Benvido a este teu lugar de información, consultas, aportacións e por suposto críticas.


Un grupo, un compromiso, unha idea, unha ilusión...

Poñemos o teu alcance unha ferramenta necesaria para coñecer toda a información sobre o noso Concello: actuacións, acordos, propostas, necesidades, acontecementos.... e tamén lugar para opinar libremente a través dos teus comentarios.

Esperamos as túas aportacións.

viernes, 30 de junio de 2017

Actividade no Concello na fin de semana do 1 e 2 de xullo de 2017

Rematada a competición para os equipos representativos do Concello, queda tan só antes dunhas merecidas vacacións a celebración do tradicional Torneo da Amistade 2017, que organiza a xente do A PEROXA CF dentro do programa das Festas da Peroxa.

O sàbado e domingo tedes unha cita no Campo do Marco....



Os compoñentes do PEROXA RUNNING no deporte do atletismo teñen como sempre, opciòns varias e diversas onde participar, tal e como indica o calendario....

http://www.correrengalicia.org/index.php?name=CPGNuCalendar&view=month&day=1&month=7&year=2017

As festa do San Antòn 2017 na Peroxa complétanse con este cartel.....


E con unha nova edición da Xuntanza de Coros e Rondallas.....



Continuando coa programación das nosas festas patronais, adiantamos xa o cartel dalgunhas que se celebrarán nas vindeiras xornadas en algúns dos nosos pobos e parroquias....




Tamén se programou no Auditorio da Peroxa un destacado evento....



E rematamos anunciando unha nova actividade lúdica que se celebrará no mes de xullo e que se anuncia a través deste cartel por parte do Concello....



Bòtase tamén, en falta, por esta época, o anuncio de apertura da piscina municipal que supoñemos nos vindeiros días se anunciará por parte do Concello.....


APOIA, PARTICIPA E DISFRUTA DAS OPCIÓNS QUE CHE PROPOÑEMOS ¡¡¡


SOMOS E SEGUIREMOS SENDO A ÚNICA FONTE DE INFORMACIÓN DE TODO E PARA TOD@S ¡¡¡

martes, 27 de junio de 2017

Resumo do pleno no Concello do 16 de maio de 2017

A continuación, e con algo de retraso informamos do que aconteceu nun interesante pleno celebrado o pasado mes de maio que tiña a seguinte orde do día:



Antes de comenzar o Pleno manifestamos o noso malestar pola data e hora deste pleno, cando ao dia seguinte a nosa concelleira socialista tiña neste mesmo Salón de Plenos unha importante celebración exercida, ao mesmo tempo, polo noso portavoz.

Polo tanto indicamos ao Sr. Alcalde, e o resto de concelleiros do Partido Popular que nos parecía unha autèntica falta de respeto, xa non só no plano político (que poderíamos admitir), pero sobre todo no tema persoal, amosando a súa catadura moral con este tipo de actuacións.

Tempo tiveron nestes dous meses que levamos de retraso para a celebración deste pleno, así como outros 6 meses de incumprimento legal para aprobar os orzamentos que se traían a este pleno. Polo tanto non había urxencia ningunha ¡¡

O Sr. Alcalde, como sempre "non sabía nada" ¡¡¡

DIFICIL DE CREER CANDO FOI EL MESMO QUEN ASINOU O DECRETO DE DELEGACIÓN PARA EXERCER O NOSO PORTAVOZ SOCIALISTA NESTA CERIMONIA.
DIFICIL DE CREER CANDO A NOSA COMPAÑEIRA FACÍA XA DÍAS QUE SOLICITARA NESTA MESMA TARDE/NOITE PREPARAR E AXEITAR ESTE MESMO SALÓN PARA UN ACTO DE TANTA IMPORTANCIA PARA ELA MESMA, E OS SEUS FAMILIARES ¡¡¡

No punto 1, aprobouse por unanimidade a Acta anterior.

No punto 2, deuse conta da liquidación do orzamentos do exercicio 2016, dando o Secretario uns número e datos dos agadábamos ver reflexados na acta correspondente deste pleno, pero deben dar moito traballo publicalos, que un ano máis quedamos sen eles ¡¡

No punto 3, aprobouse por unanimidade adherirse ao Programa de vivendas baleiras da Xunta de Galicia.

O noso portavoz preguntou se estamos ou non adheridos xa a este plan do cal xa se publicaron noticias na prensa local e mesmo na web da Xunta de Galicia no ano 2016 sobre este asunto....

http://www.xunta.gal/hemeroteca/-/nova/053237/xunta-explica-alcalde-peroxa-funcionamento-programa-vivendas-baleiras

O Alcalde confirma que non, que o asunto está PARADO ¡¡

Que se está a falar con posibles interesados neste programa.

O noso portavoz indícalle que xa no ano 2012 os concelleiros socialistas presentaron no concello unha moción semellante para fomentar a vivenda baleira no noso Concello, e a pesar de terse aprobado por unanimidade o Concello, moitos anos despois todavía non foi quen de mover nada ¡¡¡



Daquela, a prensa  facía unha publicación sobre a nosa proposta.....


Recoñecemos, que desta vez, as condicións para os propietarios e tamén para os posibles inquilinos melloran considerablemente, e nos parece unha boa medida este convenio, PERO NO NOSO CONCELLO DA PEROXA NON SON UN BO EXEMPLO DE XESTIÓN NIN DE POSTA EN MARCHA DE ESTE TIPO DE INICIATIVAS ¡¡¡

Son máis de sacarse a foto na prensa, publicala nas súas redes sociais e agardar que os demáis lle fagan o seu traballo de promoción e colaboración ¡¡¡.....O TEMPO DIRÁ SI NOS EQUIVOCAMOS OU NON ¡¡¡

No punto 4, por unanimidade, acórdase nomea como representantes do noso concello na Xerencia Territorial do Catastro ao propio Alcalde e ao concelleiro Jose Manuel Rodriguez Feijoo.

No punto 5, acórdase por unanimidade prorrogar a adhesión do concello ao convenio de asistencia para o control e mantemento de depuradoras compactas da Deputación de Ourense.

No punto 6, aprobase por unanimidade dar de alta o ben no inventario municipal como ben de dominio público de uso público o camiño municipal en Gueral, nun proceso que leva anos e anos de litixios xudicias, en boa parte pola neglixencia e política de brazos cruzados do noso Concello, cuestión que xa temos tratado en moitos plenos anteriores e amosado con documentos como o propio Concello da Peroxa no seu día deu licenza de obra onde recoñecía ese camiño como pùblico, para posteriormente "desaparecer" ese caracter público e polo tanto a potestade do Concello, cuestión que agora anos despois pretender recuperar a través dunha sentencia xudicial iniciada por un particular.

No punto 7. seguindo sobre a mesma cuestión anterior, aprobase por unanimidade recuperar o estado inicial deste camiño público para cumprir coa citada sentenza xudicial.
Neste punto o noso grupo exixe que dunha vez por todas se execute e cumpra o que dicta a sentenza e garantir o cumplimento das medidas indicadas na mesma con medicións recentes e axeitadas e por fin dunha vez por todas a un proceso onde a propia xustiza permitiu moitas inxustizas ¡¡¡

No punto 8, informa o Sr. Alcalde que o número de habitantes do concello a data 1 de xaneiro de 2017 è de 1902 ¡¡ o que confirman as súas nulas medidas para fixar poboación no rural, xa que ano tras ano a sangría de perda de habitantes e MOI GRAVE ¡¡, pero en lugar de buscar medidas limítanse a buscar culpables¡¡¡

No punto 9, por fín, con case 6 meses de retraso, presentase o orzamento municipal para o exercicio 2017 ¡¡

Tamén, un dos motivos do retraso en publicar este resumen, era agardar polo que se recollía na acta deste pleno sobre este debate de orzamentos........E COMO SEMPRE O RECOLLIDO NA ACTA È NADA DE NADA, NIN UNHA SOA REFERENCIA AS CUESTIÓNS PLANTEXADAS POLO NOSO PORTAVOZ, QUE PASAMOS A ENUMERAR PARA QUE SAQUEDES AS VOSAS PROPIAS CONCLUSIÓNS ¡¡¡

Indicámoslle "que nos orzamentos deste exercicio hai un incremento nos mesmos derivado ademais das transferencia correntes polo aumento de máis de 20.000€ e dos impostos directos que afectan os veciños sobre todo no IBI que pasa de recaudarse 90.000€ a 115.000€ despois xa execución da revisión catastral solicitada polo noso Concello e tamén na taxa de basura e servizos asistenciais".

Continuamos manifestando "que, pola contra, estes datos de incrementos na recaudación de impostos non se traducen en gastos sociais onde o incremento previsto é tan só con respecto ao ano 2016 de 12.000€¡¡¡"

Engadimos "que tampouco aparecen en inversións reais que se reducen en máis de 5.000€, tampouco os atopamos en gastos de bens correntes e servizos"

Polo tanto....¿a onde se van a destinar os cartos que se aumentan na previsión de ingresos?....SEN RESPOSTA POR PARTE DO SR. ALCALDE.

Fixemos algunhas matizacións sobre algúns dos apartados máis específicos:

Na memoria explicativa no estado de gastos indican que se quere incorporar un Administrativo Laboral que entre outras funcións sería para "ayuda remisión datos portal transparencia"......AGORA MESMO PODERÍAMOS BOTAR UNHA BOA RISA, PORQUE PARECE UN BO CHISTE ¡¡¡

Lembramos que xa temos nomeado "oficialmente" un responsable do Portal de Transparencia, ainda que o nome correcto no caso do noso concello sería CANCELA, xa que resulta imposible acceder a ningún dato do concello, que lembremos....È OBRIGATORIA A SÚA PUBLICACIÓN ¡¡¡

Ti mesmo podes comprobar como está este apartado......VACÍO ¡¡¡

http://aperoxa.sedelectronica.es/transparency/

Tamèn se pretende, por parte do Concello contratar un informático, un arquitecto, un peón brigada de obras e un restaurador ¡¡¡

Recibimos con agrado unha das propostas que se recollen nestes orzamentos e que segundo indicou o Sr. Alcalde se queren levar a cabo.

Agrado porque foi unha das propostas que xa levàmos os socialistas da Peroxa no noso programa electoral e que xa propuxemos a súa posta en marcha recibindo o voto negativo......AGORA PARECEN RECTIFICAR E PROPOÑEN A CREACIÓN DUN TRANSPORTE PARA A VECIÑANZA DENDE OS NOSOS POBOS A CAPITALIDADE DO CONCELLO ¡¡¡

BENVIDA SEXA, E TERÁN TODA A NOSA COLABORACIÓN PARA QUE SEXA PRONTO UNHA REALIDADE ¡¡¡

Asì o anunciabamos no noso programa electoral das pasadas eleccións municipais 2015:


Na documentación das Bases de Execución recóllese de novo no apartado de subvencións, que a máis elevada económicamente, será para a Escudería Ourense, e onde de novo, discrepamos da súa legalidade xa que a propia ordenanza municipal que regula isto, no seu artigo 7, punto 1, indícase claramente que "a sede social" ten que atoparse no Concello da Peroxa ¡¡¡

Finalizamos indicando que no Anexo de Inversións o orzamento será de tan só 26.000€, resultando un claro corta e pega doutros anos anteriores, e non incluindo ningún tipo de obra ou proxecto municipal que beneficie a veciñanza do concello.....AQUÍ CHAMA MOITO A ATENCIÓN QUE A PARTIDA ECONÓMICA PARA ESTE APARTADO DE POSIBLES INVERSIÓNS É INFERIOR O SOLDO DO SR. ALCALDE QUE ESTÁ PRETO DOS 30.000 TAL E COMO PUBLICAREMOS A CONTINUACIÓN, QUE SUMADOS AOS 10.000 DO CONCELLEIRO DE URBANISMO FAI QUE O NOSO CONCELLO TEÑA ALGÚNS POLÍTICOS MOI BEN PAGADOS ¡¡¡

A continuación informamos ao Sr. Alcalde, que parecía non coñecer os datos do seu propio concello, e tamén aos concelleiros do grupo de goberno de cal é a situación real no noso concello, aproveitando uns importantes artigos que a prensa local publicou rencentemente:

O GASTO MEDIO POR HABITANTE NOS CONCELLOS DA PROVINCIA DE OURENSE É DE 854€ ¡¡¡¡........SABEDES CAL È O GASTO NO NOSO CONCELLO.....562€¡¡¡¡ QUE NOS SITÚA NO PENÚLTIMO CONCELLO DA PROVINCIA QUE MENOS GASTAS NOS SEUS VECIÑOS E VECIÑAS, TAL E COMO SE RECOLLE NESTE ARTIGO SEGUINTE.....

http://www.ourensedixital.com/_0o0bservatorio/presupuestos/2017/02_170409_02.htm

Tamén nestes mesmos artigos de prensa se fala, dunha menos carga impositiva no noso concello con respecto a outros da provincia, pero para compararnos cos de máis cerca.....INDICAR QUE DENTRO DOS 4 CONCELLOS QUE FORMAN A MANCOMUNIDADE SANTA AGUEDA O DA PEROXA TEN AS PORCENTAXES MAIS ALTAS NO IBI, O IMPOSTO DE VEHÍCULOS MÁIS CARO, TAXAS POR PRESENTACIÓN DE DOCUMENTOS,.....ETC.

NO SEU DIA FIXEMOS UN CADRO COMPARATIVO DOS IMPOSTOS DOS 4 CONCELLOS SACADOS DE PUBLICACIÓNS OFICIAIS E ESTO É O QUE NOS ATOPAMOS ¡¡¡

TRANSCRIBIMOS A CONCLUSIÓN FINAL DO NOSO PORTAVOZ...:


"TENDO EN CONTA, QUE COMO CADA ANO, CALIFICA OS ORZAMENTOS DE "TÈCNICOS", NOS TEMOS QUE MANIFESTARLLE QUE NOS PARECEN, UNHA VEZ MÁIS, UN CORTA E PEGA DOUTROS EXERCICIOS, POUCO AMBICIOSOS E ONDE NON SE FAI O MÁIS MÍNIMO ESFORZO POR MELLORAR A CALIDADE DE VIDA DOS VECIÑOS E VECIÑAS.

SON ORZAMENTOS POUCO SOCIAIS E NADA PARTICIPATIVOS ONDE NUNCA SE RECOLLEN NON SÓ PETICIÓNS DE MELLORA DO NOSO GRUPO, SENÓN TAMPOUCO DA VECIÑANZA.

NON VEMOS NADA ADICADO AO EMPREGO, VIVENDA, TURISMO, EMPRENDEDORES NIN A SECTORES AGRÍCOLAS E VITÍCOLAS.

POR TODO O EXPOSTO E AGARDANDO QUE ALGÚN DÍA SE ATREVA A CAMBIAR O CONCEPTO "TÉCNICOS" POR "SOCIAIS", ATA ENTÓN O NOSO VOTO SEGUIRÁ SENDO NEGATIVO".

Polo tanto, aprobaronse cos votos a favor dos 7 concelleiros do grupo popular e os 2 votos en contra do grupo socialista.

Esta é a publicación dos mesmos no BOP......lee, analiza e saca conclusións ¡¡¡


No punto 10, informouse da posta a disposición dos Decretos, que de novo foron previamente consultados polos concelleiros socialistas.

No punto 11, no apartado de Rogos e Preguntas, presentamos as cuestións seguintes:

EN ROGOS....


A proposta creemos que é unha necesidade para adaptar, na media do posible a veciñanza as novas normativas que nos levan cada día màis, a relacionarse coas Administracións por medios telemáticos.

O portavoz socialista recordalle ao Alcalde as súas desafortunadas declaracións cando dixo nun debate sobre unha cuestión similar "que prefería que os veciños e veciñas do concello viñeran as oficinas municipais para verlle a cara e falar con eles".

Tristes manifestacións que poñen de novo de manifesto, a pouca ou nula ambición dun Alcalde do século pasado por adaptarse a nova realidade social. Supoñemos que ademáis esas visitas da veciñanza as oficinas municipais as prefire en èpocas preelectorais ¡¡¡

È CURIOSOSO QUE NO REXISTRO ELECTRÓNICO DO CONCELLO NO QUE VAI DE ANO 2017 SE LEVEN PRESENTADO, SEGUNDO OS NÚMERO DE SERIE, 10 ESCRITOS, QUE CASUALMENTE FORON TODOS PRESENTADOS POLA NOSA AGRUPACIÓN MUNICIPAL E SOLICITANDO ASÍ MESMO QUE CALQUER COMUNICACIÓN SE NOS FIXESE POR VÍA TELEMÁTICA, AFORRANDO ASÍ UNS CUSTOS INNECESARIOS AO CONCELLO XA QUE ATA O DE AGORA O VIÑAN FACENDO POR CORREO CERTIFICADO ¡¡¡

A resposta do Sr. Alcalde a esta nosa proposta do Curso foi "QUE SI HAI XENTE INTERESADA NO MISMO O CONCELLO FACILITARÁ A SÚA REALIZACIÓN"

POLO TANTO, DENDE AQUÍ FACEMOS ESES CHAMAMENTO A XENTE QUE POIDESE ESTAR INTERESADO QUE SE POÑA EN CONTACTO CONNOSCO PARA FACER ESA PETICIÓN AO CONCELLO ¡¡¡

Neste mesmo punto, agora presentamos as PREGUNTAS SEGUINTES:



En resposta a PREGUNTA nº1, contestase por parte da Alcaldía "que estivo de maneira activa na reunión sobre este asunto e que grazas a súa actuación aclararonse as cousas"

DE NOVO AQUÍ, PODÍAMOS INSERTAR UN EMOTICONO DESES QUE SE PARTEN DE RISA ¡¡¡¡¡......Xa que temos que celebrar que o noso Alcalde "desatasca" as negociacións e problemas desta situación ¡¡¡¡......VER PARA CREER ¡¡¡¡

Non sabemos cales foron esas propostas, pero o que si sabemos é que recentemente este mesmo noso Alcalde propoñìa para o noso Concello unha liña xestionada polo mesmo concello e agardaba que fora a Xunta quen correra cos gastos.......lóxicamente a resposta xa a podedes imaxinar ¡¡¡¡¡

AGARDARMOS QUE ESTA PROPOSTA NON FOSE A IDEA QUE CONTEMPLABA NOS ORZAMENTOS DE TRANSPORTE ENTRE OS NOSOS POBOS E A CAPITALIDADE DO CONCELLO ¡¡¡¡¡......SENÓN APAÑADOS VAMOS ¡¡¡¡

As noticias sobre esta cuestión da supresión ou reestructuración das liñas de transporte, tanto escolares como de viaxeiros que propuxo a Xunta está a xeran un amplo rechazo tanto no sector da educación a travès das Asociacións de Pais como tamén dos propios empresarios do sector, rechazo que xa se amosou en forma de folga xeral....


http://praza.gal/politica/14340/os-sindicatos-anuncian-unha-folga-indefinida-polo-novo-plan-de-transporte-no-rural/

En resposta a PREGUNTA nº 2, indica o Alcalde "que viñeron ao concello por si interesaba subscribir eses convenio, pero unha vez examinado pola Traballadora Social, informou que non lle interesaba ao noso concello".
Polo tanto, tamén por indicacións do Sr. Secretario, foi rexeitado a sinatura do Convenio....

A CONTINUACIÓN LEEDE A SEGUINTE NOTICIA DE PRENSA E SACADE AS VOSAS CONCLUSIÓNS....¡¡

http://www.farodevigo.es/portada-ourense/2016/03/24/fundacion-amigos-galicia-prestara-ayuda/1428795.html

PARA NON HABER FIRMA (SEGUNDO INDICA O ALCALDE) A FOTO E O TEXTO DA NOTICIA INDICAN CLARAMENTE OUTRA COUSA.....

Na PREGUNTA 3, e relacionado este asunto co rogo que presentamos o Alcalde insistía en que o cumplimento das leis vixentes en cando a Administración Electrónica no noso Concello de momento non se están a cumplir, nun novo descoñecemento da normativa ao respecto.....DEPOIS VIRÀN AS PRESAS E PROBLEMAS DE IMPLANTAR SISTEMAS A ÚLTIMA HORA ¡¡¡ 

Aquí respostou "que gran parte dos Concellos usan un sistema (GESTIONA), e que se está a estudar cal é o sistema máis axeitado para o Concello, e polo de agora non hai decisión".

Na PREGUNTA 4, por parte do Alcade indícase "que se está negociando coa Deputación para lograr que estas empresas paguen o que corresponde, para así ter novas fontes de ingresos no Concello".

Esta pregunta surxe a raíz da lectura dun interesante artigo na prensa nacional do que vos damos conta.....

http://economia.elpais.com/economia/2017/03/28/actualidad/1490726512_874795.html

En resposta a PREGUNTA 5, o Alcalde manifesta "que se chamou a xente do clube para que viñeran por él e ata o día deste pleno pola maña non o fixeran".

DE NOVO, FALTA A VERDADE COMPLETAMENTE, XA QUE EN PLENOS ANTERIORES INDICABA QUE ESTABA PENDENTE DUN REXISTRO DO MESMO PARA SANIDADE A TRAVÉS DO 061, E MESMO NO PROPIO CAMPO DE FUTBOL CHEGOU A INDICAR A CONVENIENCIA DE INSTALADO NUNHA PEQUENA "CASETA" DE PROTECCIÓN.....COUSA QUE HOXE NEGOU¡¡¡¡.....Terá que revisar esa fráxil memoria ¡¡¡

Finalmente, en días posteriores foi instalado no lugar proposto, ainda que non nos respostou si agora que no campo de fútbol hai paron da actividade nos meses estivales, se o Concello contempla a opción de instalalo na piscina municipal......ESTA CUESTIÓN QUEDOU SEN RESPOSTA.......OU NON QUERE,.....OU NON SABE......OU NON LLE INTERESA ¡¡¡¡

A continuación de xeito oral, preguntamos un par de cuestións das que vos informamos:

Preguntamos quen foi o organizador dun dos útlimos eventos que tiveron lugar no Auditorio da Peroxa....¿Que cobrou as entradas?...¿Quen as puxo a venda?.....¿Quen fixou o prezo?....¿Que normativa municipal recolle o preza dos actos no Auditorio?

O Alcalde visiblemente molesto por esta pregunta, xa que de novo realizou actuacións de "andar por casa" acostumado a facer no Concello como si estivera na súa casa, sen ter en conta para nada as propias ordenanzas municipais e outra normativa pola que deben rexirse certos procesos.

Indicou como resposta, que foi o Concello quen vendeu as entradas a un prezo de 5€ que fixou él mesmo o prezo (sabendo que non hai ordenanza que regule os prezos), que chegou a un "acordo verbal" coa empresa para garantir un prezo en caso de non cubrir co prezo da entradas (400€).

O Sr. Secretario interviu para indicar que o Concello non tivera ningún ingreso por esas entradas.....SÓLO FALTARÍA ¡¡¡¡ XA QUE NON TEMOS TODAVÍA UNHA ORDENANZA QUE FIXE OS PREZOS DOS EVENTOS A REALIZAR NO  NOSO CONCELLO, E QUE NOS PARECE XA URXE DEBIDO A RECENTE INAUGURACIÓN DO AUDITORIO.

ATA O DE AGORA TODAS AS ACTUACIÓN TIVERAN UN CARACTER SOLIDARIO OU BENÉFICO E A RECAUDACIÓN ESTABA XA FIXADO DE ANTEMÁN A DONDE ÍAN A PARAR PERO NO CASO DESTA ACTUACIÓN, O PROPIO CARTEL NON INDICABA NADA AO RESPECTO, POR ISO PREGUNTAMOS SOBRE ESTE ASUNTO.....

ADEMÁIS O NOSO CONCELLO ESTÁ ADHERIDO A REDE DE ESPAZOS CULTURAIS DA DEPUTACIÓN QUE TAMPOUCO TIÑA ESTA ACTUACIÓN NA SÚA PROGRAMACIÓN.....POLO TANTO CELEBRAMOS QUE DENDE O CONCELLO SE FAGAN TODO TIPO DE EVENTOS E ACTUACIÓNS, PERO CUMPLINDO OS REQUISITOS MÍNIMOS LEGAIS....

ESTE ERA O CARTEL O QUE FIXEMOS REFERENCIA....



Pola contra este mesmo evento, tratado de xeito "diferente" noutro concello veciño....


Tamén preguntamos ao Sr. Alcalde por un escrito presentado no mes de NOVEMBRO DE 2016 DO QUE TODAVÍA NON TIVEMOS RESPOSTA ¡¡¡

Tràtase do seguinte, para verificar a correcta aplicación dos productos fitosanitarios no noso Concello sobre a maleza das cunetas das nosas estradas....


Preguntamos por este asunto polas actuacións nas nosas estradas e anunciadas a través dos seguintes avisos.....



A RESPOSTA DADA A ESTA PREGUNTA POLO SR. ALCALDE, LOGO DE MIRAR PARA OS SEUS CONCELLEIROS E PARA O SECRETARIO FOI......"QUE O CONCELLO NON TEN ESES DOCUMENTOS SOLICITADOS"....."QUE SI HABÍA QUE TELOS NON O SABÍAN E NON OS FIXERON".....¡¡¡¡

ALTO Y CLARO ¡¡¡¡......ESTA É A RESPOSTA......¡¡¡ VOSAS AS CONCLUSIÓNS ¡¡¡

No remate do pleno, e despois de non ter recollido na orde o día o punto de Mocións, cando o noso grupo municipal tiña unha presentada....."que segundo palabras do Alcalde....NON TIÑA COÑECEMENTO¡¡¡".....acordouse por unanimidade debaterse como moción de urxencia.

A Moción presentada polo noso grupo foi a seguinte....




A moción e ben clara sobre o que significa para o noso Concello, pois ben o debate sobre este asunto parece sacada dunha comedia, xa que o Alcalde comenza manifestando "que esta moción esta fora de tempo xa que xa se produciron algúns movimentos noutras administracións sobre este asunto".

CURIOSA RESPOSTA SE ATREVE A DAR, CON TODA A CARA DURA DO MUNDO, CANDO TAL E COMO VEDES A MOCIÓN PRESENTOUSE NO MES DE MARZO, PERO POLO INCUMPRIMENTO UNHA VEZ MAÍS, DA NON CELEBRACIÓN DO PLENO QUE CORRESPONDÍA NESE MES NON SE POIDO DEBATIR E CHEGAMOS CON ELA A MEDIADOS DE MAIO ¡¡¡¡¡.......PENOSA RESPOSTA SR. ALCALDE, QUE NON SE CREE VOSTEDE NIN AS SÚAS PROPIAS MENTIRAS ¡¡¡¡

Segue a indicar o Alcalde "que o noso concello está dentro dos que formarán parte desta zona da Ribeira Sacra que opta a Patrimonio da Humanidade......e o mesmo tempo "libre" das limitacións que esta declaración vai ocasionar".

NON SABEMOS SE ESTAS DECLARACIÓNS ESTARÁN INFLUENCIADAS POR ALGÚN TIPO DE INTERÈS ALLEO AO CONCELLO, PERO PARECE INCRIBLE QUE UN ALCALDE DUN CONCELLO QUE SE LLE DA OPORTUNIDADE DE PERTENCER A UNHA ZONA DECLARADA PATRIMONIO DA HUMANIDADE POÑA TANTAS PEGAS A APROBACIÓN DUNHA MOCIÓN, QUE RECORDEMOS FOI APROBADA EN TODOLOS CONCELLOS AFECTADOS ASÍ COMO TAMÉN NAS DEPUTACIÓNS DE LUGO E OURENSE.

Finalmente, e tras algún que outro cambio de impresións sobre este asunto......O GRUPO DE GOBERNO MUNICIPAL DO PARTIDO POPULAR DO CONCELLO DA PEROXA CO SEU ALCALDE A FRONTE VOTAN EN CONTRA DESTA MOCIÓN......POLO TANTO VOTAN EN CONTRA DOS INTERESES DO SEU PROPIO CONCELLO.....

¡¡¡¡¡.......VERGOÑENTO ¡¡¡

ESTES MOVEMENTOS OS QUE SE REFERÍA O SR. ALCALDE RECORDAMOSLLE INICIARONSE GRACIAS A QUE OS REPRESENTANTES DO PARTIDO SOCIALISTA NOS CONCELLOS AFECTADOS, COA COLABORACIÓN DOS DEPUTADOS DO GRUPO SOCIALISTA DA DEPUTACIÓN DE OURENSE NOS XUNTAMOS PARA TOMAR ACCIÓNS QUE REACTIVARAN ESTE SITUACIÓN DE BLOQUEO QUE MANTIÑA A XUNTA DE GALICIA E O GOBERNO DE ESPAÑA SOBRE ESTE ASUNTO...


ASÍ SE RECOLLE NA PRENSA LOCAL, O QUE FORON AS CONCLUSIÓNS DESA XUNTANZA, ONDE, COMO NON PODÍA SER DOUTRO XEITO ESTIVO PRESENTE O NOSO PORTAVOZ....

http://ourensedixital.com/_novas/17/03/15_04.htm

MENTRAS ALGÚNS TRABALLAMOS POLA PROMOCIÓN E BENEFICIOS DO NOSO CONCELLO, OUTROS SE ADICAN A POÑER PAUS NAS RODAS.....¡¡¡¡

A raíz destas xuntanzas de traballo, tanto a Deputación de Ourense, onde se aprobou a citada Moción, como a propia Xunta de Galicia, parece que despertaron do seu letargo e as noticias comenzaron a ser de novo de esperanza de avanzar nesta declaración importante para tod@s ¡¡¡

http://www.laregion.es/articulo/ourense/expediente-declarar-zona-bic-ribeira-sacra-verano/20170508133922706788.html

A PRENSA LOCAL, RECOLLÍA RECENTEMENTE "A GRAN METEDURA DE PATA" DOS MEMBROS DO PARTIDO POPULAR NO CONCELLO DA PEROXA, VOTANDO EN CONTRA DOS INTERESES DO SEU PROPIO CONCELLO NUNHA DECISIÓN SIN PRECEDENTES ¡¡¡¡

http://www.lavozdegalicia.es/noticia/ourense/2017/06/19/psoe-peroxa-censura-pp-vote-contra-mocion-impulsar-declaracion-ribeira-sacra-patrimonio-humanidad/00031497809964627328833.htm



Remataba este pleno cun acordo aprobado por unanimidade onde se abría unha investigación sobre un ben sobre un posible camiño na zona do Campo de Futbol.

ESTO FOI O QUE DEU DE SÍ ESTE INTERESANTE PLENO, DO QUE AGARDAMOS TOMES BOA NOTA DO QUE ALÍ ACONTECEU E REFLEXIONES SOBRE O MESMO, PARA SACAR AS TÚAS CONCLUSIÓNS ¡¡¡


SOMOS E SEGUIREMOS SENDO A ÚNICA FONTE DE INFORMACIÓN DE TODO E PARA TOD@S ¡¡¡

SEGUIREMOS A TRABALLAR POLA MELLORA DO NOSO CONCELLO ¡¡¡


viernes, 23 de junio de 2017

Actividade no Concello na fin de semana do 24 e 25 de xuño de 2017

Rematan xa as competicións para os nosos equipos, logo dunha longa tempada.

Destacamos a a final na Copa de Veteràns B, que disputará o equipo do ATL. PEROXA este domingo no campo do Polígono, para o cal fixeron este cartel:


Tamén cerrarán a tempada os equipos de base do A PEROXA CF, coa participacion do seu equipo Alevin nun Torneo en Maceda que terá os seguintes enfrontamentos:


Os compoñente do equipo de Atletismo PEROXA RUNNING terán de novo oferta variada no calendario de probas para esta fin de semana que podes consultar no enlace seguinte:

http://www.correrengalicia.org/index.php?name=CPGNuCalendar

Tamèn teremos outro clásico nestas datas na zona dos Peares, como é o descenso do Miño en Piragua, dentro do programa das Festas de Ourense:


A prensa local recollle completa información do desenrolo deste evento:

http://www.ourensedixital.com/_novas/17/06/14_12.htm

Para os moitos aficionados a este bonito e orixinal deporte, o veciño Concello de Coles organiza un interesante curso....


Nos Peares tamén, este domingo organizase unha nova edición dunha proba de nado que se anuncia con este cartel:



Tamén, para a vindeira semana, un ano máis o equipo do A Peroxa CF organiza dentro do programa de festas da Peroxa o seu tradicional Torneo Benèfico da Amistade 2017 de futbol 7, que anuncian con este cartel e para o que xa podes inscribirte....


E por parte do Concello da Peroxa àbrese o prazo para inscribir os máis peques no Campamento de Verán 2017, que anuncian así....


Tal e como xa lle comentamos aos responsables municipais, solicitamos algo máis de colaboración a hora de programar eventos no noso Concello, xa que, os poucos eventos e actividades que temos por parte do concello non deberían solaparse en datas, tal e como acontece con este Campamento e o Campus de Fùtbol no que tamén colabora o Concello e onde hai nenos e nenas que están anotados aos dous eventos.....

Lembramos o cartel do Campus:




APOIA, PARTICIPA E DISFRUTA DAS OPCIÓNS QUE CHE PROPOÑEMOS ¡¡¡

SOMOS E SEGUIREMOS SENDO A ÚNICA FONTE DE INFORMACIÓN DE TODO E PARA TOD@S ¡¡¡

viernes, 16 de junio de 2017

Actividade no Concello na fin de semana do 17 e 18 de xuño de 2017

No eido deportivo, poucas competicións oficiais por rematar, ainda que si con eventos destacados:

No fútbol de veteráns o equipo local buscará o pasa a final do torneo de Copa no seguinte encontro:

DECOLOGIG - ATL. PEROXA: Sàbado 17 as 19:00 no campo de Quins (Melón)


Tamén destaca a FINAL da Copa Deputación 2017 de Fùtbol Sala que un ano máis disputará o noso representante neste deporte:

OPTICA PRIETO - PEARES FS: Domingo 18 as 19:30 no Pabellón de Xinzo de Limia.



Os representantes do PEROXA RUNNING no atletismo, como cada semana, participarán en algunha das probas que marca o calendario, que podes consultar no seguinte enlace:

http://www.correrengalicia.org/index.php?name=CPGNuCalendar

Os equipos de base do A PEROXA CF poñen fin a tempada co seu anual e tradicional Torneo "As Xeracións do Fùtbol", e a posterior comida de familia no campo da Festa da Peroxa.

Este é o cartel do Torneo deste sábado 17:


Estes serán os partidos que se disputarán cos seus correspondentes horarios:

Este edición, e como novidade, por iniciativa do clube na súa parte deportiva, queren facer un acto de recoñecemento a eses outros deportistas do noso concello, que a pesar de practicar uns deportes minoritarios están a acadar uns èxitos notables, e que serán os encargados da entrega de Trofeos os equipos gañadores do Torneo en cada unha das súas categorías.

Este é o cartel de recoñecemento destes deportistas, veciños do Concello e dos que agardamos sexan unha referencia para os máis peques, polo seu traballo, esforzo adicación e éxitos no deporte.

A propia prensa local recolle no día de hoxe noticias sobre este evento....

http://www.farodevigo.es/deportes/ourense/2017/06/16/peroxa-celebra-tercer-torneo-cantera/1699542.html

O clube do A PEROXA CF, volve a organizar, coa confianza da Delegación Ourensana de Futbol, unha nova Final da Copa Deputación 2017, desta vez, na súa categoría Alevin, pondo de novo de manifesto o seu bo facer para acadar este tipo de eventos destacados.

Rematando coa seccion máis deportiva, anunciamos tamén unha actividade destacada no veciño Concello de Coles:



Anunciamos tamén dentro do apartado festivo, a celebración da Festa de Mirallos, con este cartel:



APOIA, PARTICIPA E DISFRUTA DAS OPCIÓNS QUE CHE PROPOÑEMOS ¡¡¡

SOMOS E SEGUIREMOS SENDO PIONEIROS NA INFORMACIÓN DE TODO E PARA TOD@S¡¡¡

miércoles, 14 de junio de 2017

A que agardan??

Pregunta sinxela, con reposta......polo que parece para o goberno municipal.....IMPOSIBLE ¡¡

Falamos hoxe dunha situación relacionada coa recentemente realizada Andaina da Peroxa.

Lembraredes que xa en edicións anteriores, ao igual que nesta de 2017, felicitàbamos ao Concello pola organización desta actividade, espectacular en canto a percorrido en tódalas súas edicións, pero tamén levamos a pleno a petición de situacións a mellorar como eran os valados destrozados e caidos en boa parte do seu percorrido na zona de descenso posterior o Castelo da Peroxa, e algunha outra zona da parte inicial a carón do regato do Rial.

Tal e como se recolle nas imaxes seguintes....





Posteriormente a celebración da pasada edición do ano 2016 presentamos no concello o Rogo seguinte (nùmero 3) para ser tratado no pleno correspondente:



A resposta aceptando o Sr. Alcalde estas incidencias e comprometéndose a arranxalas está recollido na acta do pleno do 31 de maio de 2016, tal e como comprobades na imaxe seguinte:


POLO VISTO NA EDICIÒN DESTE ANO 2017, A SITUACIÓN LONXE DE MELLORAR EMPEOROU E AS SOLUCIÓNS DE MELLORA PARECE CAERON NO OLVIDO ¡¡¡

COMO EN TANTAS E TANTAS OCASIÓNS.......O GRUPO DE GOBERNO CO SEU ALCALDE A FRONTE INCUMPLE OS SEUS COMPROMISOS PLENARIOS E A SÚA OBRIGA DE ATENDER AS DEMANDAS DE ARRANXAR AS NECESIDADES PLANTEXADAS ¡¡

O PASOTISMO E A NEGLIXENCIA SON OS CALIFICATIVOS QUE UNHA VEZ MÁIS CARACTERIZAN A SÚA XESTIÓN ¡¡

A continuación publicamos unha noticia que agardemos non afecte algún día ao noso concello, polas contínuas falta de atencion e mellora das nosas infraestructuras e instalacións, xa que o Concello da Peroxa como dono das mesma é O ÚNICO RESPONSABLE EN CASO DE CALQUER PERCANCE SEXA MÁIS OU MENOS GRAVE ¡¡¡

http://www.lavozdegalicia.es/noticia/ourense/boboras/2017/05/08/concello-boboras-pagara-40000-euros-caida-ruta-senderismo/0003_201705O8C2998.htm


NON PODEMOS POLO TANTO, ESTAR A ESPERA DE QUE A CASUALIDADE OU A FORTUNA ACTÚE E NON SE TEÑAN PRODUCIDO INCIDENTES DE GRAVIDADE XA QUE COMO DECIMOS, A PESAR DO GRAN DESCOÑECEMENTO DA VECIÑANZA E USUARIOS DESTAS INFRAESTRUCTURAS, A RESPONSABILIDADE È DO CONCELLO DA PEROXA.

Solicitamos polo tanto, neste caso citado, actuacións que melloren o estado desta Ruta de Sendeirismo.


È NECESARIO QUE O NOSO CONCELLO ACTÚE E DUNHA VEZ POR TODAS APOSTE POR O SECTOR TURÍSTICO, UN DOS DE MÁIS FUTURO NA NOSA COMARCA E PARA ISO TEMOS QUE DAR A COÑECER O NOSO PATRIMONIO, AS NOSAS PAIXASES E OS NOSOS PRODUCTOS.....PERO È IMPRESCINDIBLE CREER NO NOSO E TELO EN CONDICIÓNS DIGNAS ¡¡

SEGUIREMOS TRABALLANDO POLA MELLORA DO NOSO CONCELLO ¡¡¡

jueves, 8 de junio de 2017

Actividade no concello na fin de semana do 10 e 11 de xuño de 2017

Escasa competición oficial resta para os nosos equipos, tan só nesta fin de semana na liga de veteranos con importante encontro onde se buscará o pase as semifinais deste torneo de Copa:

ATL. PEROXA - MONKEY: Sàbado 10 as 18:30 no campo do Marco.

O noso representante do fútbol sala PEARES F.S. , logo da súa meritoria victoria clasificouse un ano máis, para a final da Copa Deputación que se disputará o vindeiro fin de semana en Xinzo, en día e hora por publicar e da que vos informaremos convenientemente.

Tamén os atletas do PEROXA RUNNING teñen varias probas onde seguramente os veremos participar, que podes consultar no enlace seguinte:

http://www.correrengalicia.org/index.php?name=CPGNuCalendar

Tamén no campo do Marco o sábado en horario de mañà, e confiando de novo a Delegación de Futbol en Ourense no equipo local para a súa organización, celebraranse as Finais do Torneo Ourense 2017 de Fútbol Base cos seguintes partidos:



Ainda que sen dúbida o evento máis destacado será a celebración do Rallie de Ourense, que pasará por gran parte das estradas do noso Concello mañà venres e onde tedes cumplida información de lugares e horarios no enlace seguinte:

http://www.rallyeourense.es/rallye.aspx?id=509&ed=50

Con máis detalle na imaxe seguinte....

 


TAMÉN VOS LEMBRAMOS A NECESIDADE DE EXTREMAR A PRECAUCIÓN E RESPETAR OS CORTES DE ESTRADAS COS SEGUINTES HORARIOS:


APOIA, PARTICIPA E DISFRUTA DAS PROPOSTAS QUE CHE OFRECEMOS ¡¡¡

SOMOS E SEGUIREMOS SENDO A ÚNICA FONTE DE INFORMACIÓN DE TODO E PARA TOD@S ¡¡¡

viernes, 2 de junio de 2017

Actividade no concello na fin de semana do 03 e 04 de xuño de 2017


Chegan case o seu remate as competicións na que temos representación dos equipos do Concello, pero todavía temos os seguintes equipos e encontros nas diferentes modalidades:

No fútbol de base:

A PEROXA C.F. ALEVIN - MONFORTE C.F. "B": Sàbado 3 as 11:30 no Campo do Marco.

No fútbol de veteráns:

MASIDE - LLOVIZNA: Domingo 4 as 11:00 no campo de Maside.

ATL. PEROXA - AURIA VELLA: Sàbado 3 as 18:00 no campo do Marco.

Tamén o equipo de futbol sala buscará o pase a final da Copa Deputaciòn no encontro....

OS PEARES F.S. - PROLSPORT/VIVIAN: Sàbado 3 as 17:30 no pabellón dos Peares.

Os representantes do deporte do atletismo, levarán o nome do Concello coa equipo PEROXA RUNNING por algunha das múltiples probas desta fin de semana, que podes consultar no enlace seguinte:

http://www.correrengalicia.org/index.php?name=CPGNuCalendar


Dentro das actividades diversas destaca a Festa da Carne, anunciada a travès do seguinte cartel a que vos convidamos a tod@s ¡¡¡


No día de onte a prensa local facía a seguinte reportaxe:


RECORDAMOS TAMÉN QUE MAÑÁ SÁBADO DÌA 3 CELEBRARASE A FEIRA MENSUAL EN SAN CIPRIÁN ¡¡¡

Continuamos anunciando o interesante evento....



Para os moitos amantes do mundo do cabalo tedes este acto ben preto....



Tamén para que os maís peques se vaian anotando a un importante evento deportivo....




APOIA, PARTICIPA E DISFRUTA DAS NOSAS PROPOSTAS ¡¡¡¡

SOMOS E SEGUIREMOS SENDO A ÚNICA FONTE DE INFORMACIÓN DE TODO E PARA TOD@S ¡¡