Benvido a este teu lugar de información, consultas, aportacións e por suposto críticas.


Un grupo, un compromiso, unha idea, unha ilusión...

Poñemos o teu alcance unha ferramenta necesaria para coñecer toda a información sobre o noso Concello: actuacións, acordos, propostas, necesidades, acontecementos.... e tamén lugar para opinar libremente a través dos teus comentarios.

Esperamos as túas aportacións.

miércoles, 7 de septiembre de 2016

Resumo do Pleno do Concello da Peroxa do 11 de agosto de 2016

A continuación facemos un resumo do que foi o interesante pleno celebrado no Concello o pasado xoves 11 de Agosto e que segundo a convocatoria, tiña os seguintes puntos a tratar:


No punto1.- Indicamos que non estàbamos conformes coa redacción da mesma no seu punto 6 onde se tratou a moción presentada polo PP para a creación dun Centro Pùblico de Atención a Persoas con diversidade funcional, xa que se recolle na acta que o portavoz do grupo popular presentou a emmenda "completando" a proposta da Plataforma, cando a súa proposta era a de sustituir os catro puntos que exixian dende a Plataforma por dous puntos que en ningún caso mantiñan o de carácter e xestión público nin o de máis de 100 prazas, cuestións sumamente importantes e que cambiaban sensiblemente o contido da moción. Cuestión que foi rexeitada polo noso grupo municipal deixando a moción para a súa aprobación tal e como a propuxeron dende a Plataforma, tan só modificando a quen ía dirixida.

Tamén no turno de pregunta orais se reflexa na acta que o "horario da gardería serà de 08:30 a 15:30" cando a resposta no pleno e ademáis así figura na ordenanza que a regula que o horario do centro será de 08:00 a 14:00 e así o corrobora de novo o Sr. Alcalde.

Feitas estas modificacións polo Secretario votamos a favor da mesma, sendo aprobada por unanimidade.

No punto 2.- Ratificase por unanimidade o Pleno como Ordinario, a pesar de que tería que terse celebrado no mes de xullo. O noso portavoz reitera que se debe cumplir o compromiso de avisar coa antelación suficiente para que poidamos presentar a nosa documentación, xa que neste caso se nos avisou xusto o mesmo día da convocatoria.

No punto 3.- Aprobouse por unanimidade unha modificación de crèditos de 250.000€ prodecentes do remanente de tesourería para incrementar partidas orzamentarias como son a inversión en terreos, subvencións, pagos persoal, etc.

Neste punto é curioso ver como se aproba este punto no pleno do día 11, con remate do mesmo preto das 13:00 e aparece publicada esta modificación no BOP do día seguinte ¡¡¡¡¡ (cando menos curioso, por non decir sospeitoso).

Pàxina 13 do seguinte enlace:

https://bop.depourense.es/portal/descargarPdf.do?numBoletin=185&fecha=20160812

No punto 4.- Aprobase cos votos do grupo do PP e a nosa abstención a Conta Xeral 2015

No punto 5.- Aprobase por unanimidade o Canon que a Confederación vai pasar a cada concello da mancomunidade pola ubicación e propiedade dos pantaláns do río Miño, tal e como se acordou no pleno da propia mancomunidade. A contía "será sobre uns 800€ anuais" tal e como informa o Sr. Alcalde.

Neste punto preguntamos polo estado DO PERMISO DE NAVEGABILIDADE DO RIO e se nos indica que todavía non existe, que está en tramitación......

CURIOSO CANDO XA NO ANO 2014 APARECÍAN ESTES NOTICIAS NA PRENSA....

http://www.farodevigo.es/portada-ourense/2014/09/15/acuerdo-navegable-rio-mino/1094018.html

Neste artigo segue a ubicar o pantalán existente no noso concello nos Peares, cando xa todos sabemos onde está ubicado realmente¡¡¡

Tamén preguntamos polos 6.000€ que a Deputación concedía o noso concello, de novo a modo de subvención para "ESTUDIO DE NAVEGABILIDADE NO MIÑO", indicando o Alcalde que son para seguir coa tramitación dos permisos ¡¡¡¡

No punto 6.- Aprobouse cos votos favorables do PP e a nosa abstención a renovación por 10 anos máis (con opción a 5 máis) a Concesión do servizo de abastecemento de auga potable a empresa actual.

Comenzaba o portavoz municipal do PP indicando que o contrato firmàrase no ano 2006, con unhas boas condicións entre as que se atopaban a cesión do 15% da auga facturada ao Concello para uso municipal, incluíndo iglesias, locais sociais, campo de fùtbol, así como unha revisión periódica da depuradora da piscina municipal sin custe para o concello. Curioso este punto ultimo, como xa indicamos no seu día, existe un contrato de servicio a unha empresa para efectuar os mantementos e posta en funcionamento da mesma....E DECIR DUPLICAMOS SERVIZOS E GASTOS¡¡¡

Continuaba indicando que no seu día as outras ofertas eran moi superiores en prezo e mesmo outra declinou participar polo extenso da rede de abastecemento.

Comenzamos a nosa intervención a través do noso portavoz preguntando ¿cales son os ingresos que percibe o concello pola concesión deste servizo e da auga municipal?

RESPOSTA O PORTAVOZ DO PP, QUE "NINGÚNS, TAN SÓ OS DESCONTOS QUE XA INDICOU" ¡¡¡

MANIFESTAMOS QUE NOS PARECE SORPRENDENTE REGALAR A AUGA MUNICIPAL DE TODOS OS VECIÑOS E VECIÑAS DO CONCELLO PARA A SÚA XESTIÓN SIN OBTER NINGÚN BENEFICIO ECONÓMICO, tan só limitados a uns descontos dificiles de contabilizar e valorar ¡¡¡

Indicamos que "agradecemos" que despois de varios anos reclamando o Contrato deste servizo..... por fin¡¡, e ten que ser porque se trae o asunto a pleno, dispoñemos dunha copia, que temos que leer o día anterior ao pleno, ainda que estando seguros que debemos ser os únicos deste pleno que o temos lido e analizado, sobre todo polas respostas que dende o grupo de goberno se obteñen ¡¡¡

Eso sí.....o Sr. Alcalde segue manifestando públicamente que nos teña negado o contrato ¡¡¡¡....cando o temos solicitado ata por escrito, tal e como lle gustan a él estes "asuntos".....HAI QUE TER CARA ¡¡¡

O noso portavoz enumerou punto por punto os moitos incumplimentos que se están a producir neste contrato que agora prorrogan:

No artigo 7.2 do contrato indícase con claridade que "O CONCESIONARIO ESTÁ OBRIGADO A CARGAR COS GASTOS DE CONSUMO DE ENERXÍA ELÉCTRICA....".

Curiosamente, ESTO CONTRADICE CLARAMENTE O QUE A NOSA PREGUNTA, E DESPOIS DE 17 MESES DE ESPERA, O ALCALDE MANIFESTOU NO PLENO DO 27 DE XULLO DE 2015 ONDE CLARAMENTE, ASÍ O RECOLLE A ACTA DESE PLENO ONDE AFIRMOU QUE "OS GASTOS DE ENERXÌA ELECTRICA DO LOCAL CEDIDO POLO CONCELLO A ESTA EMPRESA SITUADO NO CENTRO DE SAÚDE SON PAGADOS POLO CONCELLO DA PEROXA" POLO TANTO.... COS CARTOS DE TODOS OS VECIÑOS E VECIÑAS".

No seguinte artigo 7.3  indica claramente que "A EMPRESA SERÁ A ENCARGADA E RESPONSABLE DA CONSERVACIÓN E BO FUNCIONAMENTO DE BILLAS, BOCAS DE REGO DE INCENCIO, VÀLVULAS.....ETC". o que se engade tamèn o do artigo 7.22 que sinala que "A CONSERVACIÓN DOS CONTADORES E ACOMETIDAS ESTÀ OBRIGADO A REALIZALA O CONCESIONARIO".

Este punto està claramente incumplido en todo o Concello, xa que prácticamente non hai un só cadro de contadores que esté nun estado de conservación digno, e por suposto que as Bocas de Incendio están nun ESTADO LAMENTABLE DE CONSERVACIÓN ¡¡¡

No seu día (14 de xuño de 2012), para paliar esta deficiencia, e para garantir un mínimo de seguridade nos nosos pobos ante calquer incendio ou emerxencia presentamos a seguinte moción que FOI REXEITADA COS VOTOS DO PARTIDO POPULAR. Na mesma pedíamos entre outra cousas un revisión e mellora destes elementos de seguridade.

Esta foi a moción presentada:


A moción estivo no seu día (igual que pode estar no día de hoxe, xa que a situación lonxe de mellorar empeorou claramente) argumentada polas seguintes imaxes que amosan o estado da situación denunciada:






Neste pleno do 9 de xullo de 2012,  onde presentamos esta moción que REXEITOU O GRUPO DE GOBERNO DO PARTIDO POPULAR POR NON CREER QUE FORA UNHA SITUACIÓN DE URXENCIA O SEU ARRANXO, "XA QUE CONSIDERABAN QUE O CONCELLO ESTÁ PREPARADO PARA ACTUAR EN CASO DE EMERXENCIA OU INCENDIO NOS NOSOS POBOS" (QUE AGARDEMOS NON SUCEDA PORQUE OS MEDIOS ESTÁN NUN ESTADO PENOSO).

O SR. ALCALDE MANIFESTABA E ASÍ SE RECOLLE NA ACTA DO MESMO "QUE NON COÑECE NINGUNHA BOCA DE REGA QUE ESTE ESTROPEADA, E QUE ESTÁN TODAS PRECINTADAS" ademáis engade que si están sin precinto o problema é da empresa que PERDE ESA AUGA ¡¡¡

LAMENTABLE OPINIÓN DO SR. ALCALDE, POUCO CONCIENCIADO CO AFORRO DA NOSA AUGA E POLO RESPETO POLO MEDIO AMBIENTE ¡¡¡¡

....MESMO ENGADÍA O CONCELLEIRO SR. FEIJOO QUE "O PROBLEMA ERA QUE A XENTE LLE SACABA OS PRECINTOS"......VER PARA CREER ¡¡



Con esta resposta quedou máis que claro que o Sr. Alcalde parece que ou ben non visita os nosos pobos e parroquias ou que o fai cos ollos pechados ¡¡¡¡

Continuamos coa analise as condicións do contrato e atopamos que no seu artigo 7.8 reflexa que "O CONCESIONARIO ESTÀ OBRIGADO A DISPOÑER DOS MEDIOS NECESARIOS PARA A ATENCIÓN DOS USUARIOS: PERSOAL, MEDIOS TÉCNICOS, OFIMÁTICOS E TELEMÁTICOS......".

Esto vamos a consideralo como unha broma, xa que os ùnicos medios cos que se pode contactar coa empresa concesionaria è a través dun teléfono de contacto, facéndose na maioría dos casos a través das oficinas municipais, cargando de novo con traballo que sería da empresa os medios do noso concello que pagamos todos para un servizo público, NON PRIVADO DUNHA EMPRESA EN PARTICULAR ¡¡¡¡ ....este é o Concello que temos ¡¡¡

O que se reflexa no artigo 7.13, onde se enumeran as características e compromisos das reparacións de avarías, como pode ser, por poñer un exemplo...... A REPARACIÓN DO PAVIMENTO QUE SE ESTROPEE PARA DEIXALO NO ESTADO NO QUE SE ATOPABA.....vamos a deixalo para que tí mesmo, que estás lendo este artigo e en base o que ves no teu pobo ou parroquia analices e reflexiones sobre este punto ¡¡¡¡

Sobre este punto de reparación e instalación de novos contadores, surxiu de novo a problemática que no seu día xa defendimos no Pleno para exixir que se cumplira a normativa vixente E SE INSTALARAN OS CONTADORES DE XEITO INDIVIDUAL EN CADA VIVENDA TAL E COMO MARCAN AS NORMAS QUE O REGULAN, a pesar do rexeitamento por parte do Alcalde a esta opción, onde mesmo, chegou a manifestar sorprendentemente, nun pleno anterior, e que volveu a repetir neste.....QUE A INSTALACIÓN DOS CONTADORES NUN PUNTO ÚNICO NOS POBOS ERA PARA FACILITAR A LABOR DA EMPRESA CONCESIONARIA....."QUE NON IBA ANDAR CASA POR CASA LENDO OS CONTADORES".....NOUTRO CLARO EXEMPLO QUE AMOSA DE QUÉ PARTE ESTÁ O SR. ALCALDE, DEFENDENDO INTERESES DUNHA EMPRESA PRIVADA ANTES QUE OS DEREITOS DOS SEUS VECIÑOS E VECIÑAS¡¡¡

ASÌ FUNCIONA O TEU CONCELLO ¡¡¡¡

Como remate a este análise do contrato, chegamos a unha das situacións máis dantescas que se produciron neste pleno, que foi xustamente, cando o noso portavoz preguntou QUEN ERAN OS MEMBROS DA COMISIÓN DE SEGUEMENTO E CONTROL DO SERVIZO, que tal e como se indica no artigo 10.1 teríase que ter constituido unha vez adxudicado o Concurso (en decembro de 2006)......¿?

A RESPOSTA FOI MOI SIGNIFICATIVA......O SR. ALCALDE E O SR. SECRETARIO MIRARONSE MÚTUAMENTE SIN DAR RESPOSTA NINGUNHA, TAN SÓ SE ENCOLLERON DE HOMBROS E ABRIRON OS OLLOS SORPRENDIDOS, XA QUE NON COÑECÍA DESTA OBRIGA QUE MARCA O CONTRATO, DIANTE DA "SORPRENDENTE" CARCAJADA DO RESTO DOS SEUS CONCELLEIROS ¡¡¡¡

.......NON ATOPAMOS CALIFICATIVO PARA ESTA SITUACIÓN ¡¡¡¡¡.,....PERO ESTA É A REALIDADE DO TEU CONCELLO¡¡¡¡

Finalizamos, indicando que tamén se recolle no contrato que o Anexo de instalacións e abastecementos se debe actualizar regularmente polo concesionario......PERO ESTÁ, COMO NON PODÍA SER DOUTRO XEITO, SEGUNDO OS DOCUMENTOS QUE NOS FACILITARON..........SEN ACTUALIZAR DENDE O ANO 2006 ¡¡¡

A PESAR DE TODOS ESTES ARGUMENTOS EXPOSTOS E AS CONSEGUINTES ANOMALÍAS DENDE O GRUPO MUNICIPAL SÉGUESE A MANTER QUE O CONTRATO E O SERVIZO SON EXCEPCIONALES QUE CON UN PAR DE "RETOQUES" A ESTES "PEQUENOS INCUMPLIMENTOS" QUE ENUMERAMOS ESTÁ EN CONDICIÓN DE SEGUIR PRESTANDO O SERVIZO A MESMA EMPRESA.

O NOSO VOTO FOI DE ABSTENCIÓN, PERO EXIXINDO QUE FAGAN CUMPLIR TODOS OS PUNTOS QUE PUXEMOS ENRIBA DA MESA, COMPROMETÉNDOSE O ALCALDE E O GRUPO DE GOBERNO A FACELOS CUMPLIR POR PARTE DA EMPRESA.....

O TEMPO DARÁ E QUITARÁ RAZÓNS SI REALMENTE SE CUMPLE O ACORDADO OU SEGUIREMOS MIRANDO PARA OUTRO LADO ¡¡¡


A pesar de non estar explícitamente indicado nos artigos do contrato, sobreenténdese que o concesionario debe cumprir coas normativas vixentes en canto a controis sanitarios sobre a potalidade da auga, e que como xa demostramos no seu día, con análises propios feitos e pagados polos membros desta Agrupación Municipal Socialista, houbo graves anomalías neste punto.

Mesmo a prensa local no seu día tamén "deu un toque de atención" a concellos como o noso:

http://www.farodevigo.es/portada-ourense/2011/02/24/sanidade-investiga-cinco-concellos-ourense-incumplir-normativa-abastecimiento/521386.html

Eses mesmo concellos, admitían a súa irresponsabilidade, recollida tamén na prensa local:

http://www.farodevigo.es/portada-ourense/2011/03/01/o-irixo-calvos-porqueira-pontedeva-admiten-problemas-abastecimiento/522783.html

CURIOSAMENTE, NESTE ULTIMO ARTIGO, VOLVE A SER O ALCALDE DA PEROXA QUE SALGA NA DEFENSA DA EMPRESA CONCESIONARIA PARA XUSTIFICAR AO PARECER "UN OLVIDO" NA TRANSMISIÓN DOS DATOS.........¡¡QUE CASUALIDADE ¡¡¡¡

Falando de análises e de incumprimentos, recordamos que no seu día e ante queixas que nos transmitiron dende a veciñanza do pobo de Corbelle polo mal estado da auga que saía dos seus grifos, solicitamos por escrito ao concello os derradeiros análises que se tiñan feito desa zona de abastecemento, e que fixemos diante do concello, porque como xa ben indicamos anteriormente, non temos outro medio de petición onde presentar esta solicitude diante da empresa concesionaria.

Este foi o escrito en cuestión....



A resposta da empresa, de novo a través do Concello foi a seguinte.....


INDICA QUE CUMPLE OS REQUISITOS, PERO OS ANALISES NUNCA FORON FACILITADOS, E NOS REMITE MOI AMABLEMENTE A UNHA PAXINA WEB QUE VOS MESMOS PODEDES ENTRAR........E TODAVÍA HOXE NON ATOPAREDES ESES RESULTADOS DA POBOACIÓN INDICADA.

Mirade no enlace seguinte onde na Zona de San Nicolao que nos informa o concesionario non aparece o pobo de Corbelle, que foi do cal solicitamos datos.

http://sinac.msssi.es/CiudadanoWeb/ciudadano/informacionAbastecimientoActionCA.do?idRed=14697

Polo tanto, seguimos sen esa importante información.

Tamén vos facilitamos enlace da outra zona de abastecementos do Concello, zona das Paraxas:

http://sinac.msssi.es/CiudadanoWeb/ciudadano/informacionAbastecimientoActionCA.do?idRed=14698

ESTA SITUACIÓN COMENTAMOLA NESTE MESMO PLENO, XA QUE NON TEMOS ACCESO AOS ANÁLISIS DOS POBOS DO NOSO CONCELLO.

POSTERIORMENTE, E CON MOITA AMABILIDADE, O SR. CONCELLEIRO DE URBANISMO E PORTAVOZ MUNICIPAL DO PP, JOSE MANUEL RODRIGUEZ BLANCO, DESPOIS DE CONSULTAR CO CONCESIONARIO (QUE "CASUALMENTE" ESTABA NAS OFICINAS MUNICIPAIS) NOS INDICA QUE NESA WEB ESTÁN OS ANÁLISES CORRESPONDENTES AS ZONAS DE ABASTECEMENTO, PERO VOSTEDE QUE ESTA A LER ESTE ARTIGO, COMO NÓS MESMOS, SOMOS INCAPACES DE ACCEDER A ESES DATOS, TAN SÓ NOS INDICA A DATA NA QUE FOI REALIZADO......PERO NON OS RESULTADOS DO MESMO ¡¡¡¡

O QUE SÍ ATOPAMOS, POLA CONTRA DENTRO DA PESTAÑA DE ANÁLISIS QUÍMICOS E UN REQUERIMENTO DA AUTORIDADE SANITARIA PARA O ANALISE DE TRIHALOMETANOS con data 22 de xuño de 2016 ¡¡¡

REFLEXIONA SOBRE ESTE ASUNTO IMPORTANTE QUE HOXE SE TRATOU NESTE PLENO E COÑECE COMO ACTÚAN E DECIDEN OS NOSOS GOBERNANTES ¡¡¡

No punto 7. Os decretos estiveron a nosa disposiciòn e foron revisados.

No punto 8. Non se presentaron mocións e a que está pendente do pleno anterior presentada polo noso grupo para solicitar rebaixas e bonificacións do IBI, todavía o Concello non dispón dos datos actualizados.

No punto 9

a) Presentouse un escrito en apoio a construcción no Concello de Riós dun Centro Nacional de Referencia da Castaña.

As noticias na prensa sobre este asunto, foron, entre outras, esta por exemplo:

http://www.farodevigo.es/portada-ourense/2016/07/19/concello-rios-aspira-albergar-centro/1500588.html

A proposta procede da Deputación de Ourense, e tal e como xa se debateu no seu Pleno, informouse por parte dos partidos políticos da oposición que dudan que este centro no que está previsto invertir non está nin preparado nin se adapta para este cometido.

O apoio no noso pleno foi aprobado por unanimidade.


b) Tamén se propuxeron os festivos locais para o 2017 que serán os mesmos de sempre: Martes de Entroido (28 febreiro) e Magosto (11 de novembro), ainda que este coincide en sábado ¡¡¡¡

c) Tamén se informou do estado do Centro de Saùde todavía sen transferir a Xunta de Galicia por cuestións administrativas e de titularidade do solo e o IBI, e polo tanto, seguimos correndo cos gastos de mantemento.

No punto 10. No apartado de ROGOS presentamos o seguinte:



Este Rogo foi aprobado por unanimidade comprometéndose o Alcalde a realizar as xestións necesarias para a súa instalación.

Esta petición foi realizada a través dos acordos da Deputación e creación dunha liña de subvencións para a súa obtención:

http://www.laregion.es/content/print/unanimidad-dotar-desfibriladores-concellos/20160701080902632575

Indicar que nestes días tamén a propia Federación Galega de Fútbol propuxo outra liña de axudas aos clubes para a súa obtención. Nesa reunión, casualmente, estaba tamén noutra faceta (deportiva) o noso portavoz e solicitou os representantes da Federación que estableceran criterios e colaboración coa Deputación de Ourense para que as axudas foran compatibles e así o aceptaron.


No apartado de PREGUNTAS, presentamos as seguintes:




A resposta a pregunta 1, indícasenos "que està pendente de adxudicar polo Inorde e que se empregará en organización, distribución e realización de viales de acceso".

Esta é a publicación da subvención concedida:




A pregunta 2, respostouse..." NIN IDEA, O CONCELLO NON PARTICIPOU EN NADA"...."ESTARÁN A ESPERA DE RECIBILO PERO HAI RETRASO POLO MOITO VOLUME DE PETICIÓNS".
Curiosa resposta cando toda a veciñanza sabe como se xestionou a viaxe a terras de Leòn. Tamén choca este desentendemento en palabras do Sr. Alcalde, cando indica que "èl os aconsellou non desprazarse, tendo en conta que se realizou un no noso Concello e outro está pròximo a súa realización, e engadiu que moita xente foi alá polo Certificado cando non lle vai a facer falta para unha pequena horta que teñen".

Engade o concelleiro e e tenente Alcalde Jose Manuel que él mesmo o realizou ao igual que o resto de veciños e veciñas que se desprazaron e xa obtivo o Certificado.

As noticias preocupantes da prensa local e a preocupación da veciñanza do concello por este asunto, foron o que nos levaron a facer esta pregunta no pleno.....ainda que a resposta NOS PARECE EVASIVA, PARA DESENTENDERSE DUN PROBLEMA IMPORTANTE ¡¡¡

http://www.lavozdegalicia.es/noticia/sociedad/2016/03/17/guardia-civil-investiga-hubo-fraude-cursos-fitosanitarios-celebrados-leon/0003_201603G17P32992.htm

Na pregunta 3, o Alcalde indica que se "fixeron melloras na Praza de Armental, e neste ano 2016 non se acadou a puntuación necesaria".

A resposta da pregunta 4, foi por parte do Alcalde completa no sentido de explicar porqué se chegou a este punto, pero resalta que "se fixo este tramite expropiatorio para realizar obras necesarias de ampliación de viales en Quintela, Vispin e Fontao correspondentes o Plan Provincial de obras e que se os veciños non colaboran teremos que expropiar"

Publicouse a relación de afectados:




Finalmente, respostouse a pregunta 5, indicando "que as perspetivas son moi boas, que pronto se recibirá o Convenio para analizar e decidir e que entrarían neste plan vivendas particulares que os seus donos estivesen interesados, pero que lamentablemente de momento son escasas".

Propuxemos que esta posibilidade sexa transmitida a tod@s os interesad@s en incluir as súas vivendas neste plan e non vaia so encamiñado aos que levan tempo "preparando o terreo".

A noticia sobre este asunto na prensa no enlace seguinte:

http://www.laregion.es/content/print/peroxa-estudia-implantar-programa-vivendas-baleiras-xunta/20160711171025634459


È curioso cando menos, o cambio de actitude do Sr. Alcalde nun tema tan grave para o noso Concello como é o da despoboación que nos leva a perder poboación a pasos axigantados, pola falta de medidas e actuacións para paliar este problema.

Resulta curioso porque no ano 2012 comentaba textualmente "o Concello non é unha inmobiliaria".

Esto acontecía a raìz dunha moción presentada polos nosos concelleiros socialistas para abordar e propoñer medidas a este grave problema da despoboación.


Esta moción aprobarase por unanimidade, pero como en outros moitos casos, as medidas e acordos nunca foron executados por un goberno municipal que parece prefería mirar cara outro lado.

A resposta e os argumentos no Pleno do 10 de setembro de 2012 onde se tratara esta moción, dados polo Sr. Alcalde foron os que podedes vos mesmos comprobar extraídos da acta do pleno:


A propia prensa local se facía eco deste acordo....



Ante a falta de actuacións por parte do Concello, e vendo que a situación se agravaba cada ano, volvemos a preguntar sobre este incumplimento de realizar as medidas acordadas.

Levamos de novo, ao Pleno do 3 de febreiro de 2015 unha pregunta (numero 7) sobre esta situación de paralización:



Quedou claro neste pleno que pouco lle gusta o Sr. Alcalde que lle recorden que unha e outra vez incumple e non realiza os acordos que toma a corporación noutro exemplo máis do seu pasotismo e agotamento.

Para mostra as respostas que se recollen na acta dese pleno....



Estas son as políticas e as actuacións dos responsables do teu Concello ¡¡¡¡ 

Ti decides cando poñerlle punto final ¡¡¡

Rematamos a sesión de control a labor do goberno municipal con tres preguntas orais:

1. preguntamos polo número de alumnos matriculados no Centro Escolar: a resposta: 17 ou 18

2. preguntamos tamén polos motivos da non celebración do Campo de Traballo que estaba previsto para principios do mes de xullo: a resposta: non houbo solicitudes suficientes.

3. preguntamos pola empresa ou persoas que organizaron e atenden este ano o Campañamento Infantil: a resposta: as actividades e a vixiancia dos nenos e nenas e a cargo de Rosa (empregada do Concello con labores da Oficina de información Xuvenil) e de outra persoa "voluntaria" que está facendo as prácticas. Agardemos que a legalidade desta situación sexa a correcta polo ben tanto do Concello, como sobre todo dos asistentes.

ESTO FOI O QUE DEU DE SÍ ESTE INTERESANTE PLENO.

COÑECE POLAS SUAS MANIFESTACIÓNS E POLOS SEUS ACORDOS A REALIDADE DO TEU CONCELLO E DOS SEUS MANDATARIOS.


CREEMOS SINCEIRAMENTE QUE MERECEMOS UN CONCELLO MELLOR........PERO ESO TAMÉN DEPENDE DE TÍ ¡¡¡


POLO TANTO, LEE, ANALIZA, REFLEXIONA E SOBRE TODO.......SACA AS TÚAS PROPIAS CONCLUSIÓNS ¡¡¡


SEGUIREMOS INFORMANDO ¡¡





No hay comentarios:

Publicar un comentario