Benvido a este teu lugar de información, consultas, aportacións e por suposto críticas.


Un grupo, un compromiso, unha idea, unha ilusión...

Poñemos o teu alcance unha ferramenta necesaria para coñecer toda a información sobre o noso Concello: actuacións, acordos, propostas, necesidades, acontecementos.... e tamén lugar para opinar libremente a través dos teus comentarios.

Esperamos as túas aportacións.

jueves, 21 de diciembre de 2017

Actividade no Concello durante as festas do Nadal 2017

No día de hoxe poñemos remate, a outro ano ao voso carón en canto a información de todo o que acontece no noso concello se refire.

Cada semana, tivestes cumprida información de todo tipo de actividades que se desenrolaban no noso propio termo municipal ou en aquel onde tiveramos representación.

Finalizamos, polo tanto este ano 2017, cumprindo fieis coa nosa cita coa información anunciando as actividades e eventos que sucederán preto de nòs ou onde algún dos nosos veciños e veciñas esté presente....non sin antes, desexar de parte de tódolos que formamos a Agrupación Muncipal Socialista no Concello da Peroxa, que traballa día a día, pobo a pobo pola mellora do noso Concello,  que pasedes unhas moi boas festas, e que o vindeiro ano 2018 veña cargado de saúde, felicidade e éxitos ¡¡¡


 As actividades dentro do mundo do deporte, quedan reducidas a participación do equipo Prebenxamin do A PEROXA C.F. , no Torneo Solidario de Barbadas hoxe venres día 22 no Campo dos Carris, cos seguintes grupos, rivais e horarios:






Tamén destacamos, dentro das iniciativas que os membros e familia do A PEROXA C.F. organizan nestas datas un evento anual de gran éxito de participación para os mais peques do clube e que se anuncia a través do seguinte cartel:



Importante cita terán tamén os veciños e seguidores de OS PEARES F.S. representantes no deporte do fútbol sala que disputarán a final da Supercopa de Ourense, por ter acadado no ano que remata o título de Campión de Copa Deputación 2017.

Este é o cartel anunciador do evento:



Son tamén, moitas as probas do deporte do atletismo, onde os nosos representantes do PEROXA RUNNING participarán nas tradicionais probas de nadal, como son as míticas e xa consolidadas San Silvestres 2017 (Allariz, Castrelo, Ourense....), que destacan as que marca o calendario, que podedes, como sempre consultar no seguinte enlace:

http://www.correrengalicia.org/index.php?name=CPGNuCalendar

O Concello da Peroxa, tamén ofrece varias alternativas dentro da súa programación de Nadal, enfocada sobre todo para os máis cativos, para que disfruten do que son principalmente "as súas festas¡¡¡¡ cheas de maxia e ilusións ¡¡¡






Como xa se anuncia nos carteis de programacion do nadal, os nenos e nenas do Concello visitarán Pazolandia o 3 de xaneiro, pero para os que non poidan asistir ese día, informamos das datas e horas que permanecerá aberto este evento:



Tamén se celebrara a xa tradicional representación teatral por parte de Aspanas, que se anuncia así:

Tamén recibimos a nova da recuperación dunha tradicional festa no pobo do Souto, na honra a San Miguel, e que terá os seguintes actos que indica o seu bonito cartel:



Finalmente, e como tamén  temos varios veciños e veciñas nos seguintes eventos do limitrofe concello de Coles, anunciamos algúns actos previstos para estas datas no seu Auditorio de Cambeo:



Rematamos este ano informativamente falando tal e como e fixemos cada semana anterior do mesmo....."APOIA, PARTICIPA E DISFRUTA DAS OPCIÓNS QUE CHE PROPOÑEMOS".


FOMOS, SOMOS E SEGUIREMOS SENDO A ÚNICA FONTE DE INFORMACIÓN DE TODO E PARA TOD@S ¡¡¡¡

BOAS FESTAS E FELIZ ANINOVO ¡¡¡

jueves, 14 de diciembre de 2017

Actividade no Concello na fin de semana do 16 e 17 decembro de 2017

No eido deportivo, os equipos representativos do Concello terán os seguintes encontros:

No fútbol rexional:

FRANCELOS C.F. - A PEROXA C.F.: Domingo 17 as 16:00 no Campo de Francelos.




No fùtbol dos equipos de base:

A PEROXA C.F. CADETE - S.D.C. ARRABALDO "B": Sàbado 16 as 10:15 no Campo do Marco.

A PEROXA C.F. INFANTIL - A.D. BOSCO "B": Sàbado 16  as 12:00  no Campo do Marco.

PABELLÓN PROMESAS "B" - A PEROXA C.F. BENXAMIN: Domingo 17 as 12:45 no Campo dos Remedios.

A PEROXA C.F. PREBENXAMIN- E.D.C. BARBADAS: Sàbado 16 as 16:00 no Campo do Marco.


No fútbol de veteráns:

LLOVIZNA - PORQUEIRA: Sabado 16 as 17:00 no Campo do Marco.

ATL. UNION VELLE - ATL. PEROXA: Sàbado 16 as 17:30 no Campo de Velle.


No fútbol sala:

PEARES F.S. - PRINK: Sàbado 16 as 16:00 no Pabellón dos Peares.



No deporte do atletismo, os nosos representantes do PEROXA RUNNING, seguen a ter variedade de probas onde partipar, tal e como indica o calendario:




NO EIDO FESTIVO E CULTURAL PUBLICAMOS A PROGRAMACIÓN QUE O CONCELLO DA PEROXA TEN PARA ESTE NADAL 2017 E QUE SERÁ A QUE SE ANUNCIA A TRAVÉS DOS SEGUINTES CARTEIS.



Xa está tamén aberto o prazo para inscribirse para desfrutar duns días na neve os nosos cativos na estación de montaña de Manzaneda.

Toda a información e inscripcións a través do seguinte enlace:



TAMÉN VOS INFORMAMOS DAS ACTIVIDADES QUE TERÁN LUGAR NO VECIÑOS CONCELLO DE COLES, NO SEU AUDITORIO NESTE NADAL, E QUE EN MOITAS DESES ACTUACIÓN ACTUARÁN TAMÉN VECIÑOS E VECIÑAS DO NOSO CONCELLO QUE PARTICIPAN NAS SÚAS ACTIVIDADES¡¡¡



APOIA, PARTICIPA E DISFRUTA DAS PROPOSTAS QUE CHE PROPOÑEMOS ¡¡¡


SOMOS E SEGUIREMOS SENDO A ÚNICA FONTE DE INFORMACIÓN DE TODO E PARA TOD@S ¡¡¡

jueves, 7 de diciembre de 2017

Actividade no Concello na fin de semana do 9 e 10 de decembro de 2017

No eido deportivo, os equipos representativos do Concello terán os seguintes encontros:

No fútbol rexional:

A PEROXA C.F. - ATL. ARNOIA: Domingo 10 as 16:00 no Campo do Marco.


No fùtbol dos equipos de base:

C.D. VELLE "B" - A PEROXA C.F. INFANTIL:  Domingo 10 as 11:00  no Campo de Velle.

C.D.C. SANTA TERESITA - A PEROXA C.F. ALEVIN: Sàbado 9 as 10:00 no Campo de Eiroás.

E.D. OURENSE - A PEROXA C.F. PREBENXAMIN: Sàbado 9 as 12:00 no Campo do Colexio Miraflores.


No fútbol de veteráns:

LLOVIZNA - RABAZA: Sabado 9 as 16:30 no Campo do Marco.


No deporte do atletismo, os nosos representantes do PEROXA RUNNING, seguen a ter variedade de probas onde partipar, tal e como indica o calendario:




NO EIDO FESTIVO E CULTURAL TEMOS XA A PROGRAMACIÓN QUE O CONCELLO DA PEROXA TEN PARA ESTE NADAL 2017 E QUE SERÁ A QUE SE ANUNCIA A TRAVÉS DOS SEGUINTES CARTEIS.




APOIA, PARTICIPA E DISFRUTA DAS PROPOSTAS QUE CHE PROPOÑEMOS ¡¡¡


SOMOS E SEGUIREMOS SENDO A ÚNICA FONTE DE INFORMACIÓN DE TODO E PARA TOD@S ¡¡¡

viernes, 1 de diciembre de 2017

Actividade no Concello na fin de semana do 2 e 3 de decembro de 2017

No eido deportivo, os equipos representativos do Concello terán os seguintes encontros:

No fútbol rexional:

C.D. VIANA - A PEROXA C.F. : Domingo 3 as 16:00 no Campo de Viana.


No fùtbol dos equipos de base:

A PEROXA C.F. CADETE - VERIN C.F. (COPA DEPUTACIÓN): Venres 1 as 18:00 no Campo do Marco.

U.D. OURENSE "B" - A PEROXA C.F. CADETE:  Sàbado 2 as 16:00  no Campo do Colexio Miraflores.

A PEROXA C.F. ALEVIN - RIBEIRO C.F. "B":  Sàbado 2 as 12:30 no Campo do Marco.

OURENSE C.F. "C" - A PEROXA C.F. BENXAMIN: Sàbado 2 as 12:00 no Campo de Oira.


No fútbol de veteráns:

ATL. PEROXA - VETERANOS POLÍGONO: Domingo 3 as 11:00 no Campo do Marco.

LLOVIZNA - VILATUXE: Sabado 2 as 16:00 no Campo do Marco.


No fútbol sala:

PROLSPORT/VIVIAN - OS PEARES F.S.: Sàbado 2 as 16:30 no Pabellón dos Remedios.



No deporte do atletismo, os nosos representantes do PEROXA RUNNING, seguen a ter variedade de probas onde partipar, tal e como indica o calendario:






EN CANTO A ACTIVIDADE CULTURAL E FESTIVA, ESTAMOS A ESPERA DE QUE O CONCELLO DA PEROXA PUBLIQUE OS ACTOS E EVENTOS PARA A CELEBRACIÓN DAS FESTAS DO NADAL 2017, COA PROGRAMACIÓN QUE ABARQUE DENDE OS MÁIS CATIVOS ATA O NOSOS MAIORES.


APOIA, PARTICIPA E DISFRUTA DAS PROPOSTAS QUE CHE PROPOÑEMOS ¡¡¡


SOMOS E SEGUIREMOS SENDO A ÚNICA FONTE DE INFORMACIÓN DE TODO E PARA TOD@S ¡¡¡

viernes, 24 de noviembre de 2017

Actividade no Concello na fin de semana do 25 e 26 de novembro de 2017

No eido deportivo, os equipos representativos do Concello terán os seguintes encontros:


No fútbol rexional:


A PEROXA C.F. - SP. CELANOVA: Domingo 26 as 16:15 no Campo do Marco.



No fùtbol dos equipos de base:



A PEROXA C.F. CADETE - C.D. VELLE: Sàbado 25 as 16:00 no Campo do Marco.


A PEROXA C.F. INFANTIL -  E.D.C. BARBADAS "B":  Sàbado 25 as 10:30  no Campo do Marco.


E.D.C. XINZO "B" - A PEROXA C.F. ALEVIN: Sàbado 25 as 10:30 no Campo de Xinzo de Limia.


A PEROXA C.F. BENXAMIN - ATL. RIBADAVIA: Sàbado 25 as 12:15 no Campo do Marco.


A PEROXA C.F. PREBENXAMIN - E.D.C. BARBADAS "B": Domingo 26 as 10:30 no Campo do Marco.


No fútbol de veteráns:


ATL. GRESANDE - ATL. PEROXA: Sàbado 25 as 18:30 no Campo de Lalín.


CALVOS DE RANDIN - LLOVIZNA:  Sabado 25 as 16:00 no Campo de Calvos de Randín.



No fútbol sala:


OS PEARES F.S. - OIMBRA F.S.: Domingo 26 as 12:00 no Pabellón dos Peares.



No deporte do atletismo, os nosos representantes do PEROXA RUNNING, seguen a ter variedade de probas onde partipar, tal e como indica o calendario:


A axenda festiva ben moi cargada, principalmente polos magostos que quedan por celebrar nos nosos pobos e parroquias....




Destacan tamén os actos que está a celebrar a Centro de Información a Muller da Mancomunidade Santa Àgueda para erradicar a lacra da Violencia de Xènero...


No veciño Concello de Coles anunciamos un evento destacado no seu Auditorio de Cambeo onde algúns dos nosos veciños e veciñas prácticantes da música terán a súa cita....


APOIA, PARTICIPA E DISFRUTA DAS OPCIÓNS QUE CHE PROPOÑEMOS ¡¡¡

SOMOS E SEGUIREMOS SENDO A ÚNICA FONTE DE INFORMACIÓN DE TODO E PARA TOD@S ¡¡¡


viernes, 17 de noviembre de 2017

Actividade no Concello na fin de semana do 18 e 19 de novembro de 2017

No eido deportivo.....

No fútbol rexional:

A PEROXA C.F. - CORTEGADA C.F.: Domingo 19 as 16:15 no Campo do Marco.


No fùtbol dos equipos de base:

A PEROXA C.F. INFANTIL - E.D. OURENSE "B": Sàbado 18 as 10:30 no Campo do Marco

A PEROXA C.F. ALEVIN - C.P. CALASANCIO "B": Sàbado 18 as 12:15 no Campo do Marco.
E.D.C. BARBADAS "B" - A PEROXA C.F. BENXAMIN : Sàbado 18 as 11:00 no Campo da Valenzá.

C.D.C. SANTA TERESITA - A PEROXA C.F. PREBENXAMIN: Sàbado 18 as 12:00 no Campo de Eiroás.


No fútbol de veteráns:

ATL. PEROXA - AXOUXEIRIÑOS: Domingo 19 as 11:00 no Campo do Marco.

LLOVIZNA - RABAZA: Sàbado 18as 18:00 no Campo do Marco.


No deporte do atletismo, os nosos representantes do PEROXA RUNNING, seguen a ter variedade de probas onde partipar, tal e como indica o calendario:

http://www.correrengalicia.org/index.php?name=CPGNuCalendar

Ainda que neste deporte, este fin de semana celèbrase a multitudinaria e tradicional Carreira do San Martiño, onde serán moitos os veciños e veciñas, de diferentes idades que percorrerán as rúas da cidade.....


Toda a información desta proba no seguinte enlace....

https://championchipnorte.com/evento/detalle/id/1306/xli-carreira-pedestre-popular-san-martino-2017

Unha semana máis, toca facer un xusto recoñecemento a traxectoria e éxitos dos novos atletas que levan o nome do Concello polas probas galegas. Desta vez foi novamente o "veterán" Javier Rodriguez que na proba de Mondariz acadou un novo podium....PARABÉNS ¡¡



Para finalizar co eido deportivo, celebrase unha nova edición do Enduro Van no noso Concello, organizado polo Moto Clube A Peroxa...



No apartado festivo, destaca a celebración dun multitudinario magosto dos equipos base dos equipos do A PEROXA C.F.


Tamén o pobo de Gulfariz celebrará o seu tradicional e enxebre magosto....


Noutras actividades, anunciase por parte do Concello unha interesante actividade a que podes anotarte....



FOMOS PIONEIROS..... E SOMOS E SEGUIREMOS SENDO A ÚNICA FONTE DE INFORMACIÓN DE TODO E PARA TOD@S ¡¡¡


jueves, 16 de noviembre de 2017

Resumo do Pleno celebrado o 25 de setembro de 2017

A continuación, e seguindo co noso contínuo compromiso coa información publicamos un artigo do que foi un intenso pleno celebrado no Concello da Peroxa, onde despois de máis de 3 meses ¡¡¡ sin ter celebrado ningún, incumprindo o Alcalde de novo as leis vixentes, por fín tivemos a oportunidade de presentar as nosas propostas e cuestións diversas de asuntos que afectan a veciñanza.

Esta era a convocatoria e a orde do día do mesmo...

No punto 1, aprobouse por unanimidade a redacción da acta do anterior pleno. Neste punto, aproveitamos para preguntar pola celebración das Xuntas de Gobeerno Local, xa que a documentación que se nos pasou para este pleno recollía tan só a celebración de dúas en todo o ano 2017 (unha en xuño e outra en xullo), situación que non nos cadraba. A resposta foi que houbo outra "aproximadamente" no mes de Abril e que se nos facilitaría de inmediato.

No punto 2, debatemos amplamente sobre o servizo de Recadación da Mancomunidade:

Expòn o portavoz municipal do grupo popular (mellor dito......empeza a exposición, porque rematar sempre a remata o Sr. Alcalde deixandoo sen palabra), que os concellos da Mancomunidade non estaban saisfeitos co traballo que estaba a realizar o servizo de recadación, entonces queren recuperar esas competencia para os Concellos, para posteriormente valorar e acordar a quen se lle adxudica entre as 3 opcións existentes: levar o concello directamente a xestión (altamente improbable), adxudicar a unha empresa privada especializada, ou a máis común e que seguramente será a opción escollida......traspasar este servizo a Deputación de Ourense.

Logo do mínimamente exposto polo grupo de goberno, o noso portavoz pregunta que vai pasar no caso dos traballadores dese servizo da Mancomunidade, ao que é o Alcalde quen responde que non se sabe, de todas formas só hai un fixo, o outro é contratado (ainda que vendo actuacións recentes igual ten máis opcións de "irse" a Deputación o contratado que o fixo¡¡¡¡)

Pregunta o portavoz socialista que cantidades pendentes de cobro ten o noso Concello nos recibos emitidos pola Mancomunidade (IBI, Lixo, Vehículos....) e en que punto están os expedientes pasados a vía de cobro "executiva" publicados por ùltima vez no Boletín Oficial da Provincia do pasado 21 de xullo de 2014 que podedes consultar no seguinte enlace (dende a paxina 63 ata 85):

https://bop.depourense.es/portal/descargarPdf.do?numBoletin=166&fecha=20140721

Sirve esta publicación ao noso portavoz, que a presenta no pleno, ante o asombro e descoñecemento de todos da súa existencia e onde podemos atopar grandes "curiosidades" que ben poideron ser subsanadas e que indican a nula preocupación do grupo de goberno municipal por este asunto.

Pon como exemplo o publicado neste listado onde aparece algún "deudor" que formou parte da lista da candidatura as municipais 2015 por parte do Partido Popular e que  igual podería ser consultado e revisado este listado por parte dos responsables municipais para evitar algunhas das publicacións que no mesmo existen¡¡¡

Tamén se segue a argumentar que por exemplo para pedir calquer tipo de axuda ou subvención no propio concello ou en calquer outra administración un dos requisitos imprescindibles e estar ao corrente coa Seguridade Social e con Facenda, non solicitándose nunca ese estado correcto dos pagos na administración local, asunto que se agraba no caso que se expòn onde algùn dos traballadores (eventuais) que tivo o concello en anos anteriores ten unha dèbeda co Concello que supera os 1.000€ tal e como se reflexa no citado listado.
Neste punto, ante a sorpresa do propio Alcalde e dos seus concelleiros, PROPONSE POR PARTE DO GRUPO SOCIALISTA QUE NAS SEGUINTES BASES DE PROCESOS SELECTIVOS SE CONTEMPLE ESTE REQUISITO DE ESTAR AO CORRENTE COS PAGOS NO CONCELLO DA PEROXA ¡¡¡¡, proposta que foi aprobada por todos, como non podía ser doutro xeito.

Na votación deste punto, onde se acordaba recuperar as competecias de recadación aprobouse por unanimidade.

No punto 3, debateuse e aprobouse por unanimidade o "Plan de Emerxencia Local ante risco de inundacións por rotura da presa de Os Peares".

Neste punto, é curioso como se trae a este pleno para a súa aprobación un Plan cheo de erros que foron enumerados polo portavoz socialista punto por punto, ata acabar recoñecendo o propio Alcalde que el non o leeu e mesmo descoñecía algúns dos datos no mesmo publicado, incluso descoñecendo cal era o seu cargo, competencia e responsabilidades no mesmo, e botandolle, como è habitual a culpa aos técnicos que o redactaron desta situación, onde de novo, segue o pasotismo e falta de interès polo asuntos que afectan a veciñanza do concello.

Entre os erros atopados indicar que xa na segunda páxina nos demos conta de que é un Plan de "corta e pega" xa que trae o nome do concello de Carballeda de Valdeorras nun dos seus pàrrafos....

A modo de curiosidade tamén se pregunta como é posible (ainda descoñecendo o funcionamente do mesmo) que se indiquen como posibles pobos afectados Peares, Casdavil, Fontaìño e.....Barra de Cima, e pola contra non se enumera por poñer un exemplo Gulfariz que está moi preto do cauce do río........a resposta do Alcalde........encollerse de hombros ¡¡¡

Tamèn se descoñecía, como xa indicamos que o propio Alcalde, aparece como Xefe do Posto de Mando, indicado no texto co seu nome, apelidos e tf e o propio interesado manifestaba descoñer ese nomeamento, e o que é máis grave.....AS SUÀS FUNCIÓNS E RESPONSABILIDADE EN CASO DE EMERXENCIA ¡¡¡

Este, entre outro moitos, foron os erros que propuxemos para subsanar antes da súa publicación oficial, rogando aos responsables do concello, que puxeron algo máis de interès nestes asuntos, botandolle unha lectura, tal e como o fixemos os concelleiros socialistas.

A noticia publicada na prensa sobre este asunto, é xa do pasado ano 2014 ¡¡¡.....polo tanto a redacción deste plan leva un retraso considerable....

https://www.lavozdegalicia.es/noticia/lemos/2014/02/26/belesar-os-peares-tendran-planes-frente-emergencias/0003_201402M26C4991.htm

No punto 4, aprobouse por unanimidade a Conta Xeral 2016 logo de pasar pola Comisión de Contas e estar exposta no periodo regulamentario.

No punto 5, confirmamos a posta a nosa disposición dos Decretos da Alcaldía que foron revisados polos nosos concelleiros socialistas previamente a celebración deste pleno.

No punto 6, dentro do escritos e comunicacións, acordouse fixar os festivos locais para o vindeiro 2018 nos días Martes 13 de febreiro como día de Entroido, e o luns 12 de novembro do San Martiño que por ser en domingo trasladase ao igual que a cidade de Ourense ao luns.

No punto 7, no que se refire a Rogos e Preguntas, presentamos e debatemos primeiramente os seguintes Rogos presentados polo Grupo Municipal Socialista:



En canto ao Rogo nº 1 o Alcalde confirma a realización dos traballos de mellora de forma inminente.

Recordemos, que esta petición xa foi feita anos atrás obtendo por resposta que "non se acometía porque o pobo nesa zona estaba deshabitado e non eran usados por ninguén". Agora sí hai veciños e polo tanto as imaxes seguintes que amosan ese grave deterioro por fin se verán melloradas....







No Rogo nº 2,  a resposta  por parte do Alcalde foi que para o vindeiro ano 2018 está moi complicado encaixala económicamente, pero que se mirará para o vindeiro 2019.

As imaxes que xustifican a nosa petición son as seguintes, xa coñecidas por moitos....




Esta petición enlaza tamén coa recente actuación que se levou a cabo fronte ao Colexio da Peroxa ou o Centro de Aspanas....



Finalmente, no Rogo nº 3, a resposta do Alcalde foi màis concreta......"temos outras prioridades"

Os nosos argumentos en imaxes son os seguintes.....








As preguntas escritas presentadas foron as seguintes....



En reposta a pregunta 1, na cuestión plantexada en primer lugar, o alcalde resposta que se trata dunhas actuacións de mellora sobre o céspede do campo para que segundo él...."estè cada ano espectacular".

Aquí neste punto, non dudamos do bo estado de conservación, O QUE OCURRE E QUE O ALCALDE RESPOSTA O QUE LLE PARECE, XA QUE ESTA FACTURA PARA NADA TEN QUE VER CON ESAS "SUPUESTAS ACTUACIÓNS SOBRE O CÉSPEDE",QUE SE FAN ANUALMENTE DURANTE O MES DE XULLO, PERO NESTE CASO, TAL E COMO INDICA O TEXTO DA PREGUNTA A FACTURA E DO 19 DE SETEMBRO, POLO QUE CONVIDAMOS AO GOBERNO MUNICIPAL A QUE NO VINDEIRO PLENO RESPONDA SEN FALTAR A VERDADE ¡¡¡

En canto a pregunta sobre os traballos de limpeza indica o Alcalde "que se lle facturou a esta persoa como autónomo que é para que fixera as labores de limpeza, xa que lle saían ao Concello máis baratas que se as tivera que facer con persoal ou maquinaria propia ou contratada a algunha empresa".
Sobre os criterios de selección desta persoa e non outra que fose, por exemplo, veciña do noso Concello non deu resposta.

En canto a resposta 2, contestase por parte do Alcalde que nos vindeiros plans provincias 2018 se acometerá esa mellora e algunha outra máis na mesma zona.

O rogo que presentamos no seu día sobre esta problemática foi o seguinte....


A resposta que no seu día deu no Pleno de outubro de 2016 o Sr. Alcalde, ainda que parezca increíble, foi a seguinte....


A resposta dada na pregunta 3, informase por parte da Alcaldía que é un trámite de protección ambiental, e ante a pregunta do noso portavoz sobre posibles medidas restrictivas, indica o Alcalde que agarda non teña medidas restrictivas, en todo caso, como actual Presidente do Consorcio dos Peares está en contacto co equipo redactor do Plan Especial.

No seguinte enlace acceso ao Plan:

http://aae.medioambiente.xunta.es/aae/template_aea.jsp?page=proxecto_aea.jsp?id=1925

Tamén o que publicou a prensa local sobre esta cuestión....

http://www.farodevigo.es/portada-ourense/2016/02/21/xunta-impulsa-plan-proteccion-peares/1408581.html

Na pregunta 4, a resposta dada foi que as obras foron competencia da Xunta de Galicia e o que se fixo foi sellar o depósito de propano e de gasoleo.

As noticias que nos levaron a preguntas sobre esta cuestión foron, entre outras, as seguintes....

https://www.lavozdegalicia.es/noticia/ourense/2014/01/17/colegio-peroxa-tendra-remodelado-poder-asumir-gastos/0003_201401O17C10992.htm

http://www.farodevigo.es/portada-ourense/2017/06/15/partida-632000-euros-permitira-mejora/1698534.html


Na pregunta 5, o Alcalde informa que a subvención da Escola de Villarrubin procede da Conselleria de Infraestructuras e Vivenda, tamén desta mesma Consellería virá a subvención para a antiga sede da Cruz Vermella.
A "casa da Fonte" na Peroxa será adicada a Centro de Emerxencia Social.
Indica tamén que unha vez rematadas as obras se farán unhas bases ou ordenanzas de acceso a esas vivendas por parte dos cidadáns.
Tristemente, tamén confirma que a obra dos Peares non se realizará por non ser concedido ao noso Concello o Obradoiro de Emprego.

As noticias da prensa local sobre estas cuestións....

http://www.laregion.es/articulo/ourense/peroxa-rehabilitara-viviendas-usos-sociales/20170812082239729469.html

https://www.lavozdegalicia.es/noticia/ourense/a-peroxa/2017/07/22/xinzo-peroxa-unen-programa-vivendas-baleiras/00031500737148303160290.htm

En resposta a pregunta 6, o Sr. Alcalde informa, sen dar máis detalles que está iniciativa é dun particular e que será iniciativa privada que inicio este proxecto subvencionado. Polo tanto, teremos que agardar para ver quen é ese "misterioso" empresario que recibe esta importante subvención.

A prensa local tamén recolle esta noticia....

http://www.farodevigo.es/portada-ourense/2017/08/11/adercou-apoya-9-proyectos-residencias/1731379.html

Lembramos que esta Asociación (ADERCOU) está presidida polo Alcalde da Peroxa, Manuel Seoane.

En resposta a pregunta 7, o Alcalde confirma que están todavia en trámites e conversas para garantir a mellora dos servizos aos veciños.

Ata esta data, os servizos, ao igual que ocorre noutros concellos de Galicia, empeoraron sensiblemente polo descontrol e falta de previsión da posta en marcha destas novas rutas....

Así o recolle a prensa....

http://www.farodevigo.es/portada-ourense/2017/08/09/falta-informacion-horarios-rutas-genera/1730528.html

A situación no Concello era tamén desconcertante, así o recollía tamén a prensa...



Tamén algunha que outra manifestación ao respecto do noso Alcalde na prensa local....


Lembramos que xa no  pleno do pasado mes de maio de 2017, nos volvíamos a  preocupar por esta situación, pero a resposta do Alcalde neste pleno era que "estaba pendente das reunións da Dirección Xeral de Movilidade".

Esta fora a nosa pregunta....


Todo isto tiña a súa orixe xa en Setembro de 2016, onde no correspondente Pleno, o Alcalde tiña a ousadía de respostar que "estamos a espera de como transcorran as circunstancias", tal e como se recolle na acta deste pleno....¡¡¡


Afortunadamente, a situación co paso do tempo foi mellorando e foi a propia empresa concesionaria (AUTOCARES ALFER) quen fixo a publicación dos novos horarios e liñas de comunicación dos nosos pobos e parroquias coa cidade de Ourense.

Aquí tedes cumplida información do publicado:






Finalmente, en resposta a pregunta 8, o Alcalde manifesta escuetamente, que "a traballadora non segue no seu posto".

Manifesta que a subvención non se perdeu, xa que se inicia outro "proceso selectivo".

Non respostou, a cales son os motivos de non crear en cada "proceso" unha lista de agarda, para subsanar posibles imprevistos, como o acontecido.

En semanas posteriores a celebración deste pleno, convocouse un novo proceso, sendo seleccionada unha candidata procedente da Mancomunidade Santa Agueda, pola que intuimos que se está a "recolocar" a certo persoal ante a máis que posible disolución deste organismo.

Remata o punto de preguntas, con dúas realizadas de xeito oral polo noso portavoz:

Na primeira interesase pola supresión do proceso de selección de conductores de motobomba, onde o Alcalde indica que "era tirar o diñeiro" polas datas nas que estarían contratados.

Na segunda pídese explicación pola concesión dunha subvención que se adxudicou a unha empresa que segundo a nosa opinión non esa a mellor oferta económica, xa que segundo os datos que obran no expediente foi modificada esa oferta con posterioridade, sen dar opción ao resto de empresas participantes de modificar a súa.

A escasa e incongruente explicación, neste caso, foi dada polo portavoz Jose Manuel Rodríguez Blanco.

ESTO FOI O QUE DEU DE SÍ ESTE CURTO PERO INTENSO PLENO ONDE SE TRATARON ASUNTOS DE INTERÈS, E ONDE DE NOVO, O NOSO GRUPO MUNICIPAL APORTOU PROPOSTAS, FIXO PREGUNTAS SOBRE CUESTIÓNS DE ACTUALIDADE E PEDIU AS PERTINENTES EXPLICACIÓNS EN ASUNTOS DO TRABALLO MUNICIPAL.

NOS POÑEMOS A INFORMACIÓN NAS TÚAS MANS......A LECTURA, ANÁLISE E POSTERIORES CONCLUSIÓNS SON TÚAS ¡¡¡