Benvido a este teu lugar de información, consultas, aportacións e por suposto críticas.


Un grupo, un compromiso, unha idea, unha ilusión...

Poñemos o teu alcance unha ferramenta necesaria para coñecer toda a información sobre o noso Concello: actuacións, acordos, propostas, necesidades, acontecementos.... e tamén lugar para opinar libremente a través dos teus comentarios.

Esperamos as túas aportacións.

viernes, 30 de octubre de 2015

Actividade no Concello na fin de semana do 30 e 31 de outubro e 1 de novembro de 2015

Comenzando polo deporte, estes serán os encontros a disputar polos equipos representativos do Concello:


Dentro do fútbol rexional e de base:

A PEROXA C.F. - C.D. RÚA: Domingo 1 as 16:15 no campo do Marco.

SP CARBALLIÑO. - A PEROXA C.F. "B"Sàbado 31 as 20:00 no campo da Uceira en Carballiño.

OURENSE C.F. "C" - A PEROXA C.F. INFANTIL : Domingo 1 as 12:00 no campo de Oira.

A PEROXA C.F. ALEVIN - C.D. ALLARIZ: Sàbado 31 as 11:30 no campo do Marco.

A PEROXA C.F. BENXAMÍN - C.D. ALLARIZ: Sàbado 31 as 11:30 no campo do Marco.

A PEROXA C.F. PREBENXAMIN - RIBEIRO C.F. : Venres 30 as 18:00 no campo do Marco. 


En canto a liga de veteranos:

ATL. PEROXA - CAFE AVENTURA: Sàbado 31 as 18:00 no campo do Marco.

COTO DO RANO - LLOVIZNA: Sàbado 31 as 16:30 no campo do Poligono.

VILAR DE ASTRES - GADAFFI : Sàbado 31 as 16:30 no campo de Vilar de Astrés.


Na liga provincial de Fùtbol-Sala:

OS PEARES F.S. - OURENSE PROLSPORT.: Sàbado 31 as 19:00 no pabellón dos Peares.

Os compoñentes do PEROXA RUNNING participarán en algunha das probas que marca o calendario para esta fin de semana, que podes consultar no enlace seguinte:

http://www.correrengalicia.org/index.php?name=CPGNuCalendar

Unha vez máis por iniciativa dos locais de hostelería da Peroxa teremos un interesante e competido Torneo de Futbolín no Bar IVARI, anunciado con este cartel:


Tamén no BAR1984 un ano máis celebrarase a xa tradicional e orixinal Festa de Samain:


Tampouco podemos deixar de anunciar unha Andaina que se celebrará no veciño Concello de Coles e onde poden participar todos os que o desexen, ademáis de ter un fin benéfico. Anunciase co cartel seguinte:


Finalmente, non podía faltar a parte festiva e gastronómica, esta fin de semana en varios puntos do noso Concello, onde os veciños dos nosos pobos e parroquias terán xornada de convivencia en torno a unha das festas máis tradicionais como son so magostos......anunciamos a través do seguinte cartel o de Carracedo, ainda que reiteramos, que serán moitos os nosos pobos que terán eventos similares.



APOIA, PARTICIPA E DISFRUTA DAS NOSAS PROPOSTAS ¡¡¡

viernes, 23 de octubre de 2015

Actividade no Concello na fin de semana do 24 e 25 de outubro de 2015

Comenzando polo deporte, estes serán os encontros a disputar polos equipos representativos do Concello:


Dentro do fútbol rexional e de base:

C.D. VELLE - A PEROXA C.F.: Domingo 25 as 16:30 no campo de Velle.

A PEROXA C.F. "B" - SALAMONDE C.F.: Domingo 25 as 16:30 no campo do Marco.

C.P. CALASANCIO "B" - A PEROXA C.F. ALEVIN: Domingo 25 as 10:45 no campo dos Escolapios en Monforte.

S.D.C. ARRABALDO "B" - A PEROXA C.F. BENXAMÍN: Sàbado 24 as 10:30 no campo de Santa Cruz de Arrabaldo.

ANTELA C.F. - A PEROXA C.F. PREBENXAMIN: Sabado 24 as 10:00 no campo de Xinzo. 


En canto a liga de veteranos:

A PRÒRROGA - ATL. PEROXA: Sàbado 24 as 16:30 no campo de Vilar de Astrès.

LLOVIZNA -  PONTEDEVA: Sàbado 24 as 18:00 no campo do Marco.

GADAFFI  - MACEDA: Sàbado 24 as 16:00 no campo do Marco.


Na liga provincial de Fùtbol-Sala:

AVIÓN F.S. - OS PEARES F.S.: Sàbado 24 as 20:00 no pabellón de Avión.

Os compoñentes do PEROXA RUNNING participarán en algunha das probas que marca o calendario para esta fin de semana, que podes consultar no enlace seguinte:

http://www.correrengalicia.org/index.php?name=CPGNuCalendar


Voltamos, un fin de semana máis a ter eventos festivos, salpicados con eventos gastronómicos, como son xa os tradicionais magostos.

Neste caso, anunciamos, o que son xa dúas festas consolidadas no calendario anual: Na Ribeira de Vilarrubin e Fontaíño.

Programa de actividades nos carteis seguintes:



Poderemos ademáis "disfrutar dunha hora máis" ¡¡¡


Tamén debemos anunciarvos algúns eventos que se van a producir nas vindeiras datas en diferentes puntos do noso Concello, pero que debido a inscripción ou anotación con antelación é necesario que coñezades ¡¡




APOIA, PARTICIPA E DISFRUTA DAS NOSAS PROPOSTAS ¡¡¡

SEGUIMOS SENDO FONTE DE INFORMACIÓN ¡¡¡

miércoles, 21 de octubre de 2015

Resumo do Pleno do 6 de outubro de 2015

O pasado martes 6 de outubro de 2015 celebramos o Pleno Ordinario, que unha vez máis tería correspondido o pasado mes de setembro.

Os asuntos a tratar, debater e aprobar son os que se indican na convocatoria do citado pleno:


No punto 1, aprobouse por unanimidade a acta do pleno anterior.

No punto2, tamén por unanimidade aprobrouse a ratificación como ordinario deste pleno, pese a estar fóra do plazo establecido.

No punto 3, o Sr. Alcalde manifesta que están a disposición dos membros do goberno os decretos da Alcaldía. Revisados polos membros da nosa Agrupación Municipal en días previos a celebración deste pleno.

No punto 4, dentro do apartado de ROGOS, presentamos para este pleno os seguintes, para solicitar o arranxo das deficiencias que enumeran:



A resposta do Sr. Alcalde, unha vez máis, xa que esta petición xa foi feita con anterioridade, e tamén respostou o igual que desta vez....." xa está comunicado a empresa encargada e se realizará nos vindeiros días".

POIS SEMANAS DESPOIS A SITUACIÓN SEGUE IGUAL....OU PEOR ¡¡


No turno de PREGUNTAS, presentamos as seguintes, sobre asuntos de interes e de actualidade do concello:



En resposta a pregunta 1, respostou o Sr. Alcalde que "o Concello emitira 10 tarxetas".

O noso portavoz reiterou o compromiso que o Concello debe cumprir a normativa, así como as propias ordenanzas municipais, e exixiu que se cumprise habilitando unha praza reservada para persoas con minúsvalía, polo menos a carón do Centro de Saúde da Peroxa, o Centro de Saúde dos Peares, así como tamén a carón do Concello, do Colexio ou do futuro Auditorio,  para facilitar o aparcamento e acceso destas persoas.

O Alcalde comprometeuse a analizar a situación e executar esta petición.

No seguinte enlace pinchando en Ordenanza Reguladora Tarxeta de Estacionamenento tedes a normativa municipal completa.

Tamén na seguinte imaxe a parte onde se recolle este dereito no seu artigo 2:


Na pregunta 2, respondeu que "descoñecía cales foran as actividades que se xustificaran porque non atopaban o expediente do que facemos referencia".

O portavoz socialista expuso unha serie de actividades que non se organizaron ou ben NON foron organizadas pola persoa que está a cobrar ese soldo nese posto, como foron entre outras as seguintes:

---- organización maratón futbol-sala ¿?
---- xogos de mesa que se organizarán nos bares da Peroxa ¿?
---- campeonato futbolín nos bares da Peroxa ¿?
---- pait ball no Castelo da Peroxa ¿?
---- peregrinación a Santiago ¿?
---- andaina ¿?
---- curso pastelería Mañas Doces ¿?
---- Concurso gastronómico Tapas e Bocados ¿?
---- ciclo de cine nos centros sociais ¿?

O Sr. Alcalde manifestou "que algunhas delas non se realizaron por falta de participación ¿?, e outras confirma que non deberían estar nesta memoria xustificativa".

En resposta a pregunta 3, manifesta "que todavía está en estudio esa situación, e que están a espera das posibles solucións que se poden aportar dende a Deputación de Ourense".

As noticias sobre esta dantesca situación, entre outras, publicadas na prensa local foron as seguintes:

http://www.farodevigo.es/galicia/2015/08/18/hacienda-obligara-concellos-20000-habitantes/1297935.html

En relación a este asunto a Deputación de Ourense publicaba no BOP o seguinte escrito aclaratorio, o día 8 de setembro, que podedes consultar no enlace seguinte, a partir da páxina 2:

https://bop.depourense.es/portal/descargarPdf.do?numBoletin=206&fecha=20150908

Sobre este asunto da capacidade da Deputación, a prensa local publica estas noticias contradictorias...

Por un lado manifestase a súa incapacidade para resolver esta grave situación:

http://www.farodevigo.es/portada-ourense/2015/09/09/diputacion-carece-capacidad-proveer-tesoreros/1310313.html

E por outro ofrece axuda os concellos....

http://www.lavozdegalicia.es/noticia/ourense/2015/09/10/diputacion-ofrece-ayuda-concellos-gestionar-tesoreria/0003_201509O10C8991.htm

Agardemos polo tanto, unha resolución axeitada a este problema grave para os pequenos concellos creada polo Goberno de España a través do seu ministro Montoro.

Na pregunta 4 o Alcalde indicou "que se está a traballar na elección da imaxe do citado mural, así como da súa ubicación, que finalmente, salvo decisión contraria, será no muro de fronton da Praza do Concello".

A pregunta do noso grupo surxiu a raìz da seguinte noticia na prensa local:

http://www.farodevigo.es/portada-ourense/2015/08/25/ribeira-sacra-ataca-feismo-murales/1301673.html

Obra que  xa está case rematada ¡¡¡

Tamén se fixeron algunhas preguntas de xeito oral:

Preguntamos...¿Porquè se publicou o extracto da acta do Pleno de Xullo no BOP onde se refire as declaracións do noso portavoz socialista no debate dun asunto sobre taxas?

A citada publicación é a seguinte:

https://bop.depourense.es/portal/descargarPdf.do?numBoletin=206&fecha=20150908

(O comenzo da pàxina 7)

O Secretario respostou "que é perfectamente normal e lícito facer estas transcripcións dos acordos do Pleno para publicar no BOP".

O noso portavoz rebatiu esa resposta indicando que esta publicación foi feita o 8 de setembro de 2015 e non sendo posible legalmente, xa que o propio día 9 de setembro (mèrcores) solicitouse nas oficinas municipais a acta do pleno citado e non foi entregada por estar todavía sen asinar......¿Porqué se publica entonces un acordo no Boletín Oficial da Provincia cando a acta dese Pleno Ordinario todavía está sin a sinatura correspondente e obrigatoria do Secretario e do Alcalde?

NON HOUBO RESPOSTA......UNHA VEZ MÁIS.......FANSE AS COUSAS O MARXE DA LEI¡¡¡

Tamén preguntamos, a raíz das noticias que se publicaron na prensa sobre a candidatura da Riberia Sacra a Patrimonio da Humanidade, cal era a parroquia do noso Concello incluída nese mapa proposto ??

A resposta foi "que sería únicamente a dos Peares, engadindo o Alcalde que se alegraba que fose tan só unha parroquia, polos moitos "inconvenientes" que este nomeamento poidera ter no noso Concello".

Lembramos neste punto, que o inicio da lexislatura pasada, xa dende a nosa Agrupación Municipal se solicitara información concreta para transmitir a veciñanza dos "riscos" que tería estar dentro dunha limitación Patrimonio da Humanidade, cuestión que se ingnorou completamente.

CREEMOS SINCERAMENTE, QUE A VECIÑANZA "AFECTADA" DEBERÍA COÑECER OS PROS E AS CONTRAS CON CLARIDADE DESTA POSIBLE INCLUSIÓN.

As noticias na prensa sobre este asuntos foron as que siguen:

http://www.laregion.es/articulo/ourense/valedor-revela-mapa-candidatura-ribeira-sacra/20151002070548572572.html

http://www.lavozdegalicia.es/noticia/ourense/2015/10/02/mapa-inicial-zona-patrimonio-humanidad-excluye-ocho-concellos/00031443727679406551334.htm

Algúns concellos, a través dos seus alcaldes, amosan a súa disconformidade:

http://www.lavozdegalicia.es/noticia/lemos/2015/10/03/guitian-pide-calma-alcaldes-propuesta-ribeira-sacra/0003_201510M3C19911.htm

Preguntamos tamén, a raíz da inminente entrada en vigor da Ley de Transparencia nos Concellos, cales son as medidas que o Concello da Peroxa vai a tomar para cumplir cos requisitos e condicións desta necesaria lei??

A resposta do Alcalde foi "que o Concello da Peroxa, cumplirá extrictamente o requerido nesta lei, pero todavía non hai accións porque estamos saturados de traballo".

Vaga resposta, lle indicou o noso portavoz, que lle lembrou, asimesmo, que dende a nosa Agrupación Muncipal levamos anos reclamando o incio de actuacións neste sentido para poder estar o día co cumprimento desta Lei.....E A DÍA DE HOXE, MENTRAS MOITOS CONCELLOS ESTÁN XA A CUMPRIR OS PRECEPTOS DESTA LEI, NO NOSO DA PEROXA TODAVÍA NON DEMOS NIN O PRIMEIRO PASO.

INCIDE, EN QUE LEVAMOS TEMPO RECLAMANDO ACTUACIÓNS TAN SINXELAS, E AGORA OBRIGATORIAS COMO TER UNHA WEB OPERATIVA PARA A CIDADANÍA E COMO FONTE DE INFORMACIÓN ONDE POR EXEMPLO, SE PODERÍAN TER COLGADO OS CONTRATOS QUE REALIZA O CONCELLO (MANTEMENTO PISCINAS, ETC,) OU MESMO AS ACTAS DOS PLENOS (QUE ÚNICAMENTE CHEGAN A VECIÑANZA A TRAVÉS DA INFORMACIÓN QUE PUBLICAMOS NESTE BLOG).

Aquí tamén a Deputación de Ourense se "ofrece" a colaborar cos Concello rezagados no cumprimento desta lei, a través dun Convenio de Colaboración para usar "provisionalmente" a súa web provincial.

O portavoz socialista pregunta si xa se decidiu que persoa  se nomeará en representación do Concello, tal e como se exixe neste Convenio??

O Sr. Alcalde manifestou descoñecer esta publicación e polo tanto non hai decisión.

Engadimos que ademáis esa persoa tal e como exixe a convocatoria debe ser ratificada polo pleno,  cuestión que si se estivese o día a xestión municipal ben se podería ter traído xa a este Pleno.

A publicación deste Convenio e a súa apertura de prazo de adhesión foi o día 2 de outubro (e decir, días antes da celebración deste pleno) tal e como podedes ver no enlace seguinte, na súa páxina 2:

https://bop.depourense.es/portal/descargarPdf.do?numBoletin=227&fecha=20151002

SEGUIMOS A REMOLQUE NO CUMPRIMENTO DAS LEIS ESTATAIS ¡¡¡

Finalmente, preguntamos sobre o prazo final da prórroga para o remate das obras do Auditorio, xa que a data inicial do 30 de semtembro xa estaba finalizada.

O sr. Alcalde indicou "que hai unha nova prórroga para "toda a obra" e para "todas as subvencións" ata o día 31 de outubro".

DATA XA MOI CERCANA, E DE MOI DIFÍCIL CUMPRIMENTO, DEBIDO O ESTADO ACTUAL DAS OBRAS ¡¡¡

AGARDEMOS NOVAS INFORMACIÓNS SOBRE ESTE "DELICADO" ASUNTO.


SEGUIMOS FIEIS CO NOSO CUMPRIMENTO COA INFORMACIÓN¡¡¡

TRABALLAMOS POLA MELLORA DO NOSO CONCELLO ¡¡¡










viernes, 16 de octubre de 2015

Actividades no Concello na fin de semana do 17 e 17 de Outubro de 2015

Comenzando polo deporte, estes serán os encontros a disputar polos equipos representativos do Concello:


Dentro do fútbol rexional e de base:

A PEROXA C.F. - S.D. PIÑEIRA SECA: Domingo 18 as 16:30 no campo do Marco.

CRESPOS C.F. - A PEROXA C.F. "B"Domingo 18 as 16:30 no campo de Padrenda.

BOSCO C.F. - A PEROXA C.F. INFANTIL : Sàbado 17 as 11:30 no campo de Salesianos.

A PEROXA C.F. ALEVIN - E.D.C. VERIN "B": Sàbado 17 as 11:00 no campo do Marco.

A PEROXA C.F. BENXAMÍN - E.D.C. VERIN "B": Sàbado 17 as 11:00 no campo do Marco.

A PEROXA C.F. PREBENXAMIN - E.D.C. CELANOVA : Sabado 17 as 12:00 no campo do Marco. 


En canto a liga de veteranos:

ATL. PEROXA - MONKEY BAR: Domingo 18 as 11:30 no campo do Marco.

ALLARIZ - LLOVIZNA: Sàbado 17 as 18:00 no campo de Allariz.

LOÑOA - GADAFFI : Sàbado 17 as 16:30 no campo de Loñoa.


Na liga provincial de Fùtbol-Sala:

OS PEARES F.S. - GARABAS F.S.: Sàbado 17 as 19:00 no pabellón dos Peares.

Os compoñentes do PEROXA RUNNING participarán en algunha das probas que marca o calendario para esta fin de semana, que podes consultar no enlace seguinte:

http://www.correrengalicia.org/index.php?name=CPGNuCalendar


APOIA, PARTICIPA E DISFRUTA DAS NOSAS PROPOSTAS ¡¡¡


jueves, 15 de octubre de 2015

Revisión do IBI

Levouse a cabo foi uns meses unha revisión dos inmobles no Concello por parte dunha empresa privada, para actualizar datos do Catastro e lograr así completar unha revisión catastral.

Foron moitos os veciños e veciñas do concello que tiveron que regularizar a súa situación, por non ter comunicado antes, tal e como se debía, tanto altas novas como modificacións.

As noticias sobre este asunto que recollía a prensa eran entre outras como a seguinte:


Tal e como se recolle na noticia, o noso Concello da Peroxa està entre eles.

A publicación oficial a que se refire o artigo publicouse no BOE: ( o noso concello aparece na paxina 86931).


A noticia do artigo anterior do xornal La Voz de Galicia non contaba toda a verdade, xa que esta revisión seguramente vai ocasionar en prácticamente tódolos concellos un incremento importante tal e como se publica no artigo seguinte:


Sobre este asunto, onde dende algúns gobernantes municipais manifestan "erróneamente" que esto é unha revisión "obrigada" por facenda, temos que informar que segundo o extracto da acta do Pleno do mes de xullo pasado, esta solicitude foi feita por parte do concello e aprobada cos votos favorables dos membros do Partido Popular.

Indicar, unha vez máis, que na redacción da acta deste pleno neste asuntos, faltan por reflexar cuestións importantes que se deron no debate deste asunto, onde o noso portavoz manifestaba con datos que esta revisión iba supoñer un incremento neste imposto. 

Foi respondido polo Sr. Alcalde que en ningún momento o Concello solicitaba incremento, senón tan só revisión. 

Expuxémoslle que a revisión levaba implícita a alza, cuestión que manifestou descoñecer, pero que de todas formas o Concello da Peroxa tan solo manifestaba a súa petición de revisión, pero non de incremento.

O TEMPO DARÁ E QUITARÁ RAZÓNS ¡¡

Estas manifestacións e acordos non se reflicten na acta e polo tanto, segundo podedes comprobar o que se solicita é "incorporar ao catastro todos os bens inmobles omitidos qu estean inscritos de forma incorrecta ou incompleta no Catastro, de maneira que a tributación destes inmobles sexa a que lles corresponda conforme coa súa realidade inmobiliaria".....con este punto de acordo totalmente.

O asunto està no final do acordo..."COA FINALIDADE DE ASEGURAR A SÚA CONCORDANCIA COA REALIDADE".

Este é o extracto deste asunto:



NOS COMA SEMPRE......INFORMAMOS E ARGUMENTAMOS CON DATOS E DOCUMENTOS¡¡¡

PARA VÓS É O ANALISE E A REFLEXIÓN ¡¡¡


viernes, 9 de octubre de 2015

Actividades no Concello na fin de semana do 10,11 e 12 de outubro de 2015

Comenzando polo deporte, estes serán os encontros a disputar polos equipos representativos do Concello:

Dentro do fútbol rexional e de base:

S.D. MANCHICA - A PEROXA C.F.: Domingo 11 as 16:30 no campo da Manchica.

A PEROXA C.F. "B"- CASTRELO DE MIÑO C.F.: Sàbado 10 as 16:00 no campo do Marco.

A PEROXA C.F. "B"- CENLLE C.F.: Luns 12 as 17:00 no campo do Marco.

A PEROXA C.F. INFANTIL - ANTELA C.F. "B": Sàbado 10 as 10:30 no campo do Marco.

A PEROXA C.F. BENXAMÍN - POLIGONO C.F.: Sàbado 10 as 12:00 no campo do Marco.

A PEROXA C.F. PREBENXAMIN - E.D. OURENSE "B": Venres 9 as 18:30 no campo do Marco. 


En canto a liga de veteranos:

CAFE BAR TOP - ATL. PEROXA: Domingo 11 as 11:00 no campo de Loñoa.

LLOVIZNA - HOME MEDIC: Sàbado 10 as 18:00 no campo do Marco.

CEA - GADAFFI : Sàbado 10 as 16:30 no campo de Cea.


Comenzan tamén as ligas locais e provinciais de fútbol-sala, onde o equipo do noso Concello disputará o seguinte encontro:

OS PEARES F.S. - SPORTING MANZANEDA F.S.: Sàbado 10 as 19:00 no pabellón dos Peares.


Os compoñentes do PEROXA RUNNING participarán en algunha das probas que marca o calendario para esta fin de semana, que podes consultar no enlace seguinte:

http://www.correrengalicia.org/index.php?name=CPGNuCalendar


Tamén vos informamos que xa está aberto o prazo para inscribirse para a carreira do San Martiño 2015

http://www.correrengalicia.org/index.php?name=CPGNuCalendar&view=event&id=3984&date=20151115

Continuamos coas derradeiras festas no Concello......desta vez tócalle a unha das máis senlleiras e tradicionais, e que ano tras ano vai a máis en canto a programa e participación.

Trátase da Festa do Viño en Gulfariz, anunciando as súas actividades a travès do seguinte cartel:



A cea de mañá sábado anúnciase do seguinte xeito.....




QUEDADES AVISADOS¡¡¡¡

VÉMONOS EN GULFARIZ ¡¡¡


Finalmente, e a pesar que todavía é un evento programado para o vindeiro fin de semana, anunciamolo xa para que poidades facer as vosas inscripcións.

Tràtase dun evento a realizar no Castelo da Peroxa, dentro do calendario de actividades do Turismo da Ribeira Sacra.

Está enmarcado dentro do programa "Caìda da folla".

Màis información na seguinte web:

http://turismo.ribeirasacra.org/rs/index.php?option=com_content&view=article&id=543:ca%C3%ADda-da-folla&catid=11&Itemid=216&lang=es

E sobre o evento que se celebrará o sàbado 17 no noso Concello tes cumplida información e requisitos para a inscripción nos enlaces seguintes e tamén pinchando no apartado "CAÍDA DA FOLLA" do enlace anterior:

http://turismo.ribeirasacra.org/rs/images/cartelcfolla.pdf

http://turismo.ribeirasacra.org/rs/images/inscripcioncfolla.pdf

http://turismo.ribeirasacra.org/rs/index.php? option=com_chronoforms&chronoform=Incripcion&lang=es


ESTO É O QUE CHE PROPOÑEMOS PARA ESTA LONGA FIN DE SEMANA¡¡¡

SEGUIMOS SENDO FONTE DE INFORMACIÓN DE TODOS E PARA TOD@S¡¡¡

CUMPRINDO OS COMPROMISOS COA VECIÑANZA ¡¡¡





lunes, 5 de octubre de 2015

Pleno no Concello

Este martes días 6 as 20:30 celebraremos o Pleno Ordinario no Concello da Peroxa.

Un pleno que correspondería terse celebrado no mes de setembro tal e como se acordou para cumprir coa lexislación vixente.

Unha vez máis, os responsables municipais interpretan e acatan as leis "o seu xeito", non só neste asunto, senón en outros de vital importancia que agardemos non traian graves consecuencias para as arcas municipais.

A orde do día é a seguinte:



Unha vez máis as únicas cuestións e asuntos a tratar serán os propostos polos membros da nosa Agrupación Municipal a través do turno de Rogos e Preguntas.

Curioso o punto 2, onde se votará a ratificación deste pleno como "ordinario" por non terse celebrado nas datas acordadas tal e como se reflicte nos seguintes documentos, onde o propio Secretario do concello argumenta o acordo nada máis e nada menos que en 3 páxinas do pleno de organización tal e como podedes comprobar no extracto da acta:




Como ben poidestes comprobar, o acordo foi únicamente tomado polos concelleiros do Partido Popular co voto en contra dos nosos membros por considerar que estes argumentos e acordos non se axustan as leis.

Indicar tamén, que a pesar de non aparecer reflexado na acta do pleno (cuestion que ocorre habitualmente), e ante a nosa insistencia en que se cumpran os prazos e datas fixas para poder organizar e desenrolar a nosa labor eficientemente, o propio Sr. Alcalde se comprometía a avisarnos con unha semana de antelación a celebración dos plenos para poder presentar o que consideremos oportuno para a nosa labor....CUESTIÓN QUE NON FIXO¡¡¡¡..... É MÁIS, CONVOCOUSENOS NO LÍMITE DO PRAZO LEGAL.....O XOVES AS 14:00, DADO QUE SEGUNDO A NORMATIVA AO RESPECTO, DEBERÁN TRANSCURRIR DOUS DÍAS HÀBILES COMPLETOS ENTRE A CONVOCATORIA E O PLENO, NESTE CASO VENRES E LUNS ¡¡¡

ESTE É OUTRO EXEMPLO MÁIS DO QUE O SR. ALCALDE CONSIDERA COLABORACIÓN ¡¡¡¡ ESA QUE ÉL MESMO NOS SOLICITA CANDO ALGUNHA DAS SÚAS SITUACIÓNS ESTÁN NO "FÍO DA NAVALLA" LEGALMENTE FALANDO PARA ACOMETER DIVERSAS ACTUACIÓNS BENEFICIOSAS PARA A VECIÑANZA E ONDE SEMPRE NOS ATOPOU DISPOSTOS A COLABORAR E APOIAR O GRUPO DE GOBERNO E SEGUIRÁ ATOPANDO, FIEIS E CUMPRIDORES A NOSA PALABRA.....CUESTIÓN QUE POR PARTE DO GRUPO DE GOBERNO PARECEN INCAPACES DE CUMPRIR.

Rematamos informando e amosando algunhas das cuestións que plantexaremos o Pleno para o seu debate e aprobación, así como na búsqueda de respostas a asuntos cotiás.





SEGUIMOS CUMPRINDO CO NOSO COMPROMISO DE INFORMACIÓN E TRABALLO PARA TODA A VECIÑANZA DO CONCELLO ¡¡¡


viernes, 2 de octubre de 2015

Actividade no Concello na fin de semana do 3 e 4 de outubro de 2015

Comenzando polo deporte, estes serán os encontros a disputar polos equipos representativos do Concello:

Dentro do fútbol rexional e de base:

A PEROXA C.F. - S.D. NOGUEIRA: Domingo 4 as 18:00 no campo do Marco.

TOÉN F.S. - A PEROXA C.F. "B": Domingo 4 as 17:30 no campo de Toén.

A PEROXA C.F. INFANTIL - U.D. OURENSE "B": Sàbado 3 as 10:30 no campo do Marco.

A PEROXA C.F. ALEVÍN - PABELLÓN C.F. "B": Sàbado 3 as 12:00 no campo do Marco.

A PEROXA C.F. BENXAMÍN - PABELLÓN C.F. "B": Sàbado 3 as 12:00 no campo do Marco.

C.D. LA PURISIMA -  A PEROXA C.F. PREBENXAMIN: Domingo 4 as 11:30 no campo da Universidade. 


En canto a liga de veteranos:

ATL. PEROXA - A BOLA: Domingo 4 as 11:30 no campo do Marco.

CUNHA OLD BOYS - LLOVIZNA: Sàbado 3 as 16:30 no campo de Taboadela.

GRESANDE - GADAFFI : Sàbado 3 as 18:30 no campo de Lalín.


Os compoñentes do PEROXA RUNNING participarán en algunha das probas que marca o calendario para esta fin de semana, que podes consultar no enlace seguinte:

http://www.correrengalicia.org/index.php?name=CPGNuCalendar



Temos no eido festivo, unha das últimas festas da tempada na parroquia de Vilarrubin.

No seguinte cartel anuncianse as actividades diversas desta festa:



Podes tamén anotarte nas oficinas municipais (ata o luns día 5) a unha excursión a Lugo que se anuncia deste xeito:



Informamos tamén que mañà sábado día 3 celebrase a Feira mensual en San Ciprián.

Non busques información máis completa en ningún outro lugar.....aquí atopas todo e para tod@s ¡¡¡


PARTICIPA, APOIA E DISFRUTA DAS ACTIVIDADES PROPOSTAS ¡¡¡