Benvido a este teu lugar de información, consultas, aportacións e por suposto críticas.


Un grupo, un compromiso, unha idea, unha ilusión...

Poñemos o teu alcance unha ferramenta necesaria para coñecer toda a información sobre o noso Concello: actuacións, acordos, propostas, necesidades, acontecementos.... e tamén lugar para opinar libremente a través dos teus comentarios.

Esperamos as túas aportacións.

viernes, 26 de junio de 2015

Actividades no Concello na fin de semana do 27 e 28 de xuño de 2015

Fin de semana de escasas alternativas de deporte ou de ocio que afecten ao noso Concello.

Destacamos un evento histórico, que dende fai poucos anos se volveu a recuperar dentro do programa das Festas de Ourense, como é o Descenso do Miño en piragua, con saída de novo dendo Os Peares este sábado pola tarde as 17:00

Esta é a noticia na prensa;

http://www.farodevigo.es/deportes/ourense/2015/06/26/descenso-do-mino-reune-40/1267032.html


E este o cartel que anuncia o evento:



Continuando coa actividade deportiva indicar as probas que marca o calendario para esta fin de semana no mundo do atletismo, coa participación ben seguro dalgún dos membros do PEROXA RUNNING:

http://www.correrengalicia.org/index.php?name=CPGNuCalendar


Non podemos deixar pasar a ocasión de felicitar o atleta do noso Concello Javier Rodriguez polo espectacular resultado a pasada fin de semana na proba de montaña do Cañón do Sil, con un meritorio segundo posto na súa categoría....NORABOA¡¡¡



Na axenda cultural e festiva, teremos que buscar alternativas noutros lugares para disfrutar das festas populares que se celebran moi cerca.


APOIA, PARTICIPA E DISFRUTA DOS NOSOS EVENTOS ¡¡¡

SEGUIMOS SENDO FONTE DE INFORMACIÓN ¡¡¡

jueves, 18 de junio de 2015

Actividades na fin de semana do 20 e 21 de xuño de 2015

No que se refire as competicións deportivas, estamos diante do remate das competicións oficiais para os únicos representantes que quedan todavía en activo.

Destacar que esta fin de semana celebránse no Pabellón dos Peares as Fases Finais das Copas Deputación 2015 de Futbol-sala, tanto na categoría femenina como masculina, cos seguintes horarios:

Na tarde do sábado: 

CATEGORÍA FEMENINA:

16:00 EDC CELANOVA - CARBALLIÑO FS PAZO TIZÓN
20:30 AMOEIRO FSF - CIDADE DE OURENSE CF

CATEGORÍA MASCULINA:

17:30 A GUDIÑA FS - HNOS. CARRAL
19:00 OS PEARES FS - SPORTING MANZANEDA FS


Tamén se remata a tempada futbolística co Torneo organizado polo A PEROXA CF. na mañà do sábado 20 no campo do Marco cos seguintes encontros, equipos e horarios:




Os compoñentes do PEROXA RUNNING participaràn en algunhas das probas que marca o calendario para este fin de semana, que podedes consultar no enlace seguinte:


Neste eventos destacamos a seguinte proba (Cañòn do Sil) con participación dalgún dos atletas máis destacados no noso concello, e que en edicións anteriores acadou meritorios postos clasificatorios no podium desta proba.

Màis información:


Este é o cartel da proba onde agardemos de novo, bos resultados dos nosos representantes:



Pasamos agora a axenda cultural e festiva, onde unha semana máis dende o BAR1984 nos ofrecen un expectacular evento para os máis cativos que non deberían perderse.

Este é o acto anunciado co seu cartel:


Tamén queremos informar, xa que son moitos os nenos e nenas do Concello da Peroxa que están a participar nas escolas de música do veciño Concello de Coles, que este sábado día 20 pola tarde, a partir das 19:00 terán a exhibición final deste curso que remata no Auditorio de Coles (Cambeo).

Invitamos a todos a seguir e apoiar a estes xóvenes e talentosos músicos de futuro.

Enlace a noticia do evento:



PARTICIPA E DISFRUTA DOS EVENTOS E ACTIVIDADES PROPOSTOS ¡¡¡


SEGUIREMOS SENDO FONTE DE INFORMACIÓN ¡¡¡


martes, 16 de junio de 2015

Resumo dos recentes plenos celebrados no concello.

Na semana que remata, tivemos dous plenos estipulados legalmente que poñían fin a corporación 2011-2015 e daban constitución a nova 2015-2019.

No Pleno Extraordinario onde se daba por finalizada a lexislatura pasada, celebrouse o mércores 10 de xuño con un único punto na orde do día: "Aprobación da Acta anterior" (correspondente o que fora o debate de orzamentos 2015).

Neste punto, unha vez máis tivemos que votar en contra polos seguinte motivos que expoñemos:

1º- Consideramos unha auténtica burla que o Sr. Secretario lexos de facer a súa función de tomar nota e reflexalo na acta do que acontece e se debate no pleno se dedique agora a xogar a "psicólogo ou analista" e sexa capaz de entrar a valorar o xeito en que o noso portavoz socialista se expresa no pleno( recollendo literalmente na acta e calificándoo de "mal encarado").
Un xeito de expresarse provocado pola completa falta de información sobre asuntos relacionados cos orzamentos 2015 que xa analizamos noutro artigo deste blog, e ante as frases despectivas por parte do Secretario (que precisamente non recolle na acta) tratando de culpar os demàis dos seus descoñecementos sobre asuntos importantes.

2º- Non podemos seguir consentindo que sexa o Secretario o que tome parte nos debates políticos co noso portavoz socialista, cando debería ser o Sr. Alcalde como portavoz do seu grupo político.
As función do Secretario non son esas.

3º- Enlazando cos argumentos do punto anterior, e tendo en conta o que xa comentamos sobre a dudosa legalidade deste acordo do Pleno anterior, indicamos que SÎ están entre as súas funcións as de informar correctamente tanto o Alcalde como os concelleiros das posibles responsabilidades tanto administrativas como penais nos acordos tomados e aprobados neste pleno que tal e como agora sí recolle na acta...."DURANTE EL PERIODO QUE VA ENTRE EL 23 DE MAYO AL 13 DE JUNIO, AL AYUNTAMIENTO NO DEBERÍA CELEBRAR SESIÓN PLENARIA PARA APROBAR EL PRESUPUESTO MUNICIPAL...."

POLO TANTO CONFIRMANSE AS NOSAS SOSPEITAS SOBRE A DUDOSA LEGALIDADE DA CELEBRACIÓN DESTE PLENO E DOS ACORDOS  TOMADOS.

POLO TANTO, O GRUPO DE GOBERNO TERÁ QUE ASUMIR AS POSIBLES RESPONSABILIDADES DO ACORDADO NESTE PLENO CANDO DEBERÍAN SER CONSCIENTES DA SITUACIÓN QUE SE ESTABA A PRODUCIR.

NON SIRVEN POLO TANTO OS INCONGRUENTES ARGUMENTOS POR PARTE DO SR. ALCALDE QUE ALEGABA QUE ERA POR CUESTIÓNS DE TEMPO PARA TEMA DE SUBVENCIÓNS, QUE TIÑAN QUE APROBAR O "ANTES POSIBLE" OS ORZAMENTOS PARA NON PERDER OS CARTOS DE SUBVENCIÓNS OBTIDAS POLO CONCELLO.

RECORDAMOSLLE QUE O PRAZO PARA APROBAR OS ORZAMENTOS É NO ÚLTIMO TRIMESTRE DE CADA ANO.....POLO TANTO ESTA DISCULPA NON TEN SENTIDO ALGÚN CANDO LEVA MÁIS DE 6 MESES DE RETRASO....POR CERTO, COMO HABITUALMENTE FAI CADA ANO ¡¡¡

EN CANTO O TEMA DAS POSIBLES SUBVENCIÓNS, TAMPOUCO SE SOSTÈN COMO ARGUMENTO CANDO DURANTE TODO O ANO 2014 SE CELEBRARON POLOS MANDATARIOS DO CONCELLO INFINIDADE DE XUNTAS DE GOBERNO LOCAL SOBRE ESTE TEMA, CON DIVERSOS E DIFERENTES ACORDOS.

Finalizamos este pleno coa agradecemento por parte tanto do equipo de goberno como da nosa Agrupación Municipal Socialista aos concelleiros que traballaron polo Concello nestes últimos 4 anos como foron por parte Socialista JOSE ARTEMIO IGLESIAS e por parte Popular ODILO LÓPEZ,  e mención especial a unha persoa que traballou durante moitos anos en diferentes corporacións como foi JOSE OMAR BOUZO, a todos eles GRACIAS ¡¡¡



O sàbado día 13 as 12:00 tamén tivemos o pleno de constitución da nova corporación municipal onde se ratificou en votación por parte de tódolos concelleiros (con 7 votos dos concelleiros populares) a alcaldía para os vindeiros catros anos para MANUEL SEOANE, 


SEGUIMOS CUMPRINDO CO NOSO COMPROMISO COA INFORMACIÓN ¡¡¡






jueves, 11 de junio de 2015

Actividades de interés no Concello na fin de semana do 13 e 14 de xuño de 2015

No que se refire as competicións oficiais dos nosos equipos reprensentativos tan só un ten xornada.

Serà o equipo de PEARES FUTBOL SALA, que disputará a eliminatoria de Cuartos de Final o Sàbado 13 as 21:00 no Pabellón dos Remedios diante do SD OS ESCORNABOIS.


Tamén os compoñentes do PEROXA RUNNING se desprazaràn a algunha das probas que marca o calendario para este fin de semana que podedes consultar no enlace seguinte...

http://www.correrengalicia.org/index.php?name=CPGNuCalendar


Tamén hai que destacar outro evento importante, que un ano máis discurrirá polas estradas do noso Concello, como será o paso do Rallye de Ourense 2015, con pasadas polo tramo A PEROXA as 17:20 e as 20:00.

Toda a información no seguinte enlace:

www.rallyeourense.eu/rallye.aspx?id=322&ed=48

DESEXAMOS QUE DISFRUTEDES DO PASO DO RALLY PERO EXTREMANDO A SEGURIDADE PARA EVITAR SUSTOS INNECESARIOS.


Tamèn continúan as nosas festas populares, desta vez en Mirallos, anunciadas a través do seguinte cartel:



Tamén informamos a veciñanza que na maña do sábado 13 as 12:00 no salón de plenos do Concello da Peroxa, constituirase a nova corporación para a vindeira lexislatura.

Por supostos, non vos esquezades que este sábado temos feira na Peroxa......un bó plan.....pulpo, carne......e rallye ¡¡¡


PARTICIPA E DISFRUTA DOS EVENTOS QUE CHE PROPOÑEMOS ¡¡¡


SEGUIMOS CUMPRINDO O NOSO COMPROMISO COA INFORMACIÓN ¡¡

viernes, 5 de junio de 2015

Actividade no Concello para o fin de semana do 6 e 7 de xuño de 2015

As competicións deportivas están chegando o seu remate, polo que tan só queda en competición oficial un equipo representativo do concello, co seguinte encontro:

OS PEARES FS - ESPIÑOS FS: Sàbado 6 as 18:00 no pabellón dos Peares eliminatoria da Copa Deputación 2015

Tamén o equipo Benxamin do A PEROXA C.F. participará no Torneo Serviocio este sábado día 6 no Campo de Eiroás, cos seguintes encontros que marca o cadro de partidos seguinte...



No atletismo, algúns dos representantes dos PEROXA RUNNING participará nas probas que marca o calendario para este fin de semana:

http://www.correrengalicia.org/index.php?name=CPGNuCalendar



APOIA E DISFRUTA DO NOSO DEPORTE ¡¡¡



martes, 2 de junio de 2015

Resumo Pleno Orzamentos 2015

O noso compromiso coa información sobre o noso Concello continúa intacta, e aquí estamos de novo para resumir o que foi a celebración do Pleno Extraordinario do pasado 28 de maio, con un único punto na orde do día:

ORZAMENTO MUNICIPAL 2015

Resulta curioso que se nos convoque para este pleno o día seguinte da celebración das eleccións municipais.....segundo a versión dada polo Sr. Alcalde porque foi o día que chegou o acordo dunha subvención que estaba agardando dende principios de ano.....QUÈ CASUALIDADE¡¡¡

No comenzo do Pleno, como xa fixemos en algún outro lugar, como tamén persoalmente, por parte do noso portavoz, en nome dos membros da Agrupación Municipal Socialista felicitamos públicamente os membros do Partido Popular polo seu resultado electoral.

A continuación, o Secretario do Concello da lectura a súa versión e cuestións legais sobre a celebración deste "Pleno Extraordinario", xustificando e argumentando os motivos da súa celebración.

Por parte da nosa Agrupación Socialista no Concello, escoitamos con interés as súas explicacións que unha vez máis estiveron "aderezadas" con multitude de citas e referencias a moitos preceptos legales cos que trataba de xustificar a "legalidade" dos acordos que se iban a tomar neste pleno.

Como temos e tivemos antecedentes e motivos suficientes como para non conformarnos coas súas explicacións, fixemos as consultas pertinentes sobre as posibles "irregularidades" sobre a celebración nestas datas (goberno en funcións) deste pleno e os seus respectivos acordos, nos remitiron ao Artigo 39.2 do Real Decreto 2586/1986, de 28 de novembro, polo que se aproba o Regulamento de Organización, Funcionamento e Rèxime Xurídicos das Entidades Locais que segundo a imaxe seguinte ven a decir o seguinte....



POLO TANTO, ENTENDEMOS QUE NON È LEGAL XA QUE A APROBACIÓN DO ORZAMENTO NON É ADMINISTRACIÓN ORDINARIA.

CONSULTAREMOS OS SERVIZOS XURÍDICOS, ASÍ COMO AGARDAREMOS A ACTA DESTE PLENO, PARA COMPROBAR OS PRECEPTOS LEGAIS NOS QUE SE "AMPAROU" O SR. SECRETARIO, PARA POSTERIORMENTE, SÍ É O CASO......ACTUAR DIANTE DA XURISDICCIÓN CONTENCIOSO-ADMINISTRATIVA.

Posteriormente comenzou o debate sobre o punto que trataba dos orzamentos, onde unha vez máis o Sr. Alcalde se mantiña o marxe como si non fora o asunto con él, e era o Secretario quen expoñìa os datos económicos o resto de concelleiros, así como ser a persoa que, unha vez máis con moi pouco acerto....E NULA IMPARCIALIDADE, trataba de respostar as nosas cuestións, ignoradas polo Sr. Alcalde, xa que segundo él os orzamentos eran "tècnicos" e non "políticos", polas datas nas que nos atopàbamos.....¿?

Comenzamos por preguntar, xa que estaba relacionado con temas de persoal, e a raíz de que nunha recente resolución se lle denegaba axuda económica o Concello para os gastos da Axente de Emprego e Desarrollo Local para o exercicio 2014, motivo polo cal preguntamos si o Concello se facía cargo integramente das súas retribucións.

Neste caso se nos respostou que o exercicio anterior 2014 se lle pagaba coa subvención do ano 2013¡¡

A resposta non ten nin pès nin cabeza, pretenden unha vez máis facernos ver cousas diferentes as que por sorte de fan públicas a través dos diversos boletíns oficiais.

No seguinte enlace veredes a convocatoria de subvencións.....PARA O EXERCICIO 2014:

http://www.xunta.es/dog/Publicados/2014/20140721/AnuncioCA05-110714-0005_gl.pdf

¿ALGÚN DUBIDA QUE INDICA CLARAMENTE......EXERCICIO 2014?

Posteriormente, publicouse a resolución onde o noso Concello non percibía axuda ningunha, a pesar de estar todo o ano 2014 nas oficinas municipais, motivo polo cal todavía agardaremos a ver expedientes e facturas para saber quen se fixo cargos deses gastos, xa que ninguén nos quixo respostar coherentemente....

A citada resolución:

http://www.xunta.es/dog/Publicados/2015/20150408/AnuncioCA05-270315-0013_gl.pdf

Para entrar un pouco máis en detalle sobre os Orzamentos 2015 analizamos as seguintes cuestións:

-- Observamos que na Liquidación do ano 2014 no apartado de Taxas, Preciós Pùblicos e Outros Ingresos se recaudaron 106.850€, e para este vindeiro exercion de preven ingresar 115.000€....polo tanto preguntámonos donde vai a estar este incremento??

-- Chama poderosamente a atención o incremento no orzamento municipal con respecto o exercicio anterior de case medio millón de euros¡¡¡, que segundo o consultado irá destinado ese incremento no apartado de inversións a MÍTICA obra da Praza do Concello.

Agardemos que desta vez, por fin, sexa a definitiva, nunha obra que como xa temos indicado vai superar o millón de euros e onde o seu estado actual non fai reflexo do ahí investido ata o de agora, con un Plan E incluído e do cal todavía non temos a resposta de porquè está todavía sen uso a Biblioteca (que foi para o que se orzamentaron máis de 300.000€),

Esta obra xa se anunciou o seu remate para o ano 2088, logo para o 2011 e agora no 2015 esperamos poder creelo.

Recentemente, publicouse na prensa un interesante artigo sobre este asunto:

ccaa.elpais.com/ccaa/2015/05/09/galicia/1431189813_044081.html

-- No estado de Gastos 2015 na súa páxina 2, atopamos 20.100€ para Retribucións de Persoal para Centros Docentes....preguntamos a quén pertence esa retribución e non obtivemos resposta concreta, divagaron sobre diferentes cuestións e cambios nas denominacións dos orzamentos pero a resposta non foi dada.

E DIFÍCIL DE ENTENDER COMO NON SE SABE DAR RESPOSTA A SIMPLES PREGUNTAS SOBRE CUESTIÓNS RECOLLIDAS NOS ORZAMENTOS POLAS PROPIAS PERSOAS QUE OS ELABORAN......¡¡¡¡NAS MÁNS DE QUEN ESTAMOS¡¡¡

Tamén neste mesmo punto, preguntamos a quen se destinan 6.100€ para Persoal para Promoción de Fomento do Deporte.......A RESPOSTA FOI A MESMA.....NIN IDEA ¡¡¡

-- Tamén debemos indicar, que o Sr. Alcalde en numerosas ocasións ao longo da pasada lexislatura sempre indicou que NUNCA lle pasaron os membros do goberno ningún cargo ao Concello.
¿Entonces porquè se orzamentan 10.000€ en Dietas?

-- Lamentamos tamén que unha vez máis teñamos que leer e releer a información, documentos e datos, neste caso dos orzamentos para atopar unha resposta a unha cuestión plantexada por escrito nas oficinas do Concello, e logo de meses sin resposta, atopámola na "letra pequena" dos orzamentos, onde se indica que con data do 30 de xuño de 2015 se adaptara (e reducirà) o soldo do Alcalde para adaptalo a nova normativa que limita os soldos tal e como solicitamos en reiteradas ocasións ¡¡¡

-- Novamente, volvendo o apartado de persoal, atopámonos con respecto ao exercicio anterior, coa creación de 2 novos postos de traballo dependentes do Concello, cando por lei está prohibido.

Son un para Monitor Deportivo e outro de Oficial de Servicios Varios, os dous aparecen como vacantes pero sí teñen aportación económica municipal.

Tanto o Sr. Alcalde como o Secretario, unha vez máis, non son quen de dar unha reposta coherente....primeiro alegan a cuestións de orzamento, despois si será o monitor de ximnasia e o peón de obras. NON É NINGÚN DOS NOMEADOS POLO QUE QUEDAMOS A ESPERA DUNHA RESPOSTA SOBRE ESTA CUESTIÓN ¡¡¡

-- Tamén fixemos no pleno a seguinte reflexión.....

È CURIOSO QUE LOGO DAS RECENTES PUBLICACIÓNS NEGANDO O QUE REFLEXABAN OS PAPEIS EN CANDO AO APARTADO DE SUBVENCIÓNS, VEMOS COMO ESTE ANO, DESAPARECE COMO BENEFICIARIO O MOTOCLUBE A PEROXA, E POLA CONTRA, SE INCLÚE A ESCUDERÍA OURENSE A QUE SE LLE ADXUDICAN 3.000€¡¡¡

PREGUNTAMOS SOBRE ESTE ASUNTO E O ALCALDE RESPOSTA QUE È PARA PAGAR O PASO DO RALLY POLO NOSO CONCELLO.

NESTE PUNTO, E GUIÁNDONOS POLA ORDENANZA DO CONCELLO POLA QUE SE REGULA A CONCESIÓN DE SUBVENCIÓNS VEMOS COMO NO SEU ARTIGO 7, ESTABLECENSE, ENTRE OUTROS REQUISITOS...."QUE A SEDE SOCIAL SE ATOPE NA PEROXA" .....POLO TANTO, TENDO EN CONTA QUE A SEDE DA ESCUDERÍA OURENSE ESTÁ NO PARQUE DE SAN LÁZARO Nº 3 DE OURENSE.......¿CÒMO SE XUSTIFICA ESTA SUBVENCIÓN?

A DANTESCA RESPOSTA DO ALCALDE FOI......"POIS A ORDENANZA ESA TEN UNHA FALTA" ¡¡¡¡........LAMENTABLE......INSULTANTE......E TOTALMENTE IRREGULAR ¡¡¡¡

Nas seguintes imaxes as mostras e documentos da nosa apreciación....




Finalizamos o debate....ou máis ben as preguntas sin resposta......manifestando que nos parece increíble que os responsables tanto das oficinas municipais como por parte do goberno municipal non sexan capaces de respostar a simples e sinxelas preguntas sobre uns orzamentos 2015 feitos por vostedes mesmos.

Noutros Concellos temos visto a través da prensa como dende a oposición sempre se argumenta para non votar a favor que non son uns orzamentos realistas..... que non son sociais...... que hai moito gasto en persoal,.....que hai poucos cartos para inversións......que hai moito gasto corrente.......

PERO NOS VÀMOS A QUEDARNOS DESTA VEZ CON OUTRO DOS ARGUMENTOS HABITUAIS QUE É QUE "SON UN CORTA E PEGA DE ANOS ANTERIORES", E PARA DEMOSTRALO LITERALMENTE AMOSAMOS COMO NAS IMAXES POSTERIORES DOS ÚLTIMOS 3 EXERCICIOS NON FORON QUEN NIN DE CAMBIAR O ENCABEZAMENTO NO MESMO DOCUMENTO ¡¡¡ (Fala de exercicio 2013)




POLO TANTO, O NOSO VOTO EN CONTRA NON É POR NINGÚN DOS MOTIVOS ANTES INDICADOS......È SIMPLEMENTE PORQUE ESTES ORZAMENTOS NON SON OS QUE O CONCELLO DA PEROXA NECESITA.

SEGUIMOS SENDO FONTE DE INFORMACIÓN.

ESTA É A REALIDADE DO TEU CONCELLO.

SEGUIREMOS TRABALLANDO POLA MELLORA DO NOSO CONCELLO.