Benvido a este teu lugar de información, consultas, aportacións e por suposto críticas.


Un grupo, un compromiso, unha idea, unha ilusión...

Poñemos o teu alcance unha ferramenta necesaria para coñecer toda a información sobre o noso Concello: actuacións, acordos, propostas, necesidades, acontecementos.... e tamén lugar para opinar libremente a través dos teus comentarios.

Esperamos as túas aportacións.

jueves, 23 de junio de 2016

Actividade no Concello na fin de semana do 25 e 26 de xuño de 2016.

Esta fin de semana chegan o seu fín a maioría das competicións oficiais para os equipos representativos do Concello.

O acontecemento importante e destacado no eido deportivo è unha nova Fase Final da Copa Deputación de Fútbol Sala que disputarán o equipo dos PEARES FS en Manzaneda, coa seguinte programación:



O equipo eleborou o seu propio cartel anunciador, pedindo a colaboración e apoio da súa numerosa e fiel afición:



Tamén o fútbol base do A PEROXA CF remata esta tempada coa participación dos equipos Prebenxamin e Alevin nun bonito e novidoso Torneo en Maceda, co seguinte cartel e horarios, onde ademàis haberá actividades paralelas para os xogador@s, como o acceso gratuíto a piscina a carón do campo de fùtbol, etc.....



Recordade tamén que segue o prazo aberto para inscribirse para o Torneo da Amistade na Peroxa a primeira fin de semana de xullo:




Tamén o Campus que se celebrará no Campo do Marco:



Finalmente, lembrade o calendario de probas para esta longa fin de semana deportiva onde os compoñente do PEROXA RUNNING participarán con algúns dos seus representante.

http://www.correrengalicia.org/index.php?name=CPGNuCalendar

TAMÉN, COMO NON, LEMBRAR NA PROGRAMACIÓN DE EVENTOS E ACTIVIDADES PARA ESTA FIN DE SEMANA, QUE O VINDEIRO DOMINGO TEMOS UN IMPORTANTE E DECISIVA CITA ELECTORAL PARA DEDICIR CO NOSO VOTO O FUTURO DO PAÍS.

O QUE FIXERON ALGÚNS NESTES 4 ANOS PASADOS XA O COÑECEDES ¡¡¡ O TEMPO DO PP REMATOU ¡¡

O QUE FIXERON OUTROS CANDO LLE TOCOU ESCOLLER ENTRE UN CAMBIO DE GOBERNO E DE POLÍTICAS, OU SEGUIR CO MESMO GOBERNO, TAMÉN O SABEDES ¡¡¡ VOTO EN CONTRA DE PODEMOS PARA INVESTIR UN NOVO PRESIDENTE ¡¡

POLO TANTO, A ÚNICA OPCIÓN QUE NESTE PAÍS VAI A GARANTIZAR O CAMBIO POLÍTICO XA SABEDES CAL É ¡¡¡¡......NAS NOSAS MANS E SOBRE TODO NOS NOSOS VOTOS ESTÁ ¡¡

EU TEÑOO MOI CLARO......E TÍ?



ADEMÁIS, E TAL COMO XA ACONTECEU NAS PASADAS ELECCIÓNS A NOSA AGRUPACIÓN MUNICIPAL SOCIALISTA ESTARÁ REPRESENTADA COA PRESENCIA DO NOSO PORTAVOZ MUNICIPAL COMO SUPLENTE AO SENADO DO CANDIDATO SOCIALISTA ¡¡



POLO TANTO, UN MOTIVO MÁIS PARA PEDIR O VOTO PARA O PSOE ¡¡¡

DE TÍ DEPENTE ¡¡¡

SEGUIREMOS SENDO A ÚNICA FONTE DE INFORMACIÓN DE TOD@S E PARA TOD@S ¡¡

jueves, 16 de junio de 2016

Actividade no Concello na fin de semana do 18 e 19 de xuño de 2016

No eido deportivo, a escasa competición oficial dos equipos representativos do Concello pasa polos seguinte pero decisivos encontros:

Dentro do fútbol veterano o equipo do ATL. PEROXA disputará a Final da Copa diante do equipo veciño de A BARRELA: Será o sábado 18 as 17:00, no campo do Poligono.

Tamén no fútbol sala o equipo dos PEARES F.S. disputa unha nova eliminatoria da Copa Deputación diante do equipo HERMANOS CARRAL, será o sábado 18 as 19:00 , no pabellón dos Peares.

Os atletas do noso concello do PEROXA RUNNING terán citas importantes, tal e como indica o calendario....

http://www.correrengalicia.org/index.php?name=CPGNuCalendar

Os equipos de Base do A PEROXA C.F. poñen fin a tempada co seu xa tradicional Torneo no Campo do Marco na mañà do domingo 19 en horario de 10:30 a 13:30.

Este é o orixinal cartel anunciador....


Os horarios e encontros a disputar nas súas respectivas categorías serán os que se anuncian....



Posteriormente, no Campo da Festa da Peroxa, celebraran unha comida popular conxunta con todos os nenos e nenas do equipo, xunto con pais, nais, adestradores, directivos e colaboradores.

Dentro das actividades deste día de peche de campaña, tamén se poderá acceder a exposición de fotos da longa historia do clube na entrada dos novos vestiarios.




Tamén teràn actividades despois da comida, para nenos e para maiores. Finalizando a xornada con unha reunión informativa de planificación da vindeira tempada 2016-2017.

Outro evento destacado será o paso do Rallie de Ourense polas estradas do noso concello. A organización advirte do corte das estradas afectadas do seguinte xeito:



Os horarios de paso serán os seguintes....



No seguinte enlace terás os accesos e puntos de interés no Tramo de A Peroxa:

http://www.rallyeourense.es/rallye.aspx?id=414&ed=49


Outras actividades destacadas son as que anunciamos a continuación....


Como cada ano, un evento destacado e tradicional que a prensa local recolle na seguinte noticia:

http://www.lavozdegalicia.es/noticia/ourense/a-peroxa/2016/06/08/habra-400-palistas-prueba-caracter-popular/0003_201606O8C10991.htm


Tamén nos Peares, unha actividade diferente e orixinal....



Tamén teremos a correspondente sesión festiva, coa celebración do San Antón en Mirallos, con un cartel realmente espectacular este sábado 18 e domingo 19:




E tamén lembra que falta menos para este evento......apúntadevos ¡¡¡



TAN SÓ NESTE LUGAR TERÁS TODA A INFORMACIÓN DE TODO O QUE ACONTECE O TEU CARÓN. ¡¡¡

SEGUIMOS E SEGUIREMOS SENDO FONTE DE INFORMACIÓN DE TOD@S E PARA TOD@S ¡¡¡

viernes, 10 de junio de 2016

Actividade no Concello na fin de semana do 11 e 12 de xuño de 2016

Preto do remate das competicións oficias, todavía quedan algúns partidos importantes:

No fútbol base temos unha cita destacada a que vos convidamos a tod@s ¡¡


Tamén na Copa Deputación de veteráns haberá un encontro destacado

ATL. PEROXA - VETERANOS NARANJA: Domingo 12 as 11:30 no Campo do Marco.


No fútbol sala o noso representante segue a súa andadura cara unha nova final da Copa:

PEARES F.S. - GARABAS: Sàbado 11 as 17:30 no pabellòn dos Peares.

Continuando co deporte indicar as probas que marca o calendario no atletismo onde estará algun dos compoñentes do PEROXA RUNNING:

http://www.correrengalicia.org/index.php?name=CPGNuCalendar


Poderemos disfrutar doutros eventos destacados como os seguintes que vos propoñemos...





Pola súa proximidade tamén anunciamos para que fagades as vosas planificacións dos eventos que siguen....








Finalizamos indicando tamén que o vindeiro sábado 18 discurrirán polas estradas do noso Concello unha nova edición do Rally de Ourense, motivo polo cal vos pregamos extremedes a precaución.

As estradas afectadas están sinalizadas cos horarios de peche e tamén vos informamos dos horarios de paso dos vehículos.




A organización do Rally informa das medidas de seguridade coas que todos debemos colaborar...

http://www.rallyeourense.es/rallye.aspx?id=412&ed=49


SEGUIMOS SENDO FONTE DE INFORMACIÓN DE TOD@S E PARA TOD@S ¡¡¡


jueves, 9 de junio de 2016

Resumo do Pleno do 31 de Maio no Concello da Peroxa.

Levamos xa algúns anos co tema dos Plenos e como sempre se aprende e se mellora en cada un, pero o acontecido neste quizáis sexa para recordar por moito tempo xa que a actitude e os argumentos expostos polo grupo de goberno en asuntos de vital importancia foron sinceiramente.....ESCANDALOSOS ¡¡¡

Lembramos que a orde do día dos asuntos a debate e acordar neste pleno eran os seguintes:


No punto 1: aprobouse por unanimidade a Acta Anterior.

No punto 2: tratouse o asunto da REPOSICIÓN do Camiño de Gueral, un asunto que leva varias décadas de investigacións, xuizos e sentencias.

O Sr. Alcalde comenza a exposición deste asunto (sorprendentemente para nós, xa que que pensábamos que o portavoz municipal do grupo do PP era o Concelleiro de Urbanismo Jose Manuel Blanco),

Como sempre que se trata este asunto, que xa se leva tratado en numerosos plenos do concello, pero sin acadar nunca unha resposta definitiva para os afectados, o Alcalde divaga en asuntos que non son relevantes para esta situación e mesmo parece que PERDE A MEMORIA OU QUERE ESQUIVAR ESTE ASUNTO.....TAL VEZ POR ALGUNHA ACTUACIÓN NON CONFORME A LEGALIDADE??

RESULTA CURIOSO QUE UNHA VEZ MÁIS NESTE PLENO CANDO O NOSO PORTAVOZ LLE RECORDABA A SENTENCIA EXISTENTE DENDE NOVEMBRO DE 2014 E QUE XA SE TRATOU NO PLENO DO 3 DE FEBREIRO DE 2015 MANIFESTE "QUE NON COÑECÍA DAQUELA TAL SENTENCIA"

POIS PARA NON COÑECELA SR. ALCALDE, VOSTEDE MESMO A CITOU NA ACTA DO PLENO ¡¡¡

TAL E COMO SE RECOLLE NA ACTA DESE PLENO O ALCALDE MANIFESTABA QUE "A POSTURA DO CONCELLO É QU ESE CUMPRA PRONTO E É FAVORABLE AO QUE FIXO A DENUNCIA".

CREEMOS SINCERAMENTE QUE A SÚA MEMORIA OU É SELECTIVA OU NON QUERE ACORDARSE DE CERTAS COUSAS, PERO O QUE ESTÁ CLARO E QUE FALTA A VERDADE CONSTANTEMENTE, PORQUE NON PODE DECIR NESTE PLENO QUE NAQUEL PLENO NON SABÍA NADA DA SENTENCIA, CANDO ÉL MESMO SE REFERIU A ELA SEGUNDO PODEDES COMPROBAR NA IMAXE EXTRAÍDA DA ACTA.


NESA SENTENCIA QUE AGORA SÍ "COÑECE" FALLOUSE "DECLARANDO EXPRESAMENTE A NATUREZA DE TERREO PÚBLICO".

NON É DE EXTRAÑAR ESTES "OLVIDOS" DO SR. ALCALDE, XA QUE MESMO O SR. XUÍZ NA SÚA EXPOSICIÓN DE MOTIVOS DA SENTENCIA FALA SOBRE A ACTUACIÓN DO CONCELLO NO QUE TERÍA QUE HABER SIDO A DEFENSA DUN BEN PÚBLICO COMO "MERA ACTITUD PASIVA DEL AYUNTAMIENTO"......VERGOÑENTO ¡¡


È INSOSTIBLE XURÍDICAMENTE, E ASÍ FINALMENTE SE DEMOSTROU, QUE O CONCELLO CO SEU ALCALDE O FRONTE LOGO DE VARIOS "PARIPÉS" SOBRE ESTE ASUNTO DIANTE DA VECIÑANZA NON RECOÑECERA A TITULARIDADE DO CAMIÑO PÚBLICO, PORQUE EXISTE, E ASÍ SE FAI REFERENCIA NA SENTENCIA.....UN DOCUMENTO DE PERMISO DE OBRA ASINADO POLO PROPIO ALCALDE NO 1980 ONDE SE REFERÍA A "CAMIÑO RURAL EXISTENTE".

CURIOSAMENTE, LOGO DESPOIS DO PASO DOS ANOS.....PARECE QUE DESAPARECEU ESA CONDICIÓN ¡¡¡

LEMBREMOS UN INTERESANTE ARTIGO DE PRENSA DAQUELA ÉPOCA SOBRE ESTA PROBLEMÁTICA....


AGARDEMOS QUE POR FIN, SE LLE RECOÑEZA O SEU DEREITO OS AFECTADOS E AINDA QUE CHEGUE A XUSTIZA MOITOS ANOS DEPOIS O CONCELLO E A VECIÑANZA EN XERAL RECUPERE UN BEN PÚBLICO COMO É ESTA INFRAESTRUCTURA.

RECORDAMOS TAMÉN QUE A PESAR DE TER SOLICITADO POR ESCRITO COPIA DESTE EXPEDIENTE PARA PODER TER TODA A DOCUMENTACIÓN NECESARIA SOBRE ESTE ASUNTO DE INTERÈS XERAL DENDE O CONCELLO SE NEGOU TAL DEREITO.

ASÍ FIXEMOS A NOSA PETICIÓN:


ASÌ O NEGOU O ALCALDE....


FINALIZAMOS MANIFESTANDO NO PLENO QUE DUNHA VEZ POR TODAS O CONCELLO ASUMA RESPONSABILIDADES E QUE NON RETRASE MÁIS O ACATAMENTO DESTA SENTENCIA QUE O ÚNICO QUE OCASIONARÁ SERÁ AUMENTAR OS CUSTES DESTE PROCEDIMENTO.

No punto 3: deuse conta por parte da Alcaldía que o número de habitantes do Concello a data 01/01/2016 é de 1948 habitantes, o que significa que un ano máis nos mantemos por debaixo dos 2.000 habitantes, ocasionando unha perda importante de ingresos económicos e pondo de manifesto a gravidade do problema demográfico no Concello que se desangra en canto a poboacion se refire.

No punto4: aprobouse por unanimidade o "Convenio de Cooperación da Deputación de Ourense coas entidade locais da provincia en materia de Transparencia e Acceso a Información Pùblica".

Tal e como xa se debatera e segundo se comentara polo noso portavoz socialista este convenio para a súa aprobación require o nomeamento dun RESPONSABLE desta faceta de publicidade e comunicación de información para a súa difusión. Esta persoas será o traballador do Concello Manuel Rodríguez Fernandez que asumirá as funcións e cometidos que regula e recolle o convenio.

Neste punto propuxemos que tal e como se contempla no punto 2, apartado B, letra c) se coloque este acceso a información obrigatoria para publicar na páxina principal do Concello, sendo así acordado polo grupos políticos.

No punto 5: revisamos os decretos da Alcaldía emitidos dende o pleno anterior.

No punto 6: presentabase a pleno por parte do grupo do Partido Popular a seguinte moción sobre a "Creación dun Centro Pùblico de Atención a persoas con diversidade funcional en Ourense".

Esta foi a moción que aportaron ao Pleno para o seu debate e votación:




Esta moción si foi leída e debatida co portavoz do PP Jose Manuel Rodríguez Blanco, quen expuso os motivos da mesma....PERO QUE CASUALMENTE, E NON SABEMOS MOI BEN PORQUÈ (AINDA QUE O PODEMOS IMAXINAR) PRETENDÍAN MODIFICAR A MESMA SUPRIMINDO AS PETICIÓNS DOS PUNTOS 2 E 4 ¡¡¡¡ ADEMÁIS DE INDICAR QUE AGORA SE REMITIRÍA O ACORDO DO PLENO A CONSELLERÍA DE POLÍTICA SOCIAL EN LUGAR DE O CONSELLO DA XUNTA.

Tamén manifestou que XA HABÍA POR PARTE DA XUNTA UN COMPROMISO PARA ESTE EDIFICIO QUE ESTARÍA UBICADO EN MARIÑAMANSA.

Interven o portavoz socialista para indicarlles que lle sorprende gratamente, que o Partido Popular da Peroxa presente esta moción a modo de iniciativa xa que a Xunta de Galicia tivo todo o tempo do mundo nestes moitos anos de goberno para facer este necesario e desexado centro ¡¡

Tamén engade que foi ESTA INICITIVA POPULAR COS PAIS E NAIS DO NENOS E NENAS AO FRONTE QUE MOVILIZARON A TODA UNHA PROVINCIA PARA ACADAR ESTE CENTRO PARA OURENSE, CON UNHA RECOLLIDA DE SINATURAS MASIVA (DA CAL, POR CERTO, TAMÉN A AGRUPACIÓN MUNICIPAL SOCIALISTA PARTICIPOU) E FIXERON QUE A XUNTA DE GALICIA ESCOITASE AS DEMANDAS DA VECIÑANZA ¡¡

Esta era a demanda da PLATAFORMA:



DE NOVO O PORTAVOZ SOCIALISTA INTERVEN PARA PREGUNTAR CALES SON OS MOTIVOS POLOS CALES, AO CONTRARIO QUE SE FIXO EN TÓDOLOS CONCELLOS DA PROVINCIA ONDE A MOCIÓN SE APROBOU TAL E COMO A REDACTARON OS MEMBROS DA CITADA PLATAFORMA, E QUE CASUALMENTE COINCIDEN CON PUNTOS QUE TANTO PARA NÓS COMO PARA OS DEMANDANTES SON "INTOCABLES" COMO É O DAS PRAZAS, SOLICITANDO MÁIS DE 100, CANDO AS PREVISIÓNS DA XUNTA FALAN DE 48, QUE RESULTARÍAN INSUFUCIENTES A LONGO PRAZO, E SOBRE TODO NO TIPO DE FINANCIACIÓN PÙBLICA NA SÙA TOTALIDADE ¡¡

FIEIS O SEU ESTILO, COMO XA SE FIXO EN CASOS RECENTES, COMO O HOSPITAL DE VIGO, PRIVATIZADO EN GRAN PARTE DOS SEUS SERVIZOS, RENEGAN DA FINANCIACIÓN PÚBLICA DECANTANDOSE POLA PRIVADA (ESA MESMA DA QUE PODEN OBTER BENEFICIÓ "OS AMIGOS DE SEMPRE"), CUESTIÓN ESTA PLANTEXADA NESTES MESMOS TÉRMINOS POLO NOSO PORTAVOZ E QUE FOI REBATIDA CON MOI MALAS FORMAS POLO ALCALDE, MANIFESTANDO "QUE A XENTE IMPORTALLE POUCO QUEN PAGA OS SERVIZOS, QUE ELES SÓ QUEREN SER ATENDIDOS" ¡¡¡

POIS NOVAMENTE, O SR. ALCALDE DA PEROXA PARECE NON ENTENDER QUE O PÚBLICO É DE TOD@S E O PRIVADO DUNS POUCOS.

ESTE MESMO TEMA SE TRATOU CANDO DEBATEMOS SOBRE O PECHE DO VELATORIO NA PEROXA, PASANDO AGORA A EMPRESAS PRIVADAS. NO SEU DÍA SOLICITAMOS E PROPUXEMOS A CONSTRUCCIÓN DUN VELATORIO PÚBLICO E QUE REVERTIRA OS SEUS POSIBLES INGRESOS NAS ARCAS DO CONCELLO, PERO O SR. ALCALDE MANIFESTABA DAQUELA "QUE MÁIS DÁ PUBLICO QUE PRIVADO, O CASO E TELO" ¡¡¡

POIS NON SR. ALCALDE, ENTÉRESE DUNHA VEZ QUE HAI GRANDES DIFERENZAS, REPETIMOS A MÁIS IMPORTANTE: OS INGRESOS VAN A PARA A VECIÑANZA NO CASO DO PÚBLICO E NO CASO DO PRIVADO TODA A VECIÑANZA DA PEROXA SABE A QUE BOLSILLOS VAN A PARAR ESES INGRESOS HOXE, E TODAVÍA MÁIS IMPORTANTE ¡¡¡....A CALES IRÁN A PARAR NUNS MESES ¡¡¡....UNHA VEZ MÁIS LAMENTABLE A ACTITUDE DO GRUPO DE GOBERNO QUE APOIA E DEFENDE ESTAS MANIFESTACIÓNS DUN ALCALDE QUE SE DECANTA CLARAMENTE EN CONTRA DOS SERVIZOS "PÙBLICOS" ¡¡¡

Tamén lle recordamos sobre estas "promesas preelectorales" que a Xunta de Feijóo é especialista nestes asuntos de vender proxectos que finalmente nunca verán a luz....

Por si algúen non se lembra, recordamos algún exemplo sonado....

http://www.elmundo.es/elmundo/2011/03/23/galicia/1300886120.html

Tamén recordamos que a Xunta o único que fixo foi un "ofrecemento" a través da prensa, todavía non hai ningún outro tipo de acordo ou convenio para cumplir esta "promesas", tan só boas intencions:

http://www.farodevigo.es/portada-ourense/2016/04/28/xunta-ofrece-48-plazas-gestion/1450061.html


Finalizamos, manifestando que o noso voto será favorable a esta moción sempre e cando se conserven as súa peticións iniciais, tan só permitiremos o cambio no asunto a quen se dirixa.

Aprobase, deste xeito, por unanimidade.


No punto 7: dase conta do estado da Liquidación 2016

No punto 8: o Sr. Alcalde informa da Supresión da Mesa Electoral de Mirallos por falta de electores suficientes para mantela.

Informa que os pobos de outras parroquias que últimamente estaban asignados a estas mesas recuperan a súa ubicación inicial nas súas parroquias:

Volven a mesa de Villarrubin: Corneda, Ferradal...
Volven a mesa de Toubes: Cerdeiras, Couselo...
Volven a mesa da Peroxa: Gaioso, Santo Estebo....
Pasan a mesa de Peares: Moreda e Turzavella.
A mesa da Peroxa absorve todo o resto de pobos que iban anteriormente a mesa de Mirallos, è decir, as parroquias de Mirallos e San Cristovo de Souto.

O noso portavoz pregunta por cales foron os criterios que levaron o Alcalde a esta reubicación, xa que a mesa da Peroxa pasa a ter un volume excesivo de votantes, sobre todo para un proceso electoral complexo como son as vindeiras eleccións xerais do 26 de xuño.

O Alcalde indica que Moreda e Turzavella pasan a Peares "por cercanía", e ademáis porque algúns xa teñen alí tamén o médico. No se comtemplou a opción de meter na de Peares máis pobos de Carracedo porque "os veciños están en contra".

Solicitamos antes estas novedades, que se informe a veciñanza "afectada" coa colocación dos correspondentes "Bando Informativos" en cada pobo. 
Acepta este compromiso o Sr. Alcalde ainda que, unha vez máis, fora de lugar, comenta "que él mismo informará a cada elector donde debe votar na xa cercana campaña electoral"....ESA É A SÚA MAIOR PREOCUPACIÓN ¡¡¡....ACADAR OS VOTOS DOS VECIÑOS E DAS VECIÑAS¡¡¡

No seguinte enlace na pàxina 107 podedes ver cada pobo do noso Concello en que mesa lles corresponde votar:

https://bop.depourense.es/portal/descargarPdf.do?numBoletin=106&fecha=20160509


Tamén informa o Alcalde neste punto, e poñendo a tirita antes da ferida, que o Concello está a estudar unha posible modificación da porcentaxe no imposto municipal do IBI que está a chegar a veciñanza con importantes aumentos.

Esta situación pòdese enlazar co seguinte punto da orde do día, como é a presentación no punto 9, da Moción que presenta o noso Grupo Muncipal Socialista:






Nesta moción debatese un dos asuntos máis importantes económicamente falando para a veciñanza, xa que é o imposto municipal máis custoso, e a pesar de afectar a toda a poboación do Concello, incluso con algúns "afectados" por desproporcionados incrementos, tan só foron un par de persoas as que estiveron presentes neste pleno para ver como unha vez máis o goberno municipal queda en evidencia o recoñecer públicamente o Sr. Alcalde que neste asunto "SE EQUIVOCARON", indicando que non sabían que o incremento sería neste exercicio..

Manifesta o noso portavoz que lle parece un exercicio de cinismo máximo afirmar eso, cando se botan a vista atras no anterior pleno onde se debateron os Orzamentos 2016, xa advertimos desta situación xa que non se recollían na previsión de ingresos o aumento nesta partida. Tamén en plenos anteriores se tratou este asunto.

Para rebater esa FALTA DE COÑECEMENTO dos asuntos importantes do Concello lembramos na seguinte imaxe do extracto da Acta do Pleno do pasaso 27 de xullo de 2015 onde se tratou ese asunto e ONDE O GRUPO DE GOBERNO VOTABA A FAVOR DE SOLICITAR PARA O CONCELLO DA PEROXA UNHA REGULARIZACIÓN CATASTRAL.

QUE FRÁXIL MEMORIA TEÑEN ALGÚNS PARA O QUE NON LLES INTERESA ¡¡¡


Tampouco entonces se informan nin leen as publicacións oficiais ¡¡¡, como sí facemos outros para estar informados de todo o que ocupa e preocupa o noso Concello, xa que con data 30 de xullo de 2015 publicase NO BOLETIN OFICIAL DO ESTADO, esa petición de regularización catastral, que "afecta" a algúns concellos da nosa provincia, entre o que està o da Peroxa¡¡



Argumenta o portavoz socialista que é necesaria a aprobación desta moción xa que agora hai que engadir que a esta subida do IBI Urbano, se prevé nos vindeiros meses un incremento abusivo no IBI Rùstico que afectará especialmente as explotacións agrarias, gandeiras e a outras edificacións que ata o de agora estaban exentas.

Reposta o portavoz popular que esta situación todavía está "en estudio" e que non hai publicación de valores catastrais destas edificacións, polo tanto, entenden que esta moción todavía está fora de lugar E CON TODA A DESFACHATEZ DO MUNDO SE ATREVE O SR. ALCALDE A MANIFESTAR QUE È UNHA MOCIÓN ÙNICAMENTE ELECTORALISTA ¡¡¡

NESTES ANOS ESTAMOS ACOSTUMADOS AS SAÍDAS DE TONO DO SR. ALCALDE E AS SÚAS INCOHERENCIAS E "FALTAS DE MEMORIA", PERO ESTA AFIRMACIÓN NOS PARECE GRAVÍSIMA, XA QUE UNHA VEZ MÁIS LLE PREOCUPA MÁIS O TEMA ELECTORAL QUE A ECONOMÍA E OS IMPOSTOS DOS SEUS VECIÑOS ¡¡¡

Rebate o noso portavoz que non sabe cales son os argumentos que usa o Alcalde para facer tal afirmación xa que esta moción foi rexistrada no Concello con data do 22 de marzo de 2016 cando todavía non había nin eleccións convocadas nin nada parecido, E TAN SÓ SE RETRASOU O SEU DEBATE E APROBACIÓN POLO SEU PASOTISMO E INCUMPLIMENTO DAS LEIS XA QUE NON CONVOCOU NIN CELEBROU O PLENO DO CONCELLO QUE CORRESPONDERÍA TERSE FEITO NO MES DE MARZO ¡¡¡

ENGADE O PORTAVOZ SOCIALISTA QUE O ÚNICO FIN DESTA MOCIÓN È PREOCUPARSE POLA MELLORA DO SEU CONCELLO, E POLA DEFENSA DOS INTERESES DA VECIÑANZA ANTE ESTE ABUSO ECONÓMICO OS SEUS BOLSILLOS POR UN INCREMENTO INXUSTIFICADO.

RECORDALLE TAMÉN Ò SR. ALCALDE QUE ESTA PREVISIÓN DE AUMENTO DESTE IMPOSTO XA SE TIÑA QUE HABER FEITO NO ANTERIOR EXERCICIO 2015, PERO AQUÍ SÍ MOVIDO POR ÚNICAMENTE OS SEUS INTERESES PERSOAIS POR SER ANO DE ELECCIÓNS MUNICIPAIS O CONCELLO SOLICITOU PRÓRROGA PARA QUE ENTRASE EN VIGOR ESTA REGULARIZACIÓN NESTE ANO 2016......NOUTRO EXERCICIO DE CINISMO SEN PARANGON ¡¡¡¡

ESTE É O GOBERNO MUNICIPAL QUE TEMOS NO CONCELLO DA PEROXA E QUE A VECIÑANZA DEBE E TEN QUE COÑECER COMO ACTÚA.....CALES SON AS SÚAS PRIORIDADES CANDO SE TRATA DE ESCOLLER ENTRE OS VECIÑOS E VECIÑAS OU AS DECISIÓNS CON FINS ELECTORIAS ¡¡¡¡......O TEMPO COLOCARÁ A CADA QUEN NO SEU LUGAR ¡¡¡

Solicitamos polo tanto, a aprobación desta moción para que se regule e contemple na Ordenanza Municipal:

Informate no seguinte enlace pulsando "Ordenanza Imposto Bens Inmobles":

http://aperoxa.sedelectronica.es/board//

Con respecto a este asunto son moitos os artigos de prensa publicados:

http://www.lavozdegalicia.es/noticia/ourense/2016/02/11/granjas-alpendres-pagaran-contribucion-ano/0003_201602O11C2991.htm

A veciñanza resultalle difícil de entender estas SUBIDAS DE IMPOSTOS por moito que dende os gobernos tanto municipais, como autonómicos e sobre todo nacional con Rajoy o fronte teñan a ousadía de manifestar e afirmar que fixeron rebaixas dos impostos....

http://www.lavozdegalicia.es/noticia/economia/2016/06/02/ibi-subido-30-media-ano-2008/0003_201606G2P33993.htm

http://www.farodevigo.es/galicia/2016/02/20/revision-catastral-millon-galpones-naves/1408110.html

Estamos polo tanto a espera que dende o Partido Popular se defenda dunha vez por todas os veciños e veciñas que sufren estas abusivas subas e mesmo a creación de novos impostos....

Algúns xa levamos traballando tempo nestas solicitudes de rebaixas:

http://ourensedixital.com/_novas/16/02/21_03.htm

http://www.laregion.es/articulo/ourense/psoe-reclama-medidas-catastrazo-rural/20160311080507607194.html

Recordamos, para rematar, que esta revisión catastral repercute tamén directamente no IBI, Imposto de Patrimonio, Transmisións, Sucesións e Donacións, Tributación IRPF e mesmo na solicitude de Becas e Axudas e Subvencións.

O grupo municipal do Partido Popular insta a deixar sobre a mesa os acordos desta moción ata que se coñezan os valores catastrais das explotacións agrícolas e gandeiras do noso Concello, indicando que no caso de que obtemos pola súa votación O SEU VOTO SERÀ EN CONTRA ¡¡¡

Reiteramos, que cando se publique, e tendo en conta que non terá este imposto efectos retroactivos xa será tarde e os veciños e veciñas terán que aboar este imposto na súa totalidade sen poder acollerse as rebaixas nin bonificacións que propoñemos.

Ante esta situación de desamparo, e con unha votación en contra, cando na maioría dos Concellos onde foron presentadas outras similares foron aprobadas por unanimidade pensando nas economías de centos de veciños e veciñas afectadas, DECIDIMOS POSPOÑELA ATA A QUE TEÑAMOS ESA PUBLICACIÓN DE VALORES.

A poboación afectada do Concello debe coñecer esta postura e estas actuacións e no seu momento, analizar e sacar as súas propias conclusións.

No derradeiro punto 10: presentamos os seguintes ROGOS:




No rogo número 1 lembramos esa necesidade xa que na ùltima proba de enduro que se celebrou polos camiños e canellas do noso Concello non se fixo tal publicación e para garantir a seguridade tanto da veciñanza como dos propios participantes è necesario. O Alcalde descoñecía que non se tivera feito e garantizou que se faran as necesarias publicacións e advertencias.

No rogo segundo, explicou cales foran os motivos da creación dese perigoso burato, e manifestou descoñecer como se podería arranxar, pero indicamos que esa non esa labor súa, tan só dar coñecemento o propietario e responsable da vía que é a Deputación de Ourense. Darase traslado desta necesidade de arranxo que todavía hoxe presenta este perigoso estado e con unha sinalización de època pasadas ¡¡¡



Debido a demora na celebración e posterior anulación do Pleno de Marzo, presentouse outra folla de Rogos, sobre asuntos diversos:


Con respecto a petición do Rogo nº 1: o Alcalde manifesta que non hai tal perigosidade e que o único que hai son un par de pedras movidas.

Rebate o noso portavoz que o cemento desa canella de paso está roto e a auga entra polas fendas acumulandose nese lugar e deterioramento o muro que da a unha estrada pública de acceso ao pobo.




No rogo nº 2 no seu apartado a): descoñecía o Alcalde a existencia das mesmas nin os motivos que as causaron, pero manifesta a súa intencións de mellorar esa situación.

No apartado b): indica que esa madeira e outros enseres pertencen ao local da Asociación de Veciños, que xa teñen sido advertidos, pero todavía non foron retirados.


No apartado c): indica que habería que localizar os autores, que lóxicamente "son dos vosos" e que o limparan.

Unha vez máis resposta que non está acorde coa seriedade que se lle supòn a un Alcalde, pero tampouco esperabamos menos.

Manifesta que algunha solución se buscará, intentarase borrar.

O portavoz socialista indica que non é cuestión de quen foi ou deixou de ser, que mesmo se as pintadas fosen outras referentes a calquer outra formación política pediría o mesmo. Se compromete a si lle facilita o concello pintura gris da mesma cor que a porta a limpalas él mesmo, respostando o Alcalde que será o concello quen se encargue.

Reiteramos a libertade de expresión de todo o mundo, pero nunca manifestandose a través do deterioro dos bens públicos.



No rogo nº 3, O Alcalde indica que el xa advertiu no seu día que non era partidario da súa colocación na zona onde había arbores porque a súa caida podía producir estas roturas.

O Portavoz socialista indica que na entrada do Paseo na Zona do Rial non hai arbores caidos e os valados levan rotos anos.....

Informa o Alcalde que está solicitada unha subvención a Xunta de Galicia que contempla actuacións nesta zona para reparar os danos existentes.

Asì se atoparon os participantes na Andaina o percorrido....




Esta zona xa foi requerido o seu arranxo no ano 2013 e todavía presenta este perigoso estado....




Pasamos agora o apartado de PREGUNTAS: presentado por escrito as seguintes:



Na Pregunta 1: retirouse porque xa foi nos enteramos a través da publicacion no BOP que se destina a contratación dun posto de Administrativo no Concello da Peroxa.

Na Pregunta 2: o Alcalde manifesta que se concederon por parte da Deputación 6.000€ pero todavía non coñecía para que concepto xa que se solicitou para Animador Xuvenil, Excursións e Actividades Acuáticas.

Na Pregunta 3: tamén se retira xa que se publicou no BOP a concesión para os Servizos Sociais do Concello 6.506€.

Na Pregunta 4: resposta o Alcalde que están a espera dunha subvención económica que se empregaran nos gastos de mantemento e persoal do PAI do Concello.

Na Pregunta 5: indica o Alcalde que será para unha nova sinalización, tal e como comentou anteriormente na zona do Castelo. Sen embargo, na nosa comprobación dos decretos da Alcaldía observamos como a petición que se fixo foi unha sinalización na contorna dos Peares. Non nos aclarou estas discrepancias.

Na Pregunta 6: O Alcalde informa de gastos xenéricos e en conxunto das actividades que se realizaron, manifestando que algunhas non tiveron custe algún como foi a parte musical. O Bar foi solicitada a súa instalación por algúns veciños que se encargaron da súa montaxe e explotación e que os ingresos se adicaron a celebración desta festa.

Na Pregunta 7: indica que a situación segue a ser a mesma xa que non hai novidades ao respecto e estase agardando instruccións.

Na Pregunta 8: Informa o Alcalde que se pediu subvención para a Andaina. Neste punto tamén temos que engadir que segundo se comprobou nos decretos da Alcaldía se solicitou tamén nesta axuda para cubrir gastos de monitor da escola de fútbol.


Finalmente, como en pleno anteriores, fixeronse algúnhas preguntas de asuntos de actualidade de xeito oral respostadas tamén polo Alcalde:

1) Advertimos por segunda vez da recollida de contenedores amarelos de reciclaxe para o plástico no mesmo camión que vaciaba os verdes de materia orgànica. O Alcalde quedou en estudiar e arranxar este tema.

2) Ante algunhas dúbidas plantexadas por usuarios ou futuros usuarios da Gardería Municipal preguntamos cal é o horario de apertura indicando que actualmente están entre 08:30 e 15:30.
Segundo a ordenanza que regula este centro contemplase no seu artigo 15 que pode ser "entre 08:00 ata 16:00, pero que pode variar en funcion das necesidades dos pais e dos medios municipais".

3) Tamén preguntamos o Sr. Alcalde e por supostos o Sr. Secretario sobre a legalidade do cobro da taxa por "documento administrativo" as persoas que botaron a solicitude para participar no proceso selectivo da praza de Administrativo, cando tales bases non contemplaban o pago de taxa algunha.

Eles remitennos a ordenanza municipal, pero nos UNHA VEZ MÁIS LLES RECORDAMOS QUE HAI UN LEI ESTATAL 30/92 QUE PERMITE A PRESENTACIÓN "GRATUITA" DE DOCUMENTACIÓN NAS OFICINAS DE REXISTRO E INFORMACIÓN.

Polo tanto, houbo unha diferencia entre os que presentaron e pagaron nas oficinas do Concello, e as que o fixeron nos rexistros, por exemplo, da Subdelegación do Goberno. A este últimos "obrigouse" a pagar as citadas TAXAS MUNICIPAIS para poder ter acceso a entrevista nun acto, como xa dixemos en ocasións anteriores, que dudamos da súa legalidade por ir unha ordenanza municipal en contra dunha de rando superior como é unha lei estatal.

Advertimos desta situación, que tería facil solución contemplando ou referindose nas Bases ao pago desa taxa en concepto de pago de solicitude de participaciòn.

NON HOUBO REPOSTA POR PARTE DO ALCALDE NIN DO SECRETARIO.....CON ENCOLLERSE DE BRAZOS PARECELLES SUFICENTE ¡¡¡

ESTO FOI O RESUMO, DESTA VEZ, ALGO AMPLO, PERO OS ASUNTOS E CUESTIONS A TRATAR ERAN DE GRAN IMPORTANCIA PARA A VECIÑANZA.

SÓ AQUÍ, E NADA MÁIS QUE AQUÍ TERÁS A INFORMACIÓN DE TODO O QUE SUCEDE NO TEU CONCELLO E DAS DECISIÓNS QUE ALÍ SE TOMAN.

ESPEREMOS NON TER QUE VOLVER ESPERAR OUTROS 3 MESES POR UN PLENO NO CONCELLO DA PEROXA ¡¡


SEGUIMOS E SEGUIREMOS TRABALLANDO POLA MELLORA DO NOSO CONCELLO E FIEIS O NOSO COMPROMISO COA INFORMACIÓN ¡¡¡