Benvido a este teu lugar de información, consultas, aportacións e por suposto críticas.


Un grupo, un compromiso, unha idea, unha ilusión...

Poñemos o teu alcance unha ferramenta necesaria para coñecer toda a información sobre o noso Concello: actuacións, acordos, propostas, necesidades, acontecementos.... e tamén lugar para opinar libremente a través dos teus comentarios.

Esperamos as túas aportacións.

viernes, 11 de agosto de 2017

Actividade no Concello na fin de semana do 12 e 13 de Agosto de 2017

No eido deportivo, comenzan a aparecer os primeiros partidos amigables de preparación dos nosos equipos.

Neste caso o equipo do A PEROXA CF xogará o vindeiro venres 18 un amigable no Campo do Marco as 21:00 contra o ATL. PONTEDEVA.

Tamén seguen as probas do deporte do atletismo para os representantes do PEROXA RUNNING que terán as seguintes opcións que marca o calendario....

http://www.correrengalicia.org/index.php?name=CPGNuCalendar

O máis abundante nestas datas de verán, como non podía ser doutro xeito son as nosas festas patronais, que polo que respecta ao noso Concello terán lugar en Beacán, co seguinte cartel:



Tamén publicamos o cartel do veciño pobo da Barra....



Agora, para que vos vaidades anotando dous eventos de interès para o vindeiro fin de semana no noso Concello, nos cales pensamos que ben se podería ter mirado a opción de non coincidir no mesmo día, xa que podería ser moita a xente do Concello que disfrutaría de ambalas dúas para apoiar estas inciativas dos nosos empresarios locais.....




Nesta Festa dos Metelos, esta edición con unha estelar actuación que non deberías perderte....


Para rematar, lembrade que mañà sàbado día 12 celebrarase a Feira da Peroxa, xa que se cambia por coincidir o día 13 en domingo.

SEGUIMOS E SEGUIREMOS A SER A UNICA FONTE DE INFORMACIÓN DE TODO E PARA TOD@S ¡¡¡


No hay comentarios:

Publicar un comentario