Benvido a este teu lugar de información, consultas, aportacións e por suposto críticas.


Un grupo, un compromiso, unha idea, unha ilusión...

Poñemos o teu alcance unha ferramenta necesaria para coñecer toda a información sobre o noso Concello: actuacións, acordos, propostas, necesidades, acontecementos.... e tamén lugar para opinar libremente a través dos teus comentarios.

Esperamos as túas aportacións.

jueves, 25 de mayo de 2017

Tristemente.....cumplironse os nosos pronósticos...¡¡¡¡

A pesar de chegar con moitos anos de retraso, a nova sobre a incorporación do novo médico o Centro da Saùde da Peroxa, chega tal e como xa indicamos no seu día, EN RÉXIME DE MEDIA XORNADA neste centro de saúde, compartindo o resto da xornada co Centro de Saùde dos Peares, a pesar das contínuas negativas que sempre chegaron dende os responsables do Concello sobre este asunto, pero unha vez máis o tempo dá e quita razóns e coloca a cadaquén no seu lugar.

Este anuncio facíase público a través das redes sociais do Concello onde se informa que "o Centro de Saùde da Peroxa conta cun novo facultativo e que se amplían os servizos que se prestan coa incorporación do Programa da Muller o o Programa de Ciruxía Menor. As persoas que desexan ser atendidas polo novo doutos deberán facer o trámite de cambio da súa cartilla no propio Centro de Saùde".

Grata noticia polo tanto, polo que respecta a veciñanza usuaria deste centro de saúde da Peroxa, non tanto a que è atendida no dos Peares que compartirá facultativo, pero desta situación non se dá ningún tipo de información ¡¡¡

Esta situación da supresión da praza de médico no Centro de Saùde da Peroxa è unha longa historia, que xe temos tratado en multitude de ocasións e onde os concelleiros socialistas do Concello da Peroxa reclamaron, propuxeron e buscaron solucións para a contrarestar a supresión deste servizo básico no noso Concello.

Agora chegado a este momento è importante botar a vista atrás para analizar e reflexionar como e cando actuou cada quen nesta grave problemática.

Xa no ano 2012 xurxían problemas coas sustitucións en caso de baixa ou vacacións que os Concellieros Socialista denunciamos públicamente e mesmo trasladamos o departamento de Sanidade do Parlamento de Galicia.

Asì o recollía a prensa local...



O problema do que trata este artigo, surxìa neste punto alá xa polo lonxano SETEMBRO DE 2013, cando con data do 1 de setembro se xubilaba o doutor Ojea ¡¡¡


Con anterioridade e para anticiparnos a esta situación trasladamos xa no mes de Agosto  aos responsables da materia sanitaria do SERGAS no Parlamento esta grave situación que se iba a producir que rexistraron ante os responsables estas cuestións sobre o Centro de Saùde da Peroxa:




Tamén no mes de setembro os concelleiros socialistas rexistraban nas oficinas municipais do Concello da Peroxa unha pregunta sobre esta cuestión....(PREGUNTA Nº 1)


No pleno do 22 de outubro de 2013, o Sr. Alcalde tal e como nos ten acostumados falta a verdade completamente, xa que para xustificar esta ausencia contabiliza o facultativo do Centro de Saúde dos Peares para respostar que na Peroxa hai dous médicos¡¡¡¡¡.....PERO TIÑAMOS 3 SR. ALCALDE¡¡¡

Tamén recoñece que "HAI QUE MELLORAR O SERVIZO" tal e como lle solicitamos os concelleiros socialistas....
Esta foi a súa resposta extraída literalmente da acta dese citado pleno....


Ante as nosas demandas e peticións de reestablecemento do Servizo Sanitario suprimido a Xerencia de Atención Primaria en Ourense, a través da súa xerente (a primísima de Feijoo) resposta a travès da prensa local as nosas peticións, terxiversando completamente os datos para xustificar UN INXUSTO RECORTE NOS SERVIZOS DO NOSO CONCELLO ¡¡¡
...seguèn a utilizar os datos tamén dos usuarios do Centro de Saùde dos Peares cando o problema está no da Peroxa ¡¡


Os nosos concelleiros socialistas non poden permitir estas mentiras na prensa para xustificar os recortes, coa complicidade do Sr. Alcalde e respostamos a través tamén da prensa local do que é unha realidade en datos....ANTES TIÑAMOS NO CENTRO DE SAÚDE DA PEROXA DOUS MÉDICOS E AGORA SÓ HAI UN ¡¡¡
......PODEN ADORNAR AS SÚAS MENTIRAS COMO QUEIRAN, PERO A VECIÑANZA SABE QUE ESTA É A ÚNICA REALIDADE ¡¡¡


As propias revistas médicas especializadas recollían a nosa xusta demanda de recuperación de servizos no noso Concello.....

http://www.saludymedicinahoy.es/os-socialistas-da-peroxa-denuncian-a-supresion-dun-medico-no-centro-de-saude/

Seguen a pasar os meses en ante o inmovilismo e pasividade do Alcalde como responsable do Concello, xa que as únicas xestións que realizan pasan por tentar "mover" da súa praza o médico do Centro de Saúde dos Peares para que pase a realizar parte da súa xornada no da Peroxa.......usando a técnica de "DESVESTIR UN SANTO PARA VESTIR OUTRO" ¡¡¡

Voltamos sobre este asunto no Pleno do 28 de novembro de 2013 de novo facendo a seguinte pregunta sobre os posibles avances nas nosas demandas......

A RESPOSTA DADA POLO SR. ALCALDE.........DE CHISTE ¡¡¡


Seguen pasando as semanas e os meses e a situación non parece ter solución polo pasotismo sobre este asunto que están a amosar os responsables do Concello da Peroxa co seu Alcalde a cabeza que segue "insistindo" en buscar compartir o médico do Centro de Saùde dos Peares.....

Ao longo de todo o ano 2014 non se realizar ningún movemento na búsqueda de solucións e de novo no mes de Xaneiro de 2015 voltamos a levar a pleno esta situación que creemos debería ter tido xa unha solución satisfactoria para a veciñanza do noso Concello.

A través do turno de preguntas, de novo pedimos o Sr. Alcalde que nos indique cales foron as súas actuacións para mellorar a calidade e os servizos dos seus veciños e veciñas.......(PREGUNTA 1):


DESTA VEZ A RESPOSTA QUE DÁ O SR. ALCALDE È PARA LEER MÁIS DE UNHA VEZ, XA QUE UTILIZA ATA OS PLENOS PARA FACER CAMPAÑA ELECTORAL (LEMBREMOS QUE AS ELECCIÓNS SERÍAN EN MAIO DESTE MESMO ANO 2015), O PROMETER ESA PLAZA DE MÉDICO ANTES DE QUE REMATE O ANO SI SAE REELEXIDO ALCALDE ¡¡¡¡

UNHA NOVA MOSTRA DE QUE CONSIDERA O CONCELLO O SEU CORTIXO PARTICULAR E USA AS INSTITUCIÓNS PÚBLICAS PARA FACER ANUNCIOS ELECTORAIS QUE TAL E COMO PODEDES COMPROBAR SE RECOLLEN NA ACTA DO PLENO....

DEBERÍA USAR O CONCELLO PARA TRABALLAR A PROL DOS SERVIZOS DOS VECIÑOS, NON PARA FACER ANUNCIOS PARA MANTERSE NO SEU POSTO, ESE NO CAL LEMBREMOS NON ESTÁN POR AMOR O ARTE, COMO MOITOS PENSAN, SENÓN QUE NOS COSTA ANUALMENTE OS VECIÑOS E VECIÑAS DO CONCELLO PRETO DE 30.000€ ¡¡

VER PARA CREER ¡¡¡¡


XA LLO EXPRESAMOS NO PLENO E O VOLVEMOS POR AQUÍ DE MANIFESTO: LEVA PROMETENDO O MESMO CASE 4 ANOS¡¡¡

E A VECIÑANZA A PESAR DE TELO REELEXIDO ALCALDE NON TIVO ESE MÉDICO NIN NO 2015.....NIN NO 2016 ....E AGORA CHEGA NO 2017 A COSTA DE MERMAR OS SERVIZOS OS USUARIOS E USUARIAS DOS PEARES ¡¡¡¡

A raíz destes contínuos incumplimentos, os membros da nosa Agrupación Municipal Socialista a proposta da veciñanza, decidimos iniciar e colaborar NUNHA RECOLLIDA MASIVA DE SINATURAS PARA RECLAMAR A REPOSICIÓN DO SERVIZO RECORTADO ¡¡¡

A noticia desta iniciativa foi recollida pola prensa local do seguinte xeito....


O ÈXITO DESTA RECOLLIDA FOI TOTAL, ONDE A VECIÑANZA DO CONCELLO APOIOU MAIORITARIAMENTE ESTA PETICIÓN, ACADANDO PRETO DE 600 SINATURAS QUE FORON ENTREGADAS NO SERVIZO DE ATENCIÓN PRIMARIA EN OURENSE.

CONVIDAMOS AOS CONCELLEIROS DO PARTIDO POPULAR DA PEROXA E O SEU ALCALDE A TRAVÉS DO CONCELLO A COLABORAR NESTA RECOLLIDA DE SINATURAS E NEGARONSE A ASINAR E A PARTICIPAR ¡¡¡¡

FIXEMOS ENTREGA DESTA FIRMAS E A PRENSA LOCAL RECOLLÍA O MOMENTO E A NOTICIA.....




Con posterioridade a resposta da Xerencia de Atención Primaria volvía a respostar que o noso Concello estaba ben atendido cos facultativos actuais.

Pasaron os meses e agora nos atopamos que POR FIN¡¡¡¡¡......O SR. ALCALDE DA PEROXA CONSIGUE O SEU OBXETIVO DE DEIXAR OS VECIÑOS E VECIÑAS DA ZONA DOS PEARES CUN SERVIZO SÓ DE MEDIA XORNADA PARA TRAER ESE MESMO MÉDICO A COMPARTIR ATENCIÓN NO CENTRO DE SAÚDE DA PEROXA.¡¡¡¡

NORABOA SR. ALCALDE POLAS SÚAS XESTIÓNS ¡¡¡¡ TIVO QUE AGARDAR A QUE SE XUBILARA O ANTERIOR MÈDICO DOS PEARES PARA ACADAR O SEU OBXETIVO.

ESTA FOI A LONGA HISTORIA, QUE MERECE A PENA SER LEIDA, ANALIZADA E SOBRE TODO QUE SAQUEDES AS VOAS CONCLUSIÓNS DE COMO E CANDO ACTUOU CADA QUEN.

SEGUIMOS A CUMPRIR FIELMENTE, O NOSO COMPROMISO COA INFORMACIÓN DO QUE ACONTECE NO TEU CONCELLO.

SEGUIMOS E SEGUIREMOS TRABALLANDO POLA MELLORA DO NOSO CONCELLO ¡¡

No hay comentarios:

Publicar un comentario