Benvido a este teu lugar de información, consultas, aportacións e por suposto críticas.


Un grupo, un compromiso, unha idea, unha ilusión...

Poñemos o teu alcance unha ferramenta necesaria para coñecer toda a información sobre o noso Concello: actuacións, acordos, propostas, necesidades, acontecementos.... e tamén lugar para opinar libremente a través dos teus comentarios.

Esperamos as túas aportacións.

lunes, 10 de abril de 2017

Resumo do pleno no Concello do día 2 de marzo de 2017

Antes de resumir o que foi o curto pero intenso pleno celebrado no Concello da Peroxa o pasado xoves día 2 de marzo, logo de case 5 meses de espera, publicamos a convocatoria coa orde do día dos asuntos a tratar:


No punto 1, aprobouse por unanimidade a Acta do Pleno anterior.

No punto 2, aprobase tamén por unanimidade este punto onde o grupo de goberno expuxo a situación actual no que se atopa esta cesión do noso Centro de Saùde da Peroxa ao Sergas, onde se indica que tan só falta o trámite de escritura pública, pero previamente é requisito ineludible informar o pleno deste convenio.

Neste punto temos que recordar unha recente publicación que fixemos neste mesmo blog sobre este asunto, e que vos invitamos a que leades e analicedes con detalle.....

http://socialistasdaperoxa.blogspot.com.es/2017/02/toca-facer-analisee-algunhas-preguntas.html

Neste pleno preguntamos dúas cuestións importantes e que afectan directamente a esa cesión...

Preguntamos si o Sergas asumirá os custes da limpeza, realizada por unha empregada municipal?....ao que o Sr. Alcalde resposta que "completamente"
REVISAREMOS E VIXIAREMOS ESTA SITUACIÓN DA CAL NOS OFRECE SERIAS DÙBIDAS POLAS POSIBLES IRREGULARIDADES QUE SE POIDAN COMETER COA SITUACIÓN LABORAL DA EMPREGADA MUNICIPAL.

Tamèn preguntamos si a empresa que xestiona o Servizo de Augas seguirá dispondo de xeito gratuito dunha oficina no Centro de Saùde?....ao que o Sr. Alcalde resposta que non seguirá nesa ubicación, tratarase de buscarlle outra axeitada, no caso de que a precise.

No punto 3, aprobase por unanimidade a realización das funcións de Tesourería do Concello polo Secretario de xeito provisional, cesándo polo tanto no seu cargo, o concelleiro Jose Manuel Vázquez Pereira que ata o de agora realizaba esas funcions.

Esta situación levaba varios meses pendente dunha solución a raíz da publicación da nefasta lei que o Partido Popular fixo sobre a reforma da lei de Administracións locais onde perxudicaba gravemente a autonomía e intereses dos Concellos, e mesmo lles facía asumir unha nova e elevada carga económica para esta función.

A raìz de mocións e proposta presentadas a nivel nacional e autonómica polo Grupo Socialista, por fin, o Ministerio de Hacienda e Función Pùblica aceptaba esas modificacións ata a bùsqueda dunha solución definitiva en acordo con tódalas partes implicadas e permite que o posto de Tesoureiro Local se exerza por persoal non habilitado.

Como xa indicamos foi o Partido Socialista que a través de mocións acadou o acordo do resto de forzas políticas para paralizar esta situación, onde mesmo o propio Presidente da Xunta de Galicia se atrevía a discrepar públicamente sobre esta decisión do Ministerio que dirixe Montoro....

http://www.lavozdegalicia.es/noticia/galicia/2017/01/27/feijoo-reprende-montoro-obligar-concellos-tener-tesorero/0003_201701G27P7994.htm

No punto 4, sobre os decretos, indicar que de novo foron revisados polos nosos concelleiros previamente a celebración deste pleno.
Engade neste punto o Secretario que hai un decreto do que debe dar conta o pleno e que informa do nomeamento do procurador do Concello nun proceso xudicial aberto a Miguel Dieguez Díaz.

No punto 5, de escrito e comunicacións non se presentou nada.

A pesar de que é de obrigatoria inclusión na orde do día o punto sobre MOCIÓNS (por si algúen opta pola vía de urxencia para a súa inclusión no pleno), indicar que non houbo ningunha por parte de ningún grupo político.

No punto 6, de Rogos e Preguntas os nosos concelleiros, como en tódolos plenos ata o de agora celebrados presentaron nos dous apartados.

OS ROGOS PRESENTADOS FORON OS SEGUINTES:




No Rogo 1, o Alcalde indica que hai 2 solucións: "a primeira é que xa fai case 2 anos a Deputación iba a comprar unha maquina para estes cometidos e seguimos agardando por ela"......"outra sería aplicar a Lei de Montes e que cada veciño ou veciñas propietario limpase as súas, pero eso iba a ser pouco favorable para o cidadan ¡¡¡"
Tamén se pediu presupuesto a unha empresa que realiza estas labores de desbroce e o prezo por hora serían 280€ polo que é inasumible para o Concello.

A situación é ben coñecida por tod@s os que transitan por esa estrada...


A situación tampouco é nova para o Concello nin moito menos para o Sr. Alcade xa que tal e como recorda na propia resposta.....NON FAI DOUS ANOS SENÓN CASE 3¡¡¡¡¡ que agardamos por a chegada desa máquina da Deputación, que como ben decía un compañeiro da nosa Agrupación Socialista...."PARECE QUE FOI ENCARGADA O IKEA E A MANDAN POR PEZAS¡¡¡

Recordamos, un dos últimos rogos presentados con anterioridade sobre esta mesma petición....


Na resposta que dera o Sr. Alcade a esta vella demanda no pleno do pasado 3 de marzo de 2015 era "que por cuestións climáticas non se puido facer, cando sexa o momento oportuno faranse estas actuacións".......POIS DOUS ANOS DESPOIS SR. ALCALDE A SITUACIÓN NON SO NON SE REALIZOU SENÓN QUE ESTÁ EN BASTANTE PEOR SITUACIÓN...

PARA A SÚA POUCA MEMORIA, E PARA COMPROBAR QUE ESTAS RESPOSTAS SON VERÍDICAS, A CONTINUACIÓN PUBLICAMOS O EXTRACTO DA ACTA DO PLENO ONDE SE RECOLLE ESTA RESPOSTA, QUE MÁIS BEN QUE UNHA PROMESA PARECE UN INSULTO A TODA A VECIÑANZA AFECTADA ¡¡¡¡

Na imaxe seguinte o rogo tratado nese pleno....


E agora a resposta, tal e como vos indicamos....


Rematamos o debate deste rogo coa intervención do noso portavoz socialista onde se informaba o pleno que se publicaba "casualmente" no Boletín Oficial da Provincia do mercores 1 de marzo o Anuncio de formalización do contrato da Deputación para a adquisición "dunha trituradora hidraúlica" ¡¡¡¡

Nese momento, engade o Alcalde que "O CONCELLO DA PEROXA É O PRIMEIRO QUE USARÀ ESA MAQUINA POR TELO PEDIDO EN REITERADAS OCASIÓNS".

Esperemos que así sexa.....e sobre todo......QUE SEXA PRONTO ¡¡¡

No Rogo 2, a triste resposta do Sr. Alcalde foi "que esto por desgracia ten pouco arreglo. O Concello vai a pintar unha liña amarela para impedir o aparcamento os vehículos, que é o único que podemos facer".

CON ESTA RESIGNACIÓN E POUCA AMBICIÓN NA BÙSQUEDA DE MELLORAS PARA ESTE GRAVE PROBLEMA POR PARTE DO RESPONSABLE MUNICIPAL, A VECIÑANZA E USUARIOS DESA ZONA XA SABEN CAL VAI SER A SOLUCIÓN......NON ARRIMARSE ¡¡¡

Entendemos a dificultade dunha actuación definitiva sobre ese problema, pero antes de "rendirse" ben se poderían consultar aos técnicos solucións viables, como podería ser a construcción dun muro de contención en escaleira dende a parte inferior do desnivel, ou tamén instalar algun tipo de protección ou valado metálico que impedise a chegada de rocas a esa zona, como se ten feito en algún treito de estradas que transcurren a carón de desniveis similares.

A situación actual é coñecida por tod@s, e do único que podemos alegrarnos è de que non houbera ningún tipo de dano persoal, xa que os materiais foron escasos ¡¡¡







Recordemos que tamén no ano 2013 produciuse unha situación similar no mesmo lugar....





 Daquela o rogo presentado fora o seguinte....(punto 6):


.... tratado e debatido este asunto no pleno do 21 de xaneiro de 2014 o Alcalde indicaba que "estas peticións de mellora e arranxo de desperfectos tiña que dirixilas ao Consorcio dos Peares".

CASUALMENTE, ANOS DESPOIS, O CONCELLO SÍ QUE ADMITE ESTA PETICIÓN E SE COMPROMETE A FACER UNHA PEQUENA ACTUACIÓN.....

Exemplo de instalación similar a que se podería instalar neste punto para garantir a seguridade dos usuarios desta emblemática zona dos Peares...



No Rogo 3, a petición de remate da marxe do río, indica o Sr. Alcalde que "está con idea de finalizar ese proxecto a travès de conversacións coa Xunta de Galicia".

A petición de remate desta millonaria obra xa foi solicitada polos nosos concelleiros socialistas no ano 2013 xa que a situación de abandono que presentaba era a seguinte....




O Rogo e a resposta dada sobre este asunto tratado no Pleno do 22 de outubro de 2013 podedes comprobla vos mesmos na acta no citado pleno, onde por parte da Alcaldía se recoñecía esa obra sin rematar e que "sería rematada cando se constrúa a ponte".


.....POIS AFORTUNADAMENTE A PONTE SOBRE O MIÑO ESTÁ CONSTRUÍDA E A OBRA CITADA SEGUE SEN REMATARSE TAL E COMO SE PODE COMPROBAR NAS RECENTES IMAXES DESTES DÍAS PASADOS....



PARA OS QUE NON SE LEMBRABAN DESTA NOSA PETICIÓN, E SOBRE TODO PARA OS QUE NON QUERÍAN LEMBRARSE RECORDAR O CARTEL ANUNCIADOR DA MESMA, QUE CASUALMENTE TODAVÍA ESTÀ COLOCADO A ENTRADA DO POBO......


Podemos tamén recordar o que se publicaba na prensa local sobre esta actuación a día de hoxe incompleta....

http://www.lavozdegalicia.es/noticia/lemos/2010/07/27/firmado-acuerdo-arreglar-orilla-mino-os-peares/0003_8633302.htm

Non creo que sexa necesario que se publiquen nin fotos nin noticias de prensa sobre o remate da construcción da Ponte sobre o Miño, xa que dende fai meses todos o podemos usar e disfrutar.

Rematamos este debate sobre este importante asunto, preguntando tamén quen sería o responsable a día de hoxe de retirar os escombros que todavía permanecen no cauce do río baixo a Ponte, xa que a empresa abandonou xa a zona e as noticias recentes da prensa non son moi clarificadoras da situación:

http://www.lavozdegalicia.es/noticia/galicia/2017/02/20/puente-os-peares-genera-impagos-entrar-concurso-constructora/0003_201702G20P8991.htm

A imaxe que presenta a zona é a seguinte....


O Sr. Alcalde indica que tamén se está a traballar para solucionar este "asunto".

Na segunda parte do Rogo o Alcalde indica que a limpeza do paseo fluvial ata Gulfariz està perfectamente limpio e revisado dende fai moitas semanas, concretamente a raiz do temporal.

Algunhas imaxes recentes da zona indican o contrario, así como algún testimonio de xente da zona....


Tocará polo tanto, revisar e comprobar que esa limpeza está realizada ¡¡¡

No Rogo 4, o Alcalde indica que "xa falou cos veciños do pobo e que se arranxará pero teñen que ter un pouco de paciencia".

A situaciòn da zona onde se producen esas dificultades en època de choivas é a seguinte....


Este barrizal provoca que o camión non poida realizar maniobras correspondentes e quedara enterrado en varias ocasións.
Mentras tanto, a solución adoptada polo concello foi alonxar outros 100m máis os contendores os veciños e veciñas da zona que se teñen que desprazar ata eles cargados coas suas bolsas.

Deberíase actuar con dilixenca e solucionar esta problema a veciñanza que paga os seus recibos de recollida de lixo o igual que o resto de veciños do concello, tendo un servizo deficitario polas dificultades expostas.

A nova ubicación dos contenedores.....as entrada do pobo:


No Rogo 5, ante a nosa petición o Sr. Alcalde indica "que hai algún outro tamén pola zona, pero que xa case ten "localizados" aos responsables e actuarase en consecuencia".

A situación onde se solicita a mellora é neste punto, a caròn mesmo da estrada de acceso ao pobo:


Finalmente, no Rogo 6, o Sr. Alcalde manifesta "non ter coñecemento do mesmo, pero que mirará o asunto e unha posible solución".

A situación onde se solicita a mellora está neste estado....


A ubicación exacta, coa colaboración de membros da nosa Agrupación Municipal está no punto marcado cun circulo negro sobre o mapa da imaxe seguinte:

AS PREGUNTAS PRESENTADAS SOBRE ASUNTOS DE INTERÈS FORON AS SEGUINTES:

Presentamos unhas no mes de decembro agardando que o pleno fose en xaneiro, pero unha vez máis o Sr. Alcalde incumple as leis e os acordos plenarios propostos por èl mesmo ¡¡¡




A resposta a Pregunta nº 1, foi "que todavía non está posto porque faltan uns trámites por realizar e a súa ubicación será no Campo de Fùtbol", tamén engade "que se solicitou e instalará no recinto indicado por iniciativa do Concello, non porque o tiveramos solicitado dende o Grupo Socialista".

A ESTA ÙLTIMA PARTE SR. ALCALDE VAMOS A CONTESTARLLE ALTO E CLARO......NOS NON ESTAMOS COMO VOSTEDE NO CONCELLO PARA COLGARSE MEDALLITAS E VENDER FAVORES A NINGUÈN¡¡¡¡¡ 

ESTAMOS PARA TRABALLAR POLA MELLORA DO NOSO CONCELLO E SOBRE TODO DA SÚA VECIÑANZA¡¡¡.-.....SE VOSTEDE È MÀIS FELIZ PENSANDO ESO POIS ALÁ VOSTEDE.....O CASO GRAVE E PREOCUPANTE É QUE TODAVÍA HOXE, DESPOIS DE MÁIS DE TRES MESES DE TER RECIBIDO O DESFIBRILADOR E MÁIS DUN MES DESPOIS DE QUE VARIOS "VOLUNTARIOS" NOS OFRECÉSEMOS A RECIBIR FORMACIÓN PARA PODER USALO TODAVÍA ESTÁ SIN INSTALAR CORRECTAMENTE, NON POR CULPA DUNS TRÁMITES, SENÓN POLA SÚA PASIVIDADE E POLA SÚA NEGLIXENCIA, XA QUE, AGARDEMOS NON TEÑAMOS QUE AGARDAR UNHA URXENCIA PARA PODER USALO E VOSTEDE O SIGA TENDO NAS OFICINAS MUNICIPAIS¡¡¡¡¡


......ESO SÍ È GRAVE SR. ALCALDE......E NÓN QUEN SOLICITA OU DEIXA DE SOLICITAR OS SERVIZOS¡¡¡¡

RECORDAMOSLLE UNHA VEZ MÁIS QUE NOS ESTAMOS NO CONCELLO TAMÉN PARA PROPOÑER, APORTAR, SOLICITAR E COLABORAR DENTRO DAS NOSAS POSIBILIDADES¡¡¡¡ CUESTIÓN QUE TEN SIDO DEMOSTRADO AO LONGO DESTES ANOS CON CRECES......POLA CONTRA VOSTEDE ESTÁ OBRIGADO A FACELAS XA QUE PARA ISO COBRA CASE 30.000€ ANUAIS ¡¡¡¡

DE TODAS FORMAS, E PARA FINALIZAR INDICAR QUE A PROPOSTA DOS NOSOS CONCELLEIROS SOBRE ESTE ASUNTO FOI FEITA BASTANTE ANTES DE QUE VOSTEDE E O SEU GRUPO DE GOBERNO COÑECESE QUE SE IBAN A CONVOCAR ESTAS AXUDAS TAL E COMO SE PODE COMPROBAR NO SEGUINTE ROGO:


RECORDAMOS A TOD@S QUE AS BASES DESTA CONVOCATORIA PUBLICARONSE EN OUTUBRO TAL E COMO PODEDES VER NO SEGUINTE ENLACE (PAXINA 2), POLO TANTO, LECCIÓNS A NÓS DE EFICACIA E BO FACER AS XUSTAS, XA QUE VOSTEDE NON É EXEMPLO DE NADA NESTE SENSO ¡¡¡

https://bop.depourense.es/portal/descargarPdf.do?numBoletin=232&fecha=20161007

POR CERTO, NO PLENO DO 11 DE AGOSTO DE 2016 CANDO PRESENTAMOS ESTE ROGO FOI APROBADO POR UNANIMIDADE, POLO TANTO A PROPOSTA E A APROBACIÓN ESTÁN REFLEXADAS NA ACTA DO CITADO PLENO, O DEMÁIS......FUME ¡¡¡

Tamèn vos deixamos enlace donde se publicaron as citadas axudas para a súa adquisición que no caso do noso Concello ascenderon a 1975€, tal e como podedes ver na pàxina 3:

https://bop.depourense.es/portal/descargarPdf.do?numBoletin=273&fecha=20161128

REMATAMOS INDICANDO QUE MESMO O NOSO PORTAVOZ SOCIALISTA, POLA SÚA RELACIÓN DIRECTA CO EQUIPO DE FÚTBOL, E ASISTENTE HABITUAL AS REUNIÓNS DA FEDERACIÓN GALEGA DE FÙTBOL EN OURENSE, ENVIOU POR EMAIL AS OFICINAS MUNICIPAIS INFORMACIÓN E DOCUMENTACIÓN NECESARIA PARA QUE O CONCELLO SOLICITASE TAMÉN (TAL E COMO SE CUESTIONA NA ULTIMA PARTE DA PREGUNTA) E SERVISE TAMÉN DE AXUDA ECONÓMICA XA QUE ERA COMPATIBLE COA SOLICITADA A DEPUTACIÓN DE OURENSE.......PERO UNHA VEZ MÁIS, NOUTRO EXEMPLO DE PASOTISMO NON SE FAI ESA SOLICITUDE, TENDO O CONCELLO POLO TANTO QUE APORTAR UNHA PARTE ECONÓMICA PARA A SÚA COMPRA MÁIS ELEVADA DO QUE PODERÍA TER SIDO.....

O exemplo no seguinte artigo...

https://www.pressreader.com/spain/la-voz-de-galicia-santiago/20160820/282510067976256

Os argumentos e documentos, que como sempre presentamos deixan en evidencia as actuacións de cada quen neste asunto ¡¡¡

A resposta a pregunta 2 foi ben curiosa (poñendo como sempre a tirita antes da ferida), manifestando o Alcalde o seguinte...."FIXERONSE UNHAS BASES TRANSPARENTES E EU NESTE CONCELLO NOS ANOS QUE LEVO COMO ALCALDE, NIN OS MEUS COMPAÑEIROS FIXEMOS NUNCA TRAMPAS EN NINGÚN PROCESO" ¡¡¡¡

POLO QUE PODEDES COMPROBAR NON CONTESTOU A NADA DO QUE SE LLE PREGUNTABA, TAN SÓ SE ADICOU, NUN AGRIO DEBATE SOBRE ESTE ASUNTO, QUE DETALLAMOS A CONTINUACIÓN A DECIR QUE ÉL NON ESCOLLE A NINGÚN CANDIDATO, QUE ESA É LABOR "DO TRIBUNAL"¡¡¡¡¡


TAL E COMO XA PODEDES LEER NO PROPIO TEXTO DA PREGUNTA A PROPIAS BASES DA CONVOCATORIA INDICABAN UNHAS CARACTERÍSTICAS QUE DEBERÍA TER O CANDIDATO OU CANDIDATA PROPOSTA, QUE NO CASO DA PERSOA "SELECCIONADA" ESTÁ MOI LONXE DE ENCAIXAR NOS CRITERIOS, POLO TANTO CONSIDERAMOS TOTALMENTE IRREGULAR ESTA CONTRATACIÓN.

UNHA VEZ MÁIS, COMO EN TODO TIPO DE PROCEDEMENTOS DE SELECCIÓN QUE CONVOCA O CONCELLO DA PEROXA EXISTE UNHA ENTREVISTA PERSOAL E INDIVIDUAL, QUE É FINALMENTE A PARTE DOS PROCESOS QUE "DECIDEN" O CANDIDATO.

RECORDEMOS, QUE A NORMATIVA VIXENTE E MOITAS SENTENZAS DE TRIBUNAIS IMPUGNAN ESTES PROCESOS AO CONSIDERAR AS ENTREVISTAS "A PORTA DE ATRÁS DE ACCESO PARA CANDIDATOS PREVIAMENTE DESIGNADOS".

NESTE CASO, DE NOVO AS IRREGULARIDADES SON MANIFESTAS XA QUE SE ATREVEN NA PROPIA ENTREVISTA A FACER DE XEITO ORAL PREGUNTAS QUE SEGUNDO AS BASES TRATARÍAN SOBRE AS FUNCIÓNS DO POSTO A DESARROLLAR.....POIS BEN.....ALGUEN NOS PODE INDICAR QUE RELACIÓN TEN PREGUNTAR AOS CANDIDATOS CANTAS ESTRADAS NACIONAIS PASAN POLO NOSO TERMO MUNICIPAL?....CURIOSA PREGUNTA ¡¡¡¡

TODAS ESTAS PREGUNTAS FEITAS SON RESPOSTADAS DE XEITO ORAL POR TÓDOLOS CANDIDATOS EXCEPTO A ÚN/UNHA QUE SE LLE PERMITE QUE RESPOSTE POR ESCRITO NUN CUESTIONARIO.......NUN CLARO INCUMPLIMENTO DO PRINCIPIO DE IGUALDADE ¡¡¡

TAMÉN CADA PREGUNTA SE PUNTÚA CON UNHA NOTA QUE FINALMENTE SE SUMARÁN ENTRE TÓDALAS RESPOSTAS DADAS, PERO SÚRXENOS UNHA DÚBIDA IMPORTANTE ¡¡¡

¿CANDO SE LLE PREGUNTA AOS CANDIDATOS QUE EXPLIQUEN A SÚA MOTIVACIÓN PARA TRABALLAR NESE POSTOS OU TAMÉN SE PREFIREN TRABALLAR EN EQUIPO OU DE XEITO INDIVIDUAL QUE TIPO DE PUNTUANCIÓN SE LLE DÀ A ESTAS RESPOSTAS TOTALMENTE SUBXETIVAS E PERSOAIS?

......VERGOÑENTA ACTUACIÓN NESTE PROCESO QUE NO CASO DALGÚN CANDIDATO/A QUE FOI REXEITADO PRESENTARÁ SEGURAMENTE AS ACCIÓNS LEGAIS PERTINENTES PARA DEFENDER OS SEUS DEREITOS QUE NESTE CASO FORON CLARAMENTE HUMILLADOS ¡¡¡


ESTE É O TEU CONCELLO DA PEROXA E O XEITO QUE ELES ENTENDEN POR IGUALDADE DE OPORTUNIDADES¡¡¡

NON ENTRAREMOS A VALORAR CAL OU CALES DOS CANDIDATOS OU CANDIDATAS SERÍAN OS MÁIS IDÓNEOS PARA ESE POSTO, XA QUE ESE TERÍA QUE TERSE DECIDIDO A TRAVÉS DUN PROCESO CLARO E XUSTO¡¡¡¡.....PERO NON PODEMOS DEIXAR PASAR A OCASIÓN QUE "NOS CHOCA" BASTANTE QUE A CANDIDATA PROPOSTA SEXA UNHA DAS INTEGRANTES DA LISTA DO PARTIDO POPULAR NAS PASADAS ELECCIÓNS MUNICIPAIS ¡¡¡

A resposta a pregunta nùmero 3 contesta o Sr. Alcalde que "non tivo tempo de miralo, que contestará no vindeiro pleno".

Indicamoslle que xa tivemos acceso ao citado expediente e que a través desta subvención se están a realizar e pagar as clases de Zumba, así como tamén se costeou a excursión ao Parque Acuático de Cerceda.

Para o pleno previsto que se celebrase en Febreiro tamén presentamos as correspondentes preguntas, que foron tratadas neste pleno e que foron as seguintes:


En resposta a pregunta 1, como ten acontecido outras veces, e pola demora na celebración dos plenos, atopamos publicacións anteriores a obter resposta do Concello onde damos resposta as nosas propias demandas.
Neste caso atopamos a resposta publicada no DOG do pasado 10 de febreiro onde se constata que TODAS as parroquias do noso Concello se verán afectadas pola citada rebaixa fiscal da Xunta, tal e como podedes ver na imaxe seguinte:



En resposta a pregunta nº 2 o Sr. Alcalde indica "que todavía non está o proxecto rematado, cando esté avísarei".

Sorprendente resposta cando xa se publicaron as subvencións correspondentes a esta anualidade 2017 no propio Boletín Oficial da Provincia (ver paxina 10 do enlace seguinte) onde se APROBABA a realización desa obra....¿?¿?¿?

https://bop.depourense.es/portal/descargarPdf.do?numBoletin=29&fecha=20170204

En canto a resposta a pregunta nº 3 indicar que este asunto xa se debateu e respostou no punto 3 da orde do día deste pleno.

Antes do remate fixemos unha pregunta de xeito oral onde indicamos o seguinte:

"O día 28/06/2016 publicouse na propia web da Xunta de Galicia e Augas de Galicia un artigo e unhas fotos onde se asinaba un convenio para unha obra de Saneamento en Toubes e Cinconogueiras de 411.000€ de orzamento, noticia que tamén era recollida pola prensa local:"

http://www.noticieirogalego.com/2016/06/medio-ambiente-colaborara-na-mellora-do-abastecemento-de-auga-a-parroquia-de-san-martino-na-peroxa/

Tamén as propias redes sociais do Concello se facían eco desta boa nova para o noso Concello.

"Con posterioridade, concretamente o 26/09/2016 publicábase no BOP na súa páxina 9 o periodo de exposición pública deste proxecto xa redactado".

"Logo publicanse os orzamentos 2017 da Xunta de Galicia e vemos como o orzamento para esta obra e de tan só 205.000€, motivo polo que preguntamos ¿que sucede cos 206.000€ que faltan para completar o orzamento total??

O Alcalde resposta "que supón que se repartirán en dúas anualidades: 2017 e 2018 ¡¡

Como para variar, non estaba o corrente desta situación e como nos fiamos pouco da súa resposta indicamos que estaremos vixiantes para que esta obra se licite e execute nos prazos previstos e nas condicións inicialmente orzamentadas.

ESTO FOI O QUE DEU DE SI ESTE PLENO CURTO DE ASUNTOS; PERO QUE TRATAMOS DE DOTAR DE MATERIA E SOBRE TODO DE ASUNTOS DE INTERES PARA TODA A VECINANZA DO CONCELLO, LOGRANDO QUE A SÚA DURACIÓN E DEBATE SOBRE OS ASUNTOS FOSE ACORDE O QUE DEBE SER A CORRECTA ACCIÓN POLÌTICA ¡¡

UNHA VEZ MÂIS QUEDA DEMOSTRADA A NOSA PREPARACION E TRABALLO EN CADA ASUNTO QUE LEVAMOS AO PLENO ¡¡¡


AGORA A LECTURA, O ANALISE, E SOBRE TODO AS CONCLUSIONS SON TUAS ¡¡¡¡

SEGUIMOS E SEGUIREMOS TRABALLANDO POLA MELLORA DO NOSO CONCELLO¡¡¡¡....E SOBRE TODO INFORMANDO DE TODO O QUE ACONTECE NEL ¡¡¡




No hay comentarios:

Publicar un comentario