Benvido a este teu lugar de información, consultas, aportacións e por suposto críticas.


Un grupo, un compromiso, unha idea, unha ilusión...

Poñemos o teu alcance unha ferramenta necesaria para coñecer toda a información sobre o noso Concello: actuacións, acordos, propostas, necesidades, acontecementos.... e tamén lugar para opinar libremente a través dos teus comentarios.

Esperamos as túas aportacións.

viernes, 14 de julio de 2017

Actividade no Concello na fin de semana do 15 e 16 de xullo de 2017

Escasa actividade nesta fin de semana de xullo no noso Concello, onde no relacionado co deporte tan só destacamos as probas que marcará o calendario para esta fin de semana no deporte do atletismo, onde algún dos compoñente do PEROXA RUNNIG, nos representarán en algunha da probas que podes consultar no seguinte enlace:

http://www.correrengalicia.org/index.php?name=CPGNuCalendar

Tamén reiteramos a información de que están a vosa disposición as instalacións deportivas municipais como son a piscina, o ximnasio, polideportivos e Campo de Fùtbol.

O que si sigue en auxe nesta epoca estival, son as nosas festas patronais, e nesta fin de semana serán os veciños e veciñas da parroquia de Armental que disfruten delas con esta programación...


Tamén segue a programación da hostelería local, onde de novo o BAR DORADO cumple coa súa cita coa oferta musical coa actuación do grupo revelación CUARTETO IMPROVISADO, onde a súa actuación prevista para mañà sàbado a partir das 22:00 seguro non deixará a nadie indiferente.


Tamén se acercan as festas patronais de Toubes, que teñen o seu cartel de programación....



E finalmente rematamos, co anuncio de apertura de prazo para anotarse para unha edición máis do tradicional e enxebre Karaoke que a comisión de festas das Neves en Graices organiza dentro do seu programa de festas....



APOIA, PARTICIPA E DISFRUTA DAS OPCIÓNS QUE CHE PROPOÑEMOS ¡¡¡

SOMOS E SEGUIREMOS SENDO A ÙNICA FONTE DE INFORMACIÓN DE TODO E PARA TOD@S ¡¡¡

jueves, 13 de julio de 2017

Resumo do Pleno do 22 de xuño de 2017

Fieis a nosa cita coa información, facemos un resumo do que foi o curto pero intenso pleno celebrado no pasado mes de xuño, e que como acontece sempre no noso desorganizado concello, tería correspondido o mes de maio.

A convocatoria e a orde do día dos asuntos a tratar foi a que sigue....


No punto 1, aprobouse por unanimidade a sesión como ordinaria deste pleno, cuestión que se ten que aprobar, segundo explicamos con anterioridade, porque este pleno ordinario tería correspondido celebralo no pasado mes de Maio, tal e como acordou no seu día o propio Alcalde (celebración de plenos nos meses impares), pero é tal o descontrol que ten, que non cumple nin os seus propios acordos ¡¡¡

No punto 2, aprobouse tamén por unanimidade a Acta do Pleno anterior.

No punto 3, o Secretario explicou en que consistía a modificación de crédito, onde veu a decir que se incorporaba ao orzamento 2017, recentemente aprobado facía escasamente un mes, parte do remanente de tesourería (200.000€), para diversos conceptos......algúns deles reclamados polos nosos concelleiros no pasado pleno onde se aprobaron os orzamentos.
Lòxicamente, e como ben sucedendo pleno sí e pleno tamén, ante a falta de copia da documentación e dos datos do que se iba a debater e someter a votación, o noso voto foi de abstención.

No punto 4, informouse por parte do Alcalde que os decretos da Alcaldía estaban a nosa disposición, e como sempre, foron revisados con anterioridade a celebración deste pleno.

No punto 5, no apartado de Rogos e Preguntas, e unha vez máis, a pesar de non cumplir o Alcalde o compromiso de avisarnos con antelación suficiente da celebración dos plenos, tal e como se comprometera, para poder realizar a nosa labor, fomos quen un pleno máis, de aportar cuestións de interès para a veciñanza do noso Concello, superando unha vez máis as contínuas trabas que se nos poñen a nosa labor.....

Presentamos o interesante e importante Rogo:



EXPUXEMOS E ARGUMENTAMOS QUE A REALIZACIÓN DESTE PROXECTO É UNHA NECESIDADE NO NOSO CONCELLO, COMO FERRAMENTA DE DINAMIZACIÓN DO EMPREGO, DE AXUDA OS EMPRENDEDORES PARA QUE NON TEÑAN QUE BUSCAR ACOMODO NOUTROS CONCELLOS, E POR SUPOSTO TAMÉN, SERVIRÍA PARA A FIXACIÓN DE POBOACIÓN ANTE O GRAVÍSIMO PROBLEMA QUE TEN O NOSO CONCELLO DE DESPOBOACIÓN ONDE EN POUCO MÁIS DE 2 ANOS PERDEU MÁIS DE 100 HABITANTES, SITUÁNDOSE NOS 1902 SEGUNDO O ÚLTIMO DATO OFICIAL DO MES DE XANEIRO DE 2017

Exemplos de iniciativas similares temos en concellos limítrofes....

http://concellodecoles.org/paxinas/viveirocast.htm

http://www.farodevigo.es/portada-ourense/2017/03/29/vilamarin-impulsa-actividad-comercial-locales/1650281.html

....e tamén noutros moitos da nosa provincia, con ordenanzas reguladoras deste servizos e con convocatorias anuais de uso das súas instalacións....

http://www.barbadas.es/bandos/inicio-da-convocatoria-permanente-para-optar-a-ocupacion-dos-ninos-empresariais-sitos-no-centro-empresarial-transfronteirizo-de-barbadas/?lang=es


O SR. ALCALDE COMPROMÉTESE A TRABALLAR DENDE O CONCELLO NESTA INICIATIVA UNHA VEZ QUE DISPOÑAN DOS LOCAIS AXEITADOS ¡¡¡¡

A prensa local recollía a aprobación deste proxecto....


POLO TANTO, UNHA MOI BOA NOVA, PARA A CAL NOS POÑEMOS A DISPOSICIÓN DO GOBERNO MUNICIPAL E O CAL ANIMAREMOS A POÑER EN MARCHA CANTO ANTES EN BENEFICIO DE TOD@S ¡¡¡

No apartado de pregunta, presentamos a seguinte de forma escrita....


Esta pregunta sobre un dos maiores problemas os que se enfronta o noso Concello, pareceu non gustarlle moito o Sr. Alcalde, xa que as respostas as dúas primeiras preguntas foron literalmente....."TEMOS QUE ESPERAR ACONTECEMENTOS" ¡¡¡

DE NOVO, UNHA LAMENTABLE RESPOSTA, E O QUE É PEOR, QUE REALMENTE É O QUE FAI EN CADA XESTIÓN DE IMPORTANCIA PARA O CONCELLO.......¡¡¡¡ESPERAR¡¡¡

ESO SÍ, DÁSELLE MOI BEN CRUZARSE DE BRAZOS E AGARDAR A QUE OUTROS FAGAN O SEU TRABALLO XA QUE  TAL E COMO RECOÑECE NOUTRA DAS PREGUNTAS, O CONCELLO DA PEROXA NON FIXO NINGUNHA ALEGACIÓN AOS MOITOS ERROS E INCONGRUENCIAS QUE O NOVO PROXECTO PRESENTA PARA O NOSO TERMO MUNICIPAL, E SE LIMITA A SÚA ALEGACIÓN A QUE SE FIXO CONXUNTA DENDE A MANCOMUNIDADE, AINQUE A DIFERENZA DE OUTROS CONCELLOS QUE FORMAN A MESMA COMO COLES E AMOEIRO, SÍ PRESENTARON AS SÚAS INDIVIDUALIZADAS PARA CORREXIR OS ERROS E FUTUROS PROBLEMAS QUE ESTA REESTRUCTURACIÓN POIDA TRAER.

O Alcalde recoñecendo que só se fixo unha conxunta dende o noso Concello....



SIRVA DE EXEMPLO A ALEGACIÓN QUE FIXO O CONCELLO DE AMOEIRO....

http://www.amoeiro.gal/arquivos/2269

MENTRAS TANTO......NA PEROXA......SEGUIMOS "AGARDANDO ACONTECEMENTOS" ¡¡¡

O problema é tan evidente e palpable que orixinou unha importante Folga no sector do transporte que afectou a moitos usuarios....

http://www.laregion.es/articulo/ourense/transporte-huelga-40-servicios-minimos/20170620074927717883.html

A propia Confederación Galega de ANPAS de Galicia facía un comunicado onde rexeita esta reordenación do transporte que tamén afectaría ao transporte escolar de xeito importante....


ESTA SITUACIÓN NON É NOVA, XA QUE NO PASADO ANO 2016 O NOSO CONCELLO DA PEROXA RECIBÍA ESTE AVISO....



A RAÍZ DESTA PROBLEMÁTICA, ANTE A GRAVIDADE DO ASUNTO E VENDO QUE O NOSO CONCELLO DA PEROXA ESTARÍA AFECTADO NESTA PROBLEMÁTICA, OS NOSOS CONCELLEIROS SOCIALISTAS PRESENTABAN NO PASADO PLENO DO MES DE SETEMBRO DE 2016 UNHA PREGUNTA AO SR. ALCALDE PARA COMPROBAR CALES ERAN AS MEDIDAS E ACTUACIÓNS POR PARTE DO NOSO CONCELLO DA PEROXA PARA DEFENDER OS SERVIZOS E OS DEREITOS DOS NOSOS VECIÑOS E VECIÑAS.

ESTA FOI E TAMÉN A RESPOSTA DO SR. ALCALDE....



È LAMENTABLE VER COMO O NOSO MÁXIMO REPRESENTANTE DO CONCELLO TIÑA A MESMA ACTITUDE FAI UN ANO, COMO A QUE TEN HOXE......"ESPERANDO COMO TRANSCURREN AS CIRCUNSTANCIAS" ¡¡¡.....MENTRAS O SEU CONCELLO CORRE O RISCO DE QUEDAR SERIAMENTE MERMADO NESTE SERVIZO PÚBLICO.

ALGÚNS PREOCUPÀMONOS DENDE O PRIMER INSTANTE POR ESTE PROBLEMA, MENTRAS OUTROS SEGUEN DE BRAZOS CRUZADOS AGARDANDO O QUE OUTROS DECIDAN POR NÓS ¡¡¡

ESTA É A REALIDADE DE COMO FUNCIONA O TEU CONCELLO ¡¡¡¡¡......REACCIONA ¡¡¡

A Xunta de Galicia publicaba esta información sobre o noso Concello sobre o Programa de Transporte Escolar Compartido:


As opinións sobre este servizo son moi dispares.....dende os usuarios que o ben unha vantaxe e un aforro, ata algúns pais/nais preocupados por quen se sentará no asiento do Bus a carón do seu fillo/a, tendo en conta as múltiples noticias sobre moitos "enfermos e pirados" que cohabitan na sociedade actual ¡¡

O citado proxecto que presenta a Xunta sobre as nosas liñas de Bus no Rural, podes atopalo na web da Xunta de Galicia, na Dirección Xeral de Movilidade.

Finalmente, o Alcalde en resposta a pregunta sobre a creación dunha liña municipal, indica que "HAI QUE ESTUDALO" ¡¡¡

VER PARA CREER....XA QUE CANDO INCLUÍA ESTE PROXECTO NOS PROPIOS ORZAMENTOS MUNICIPAIS 2017 PENSAMOS QUE XA ESTABA "ESTUDIADO" ¡¡¡

PASOTISMO EN ESTADO PURO ¡¡¡

Rematamos o pleno con unha pregunta oral, sobre unha cuestión de actualidade e que nos preocupa.

Levamos tempo observando como as árbores que existen a caròn da estrada que vai dende o Polideportivo ata o Centro de Saúde terminaron por secar completamente, deixando unha imaxe claramente desoladora, que acompañada a corta de árbores que había tamén na contorna do Polideportivo deixan unha triste e desanxelada imaxe da zona.

A situación é a seguinte....


O ALCALDE RESPOSTA "QUE ESTAS ÁRBORES SON INCOMPATIBLES COAS ESTRADAS E COAS ACERAS

Podemos estar de acordo en que non é a mellor especia arbórea para esas ubicacións.....pero lembramoslle que se agora non son, tampouco o serían cando as plantou ¡¡¡¡

O que resulta máis incomprensible e quen foi o "encargado" de realizar as "funcións de secado das árbores" tal e como amosan as imaxes seguintes das árbores en cuestión ¡¡¡





CON ESTA TRISTE SITUACIÓN TERMINOU O QUE FOI ESTE PLENO.

AGARDAMOS QUE A VOSA LECTURA, O VOSO ANALISE E SOBRE TODO AS VOSAS CONCLUSIÓN VOS DEN UN PUNTO DE VISTA AXEITADO DO QUE É ACTUALMENTE O NOSO CONCELLO ¡¡¡

SEGUIMOS E SEGUIREMOS SENDO A ÚNICA FONTE DE INFORMACIÓN DE TODO E PARA TOD@S, MEMTRAS TRABALLAMOS POLA MELLORA DO NOSO CONCELLO ¡¡¡


miércoles, 12 de julio de 2017

Fagamos memoria....¡¡

Temos oído frases de resposta por parte do Sr. Alcalde da Peroxa en diferentes plenos e sobre asuntos diversos tales como.....

"NON VIVIMOS NO POLO NORTE E NÒS TAMÉN VEMOS AS DEFICIENCIAS....."  ¡¡¡¡ 

"FARASE CANDO SE POIDA....."  ¡¡¡¡ 

"ARRANXAREMOLO, PERO NON PORQUE O DIGADES VÓS...."  ¡¡¡¡

"XA DÍN ORDE DE QUE SE ARREGLASE...." ¡¡¡¡¡

Pero en moitos dos casos, onde a través dos nosos Rogos presentados nos plenos sobre as deficiencias nos nosos pobos e parroquias, e despois de obter o COMPROMISO do grupo de goberno, as accións comprometidas quedaron no olvido....

Hoxe, aproveitando que nestes días se está a reparar o céspede do Campo de Fùtbol, para poder conservar en bo estado esta millonaria inversión, queremos recordar outros compromisos adquiridos polo Sr. Alcalde, e que logo de moitos meses, incluso anos de agarda, todavía non foi quen de realizalos ¡¡¡

Falamos neste caso, na solicitude que fixemos no seu día (ainda en garantía de obra) sobre o estado dos barrotes do valado de acceso a nova grada, os cales se soltan con facilitade, deixando perigosos ocos para os máis peques, e cos mesmos barrotes caidos que resultan de gran perigo.

As nosas peticións foron feistas sobre este asunto en duas ocasións......

A primeira en Novembro de 2014 ¡¡¡



Daquela, a resposta do alcalde foi a seguinte....


Ante a falta de actuacións definitivas, volvemos a insistir sobre a mesma cuestión, a través doutro rogo....



De novo o Sr. Alcalde daba unha resposta "tìpica", de que xa estaba o asunto arranxado.....



A SITUACIÓN ERA A QUE ERA¡¡¡¡..... E TODAVÍA HOXE SEGUE A EXISTIR ESA PROBLEMÁTICA, SIN QUE DENDE O GOBERNO MUNICIPAL SE FAGA NADA PARA SOLUCIONALA ANTES DE TER QUE LAMENTAR ALGÚN DESAGRADABLE SUCESO ¡¡¡



Tamén nesta mesma obra da nova grada, solicitamos a subsanación dunha grave deficiencia existente na súa construcción,  e que melloraría notablemente o seu uso e servizo....

Este foi o rogo que presentamos....E NOVAMENTE, A RESPOSTA DO SR. ALCALDE, RECOÑECENDO O PROBLEMA, COMPROMETENDO UNHA SOLUCIÓN QUE TODAVÍA HOXE NON FOI QUEN DE ARRANXAR ¡¡¡



UN NOVO EXEMPLO DO TIPO DE XESTIÓN DOS PROBLEMAS PLANTEXADOS QUE SE FAN DENDE OS MANDATARIOS DO CONCELLO DA PEROXA ¡¡¡¡

TRABALLAMOS POLA MELLORA DO NOSO CONCELLO ¡¡

viernes, 7 de julio de 2017

Actividade no Concello na fin de semana do 8 e 9 de xullo de 2017

Case tòdolos nosos equipos están en pleno descanso vacacional, e polo tanto hai escasa competición.

Tan só os representantes do PEROXA RUNNING, teñen no calendario de probas novas citas, nas que nalgún caso participarán....

http://www.correrengalicia.org/index.php?name=CPGNuCalendar

Descanso que parece non existir para os responsables dos clubes, que xa traballan para preparar a vindeira tempada, e exemplo deso, é o anuncion que fan dende A PEROXA CF para animar aos nenos e nenas a practicar deporte e que convidan a anotarse a calquera dos seus equipos para a vindeira tempada.....


Polo tanto, dende aquí tamén colaboramos coa difusión desta información e vos animamos a que o fagades cos vosos familiares, amigos e veciños.

Seguen tamén as nosas festas patronais, nestes vindeiros días por partida dobre.....




Tamén falta pouco para as de Armental, que se anuncian co seguinte cartel....



Destacamos tamén hoxe un importante evento que se celebrará no Auditorio, e que se anuncia así....



APOIA, PARTICIPA E DISFRUTA DAS OPCIÓNS QUE CHE PROPOÑEMOS ¡¡¡

SOMOS E SEGUIREMOS SENDO A ÙNICA FONTE DE INFORMACIÓN DE TODO E PARA TOD@S ¡¡¡¡