Benvido a este teu lugar de información, consultas, aportacións e por suposto críticas.


Un grupo, un compromiso, unha idea, unha ilusión...

Poñemos o teu alcance unha ferramenta necesaria para coñecer toda a información sobre o noso Concello: actuacións, acordos, propostas, necesidades, acontecementos.... e tamén lugar para opinar libremente a través dos teus comentarios.

Esperamos as túas aportacións.

miércoles, 22 de febrero de 2017

A qué están esperando....??

Entendemos e comprendemos en ocasións as demoras que a administración ten polo exceso de burocracia, o que non entendemos e que unha vez superara esa burocracia non se cumplan os acordos e se realicen as accións coa dilixencia necesaria.

Esta reflexión sirve para introducir a nosa preocupación pola tardanza excesiva que están a ter dende o Concello da Peroxa coa instalación e posta en funcionamento dun Desfibrilador que foi adquirido para tratar de atender algunha posible urxencia que o precise.

A cronoloxía desta situación é a seguinte....

A principios do mes de xullo de 2016 na Deputación de Ourense acordábase por unanimidade de tòdolos grupos políticos crear unha liña de axudas para dotar os concellos da provincia de desfibriladores que poideran paliar situacións de emerxencia vital.

A noticia publicàbase na prensa local...

http://www.laregion.es/content/print/unanimidad-dotar-desfibriladores-concellos/20160701080902632575

Os concello debían solicitar esta axuda.

Polo tanto, os nosos concelleiros presentaron o seguinte Rogo para o pleno dese mesmo mes de xullo:


O acordo foi unánime, comprometéndose o Sr. Alcalde a solicitar esta axuda para a súa instalación, tal e como se recolle na acta do Pleno de Xullo de 2016:


Unha vez solicitada e aprobada a subvención foi publicada no Boletín Oficial da Provincia do 28 de novembro de 2016 onde na pàxina 3 do seguinte enlace comprobaredes a cantidade que se lle adxudicou o noso Concello:

https://bop.depourense.es/portal/descargarPdf.do?numBoletin=273&fecha=20161128


Por parte do Concello da Peroxa adquírise o citado desfibrilador para xustificar a obtención desta subvención.

Posteriormente, tal e como recolle a propia convocatoria de axudas, a subvención incluída a formación de persoal para poder usalo con garantía, polo que se convoca un Curso de 10 horas que é impartido por unha empresa especializada os días 23 e 24 de xaneiro de 2017 nas oficinas municipais, a onde acuden maioritariamente persoal do clube A PEROXA CF, así como algún outro participante de equipos que disputan os seus encontros no Campo do Marco na liga de peñas de veteráns.

Volvemos a preocuparnos pola tardanza na súa instalación e presentamos de novo no Concello unha pregunta sobre este retraso....PREGUNTA QUE POR CERTO, TODAVÍA ESTÁ SIN RESPOSTAR XA QUE COMO XA TEMOS INDICADO O CONCELLO DA PEROXA, CO SEU ALCALDE A FRONTE LEVA CAMIÑO DE 5 MESES SIN CELEBRAR OS PLENOS ¡¡¡¡



Unha vez realizados tódolos requisitos, repetimos a pregunta do título deste artigo.....¿A QUE ESTÀN AGARDANDO OS RESPONSABLES MUNICIPAIS PARA A SÚA INSTALACIÓN?

¿QUE FAI TODAVÍA O APARATO PECHADO NAS OFICINAS DO CONCELLO?

¿CALES SON OS MOTIVOS POLOS QUE TODAVÍA NON ESTÁ INSTALADO E LISTO PARA PODER ACTUAR ANTE UNHA POSIBLE EMERXENCIA?

.....PREGUNTAS DE MOMENTO SIN RESPOSTA PERO DAS CALES AGARDEMOS NON TER QUE BOTAR MAN NO CASO DE QUE SURXA UNHA NECESIDADE DE USALO E NON ESTAR TODAVÍA DISPOÑIBLE ¡¡¡


SEGUIMOS E SEGUIREMOS SENDO A ÚNICA FONTE DE INFORMACIÓN DE TODO E PARA TOD@S ¡¡¡




No hay comentarios:

Publicar un comentario