Benvido a este teu lugar de información, consultas, aportacións e por suposto críticas.


Un grupo, un compromiso, unha idea, unha ilusión...

Poñemos o teu alcance unha ferramenta necesaria para coñecer toda a información sobre o noso Concello: actuacións, acordos, propostas, necesidades, acontecementos.... e tamén lugar para opinar libremente a través dos teus comentarios.

Esperamos as túas aportacións.

viernes, 26 de mayo de 2017

Actividade no Concello na fin de semana do 27 e 28 de maio de 2017

Pouca competición oficial para os nosos equipos representativos.....

C.P. CALASANCIO "B" - A PEROXA C.F. ALEVIN: Domingo 28 as 10:45 no campo do Colexio dos Escolapios de Monforte.

O equipo do A PEROXA C.F. BENXAMIN asistirá a un Torneo de Fùtbol Sala no Polideportivo de Albán (Coles) que organiza o equipo local durante a maña do sábado 27.

Os equipos de veteráns están a disputar os partidos da Copa Deputación:

AURIA VELLA - ATL. PEROXA: Sàbado 27 as 17:30 no campo de Melias.

O equipo de fútbol sala do Concello terá de novo un decisivo partido na búsqueda dunha nova Copa Deputación:

SD ESCORNABOYS - OS PEARES F.S.: Sàbado 27 as 18:30 no polideportivo de Oira.

En canto aos representantes do PEROXA RUNNING no deporte do atletismo, como cada semana teremos representación en algunha das probas que marca o calendario, no seguinte enlace:

http://www.correrengalicia.org/index.php?name=CPGNuCalendar


Aquí neste apartado, temos que facer unha referencia ao noso veciño JAVIER RODRÍGUEZ IGLESIAS, que segue a engordar o seu xa amplo palmarès en probas de montaña e de longo percorrido como aconteceu a fin de semana pasada en terras portuguesas de MELGAÇO, onde se proclamou gañador, extendendo polo tanto os seus èxito a un plano internacional....NORABOA ¡¡¡



Seguindo coa axenda deportiva estamos xa en condicións de anunciarvos de novo o paso do Rallie de Ourense polo noso Concello o venres 9 de xuño, nun recorrido similar ao de anos anteriores, que fará que pasa por moitas das estradas do noso concello...


Nesta fin de semana, volven tamén a escena eventos organizados polo Moto Clube A Peroxa, cun destacado evento....


Un anuncio tamén de interès para os máis xovenes que poderán de novo participar nun Campus de Futbol que terá lugar no Campo do Marco...



Segue a programación das nosas festas populares....


Tamén podedes ir facendo os vosos encargos para unha nova edición da Festa da Carne...


Outro evento de interés para o que xa están as inscripcións abertas....


Finalmente, no veciño Concello de Coles un evento destacado para os moitos amantes do mundo dos cabalos que temos no noso concello...


LEMBRA TAMÉN QUE MAÑÀ SÀBADO TEREMOS A TRADICIONAL FEIRA DO 27 DA PEROXA ¡¡¡


APOIA, PARTICIPA E DISFRUTA DAS PROPOSTAS QUE CHE INDICAMOS ¡¡

SOMOS E SEGUIREMOS SENDO A ÚNICA FONTE DE INFORMACIÓN DE TODOS E PARA TOD@S ¡¡

No hay comentarios:

Publicar un comentario