Benvido a este teu lugar de información, consultas, aportacións e por suposto críticas.


Un grupo, un compromiso, unha idea, unha ilusión...

Poñemos o teu alcance unha ferramenta necesaria para coñecer toda a información sobre o noso Concello: actuacións, acordos, propostas, necesidades, acontecementos.... e tamén lugar para opinar libremente a través dos teus comentarios.

Esperamos as túas aportacións.

jueves, 17 de diciembre de 2015

Actividade no Concello na fin de semana do 19 e 20 de decembro de 2015

Comenzando polo deporte, estes serán os encontros a disputar polos equipos representativos do Concello:


Dentro do fútbol rexional e de base:

A PEROXA C.F. - ANTELA C.F.:  Domingo 20 as 16:00 no campo do Marco.

A PEROXA C.F. "B" - TOEN F.S.: Domingo 20 as 18:00 no campo do Marco.

A PEROXA C.F. INFANTIL - E.D. OURENSE: Sàbado 19 as 10:30 no campo do Marco.

PABELLÓN C.F. "B" - A PEROXA C.F. ALEVIN: Sàbado 19 as 11:40 no campo dos Remedios.

A PEROXA C.F. BENXAMÍN - C.D. LA PURISIMA: Sàbado19 as 12:15 no campo do Marco.

STA. TERESITA "B" - A PEROXA C.F. BENXAMIN: Luns 21 as 17:00 no campo de Eiroás.

A PEROXA C.F. PREBENXAMIN - PABELLÓN PROM.: Sàbado 19 as 12:15 no campo do Marco.


En canto a liga de veteranos:

BENTRACES - LLOVIZNA: Sàbado 19 as 18:00 no campo de Allariz.

GADAFFI  - TABOADELA: Sàbado 19 as 16:00 no campo do Marco.


Na liga provincial de fùtbol sala:

OS PEARES F.S. - DACÓN F.S.: Sàbado 19 as 20:15 no pabellón dos Peares


Os compoñentes do PEROXA RUNNING participarán en algunha das probas que marca o calendario para esta fin de semana, que podes consultar no enlace seguinte:

http://www.correrengalicia.org/index.php?name=CPGNuCalendar

Por estar xa moi preto das festas de nadal, voltamos a publicar as actividades programadas polo Concello:


Tamén, como é de costume, os locais de hostelería propñen os seus eventos e festas nestes vindeiros días, anunciamos a seguinte:


APOIA, PARTICIPA E DISFRUTA DOS EVENTOS PROPOSTOS ¡¡¡


viernes, 11 de diciembre de 2015

Actividade no Concello na fin de semana do 12 e 13 de decembro de 2015......e programación Nadal ¡¡¡

Comenzamos polo mundo deportivo, onde os encontros dos equipos representativos do Concello da Peroxa disputarán os encontros seguintes:
 
 Dentro do fútbol rexional e de base:
 
SP. CELANOVA - A PEROXA C.F.: Domingo 13 as 16:00 no campo de Celanova.
 
CENLLE C.F. - A PEROXA C.F. "B": Domingo 13 as 16:00 no campo de Cenlle.
 
E.D.C. BARBADÁS "B"-A PEROXA CF INFANTIL: Sàbado 12 as 12:00 campo da Valenzá.
 
A PEROXA C.F. ALEVIN - E.D.C. BARBADÁS "C": Sàbado 12 as 11:30 no campo do Marco.

C.D. VELLE - A PEROXA C.F. BENXAMIN: Sàbado 12 as 10:30 no campo de Velle.
 
A PEROXA C.F. PREBENXAMIN - E.D.C. BARBADÀS: Sàbado 12 as 11:30 no campo do Marco.
 
 
Na competición de veteráns:
 
PARRILLA - ATL. PEROXA: Domingo 13 as 11:00 no campo de Maside.
 
LLOVIZNA - CORTINAS M. PEREZ: Sàbado 12 as 16:00 no campo do Marco.
 
AMIGOS OURENSE - GADAFFI: Sàbado 12 as 16:00 no campo de Loñoà.
 
 
No Futbol-Sala:
 
HNOS. CARRAL - OS PEARES F.S.: Sàbado 12 as 20:00 no pabellón Anexo do Carballiño.
 
 
Os representantes do Atletismo, o PEROXA RUNNING, disputarán algúns dos seus membros probas que marca o calendario para esta fin de semana:
 
http://www.correrengalicia.org/index.php?name=CPGNuCalendar


Lembramos tamén, para os amantes da boa gastronomía que mañá Sabado día 12 haberá Feira na Peroxa.

Ante a proximidade das festas de Nadal e Reis publicamos xa o que será a programación e actividades que se realizaran no noso Concello da Peroxa.

Na seguinte imaxe as actividades propostas:


Ao igual que no ano anterior, no Concurso de Fotografia o anuncio e as bases serán as seguintes:




Aquí máis completas:


NON TE ESQUEZAS DE PARTICIPAR NA CAMPAÑA DE RECOLLIDA DE ALIMENTOS


POLA PROXIMIDADE E POLA VARIADA PROGRAMACIÓN TAMÉN VOS DEIXAMOS ALGUNHAS DAS ACTIVIDADES DO CONCELLO DE COLES:

http://www.concellodecoles.com/noticias.asp?sec=5&id=131#.VmASCXYvfGg


APOIA, PARTICIPA E DISFRUTA DAS ACTIVIDADES QUE CHE PROPOÑEMOS  ¡¡¡


jueves, 10 de diciembre de 2015

Hoxe é o día que todo debía cambiar.....pero todo segue igual ¡¡¡

Hoxe todos os cidadáns e os representantes pùblicos tiñamos marcado no calendario este día como o gran día onde as administracións locais se abrían por fin a sociedade e facían pùblicos os seus datos importantes e que a veciñanza necesita coñecer para valorar as súas xestións.

Hoxe dìa 10 de decembro entra, despois dun periodo de carencia, en vigor a famosa e tan usada últimamente polos nosos políticos, LEY DE TRANSPARENCIA, nas Administracións Locais. polo tanto tamén no noso Concello da Peroxa.

www.boe.es/boe/dias/2013/12/10/pdfs/BOE-A-2013-12887.pdf

Unha cuestión pola que os concelleiros socialistas levamos tempo loitando pola súa implantación, e sobre todo cumplimento no noso concello, onde as trabas para o acceso a información foron continuas por parte do grupo de goberno, mesmo con queixas trasladadas o propio Valedor do Pobo, tal e como se recollía na prensa local:

http://www.farodevigo.es/portada-ourense/2014/06/13/psoe-lleva-valedor-do-pobo/1041220.html

http://www.ourensedixital.com/_novas/14/06/13_07.htm

Foron moitas as propostas que levamos os Plenos do concello para exixir a súa posta en marcha coa antelación suficiente que marcaba a Lei para non ter que chegar a "apuros de última hora" como parece que está ocurrindo.

Recentemente, mesmo no pleno de outubro, voltamos a preguntar pola implementación destes requisitos que a Lei marcaba:



CLARAMENTE, O SR. ALCALDE RECOÑECÍA E SE COMPROMETÍA, COMO NON PODÍA SER DOUTRO XEITO....."A NORMATIVA HABERÁ QUE CUMPLILA".


Tamén no derradeiro pleno de novembro presentamos unha moción ao respecto, que foi aprobada por unanimidade e da cal damos conta, co extracto da acta do pleno:


AQUÍ NESTE PUNTO DO PLENO, O SR. CONCELLEIRO GONZALEZ BLANCO, INDICABA QUE "XA SE SUBIRAN DOCUMENTOS A PÀXINA WEB DO CONCELLO PARA COÑECEMENTO PÚBLICO"......

TODOS PODEDES COMPROBAR QUE AINDA HOXE NON HAI NINGÚN DOCUMENTO PUBLICADO NA CITADA WEB, TAN E COMO OBRIGA A LEI:

http://aperoxa.sedelectronica.es/?x=fkId4ZHRoMx8KLVwwo9FS93YcQTRS*TN6kJ6hXX4AtfsBdnaG9jbcAg6q-pL1NoVoP31AaI13ocyj0rv0FDddcUBChfkN3mAdCfjsq2*zK9uuVUJFYDVhA

 TAMÉN INDICABA QUE "A INTENCIÓN E DE CUMPRIR A LEI CANDO SE POIDA" ¡¡¡


AS LEIS NON FUNCIONAN CON INTENCIÓNS ¡¡¡


HAI QUE CUMPLILAS E NOS PRAZOS QUE SE INDICAN ¡¡

A ADMINISTRACIÓN NON FUNCIONA ASÍ ¡¡¡

.....E A XUSTIZA TAMPOUCO¡¡¡¡

O INCUMPRIMENTO A SABIENDAS DE CALQUER LEI, NO ÀMBITO XUDICIAL TEN UN NOME: PREVARICACIÓN ¡¡¡¡

AGARDEMOS QUE SE RECAPACITE SOBRE ESAS MANIFESTACIÓNS E CADA UN CUMPLA COAS FUNCIÓNS PARA AS QUE FOI ELEXIDO.

Tamén nese mesmo Pleno se falou dunha posible adhesión o Convenio que a Deputación de Ourense ofrece os Concellos para o cumprimento desta Lei, pero polo que vemos tampouco o noso Concello da Peroxa aparece entre os concellos que se suscribiron:

http://www.depourense.es/index.php/indicadores-de-transparencia-ga

POLO QUE VEMOS TAMÉN NESTE ENLACE DA DEPUTACIÓN, TAN SÓ APARECEN OS NOMES DOS CONCELLOS PERO NON HAI ACCESO A INFORMACIÓN QUE DENDE HOXE É DE OBRIGATORIO CUMPLIMENTO.


SERÁ DE NOVO OUTRO NAVALLAZO AO FAMOSO "CÒDIGO ÉTICO" DA DEPUTACIÓN E O SEU PRESIDENTE, QUE INCUMPLEN CANDO LLES INTERESA ??


QUEDAMOS POLO TANTO, NO DÍA DE HOXE, A ESPERA QUE ESTAS PUBLICACIÓNS OBRIGATORIAS VEXAN POR FIN A LUZ TAL E COMO OBRIGA A LEI.

EN CASO CONTRARIO, EXIXIREMOS MEDIDAS LEGAIS PARA O SEU CUMPRIMENTO ¡¡¡



ASÌ FUNCIONA O CONCELLO NO QUE VIVES ¡¡¡


SEGUIREMOS SENDO FONTE DE INFORMACIÓN DE TOD@S E PARA TOD@S¡¡¡




jueves, 3 de diciembre de 2015

Actividade no Concello na fin de semana do 5, 6 e 8 de decembro de 2015

Comenzando polo deporte, estes serán os encontros a disputar polos equipos representativos do Concello:


Dentro do fútbol rexional e de base:

A PEROXA C.F. - S.D. VALENZÀ:  Domingo 6 as 16:00 no campo do Marco.

A PEROXA C.F. "B" - OUTOMURO C.F.; Sàbado 5 as 18:00 no campo do Marco.

C.D. LA PURISIMA - A PEROXA C.F. ALEVIN: Domingo 6 as 12:30 no campo da Universidade.

RIBEIRO C.F. - A PEROXA C.F. BENXAMÍN: Sàbado 5 as 17:00 no campo do Ribeiro.

A PEROXA C.F. BENXAMIN - ANTELA C.F. "B": Martes 8 as 11:00 no campo do Marco.

ANTELA C.F. "B" - A PEROXA C.F. PREBENXAMIN: Probablemente o Martes 8 pola mañá.


En canto a liga de veteranos:

MACABI DE LEVANTAR - ATL. PEROXA: Domingo 6 as 11:30 no campo de Bande.

MASIDE - LLOVIZNA: Domingo 6 as 11:00 no campo de Maside.

GADAFFI  - LEGARIA: Sàbado 5 as 16:00 no campo do Marco.


Os compoñentes do PEROXA RUNNING participarán en algunha das probas que marca o calendario para esta fin de semana, que podes consultar no enlace seguinte:

http://www.correrengalicia.org/index.php?name=CPGNuCalendar

Tamén engadimos as citas habituais unha quedada para os aficionados o mundo da bici de montaña, xa que o Sàbado as 15:00 sairán para recoñecer o terreo para a celebración dunha posible proba no noso Concello o domingo 13.

APOIA, PARTICIPA E DISFRUTA DAS ACTIVIDADES QUE CHE PROPOÑEMOS ¡¡¡