Benvido a este teu lugar de información, consultas, aportacións e por suposto críticas.


Un grupo, un compromiso, unha idea, unha ilusión...

Poñemos o teu alcance unha ferramenta necesaria para coñecer toda a información sobre o noso Concello: actuacións, acordos, propostas, necesidades, acontecementos.... e tamén lugar para opinar libremente a través dos teus comentarios.

Esperamos as túas aportacións.

viernes, 26 de mayo de 2017

Actividade no Concello na fin de semana do 27 e 28 de maio de 2017

Pouca competición oficial para os nosos equipos representativos.....

C.P. CALASANCIO "B" - A PEROXA C.F. ALEVIN: Domingo 28 as 10:45 no campo do Colexio dos Escolapios de Monforte.

O equipo do A PEROXA C.F. BENXAMIN asistirá a un Torneo de Fùtbol Sala no Polideportivo de Albán (Coles) que organiza o equipo local durante a maña do sábado 27.

Os equipos de veteráns están a disputar os partidos da Copa Deputación:

AURIA VELLA - ATL. PEROXA: Sàbado 27 as 17:30 no campo de Melias.

O equipo de fútbol sala do Concello terá de novo un decisivo partido na búsqueda dunha nova Copa Deputación:

SD ESCORNABOYS - OS PEARES F.S.: Sàbado 27 as 18:30 no polideportivo de Oira.

En canto aos representantes do PEROXA RUNNING no deporte do atletismo, como cada semana teremos representación en algunha das probas que marca o calendario, no seguinte enlace:

http://www.correrengalicia.org/index.php?name=CPGNuCalendar


Aquí neste apartado, temos que facer unha referencia ao noso veciño JAVIER RODRÍGUEZ IGLESIAS, que segue a engordar o seu xa amplo palmarès en probas de montaña e de longo percorrido como aconteceu a fin de semana pasada en terras portuguesas de MELGAÇO, onde se proclamou gañador, extendendo polo tanto os seus èxito a un plano internacional....NORABOA ¡¡¡



Seguindo coa axenda deportiva estamos xa en condicións de anunciarvos de novo o paso do Rallie de Ourense polo noso Concello o venres 9 de xuño, nun recorrido similar ao de anos anteriores, que fará que pasa por moitas das estradas do noso concello...


Nesta fin de semana, volven tamén a escena eventos organizados polo Moto Clube A Peroxa, cun destacado evento....


Un anuncio tamén de interès para os máis xovenes que poderán de novo participar nun Campus de Futbol que terá lugar no Campo do Marco...



Segue a programación das nosas festas populares....


Tamén podedes ir facendo os vosos encargos para unha nova edición da Festa da Carne...


Outro evento de interés para o que xa están as inscripcións abertas....


Finalmente, no veciño Concello de Coles un evento destacado para os moitos amantes do mundo dos cabalos que temos no noso concello...


LEMBRA TAMÉN QUE MAÑÀ SÀBADO TEREMOS A TRADICIONAL FEIRA DO 27 DA PEROXA ¡¡¡


APOIA, PARTICIPA E DISFRUTA DAS PROPOSTAS QUE CHE INDICAMOS ¡¡

SOMOS E SEGUIREMOS SENDO A ÚNICA FONTE DE INFORMACIÓN DE TODOS E PARA TOD@S ¡¡

jueves, 25 de mayo de 2017

Tristemente.....cumplironse os nosos pronósticos...¡¡¡¡

A pesar de chegar con moitos anos de retraso, a nova sobre a incorporación do novo médico o Centro da Saùde da Peroxa, chega tal e como xa indicamos no seu día, EN RÉXIME DE MEDIA XORNADA neste centro de saúde, compartindo o resto da xornada co Centro de Saùde dos Peares, a pesar das contínuas negativas que sempre chegaron dende os responsables do Concello sobre este asunto, pero unha vez máis o tempo dá e quita razóns e coloca a cadaquén no seu lugar.

Este anuncio facíase público a través das redes sociais do Concello onde se informa que "o Centro de Saùde da Peroxa conta cun novo facultativo e que se amplían os servizos que se prestan coa incorporación do Programa da Muller o o Programa de Ciruxía Menor. As persoas que desexan ser atendidas polo novo doutos deberán facer o trámite de cambio da súa cartilla no propio Centro de Saùde".

Grata noticia polo tanto, polo que respecta a veciñanza usuaria deste centro de saúde da Peroxa, non tanto a que è atendida no dos Peares que compartirá facultativo, pero desta situación non se dá ningún tipo de información ¡¡¡

Esta situación da supresión da praza de médico no Centro de Saùde da Peroxa è unha longa historia, que xe temos tratado en multitude de ocasións e onde os concelleiros socialistas do Concello da Peroxa reclamaron, propuxeron e buscaron solucións para a contrarestar a supresión deste servizo básico no noso Concello.

Agora chegado a este momento è importante botar a vista atrás para analizar e reflexionar como e cando actuou cada quen nesta grave problemática.

Xa no ano 2012 xurxían problemas coas sustitucións en caso de baixa ou vacacións que os Concellieros Socialista denunciamos públicamente e mesmo trasladamos o departamento de Sanidade do Parlamento de Galicia.

Asì o recollía a prensa local...



O problema do que trata este artigo, surxìa neste punto alá xa polo lonxano SETEMBRO DE 2013, cando con data do 1 de setembro se xubilaba o doutor Ojea ¡¡¡


Con anterioridade e para anticiparnos a esta situación trasladamos xa no mes de Agosto  aos responsables da materia sanitaria do SERGAS no Parlamento esta grave situación que se iba a producir que rexistraron ante os responsables estas cuestións sobre o Centro de Saùde da Peroxa:




Tamén no mes de setembro os concelleiros socialistas rexistraban nas oficinas municipais do Concello da Peroxa unha pregunta sobre esta cuestión....(PREGUNTA Nº 1)


No pleno do 22 de outubro de 2013, o Sr. Alcalde tal e como nos ten acostumados falta a verdade completamente, xa que para xustificar esta ausencia contabiliza o facultativo do Centro de Saúde dos Peares para respostar que na Peroxa hai dous médicos¡¡¡¡¡.....PERO TIÑAMOS 3 SR. ALCALDE¡¡¡

Tamén recoñece que "HAI QUE MELLORAR O SERVIZO" tal e como lle solicitamos os concelleiros socialistas....
Esta foi a súa resposta extraída literalmente da acta dese citado pleno....


Ante as nosas demandas e peticións de reestablecemento do Servizo Sanitario suprimido a Xerencia de Atención Primaria en Ourense, a través da súa xerente (a primísima de Feijoo) resposta a travès da prensa local as nosas peticións, terxiversando completamente os datos para xustificar UN INXUSTO RECORTE NOS SERVIZOS DO NOSO CONCELLO ¡¡¡
...seguèn a utilizar os datos tamén dos usuarios do Centro de Saùde dos Peares cando o problema está no da Peroxa ¡¡


Os nosos concelleiros socialistas non poden permitir estas mentiras na prensa para xustificar os recortes, coa complicidade do Sr. Alcalde e respostamos a través tamén da prensa local do que é unha realidade en datos....ANTES TIÑAMOS NO CENTRO DE SAÚDE DA PEROXA DOUS MÉDICOS E AGORA SÓ HAI UN ¡¡¡
......PODEN ADORNAR AS SÚAS MENTIRAS COMO QUEIRAN, PERO A VECIÑANZA SABE QUE ESTA É A ÚNICA REALIDADE ¡¡¡


As propias revistas médicas especializadas recollían a nosa xusta demanda de recuperación de servizos no noso Concello.....

http://www.saludymedicinahoy.es/os-socialistas-da-peroxa-denuncian-a-supresion-dun-medico-no-centro-de-saude/

Seguen a pasar os meses en ante o inmovilismo e pasividade do Alcalde como responsable do Concello, xa que as únicas xestións que realizan pasan por tentar "mover" da súa praza o médico do Centro de Saúde dos Peares para que pase a realizar parte da súa xornada no da Peroxa.......usando a técnica de "DESVESTIR UN SANTO PARA VESTIR OUTRO" ¡¡¡

Voltamos sobre este asunto no Pleno do 28 de novembro de 2013 de novo facendo a seguinte pregunta sobre os posibles avances nas nosas demandas......

A RESPOSTA DADA POLO SR. ALCALDE.........DE CHISTE ¡¡¡


Seguen pasando as semanas e os meses e a situación non parece ter solución polo pasotismo sobre este asunto que están a amosar os responsables do Concello da Peroxa co seu Alcalde a cabeza que segue "insistindo" en buscar compartir o médico do Centro de Saùde dos Peares.....

Ao longo de todo o ano 2014 non se realizar ningún movemento na búsqueda de solucións e de novo no mes de Xaneiro de 2015 voltamos a levar a pleno esta situación que creemos debería ter tido xa unha solución satisfactoria para a veciñanza do noso Concello.

A través do turno de preguntas, de novo pedimos o Sr. Alcalde que nos indique cales foron as súas actuacións para mellorar a calidade e os servizos dos seus veciños e veciñas.......(PREGUNTA 1):


DESTA VEZ A RESPOSTA QUE DÁ O SR. ALCALDE È PARA LEER MÁIS DE UNHA VEZ, XA QUE UTILIZA ATA OS PLENOS PARA FACER CAMPAÑA ELECTORAL (LEMBREMOS QUE AS ELECCIÓNS SERÍAN EN MAIO DESTE MESMO ANO 2015), O PROMETER ESA PLAZA DE MÉDICO ANTES DE QUE REMATE O ANO SI SAE REELEXIDO ALCALDE ¡¡¡¡

UNHA NOVA MOSTRA DE QUE CONSIDERA O CONCELLO O SEU CORTIXO PARTICULAR E USA AS INSTITUCIÓNS PÚBLICAS PARA FACER ANUNCIOS ELECTORAIS QUE TAL E COMO PODEDES COMPROBAR SE RECOLLEN NA ACTA DO PLENO....

DEBERÍA USAR O CONCELLO PARA TRABALLAR A PROL DOS SERVIZOS DOS VECIÑOS, NON PARA FACER ANUNCIOS PARA MANTERSE NO SEU POSTO, ESE NO CAL LEMBREMOS NON ESTÁN POR AMOR O ARTE, COMO MOITOS PENSAN, SENÓN QUE NOS COSTA ANUALMENTE OS VECIÑOS E VECIÑAS DO CONCELLO PRETO DE 30.000€ ¡¡

VER PARA CREER ¡¡¡¡


XA LLO EXPRESAMOS NO PLENO E O VOLVEMOS POR AQUÍ DE MANIFESTO: LEVA PROMETENDO O MESMO CASE 4 ANOS¡¡¡

E A VECIÑANZA A PESAR DE TELO REELEXIDO ALCALDE NON TIVO ESE MÉDICO NIN NO 2015.....NIN NO 2016 ....E AGORA CHEGA NO 2017 A COSTA DE MERMAR OS SERVIZOS OS USUARIOS E USUARIAS DOS PEARES ¡¡¡¡

A raíz destes contínuos incumplimentos, os membros da nosa Agrupación Municipal Socialista a proposta da veciñanza, decidimos iniciar e colaborar NUNHA RECOLLIDA MASIVA DE SINATURAS PARA RECLAMAR A REPOSICIÓN DO SERVIZO RECORTADO ¡¡¡

A noticia desta iniciativa foi recollida pola prensa local do seguinte xeito....


O ÈXITO DESTA RECOLLIDA FOI TOTAL, ONDE A VECIÑANZA DO CONCELLO APOIOU MAIORITARIAMENTE ESTA PETICIÓN, ACADANDO PRETO DE 600 SINATURAS QUE FORON ENTREGADAS NO SERVIZO DE ATENCIÓN PRIMARIA EN OURENSE.

CONVIDAMOS AOS CONCELLEIROS DO PARTIDO POPULAR DA PEROXA E O SEU ALCALDE A TRAVÉS DO CONCELLO A COLABORAR NESTA RECOLLIDA DE SINATURAS E NEGARONSE A ASINAR E A PARTICIPAR ¡¡¡¡

FIXEMOS ENTREGA DESTA FIRMAS E A PRENSA LOCAL RECOLLÍA O MOMENTO E A NOTICIA.....




Con posterioridade a resposta da Xerencia de Atención Primaria volvía a respostar que o noso Concello estaba ben atendido cos facultativos actuais.

Pasaron os meses e agora nos atopamos que POR FIN¡¡¡¡¡......O SR. ALCALDE DA PEROXA CONSIGUE O SEU OBXETIVO DE DEIXAR OS VECIÑOS E VECIÑAS DA ZONA DOS PEARES CUN SERVIZO SÓ DE MEDIA XORNADA PARA TRAER ESE MESMO MÉDICO A COMPARTIR ATENCIÓN NO CENTRO DE SAÚDE DA PEROXA.¡¡¡¡

NORABOA SR. ALCALDE POLAS SÚAS XESTIÓNS ¡¡¡¡ TIVO QUE AGARDAR A QUE SE XUBILARA O ANTERIOR MÈDICO DOS PEARES PARA ACADAR O SEU OBXETIVO.

ESTA FOI A LONGA HISTORIA, QUE MERECE A PENA SER LEIDA, ANALIZADA E SOBRE TODO QUE SAQUEDES AS VOAS CONCLUSIÓNS DE COMO E CANDO ACTUOU CADA QUEN.

SEGUIMOS A CUMPRIR FIELMENTE, O NOSO COMPROMISO COA INFORMACIÓN DO QUE ACONTECE NO TEU CONCELLO.

SEGUIMOS E SEGUIREMOS TRABALLANDO POLA MELLORA DO NOSO CONCELLO ¡¡

viernes, 12 de mayo de 2017

Actividade no Concello na fin de semana do 13 e 14 de maio de 2017

No apartado deportivo, os partidos dos equipos representativos do Concello serán os seguintes:

No fútbol rexional, derradeiro partido do noso equipo:


C.D. VIANA - A PEROXA C.F.  Domingo 14 as 18:00 no campo de Viana.

Deprazamento do noso equipo en autobús con saída as 12:00 da Peroxa e 12:30 de Ourense. 
Todavía hai prazas libres por si algún aficionado desexa acompañar ao equipo.

Nas categorías do fútbol base:

U.D. OURENSE "B" - A PEROXA C.F. CADETE : Sàbado 13 as 10:00 no campo dos Salesianos.

A PEROXA C.F. ALEVIN - S.D. CHANTADA: Domingo 14 as 10:15 no campo do Marco.



No fútbol de veteranos....

LLOVIZNA - BARBANTES: Sàbado 13 as 17:00 no campo do Marco.

ATL. PEROXA - MOMA CARBALLIÑO: Sàbado 13 as 19:00 no campo do Marco.


O noso representante no fùtbol sala logo de acadar un xusto e meritorio título de Liga, motivo polo cal, de novo, facemos extensiva os nosos parabéns a tódolos compoñentes do equipo, directiva e aficionados, agora comenza a súa andadura na Copa Deputación co seguinte enfrontamento_

BEARIZ F.S. - OS PEARES F.S.: Sàbado 13 as 18:00 no pabellón de Beariz.


Os compoñentes do PEROXA RUNNING participarán en algunha das probas que marca o calendario para esta fin de semana:

http://www.correrengalicia.org/index.php?name=CPGNuCalendar


APOIA, PARTICIPA E DISFRUTA DAS OPCIÓNS QUE CHE PROPOÑEMOS ¡¡¡

SOMOS E SEGUIREMOS SENDO A ÚNICA FONTE DE INFORMACIÓN DE TODO E PARA TOD@S ¡¡¡¡

viernes, 5 de mayo de 2017

Actividade no Concello na fin de semana do 6 e 7 de maio de 2017

No apartado deportivo, os partidos dos equipos representativos do Concello serán os seguintes:

No fútbol rexional...... 


A PEROXA C.F. - SP. CELANOVA: Domingo 7 as 18:00 no campo do Marco.


Nas categorías do fútbol base:

A PEROXA C.F. CADETE - C.D. VELLE "B": Sàbado 6 as 16:00 no Campo do Marco.
PABELLÓN C.F. "B" - A PEROXA C.F. ALEVIN: Sàbado 6 as 19:30 no campo dos Remedios.

A PEROXA C.F. BENXAMIN - C.P. CALASANCIO "C": Sàbado 6 as 10:00 no campo do Marco.

C.D. ARENTEIRO - A PEROXA C.F. PREBENXAMIN: Venres 5 as 19:00 no campo da Uceira en Carballiño


No fútbol de veteranos....


ARENTEIRO - LLOVIZNA: Domingo 7 as 11:00 no campo da Uceira en Carballiño.

ATL. PEROXA - MACCABI: Sàbado 6 as 19:00 no campo do Tato en Barra de Miño.

O noso representante no fùtbol sala terá o seguinte e decisivo partido onde de acadar como mínimo un empate será campión da Liga Provincial.

OIMBRA F.S. - OS PEARES F.S.: Sàbado 6 as 16:30 no pabellón de Oimbra.


Os compoñentes do PEROXA RUNNING participarán en algunha das probas que marca o calendario para esta fin de semana:

http://www.correrengalicia.org/index.php?name=CPGNuCalendar


ENTRE OUTROS EVENTOS DESTACADOS, DE NOVO ANUNCIAMOS A ANDAINA QUE SE CELEBRA ESTE DOMINGO NO NOSO CONCELLO, E A CAL VOS CONVIDAMOS A TOD@S A ASISTIR E DESCUBRIR A BELEZA DO NOSO TERRITORIO....



VOLVE TAMÉN A INICIATIVA MUSICAL OS LOCAIS DE HOSTELERÍA DO CONCELLO, DE NOVO O BAR DORADO TRAE UN INTERESANTE CONCERTO...



Tamèn de novo o veciño Concello de Coles, no seu Auditorio de Cambeo segue coa suá habitual e variada programación, e tendo en conta a calidade do concerto deste vindeiro sábado, así como os moitos seguidores deste canatautor anunciamos no seguinte enlace o mesmo....

http://www.concellodecoles.com/noticias.asp?sec=5&id=214#.WQruCvmLTGg


APOIA, PARTICIPA E DISFRUTA DAS PROPOSTAS QUE CHE ANUNCIAMOS ¡¡¡

SOMOS E SEGUIREMOS SENDO A ÚNICA FONTE DE INFORMACIÓN DE TODO E PARA TOD@S ¡¡¡