Benvido a este teu lugar de información, consultas, aportacións e por suposto críticas.


Un grupo, un compromiso, unha idea, unha ilusión...

Poñemos o teu alcance unha ferramenta necesaria para coñecer toda a información sobre o noso Concello: actuacións, acordos, propostas, necesidades, acontecementos.... e tamén lugar para opinar libremente a través dos teus comentarios.

Esperamos as túas aportacións.

viernes, 27 de enero de 2017

Actividade no Concello na fin de semana do 28 e 29 de xaneiro de 2017

No apartado deportivo, os partidos dos equipos representativos do Concello serán os seguintes:

No fútbol rexional.... 


ANTELA C.F. - A PEROXA C.F.: Domingo 29 as 16:30 no campo de Xinzo de Limia.


Nas categorías do fútbol base:

A PEROXA C.F. CADETE - S.D.C. ARRABALDO "B": Sàbado 28 as 10:30 no campo do Marco.

RIBEIRO C.F. - A PEROXA C.F. ALEVIN: Venres 27 as 18:30 no campo de Ribadavia.

RIBADAVIA ATL. - A PEROXA C.F. BENXAMIN: Sàbado 28 as 11:30 no campo de Ribadavia.

A PEROXA C.F. PREBENXAMIN - C.D. ARENTEIRO: Sàbado 28 as 12:15 no campo do Marco.


No fútbol de veteranos....

ATL. PEROXA - MOMA CARBALLIÑO: Domingo 29 as 11:30 no campo do Marco.

CHANTADA - LLOVIZNA: Domingo 28 as 11:00 no campo de Chantada.


O noso representante no fùtbol sala terá o seguinte partido:

OS PEARES - OPTICA PRIETO/P.TINTO FS: Sàbado 28 as 20:00 no pabellón dos Peares.

Os compoñentes do PEROXA RUNNING participarán en algunha das probas que marca o calendario para esta fin de semana:

http://www.correrengalicia.org/index.php?name=CPGNuCalendar


SEGUIMOS E SEGUIREMOS SENDO FONTE DE INFORMACIÓN DE TODO E PARA TOD@S ¡¡¡


jueves, 26 de enero de 2017

Boas noticias sí ¡¡¡.....pero para cando ???

O titular é ben expresivo do que está a acontecer con unha das obras de máis orzamento dos últimos anos no noso Concello, e sobre todo unha das de máis necesidade, tanto no lugar que se van a executar con en outros moitos pobos e parroquias onde carecen do mesmo.

Falamos da obra de saneamento que se vai a realizar en parte da parroquia de Toubes e en parte do pobo de Cinconogueiras.

O orzamento desta obra tal e como se publicaba alá polo xa lonxanos mes de xuño na prensa local a bombo e platillo é de màis de 400.000€:

http://www.farodevigo.es/portada-ourense/2016/06/29/mejoras-red-saneamiento-pueblos-toubes/1488985.html

Tamén a propia  Xunta de Galicia reflexaba a sinatura deste convenio a travès da web do seu organismo encargado da licitación Augas de Galicia.

Dende o Concello da Peroxa, publicaban nas súas redes sociais este acordo...



Con posterioridade a todos os anuncios anteriores, no Boletín Oficial da Provincia do luns 26 de setembro publicabase o periodo de apertura de exposición pública do proxecto tal como se pode ver no seguinte enlace (paxina 9):

https://bop.depourense.es/portal/descargarPdf.do?numBoletin=222&fecha=20160926


Na presentación dos orzamentos da Xunta para o vindeiro 2017 tamén se recollía nos anuncios de prensa a principios de decembro a realización desta obra:

http://www.lavozdegalicia.es/noticia/ourense/a-gudina/2016/12/04/presupuestos-gallegos-implican-recuperacion-medio-rural/0003_201612O4C2993.htm

Finalmente, con data do xoves 29 de decembro de 2016 publicabase no DOG o anuncio de licitación desta obra, onde no enlace seguinte na súa paxina 3, podese comprobar, así como o plazo de execución que será de 6 meses e tamén o prazo límite de presentación de ofertas que casualmente remata hoxe día 26:

http://www.xunta.gal/dog/Publicados/2016/20161229/AnuncioO143-231216-0001_gl.pdf


Polo tanto, seguiremos de preto esta actuación necesaria e solicitada en numerosas ocasiòns por os membros da Agrupación Municipal Socialista no Concello, tanto para os pobos da parroquia de Toubes como para outras moitos pobos que todavía non dispoñen deste SERVIZO OBRIGATORIO NOS CONCELLOS, e onde hai parroquias enteiras como San Cristobal de Souto onde ningún dos seus pobos dispòn de rede de sanemento nin parece que o vai ter nun curto prazo, xa que todos lembraredes aquela famosa resposta nun pleno do ano 2012  do Sr. Alcalde onde textualmente manifestaba "QUE NESA PARROQUIA NON TEÑEN SANEAMENTO PORQUE NUNCA TIVO CONSTANCIA DE NINGUNHA SOLICITUDE POR PARTE DOS SEUS HABITANTES".

Lembrarlle que dudamos de que non a tivera petición, pero o que está claro e que dende o ano 2012 està feita polos Concelleiros Socialistas representantes no Concello da veciñanza ¡¡¡

Na seguinte imaxe o extracto da resposta que o Sr. Alcalde nos dera......LAMENTABLE ¡¡¡



Todo esto, estaba relacionado coa nosa petición de sanemento para varios dos nosos pobos do Concello que carecen deste servizo de saneamento....



Lembramos tamén o que publicara a prensa local relacionado con esta nosa demanda....


REITERAMOS A NOSA LEDICIA POLO INMINENTE INICIO DA OBRAS NOS POBOS DA PARROQUIA DE TOUBES, PERO É BO MOMENTO COMO XA INDICAMOS ANTERIORMENTE QUE TAMÉN FOI UNHA DEMANDA PRESENTADA A PRINCIPIOS DO ANO 2014 POLOS NOSOS CONCELLEIROS SOCIALISTAS TAL E COMO SE REFLEXA NO PUNTO 4 DOS ROGOS PRESENTADOS:



UNHA VEZ MÁIS, DAQUELA O ALCALDE PARECÍA GUSTARLLE MOI POUCO QUE NOS PREOCUPASEMOS POLAS NECESIDADES E POLOS SERVIZOS DA VECIÑANZA EN CADA POBO E EN CADA PARROQUIA, TAL E COMO SEGUIMOS E SEGUIREMOS FACENDO,

RECORDAMOS O QUE NOS CONTESTABA NO PLENO QUE SE TRATOU ESTA PETICIÓN....



INDICABA QUE NON SE VIVE NO POLO NORTE ¡¡¡¡

......NON SABEMOS CAL É A SÚA UBICACIÓN, PERO NIN DAQUELA NIN HOXE MESMO TEN NAS NECESIDADES REAIS DO CONCELLO NIN O SEU INTERÈS NIN A SÚA PREOCUPACIÓN.

O FEITO DE LEVAR CAMIÑO DE 40 ANOS A FRONTE DO CONCELLO E TER PRETO DO 40% DOS POBOS SEN O SERVIZO OBRIGATORIO DE SANEAMENTO INDICA CLARAMENTE QUE NON ESTÀ NO POLO NORTE, SENÓN NOS MUNDOS DE YUPI ¡¡¡¡

SI LEICHES E ANALIZACHE ESTE ARTIGO, SACA AS TÚAS PROPIAS CONCLUSIÓNS DA REALIDADE ¡¡¡

SEGUIMOS E SEGUIREMOS TRABALLANDO POLA MELLORA DO NOSO CONCELLO E SENDO FONTE DE INFORMACIÓN PARA TOD@S DE TODO O QUE ACONTECE NEL¡¡¡



viernes, 20 de enero de 2017

Actividade no concello na fin de semana do 21 e 22 de xaneiro de 2017

No apartado deportivo, os partidos dos equipos representativos do Concello serán os seguintes:

No fútbol rexional.... 


A PEROXA C.F. - MONTERREY C.F.: Domingo 22 as 16:00 no campo do Marco.


Nas categorías do fútbol base:

C.D. VELLE "B" - A PEROXA C.F. CADETE:  Sàbado 21 as 10:00 no campo de Velle.

A PEROXA C.F. ALEVIN - C.D. VELLE:  Sàbado 21 as 11:00 no campo do Marco.

A PEROXA C.F. BENXAMIN - C.P. CALASANCIO "C": Sàbado 21 as 12:00 no campo do Marco.

OURENSE C.F. - A PEROXA C.F. PREBENXAMIN: Sàbado 21 as 12:30 no campo de Oira.


No fútbol de veteranos....

ARABICA OURENSE VET. - ATL. PEROXA: Sàbado 21 as 18:00 no campo de Maside.

LLOVIZNA - BUCEFALO: Sàbado 3 as 16:15 no campo do Marco.



Os compoñentes do PEROXA RUNNING participarán en algunha das probas que marca o calendario para esta fin de semana:

http://www.correrengalicia.org/index.php?name=CPGNuCalendar



Comenzamos tamén o calendario de festas patronais dos nosos pobos e parroquias. Un ano máis comenzamos pola celebración do San Vicente en Graìces, anunciado con este cartel:



APOIA, PARTICIPA E DISFRUTA DAS ACTIVIDADES QUE CHE PROPOÑEMOS ¡¡¡

SEGUIMOS E SEGUIREMOS SENDO A ÚNICA FONTE DE INFORMACIÓN DE TODO E PARA TOD@S ¡¡¡