMIN - A.D. BOSCO "C":  Sàbado 13 as 12:00 no Campo do Marco.

A PEROXA C.F. PREBENXAMIN- E.D.C. SANTA TERESITA: Sàbado 13 as 11:00 no Campo do Marco.


No fútbol de veteráns:

CAFE VIVIAN/MACENDO - LLOVIZNA:  Sabado 13 as 18:00 no Campo do Poligono.

ATL. PEROXA - BARBADAS: Domingo 14 as 11:00 no Campo do Marco.


No fútbol sala:

A GUDIÑA F.S. - PEARES F.S.: Sàbado 13 as 16:00 no Pabellón da Gudiña.


No deporte do atletismo, os nosos representantes do PEROXA RUNNING, seguen a ter variedade de probas onde partipar, tal e como indica o calendario:


Anunciamos unha nova edición de Enduro, que organizado polo Moto Clube A Peroxa se disputrá o vindeiro domingo 21 polo noso territorio....



Dentro do programa festivo, anunciamos xa a primeira festa patronal deste novo ano 2018 que será na parroquia de Graices o vindeiro domingo 24 na honra a San Vicente, patrón desta parroquia, e que ten o seguinte cartel:



SOMOS E SEGUIREMOS SENDO A ÚNICA FONTE DE INFORMACIÓN DE TODO E PARA TOD@S ¡¡

TRABALLAMOS POLA MELLORA DO NOSO CONCELLO ¡¡