Benvido a este teu lugar de información, consultas, aportacións e por suposto críticas.


Un grupo, un compromiso, unha idea, unha ilusión...

Poñemos o teu alcance unha ferramenta necesaria para coñecer toda a información sobre o noso Concello: actuacións, acordos, propostas, necesidades, acontecementos.... e tamén lugar para opinar libremente a través dos teus comentarios.

Esperamos as túas aportacións.

jueves, 1 de junio de 2017

Un proceso selectivo con moitas ¿dudas?

O calificativo que lle poñemos a este proceso que trataremos no seguinte artigo creemos que é bastante suave para a situación que se está a producir.

Esta praza que convoca o Concello da Peroxa de Administrativo está subvencionada pola Deputación de Ourense a través do "Programa de de cooperación cos concellos en materia de empregabilidade".

A resolución onde se lle conceden ao noso concello os 10.000€ desta axuda económica foi publicada o pasado 1 de abril de 2017 no Boletín Oficial da Provincia na súa páxina 3, onde no seguinte enlace podedes comprobar esta información:

https://bop.depourense.es/portal/descargarPdf.do?numBoletin=76&fecha=20170401

Polo tanto, a partir desta data o Concello da Peroxa xa podía publicar a convocatoria e bases para este exercicio 2017.

Descoñecemos cales foron os motivos do retraso da convocatoria desta praza neste 2017.
Supoñemos que por ter todavía esa praza ocupada pola persoa contratada no 2016 que rematou preto do final de maio, ainda que tamén pode ser por "esperar" por algunha outro/a posible candidato/a ¿?. que casualmente case coincide a publicación das bases co remate do seu actual contrato¡¡¡¡

Esta situación choca totalmente, co acontecido no pasado ano 2016, xa que neste exercicio 2017 levabamos dous meses de espera para que o concello publicase a convocatoria, que fixo nestes pasados días últimos de maio.....UNHA VEZ MÁIS AO SEU ESTILO: PUBLICANDO NO XORNAL FARO DE VIGO O ANUNCIO (XORNAL DE MENOS VENDA E LECTURA DA PROVINCIA), ASÍ COMO, PUBLICAR AS BASES NA WEB DO CONCELLO DENTRO DA SEDE ELECTRÓNICA, E FORA DA PÁXINA PRINCIPAL, DIFICULTANDO A SÚA LOCALIZACIÓN, XA QUE TAMPOUCO ESTABA NA SECCIÓN DE "EMPREGO", POLO TANTO, UNHA VEZ MÁIS....BUSCANDO POR AS MAIORES TRABAS POSIBLES¡¡¡

EN CANTO A PUBLICACIÓN NAS REDES SOCIAIS DO CONCELLO, POSTERIORMENTE, COMO CASE SEMPRE, A NOSA PUBLICACIÓN DESTAS OFERTAS POR PARTE DOS MEMBROS DA AGRUPACIÓN SOCIALISTA A PEROXA NO SEU PERFIL DE FACEBOOK ¡¡

AINDA QUE TODAVÍA HOXE, XA PRETO DO REMATE DO PRAZO NON FORON QUEN DE PUBLICAR O ANUNCIO DO XORNAL FARO DE VIGO, QUE TAL E COMO INDICAN AS BASES, MARCA O INICIO DO PRAZO ¡¡¡

NÒS SI O PUBLICAMOS, PARA QUE TOD@S POIDAN TER A INFORMACIÓN EN IGUALDADE DE CONDICIÓNS¡¡¡



PUBLICOUSE O LUNS 29 DE MAIO, POLO TANTO O PRAZO REMATA O SÀBADO 3.

RESULTA INDIGNANTE QUE SE PUBLIQUE NESTE XORNAL DE ESCASA DIFUSIÓN, PERO NON CONTENTOS CON ESTO AGOCHAN O MINI-ANUNCIO NAS PÁXINAS CORRESPONDENTES A INFORMACIÓN DA CIDADE DE VIGO.....TAL E COMO VEDES NA PÁXINA COMPLETA.

ESTAS SON AS "ARTES DE FUNCIONAMENTO" DO TEU CONCELLO ¡¡¡



Como decíamos, no pasado 2016 a publicación da subvención no BOP foi o 13 de maio, tal e como se comproba no enlace seguinte na súa páxina 4:

https://bop.depourense.es/portal/descargarPdf.do?numBoletin=110&fecha=20160513

ESTA SITUACIÓN È TOTALMENTE DANTESCA¡¡¡¡...E SEGURAMENTE TAMÉN ILEGAL¡¡.....XA QUE A CONVOCATORIA QUE FIXO O CONCELLO PARA CUBRIR ESTA PRAZA FOI CON CASE 1 MES DE ANTELACIÓN A QUE SE CONCEDERA A SUBVENCIÓN ¡¡¡¡.....TAL E COMO SE COMPROBA NA SEGUINTE IMAXE ONDE SE PUBLICABA O ANUNCIO NO FARO DE VIGO CON DATA DO 14 DE ABRIL DE 2016 ¡¡¡


E AS BASES FORON APROBADAS E ASINADAS POLO PROPIO ALCALDE, TAL E COMO INDICA TAMÉN NO ANUNCIO CON DATA DO 4 DE ABRIL ¡¡¡¡

A PROBA QUE SE REALIZOU COMO ENTREVISTA FOI O 10 DE MAIO, FECHA MESMA NA QUE O TRIBUNAL PROPOÑÌA O NOMEAMENTO DA CANDIDATA SELECCIONADA ¡¡¡

CURIOSAS AS PRESAS NO ANO 2016 SELECCIONANDO O PERSOAL SEMANAS ANTES DA PUBLICACIÓN DA CONCESIÓN DA SUBVENCIÓNS, NUN PROCESO QUE PODERÍA, COMO XA INDICAMOS, SER ILEGAL POLAS DATAS NAS QUE SE REALIZOU.

ESTA SITUACIÓN DO 2016 È BEN DIFERENTE A QUE ESTÁ A ACONTECER NESTE 2017, ONDE CASE DOUS MESES DESPOIS DE TER CONCEDIDA A SUBVENCIÓN TODAVÍA NON SE INICIOU O PROCESO DE SELECCIÓN.....

"CURIOSIDADES" E "SITUACIÓNS" QUE SE DAN NO NOSO CONCELLO ¡¡¡¡

Centraremonos agora, unha vez analizada e comparada a situación co ano anterior, en describir este proceso selectivo e as posibles situacións que se poden dar.

POLO DE AGORA, O CONCELLO DA PEROXA NON FOI QUEN,  DE PUBLICAR O ANUNCIO E A DATA DE PUBLICACIÓN DO MESMO NO XORNAL FARO DE VIGO PARA QUE OS POSIBLES ASPIRANTES COÑEZAN OS PRAZOS EXACTOS¡¡¡¡.....

As bases completas podedes consultalas, tal e como xa indicamos, na Sede Electrónica do concello, esa que o Sr. Alcalde se nega a recoñecer como futura via de comunicación e de tramitación coa veciñanza para aforrar tempo e custes ¡¡¡¡.....pero para publicar este anuncio de postos de traballo si lle vale, en lugar de poñelo como fan case tódolos concellos na súa pàxina principal ¡¡¡

Acceso no enlace seguinte na sección de TABLÓN DE ANUNCIOS:

http://aperoxa.sedelectronica.es/info.0


Nas citadas bases, unha vez máis nos atopamos coa "famosa entrevista", que como xa temos indicado en base as normas legais, NON É UNHA PARTE LEGAL DUN PROCESO SELECTIVO, xa que é totalmente subxetiva e falta de total transparencia e igualdade, xa que os candidatos non saben nunca "o que está a acontecer detrás da porta", xa que son de xeito individualizado e non valorables as aptitudes dos aspirantes con criterios claros, pùblicos e obxetivos ¡¡¡

Tamén nos chama moito a atención que na súa base setima, INDÍCASE QUE TAN SÓ A LISTA PROVISORIA DE ASPIRANTE SE PUBLICARÁ NA WEB DO CONCELLO, O RESTO DE INFORMACIÓN DO PROCESO PUBLICARÁNSE EXCLUSIVAMENTE NO TABLÓN DE EDICTOS DO CONCELLO ¡¡¡¡.....NOUTRO CLARO EXERCICIO DE OCULTACIÓN DE INFORMACIÓN AOS ASPIRANTES¡¡¡¡

ASÍ FUNCIONA O TEU CONCELLO ¡¡¡¡¡

POLO TANTO......¿COMO COÑECERÁ ALGÚN DOS ASPIRANTES CANDO E DONDE TERÁ "A PROBA" (ENTREVISTA)QUE RECOLLEN AS BASES?

......TERÁN QUE IR TÓDOLOS DÌAS AO CONCELLO A VER O TABOLEIRO DE ANUNCIOS OU ATENDERÁNSE A TODOS, EN IGUALDADE DE CONDICIÓNS,  ESAS CUESTIÓNS POR OUTRAS VÍAS (TF, EMAIL, ETC)......

 RECLAMAMOS UN PROCESO XUSTO, IGUALITARIO PARA TODOLOS CANDIDATOS E SOBRE TODO TRANSPARENTE, PARA QUE POIDAN OPTAR A ESTES POSTOS DE TRABALLO EN IGUALDADE DE CONDICIÓNS E SEXA REALMENTE PARA O CANDITATO OU CANDIDATA CON MÁIS PREPARACIÓN PARA O POSTO ¡¡¡









No hay comentarios:

Publicar un comentario