Benvido a este teu lugar de información, consultas, aportacións e por suposto críticas.


Un grupo, un compromiso, unha idea, unha ilusión...

Poñemos o teu alcance unha ferramenta necesaria para coñecer toda a información sobre o noso Concello: actuacións, acordos, propostas, necesidades, acontecementos.... e tamén lugar para opinar libremente a través dos teus comentarios.

Esperamos as túas aportacións.

jueves, 17 de diciembre de 2015

Actividade no Concello na fin de semana do 19 e 20 de decembro de 2015

Comenzando polo deporte, estes serán os encontros a disputar polos equipos representativos do Concello:


Dentro do fútbol rexional e de base:

A PEROXA C.F. - ANTELA C.F.:  Domingo 20 as 16:00 no campo do Marco.

A PEROXA C.F. "B" - TOEN F.S.: Domingo 20 as 18:00 no campo do Marco.

A PEROXA C.F. INFANTIL - E.D. OURENSE: Sàbado 19 as 10:30 no campo do Marco.

PABELLÓN C.F. "B" - A PEROXA C.F. ALEVIN: Sàbado 19 as 11:40 no campo dos Remedios.

A PEROXA C.F. BENXAMÍN - C.D. LA PURISIMA: Sàbado19 as 12:15 no campo do Marco.

STA. TERESITA "B" - A PEROXA C.F. BENXAMIN: Luns 21 as 17:00 no campo de Eiroás.

A PEROXA C.F. PREBENXAMIN - PABELLÓN PROM.: Sàbado 19 as 12:15 no campo do Marco.


En canto a liga de veteranos:

BENTRACES - LLOVIZNA: Sàbado 19 as 18:00 no campo de Allariz.

GADAFFI  - TABOADELA: Sàbado 19 as 16:00 no campo do Marco.


Na liga provincial de fùtbol sala:

OS PEARES F.S. - DACÓN F.S.: Sàbado 19 as 20:15 no pabellón dos Peares


Os compoñentes do PEROXA RUNNING participarán en algunha das probas que marca o calendario para esta fin de semana, que podes consultar no enlace seguinte:

http://www.correrengalicia.org/index.php?name=CPGNuCalendar

Por estar xa moi preto das festas de nadal, voltamos a publicar as actividades programadas polo Concello:


Tamén, como é de costume, os locais de hostelería propñen os seus eventos e festas nestes vindeiros días, anunciamos a seguinte:


APOIA, PARTICIPA E DISFRUTA DOS EVENTOS PROPOSTOS ¡¡¡


viernes, 11 de diciembre de 2015

Actividade no Concello na fin de semana do 12 e 13 de decembro de 2015......e programación Nadal ¡¡¡

Comenzamos polo mundo deportivo, onde os encontros dos equipos representativos do Concello da Peroxa disputarán os encontros seguintes:
 
 Dentro do fútbol rexional e de base:
 
SP. CELANOVA - A PEROXA C.F.: Domingo 13 as 16:00 no campo de Celanova.
 
CENLLE C.F. - A PEROXA C.F. "B": Domingo 13 as 16:00 no campo de Cenlle.
 
E.D.C. BARBADÁS "B"-A PEROXA CF INFANTIL: Sàbado 12 as 12:00 campo da Valenzá.
 
A PEROXA C.F. ALEVIN - E.D.C. BARBADÁS "C": Sàbado 12 as 11:30 no campo do Marco.

C.D. VELLE - A PEROXA C.F. BENXAMIN: Sàbado 12 as 10:30 no campo de Velle.
 
A PEROXA C.F. PREBENXAMIN - E.D.C. BARBADÀS: Sàbado 12 as 11:30 no campo do Marco.
 
 
Na competición de veteráns:
 
PARRILLA - ATL. PEROXA: Domingo 13 as 11:00 no campo de Maside.
 
LLOVIZNA - CORTINAS M. PEREZ: Sàbado 12 as 16:00 no campo do Marco.
 
AMIGOS OURENSE - GADAFFI: Sàbado 12 as 16:00 no campo de Loñoà.
 
 
No Futbol-Sala:
 
HNOS. CARRAL - OS PEARES F.S.: Sàbado 12 as 20:00 no pabellón Anexo do Carballiño.
 
 
Os representantes do Atletismo, o PEROXA RUNNING, disputarán algúns dos seus membros probas que marca o calendario para esta fin de semana:
 
http://www.correrengalicia.org/index.php?name=CPGNuCalendar


Lembramos tamén, para os amantes da boa gastronomía que mañá Sabado día 12 haberá Feira na Peroxa.

Ante a proximidade das festas de Nadal e Reis publicamos xa o que será a programación e actividades que se realizaran no noso Concello da Peroxa.

Na seguinte imaxe as actividades propostas:


Ao igual que no ano anterior, no Concurso de Fotografia o anuncio e as bases serán as seguintes:




Aquí máis completas:


NON TE ESQUEZAS DE PARTICIPAR NA CAMPAÑA DE RECOLLIDA DE ALIMENTOS


POLA PROXIMIDADE E POLA VARIADA PROGRAMACIÓN TAMÉN VOS DEIXAMOS ALGUNHAS DAS ACTIVIDADES DO CONCELLO DE COLES:

http://www.concellodecoles.com/noticias.asp?sec=5&id=131#.VmASCXYvfGg


APOIA, PARTICIPA E DISFRUTA DAS ACTIVIDADES QUE CHE PROPOÑEMOS  ¡¡¡


jueves, 10 de diciembre de 2015

Hoxe é o día que todo debía cambiar.....pero todo segue igual ¡¡¡

Hoxe todos os cidadáns e os representantes pùblicos tiñamos marcado no calendario este día como o gran día onde as administracións locais se abrían por fin a sociedade e facían pùblicos os seus datos importantes e que a veciñanza necesita coñecer para valorar as súas xestións.

Hoxe dìa 10 de decembro entra, despois dun periodo de carencia, en vigor a famosa e tan usada últimamente polos nosos políticos, LEY DE TRANSPARENCIA, nas Administracións Locais. polo tanto tamén no noso Concello da Peroxa.

www.boe.es/boe/dias/2013/12/10/pdfs/BOE-A-2013-12887.pdf

Unha cuestión pola que os concelleiros socialistas levamos tempo loitando pola súa implantación, e sobre todo cumplimento no noso concello, onde as trabas para o acceso a información foron continuas por parte do grupo de goberno, mesmo con queixas trasladadas o propio Valedor do Pobo, tal e como se recollía na prensa local:

http://www.farodevigo.es/portada-ourense/2014/06/13/psoe-lleva-valedor-do-pobo/1041220.html

http://www.ourensedixital.com/_novas/14/06/13_07.htm

Foron moitas as propostas que levamos os Plenos do concello para exixir a súa posta en marcha coa antelación suficiente que marcaba a Lei para non ter que chegar a "apuros de última hora" como parece que está ocurrindo.

Recentemente, mesmo no pleno de outubro, voltamos a preguntar pola implementación destes requisitos que a Lei marcaba:



CLARAMENTE, O SR. ALCALDE RECOÑECÍA E SE COMPROMETÍA, COMO NON PODÍA SER DOUTRO XEITO....."A NORMATIVA HABERÁ QUE CUMPLILA".


Tamén no derradeiro pleno de novembro presentamos unha moción ao respecto, que foi aprobada por unanimidade e da cal damos conta, co extracto da acta do pleno:


AQUÍ NESTE PUNTO DO PLENO, O SR. CONCELLEIRO GONZALEZ BLANCO, INDICABA QUE "XA SE SUBIRAN DOCUMENTOS A PÀXINA WEB DO CONCELLO PARA COÑECEMENTO PÚBLICO"......

TODOS PODEDES COMPROBAR QUE AINDA HOXE NON HAI NINGÚN DOCUMENTO PUBLICADO NA CITADA WEB, TAN E COMO OBRIGA A LEI:

http://aperoxa.sedelectronica.es/?x=fkId4ZHRoMx8KLVwwo9FS93YcQTRS*TN6kJ6hXX4AtfsBdnaG9jbcAg6q-pL1NoVoP31AaI13ocyj0rv0FDddcUBChfkN3mAdCfjsq2*zK9uuVUJFYDVhA

 TAMÉN INDICABA QUE "A INTENCIÓN E DE CUMPRIR A LEI CANDO SE POIDA" ¡¡¡


AS LEIS NON FUNCIONAN CON INTENCIÓNS ¡¡¡


HAI QUE CUMPLILAS E NOS PRAZOS QUE SE INDICAN ¡¡

A ADMINISTRACIÓN NON FUNCIONA ASÍ ¡¡¡

.....E A XUSTIZA TAMPOUCO¡¡¡¡

O INCUMPRIMENTO A SABIENDAS DE CALQUER LEI, NO ÀMBITO XUDICIAL TEN UN NOME: PREVARICACIÓN ¡¡¡¡

AGARDEMOS QUE SE RECAPACITE SOBRE ESAS MANIFESTACIÓNS E CADA UN CUMPLA COAS FUNCIÓNS PARA AS QUE FOI ELEXIDO.

Tamén nese mesmo Pleno se falou dunha posible adhesión o Convenio que a Deputación de Ourense ofrece os Concellos para o cumprimento desta Lei, pero polo que vemos tampouco o noso Concello da Peroxa aparece entre os concellos que se suscribiron:

http://www.depourense.es/index.php/indicadores-de-transparencia-ga

POLO QUE VEMOS TAMÉN NESTE ENLACE DA DEPUTACIÓN, TAN SÓ APARECEN OS NOMES DOS CONCELLOS PERO NON HAI ACCESO A INFORMACIÓN QUE DENDE HOXE É DE OBRIGATORIO CUMPLIMENTO.


SERÁ DE NOVO OUTRO NAVALLAZO AO FAMOSO "CÒDIGO ÉTICO" DA DEPUTACIÓN E O SEU PRESIDENTE, QUE INCUMPLEN CANDO LLES INTERESA ??


QUEDAMOS POLO TANTO, NO DÍA DE HOXE, A ESPERA QUE ESTAS PUBLICACIÓNS OBRIGATORIAS VEXAN POR FIN A LUZ TAL E COMO OBRIGA A LEI.

EN CASO CONTRARIO, EXIXIREMOS MEDIDAS LEGAIS PARA O SEU CUMPRIMENTO ¡¡¡



ASÌ FUNCIONA O CONCELLO NO QUE VIVES ¡¡¡


SEGUIREMOS SENDO FONTE DE INFORMACIÓN DE TOD@S E PARA TOD@S¡¡¡




jueves, 3 de diciembre de 2015

Actividade no Concello na fin de semana do 5, 6 e 8 de decembro de 2015

Comenzando polo deporte, estes serán os encontros a disputar polos equipos representativos do Concello:


Dentro do fútbol rexional e de base:

A PEROXA C.F. - S.D. VALENZÀ:  Domingo 6 as 16:00 no campo do Marco.

A PEROXA C.F. "B" - OUTOMURO C.F.; Sàbado 5 as 18:00 no campo do Marco.

C.D. LA PURISIMA - A PEROXA C.F. ALEVIN: Domingo 6 as 12:30 no campo da Universidade.

RIBEIRO C.F. - A PEROXA C.F. BENXAMÍN: Sàbado 5 as 17:00 no campo do Ribeiro.

A PEROXA C.F. BENXAMIN - ANTELA C.F. "B": Martes 8 as 11:00 no campo do Marco.

ANTELA C.F. "B" - A PEROXA C.F. PREBENXAMIN: Probablemente o Martes 8 pola mañá.


En canto a liga de veteranos:

MACABI DE LEVANTAR - ATL. PEROXA: Domingo 6 as 11:30 no campo de Bande.

MASIDE - LLOVIZNA: Domingo 6 as 11:00 no campo de Maside.

GADAFFI  - LEGARIA: Sàbado 5 as 16:00 no campo do Marco.


Os compoñentes do PEROXA RUNNING participarán en algunha das probas que marca o calendario para esta fin de semana, que podes consultar no enlace seguinte:

http://www.correrengalicia.org/index.php?name=CPGNuCalendar

Tamén engadimos as citas habituais unha quedada para os aficionados o mundo da bici de montaña, xa que o Sàbado as 15:00 sairán para recoñecer o terreo para a celebración dunha posible proba no noso Concello o domingo 13.

APOIA, PARTICIPA E DISFRUTA DAS ACTIVIDADES QUE CHE PROPOÑEMOS ¡¡¡

viernes, 27 de noviembre de 2015

Actividade no Concello na fin de semana do 28 e 29 de novembro de 2015

Comenzamos polo mundo deportivo, onde os encontros dos equipos representativos do Concello da Peroxa disputarán os encontros seguintes:
 
 Dentro do fútbol rexional e de base:
 
S.D. BANDE - A PEROXA C.F.: Domingo 29 as 16:15 no campo de Bande.
 
OS CHAOS - A PEROXA C.F. "B": Sàbado 28 as 16:15 no campo de Amoeiro.
 
A PEROXA C.F. INFANTIL - E.D.C. BARBADÁS "C":  Sàbado 28 as 10:15 no campo do Marco.
 
A PEROXA C.F. ALEVIN - S.D.C. ARRABALDO: Sàbado 28 as 11:45 no campo do Marco.

A PEROXA C.F. BENXAMIN - E.F. CELANOVA: Venres 27 as 19:15 no campo do Marco.
 
A PEROXA C.F. PREBENXAMIN - E.D.C. VERIN: Sàbado 28 as 11:45 no campo do Marco.
 
 
Na competición de veteráns:
 
ATL. PEROXA - AMIGOS PALMES: Domingo 29 as 11:30 no campo do Marco.
 
LLOVIZNA - BARBANTES: Sàbado 28 as 16:00 no campo do Marco.
 
PARADA PIÑOR - GADAFFI: Sàbado 28 as 16:00 no campo de Parada de Piñor.
 
 
No Futbol-Sala:
 
OS PEARES F.S. - BUDA F.S.: Sàbado 28 as 18:30 no pabellón dos Peares.
 
 
Os representantes do Atletismo, o PEROXA RUNNING, disputarán algúns dos seus membros probas que marca o calendario para esta fin de semana:
 
https://championchipnorte.com/evento?search=San+Marti%C3%B1o


FINALMENTE, TEMOS QUE ANUNCIAR, UN ANO MÁIS, COA COLABORACIÓN DOS COMERCIOS DO NOSO CONCELLO DA PEROXA, UNHA NOVA RECOLLIDA DE ALIMENTOS SOLIDARIA.

ANUNCIADA ESTA CAMPAÑA CO SEGUINTE CARTEL:



A TÚA COLABORACIÓN É IMPRESCINDIBLE PARA QUE ESTA CAMPAÑA SEXA UN ÉXITO ¡¡

CONTINUAMOS A SER O ÚNICO LUGAR DE INFORMACIÓN DE TOD@S E PARA TOD@S NO TEU CONCELLO ¡¡¡

APOIA, PARTICIPA E DISFRUTA DAS ACTIVIDADES E EVENTOS QUE CHE PROPOÑEMOS.

miércoles, 25 de noviembre de 2015

Os candidatos do Partido Socialista as Eleccións Xerais 2015 na Peroxa.

Os membros da Agrupación Municipal Socialista da Peroxa, unha vez màis estamos de noraboa polo recoñecemento que os nosos compañeiros e compañeiras da provincia, así como tamén do Partido Socialista de Galicia, onde de novo de recoñece o noso traballo, ilusión e adicación a labor polìtica no noso Concello, incluíndo nas listas ao Senado para as vindeiras eleccións Xerais 2015 o noso portavoz Antonio Gonzàlez Fiuza.

Motivo, polo que amosamos o nosos máis sinceiro agradecemento e nos poñemos, unha vez máis a traballar para obter os mellores resultados posibles da nosa formación política.

Os membros da candidatura socialista pola provincia de Ourense, tanto ao Congreso como ao Senado son os da imaxe seguinte, onde se atopa o noso Concelleiro e portavoz:



O acto de presentación de candidaturas tivo lugar no antigo Banco de España en Ourense:



A recente publicación dos listados de candidaturas no BOE confirma a presenza do noso representante:



Xa tivemos tamén actos de pre-campaña no noso concello, onde os cabeza de lista de ámbalas candidaturas, ROCÍO DE FRUTOS (Congreso) e LUIS GARCÍA MAÑÀ (Senado) visitaron o Concello da Peroxa, onde contactaron con responsables de sectores importantes no noso concello, como foron os da madeira, vitivinícola, hostelería e comercio local, onde tamén visitaron e coñeceron a nosa feira e a súa exquisita gastronomía.

Estiveron acompañados por membros da nosa Agrupación Municipal.....




COMO SEMPRE......E POR TODO O EXPOSTO CON ANTERIORIDADE.....QUEDAMOS A DISPOSICIÓN DA VECIÑANZA NESTE NOVO RETO QUE SE NOS PRESENTA.

SEGUIMOS SENDO FONTE DE INFORMACIÓN ¡¡

martes, 24 de noviembre de 2015

O tempo dà e quita razóns¡¡¡¡.....e agora esta é a realidade¡¡¡

Atopa as diferencias entre estas dúas publicacións:

http://www.lavozdegalicia.es/noticia/ourense/2014/12/09/peroxa-segunda-entidad-local-gallega-rapido-paga-facturas/0003_201412O9C3992.htm


¿SABES CAL É A DIFERENCIA?

MOI SINXELO.......O PASO DO TEMPO E POR FIN O CUMPLIMENTO DAS NORMAS E LEIS VIXENTE ¡¡


ESTA DIFERENCIA ESTÁ NO OBRIGADO CUMPLIMENTO DA NOVA LEI QUE REGULA OS PAGOS DE FACTURAS, TENDO QUE PASAR OBRIGADAMENTE POLO REXISTRO DO CONCELLO NO MOMENTO DE SER PRESENTADA, NON PERMITINDOSE SER AGOCHADA NOS CAIXONS ATA QUE SE CONSIDERE OPORTUNO O SEU PAGO, SENDO REXISTRADA ESE MESMO DÍA PARA ASÍ “ADULTERAR” OS DATOS DOS PRAZOS.

O enlace onde podes obter a información que ves na imaxe e o seguinte:

https://serviciostelematicos.minhap.gob.es/PMP_NET/aspx/consulta/consulta.aspx?tipoPublicacion=2

No enlace anterior, coñecíamos esta noticia "irreal" sobre a situación do estado de pagos do noso Concello e na imaxe posterior a realidade a día de hoxe, que sin ser un mal dato, reflexa a situación actual unha vez que o noso concello se viu na obriga de cumprir as leis.

Alà por principios deste ano 2015 facíamos unha publicación sobre este asunto para dar a coñecer a veciñanza a realidade destes datos e a nosa versión sobre esta situación, unha vez que coñecíamos perfectamente o "prodecemento" empregado para adulterar eses idílicos datos fora de toda realidade.

No seguinte enlace podedes voltar a consultar a nosa versión sobre esta situación, que como noutros moitos temas, o tempo nos acaba dando a razón: (ver a partir punto 4)


________________________________________________________________________________
Sacamos un extracto do citado análise:

No punto 4: o Secretario expòn e lee a normativa en vigor con respecto o da aplicación e entrada envigor da nova Factura Electrónica para cantidades superiores a 5.000€.

O noso Grupo Municipal Socialista propuxo que ademáis da presentación obrigatoria para as facturas superiores a 5.000€ se engadise a este acordo e posterior publicación no BOP que se permitise tamén presentar os proveedores do Concello que así o desexasen as facturas inferiores a esa cantidade, o que o Sr. Alcalde respostou que non quería "complicar a naide e que de momento empezaría así, e vendo como ía funcionando se vería si se ampliaba", o que matizaba o Secretario que "para iso sería necesario unha ordenanza".

Unha vez máis, as nosas propostas son sempre negadas xa por rutina, sin analizalas nin ver as ventaxas que poderían ter.......e agora resulta que nos atopamos que sae publicado no BOP do día 11 de marzo de 2015 un edicto onde se aproba o acordado polo órgano de goberno e tamén se reflexa na páxina web do Concello a seguinte información:


PODEDES VER VOS MISMOS COMO NO CUARTO PÀRRAFO SE PUBLICA O SEGUINTE:

"Para aquellos casos en los que todavía se admite la presentación de facturas en formato papel, también tienen la posibilidad de presentar sus facturas a través del Registro Electrónico firmadas electrónicamente en PDF".

Aproveitamos neste mesmo punto para comentar e desmontar con argumentos e probas máis que evidentes a falta de credibilidade desta noticia que aparecía na prensa fai unhas semanas:


EXPUXEMOS NO PLENO COMO ERA O "TRUCO" PARA CHEGAR A ESTOS DATOS E NOTICIAS MOI ALONXADAS DA REALIDADE.

OS PROPIOS PROVEEDORES QUE FACTURAN TRABALLOS OU MATERIAL O CONCELLO BEN SABEN QUE SON DATOS COMPLETAMENTE ENGANOSOS.

O PROCEDEMENTO É BEN SINXELO.....CANDO NAS OFICINAS MUNICIPAIS SE RECIBE UNHA FACTURA NON SE LLE PÒN TAL É COMO SERÍA CORRECTO O SELO DE REXISTRO DE ENTRADA E ASÍ OS PRAZOS NON COMENZAN A CONTAR.

POSTERIORMENTE O DÍA QUE SE DA ORDEN PARA PAGAR AS FACTURAS QUE CORRESPONDAN SE LLE PON SELO DE REXISTRO DE ESE DÍA E TAMÉN SE FAI O PAGO, ASÍ CONSTA COMO QUE NO MESMO DÍA OU NO SEGUINTE SE EFECTÚA O PAGO E POLO TANTO OS PRAZOS SON MÍNIMOS.....PERO OCULTASE A VERDADEIRA DATA DE CHEGADA DAS FACTURAS AO CONCELLO.

NA NOSA LABOR DE CONTROL QUE FACEMOS PERMANENTEMENTE NO CONCELLO ATOPÁMONOS CON CASOS CURIOSOS E TAMÉN ILEGAIS, E ASÍ OS TRASLADAMOS NESTE PUNTO AO PLENO, ONDE TANTO O SR. ALCALDE MANIFESTOU DESCOÑECER ESTA IRREGULAR PRÀCTICA COMO TAMÉN O SR. SECRETARIO QUE INDICOU QUE VERIFICARÍA AS NOSAS SUXERENCIAS.

POÑEMOS COMO EXEMPLO UNHA FACTURA QUE TIÑA DATA DE EMISIÓN DO 18 DE XULLO DE 2014.....SUPOÑAMOS QUE TARDA UN PAR DE SEMANAS EN CHEGAR AS OFICINAS MUNICIPAIS.....POIS BEN COMPROBAMOS COMO FOI REXISTRADA CON DATA DO 29 DE DECEMBRO DE 2014 E PAGADA NESE MESMO DÍA.....OS DATOS DE PRAZOS DE PAGADO CONSTABA COMO 0 DÍAS, AINDA QUE LEVABA MEDIO ANO NO CONCELLO......EXEMPLOS COMO ESTOS PODERÍAMOS NOMEAR UN MONTÓN, E ESTE É O SISTEMA DE TRATAMENTO DE FACTURAS QUE O TEU CONCELLO USA NA MAIORÍA DOS CASOS.

TAMÉN EXPUXEMOS OUTRO EXEMPLO ONDE A NOTICIA SE QUEDARÍA INCLUSO CORTA, XA QUE POLAS PROBAS QUE APORTAMOS O PLENO SE PAGARÍAN FACTURAS ANTES DE SER RECIBIDAS......O CASO É O SEGUINTE: UNHA FACTURA CON DATA DE EMISIÓN DO 31 DE OUTUBRO DE 2014 QUE TIÑA SELO DE REXISTRO DO DÍA 29 DE OUTUBRO,....È DECIR 2 DÍAS ANTES¡¡¡¡¡.....E TAMÉN SE PAGOU O MESMO DÍA 29......CURIOSO QUE SE PAGUEN FACTURAS 2 DÍAS ANTES DE SER EMITIDAS¡¡¡¡ POLO TANTO O TITULAR DE PRENSA SERÍA QUE ESTAMOS A CABEZA DAS FALCATRUADRAS COAS FACTURAS¡¡

NESTE PUNTO A RESPOSTA QUE DEU O ALCALDE È LAMENTABLE E ONDE SE AMOSA DE NOVO E PON EN EVIDENCIA QUE NON ESTÁ A ALTURA DAS CIRCUNSTANCIAS NIN DO FUNCIONAMENTO DO CONCELLO XA QUE NOS EXPLICOU "QUE ESTA FACTURA SEGURAMENTE SE RECIBIU POR CORREO ELECTRÒNICO POR ADIANTADO E POR ESE MOTIVO SE PAGOU, ANTES DE QUE CHEGASE A ORIXINAL".

VOLVEDE LEER A EXPLICACIÓN E ANALIZADEO CON CALMA PARA QUE VOS QUEDE CLARA A SÚA INCOMPETENCIA.......EXPLICAMOSLLE QUE AINDA QUE CHEGASE POR CORREO ELECTRÓNICO A FACTURA SERÍA A MESMA QUE A ORIXINAL, TAN SÓ QUE ESTARÍA ESCANEADA PARA A SÚA REMISIÓN PERO QUE A DATA POR ESE MOTIVO NON VARIABA XA QUE O QUE SE ANTICIPA POR CORREO ELECTRÓNICO É O MESMO DOCUMENTO QUE A ORIXINAL........POIS COSTOULLE ENTENDELO ¡¡¡¡¡

FINALMENTE, COMO REMATE NESTE PUNTO TAMÉN PUXEMOS EN COÑECEMENTO DO PLENO QUE ATOPAMOS VARIOS FACTURAS CO SELO DE REXISTRO DO CONCELLO MANIPULADO A MAN CON BOLÍGRAFO NO DÍA DA DATA DE ENTRADA, E LLE FIXEMOS SABER O SR. ALCALDE E O SECRETARIO QUE ESO NON ERA UN ERRO ADMINISTRATIVO, TAL E COMO ELES O CONSIDERABAN, SENÓN QUE XUDICIALMENTE TEN UN NOME E CHÀMASE "FALSIDADE DOCUMENTAL" ¡¡¡

ESTE TIPO DE ACTUACIÓNS DEBERÍAN DE VIXIARSE POR PARTE DO SECRETARIO DO CONCELLO, XA QUE ESTÁN DENTRO DAS SÚAS FUNCIÓNS COMO INTERVENTOR.

INDICARON FINALMENTE, QUE TRATARÍAN ESTE TEMA COAS PERSOAS RESPONSABLES DESTA LABOR PARA ERRADICAR ESTA IRREGULAR SITUACIÓN.
_____________________________________________________________________________

Ata aquí o que foi o extracto dese artigo publicado a principios de ano e que agora cos datos REAIS publicados nos ven a dar a razón do exposto.

SEGUIMOS E SEGUIREMOS SENDO FONTE DE INFORMACIÓN A VECIÑANZA PARA QUE COÑEZA O A REALIDADE DO "FUNCIONAMENTO" DO SEU CONCELLO.

Traballamos pola mellora do noso Concello ¡¡¡


viernes, 20 de noviembre de 2015

Actividades no Concello na fin de semana do 21 e 22 de novembro de 2015

Comenzando polo deporte, estes serán os encontros a disputar polos equipos representativos do Concello:


Dentro do fútbol rexional e de base:

RIBEIRO C.F. - A PEROXA C.F.: Domingo 22 as 16:15 no campo de San Cristóbal.

A PEROXA C.F. "B" - ATL. RAZAMONDE; Domingo 22 as 16:15 no campo do Marco.
A PEROXA C.F. INFANTIL - CD. ARENTEIRO "B": Sàbado 21 as 11:00 no campo do Marco.

VELLE "B" - A PEROXA C.F. ALEVIN: Sàbado 21 as 10:00 no campo de Velle.

STA. TERESITA  "B" - A PEROXA C.F. BENXAMÍN: Sàbado 21 as 10:00 no campo de Eiroás.

CD. ALLARIZ - A PEROXA C.F. PREBENXAMIN: Sàbado 21 as 11:30 no campo de Allariz.


En canto a liga de veteranos:

BOICAR AUTO - ATL. PEROXA: Domingo 22 as 11:00 no campo de Vilamarin.

LLOVIZNA -  ANTELA: Sàbado 21 as 16:00 no campo do Marco.

GADAFFI  - SEAT CELANOVA: Sàbado 21 as 20:00 no campo do Marco.


Na liga provincial de Fùtbol-Sala:

 F.S. BEARIZ  - OS PEARES F.S.: Sàbado 21 as 16:00 no pabellón de Beariz.


Os compoñentes do PEROXA RUNNING participarán en algunha das probas que marca o calendario para esta fin de semana, que podes consultar no enlace seguinte:

http://www.correrengalicia.org/index.php?name=CPGNuCalendar


Continuamos tamén coa celebración dos magostos parroquiais, veciñais e nos locais de hosteleria. 
Os previstos para esta fin de semana son os seguintes:

APÚNTATE ¡¡¡






jueves, 19 de noviembre de 2015

Resultado das nosas propostas o Concello

Nos días pasados estivemos facendo unha revisión das peticións feitas polos nosos concelleiros socialistas nos plenos, a través da presentación de distintos rogos e propostas, e comprobando a realización por parte do Concello das necesidades atendidas e comprometidas.

Lembramos que estas peticións foron trasladadas o Concello por parte dos nosos concelleiros despois das aportacións dos propios veciños ou de necesidades observadas nas súas constantes visitas os pobos e parroquias do Concello da Peroxa.

Publicamos, para facer memoria, as ùltimas peticións que se trasladaron os dous últimos plenos celebrados e onde na maioría dos casos a resposta dos responsables municipais foron favorables a realización das melloras solicitadas:




Como sempre facemos, para deixar constancia da necesidade de cada arranxo que solicitamos amosamos a continuación a fotos que xustifican estas peticións:


ESTE ERA O ESTADO DE DETERIORO DO BANCO NO POBO DE ABEDÍN


ASÍ ESTÁ AGORA


AUSENCIA DA NECESARIA PARADA DE BUS EN PITÓN


ESTADO ACTUAL


CONTINUA CAIDA DOS BARROTES DO VALADO METALICO DO CAMPO DE FUTBOL


ARRANXO E REPOSICIÓN, AINDA QUE TENDO EN CONTA O POUCO TEMPO DESTA OBRA, SEGURAMENTE EN GARÁNTÍA, NON ESTARÍA DEMÁIS UNHA NOVA CAPA DE PINTURA NOS BARROTES NOVAMENTE SOLDADOS TAL E COMO SE VE NA IMAXE.


DE TÓDALAS PETICIÓNS FEITAS QUEDAN DÚAS POR REALIZAR:

A primeira no pobo de San Ciprián onde segundo a resposta dada polo Alcalde no pleno correspondente indicaba que había 19 veciños que se opoñían o citado arranxo, xa que esta mesma reixa neste estado de deterioro, podía facer de reductor de velocidade para os vehículos que circulan pola zona.

Podemos entender a demanda veciñal, pero non podemos chegar a entender como un Alcalde responsable dun Concello da esta resposta, xa que non ten nada que ver o arranxo dunha recollida de augas pluviais onde calquer vehículo podería ter danos considerables, coa conseguinte responsabilidade do Concello, coa necesidade de propoñer alternativas para regular esas velocidades excesivas dos vehículos. Como poderían ser o métodos regulamentarios de sinalización de límite de velocidade e mesmo bandas rugosas LEGAIS e ADECUADAS.


ESTE É O ESTADO ACTUAL DA REIXA

Tamén comprobamos como tristemente, non se executaron as normas vixentes en canto a limpeza de solares e maleza nos pobos e na súa contorna, xa que na petición de limpeza feita por parte da veciñanza de Corbelle sobre un solar non foi atendida.



SEGUIMOS E SEGUIREMOS TRABALLANDO POLA MELLORA DO NOSO CONCELLO E SENDO ÚTILES A VECIÑANZA PARA A REALIZACIÓN DAS SÚAS DEMANDAS ¡¡¡


viernes, 13 de noviembre de 2015

Actividade no Concello na fin de semana do 14 e 15 de novembro de 2015

Comenzamos polo mundo deportivo, onde os encontros dos equipos representativos do Concello da Peroxa disputarán os encontros seguintes:
 
 
Dentro do fútbol rexional e de base:
 
A PEROXA C.F. - C.F. CORTEGADA: Domingo 15 as 16:15 no campo do Marco.
 
A PEROXA C.F. "B" - MOREIRAS C.F. Sàbado 14 as 18:00 no campo do Marco.
 
VELLE "B" - A PEROXA C.F. INFANTIL: Sàbado 14 as 12:15 no campo de Velle.
 
A PEROXA C.F. ALEVIN - POLÍGONO: Sàbado 14 as 11:30 no campo do Marco.

A PEROXA C.F. BENXAMIN - E.F. CELANOVA "B": Sàbado 14 as 11:30 no campo do Marco.
 
A PEROXA C.F. PREBENXAMIN - PABELLON PROMESAS: Sàbado 14 as 13:00 no campo do Marco.
 
 
Na competición de veteráns:
 
ATL. PEROXA - LAGOAS: Domingo 15 as 11:30 no campo do Marco.
 
MONFORTE - LLOVIZNA: Sàbado 14 as 18:00 no campo Luis Bodegas de Monforte.
 
A RABAZA - GADAFFI: Sàbado 14 as 16:00 no campo da Universidade.
 
 
No Futbol-Sala:
 
OS PEARES F.S. - 40X20 FUTSAL: Sàbado 14 as 19:00 no pabellón dos Peares.
 
 
Os representantes do Atletismo terán a proba referencia por excelencia na nosa provincia este domingo.....A SAN MARTIÑO ¡¡¡
 
Enlace a toda a información desta proba, onde ademàis dos habituais representantes do PEROXA RUNNING serán moitos outros veciños e veciñas, nenos e nenas que participarán nesta emblemática proba:
 
https://championchipnorte.com/evento?search=San+Marti%C3%B1o
 
 
Nesta sección do Atletismo non podíamos unha vez máis deixar pasar a ocasión de reflexar outro éxito acadado polos nosos atletas na proba de Baiona onde o "gran" Javier Rodríguez Iglesias, dentro da categoría de veteráns voltaba subir o podium dunha gran proba.
Todo o noso recoñecemento a este meritorio posto, onde está a ser xá unha rutina os moitos éxitos acadados por este corredor que cada día disfruta máis co que fai....NORABOA¡¡¡

 


AS CAMISETAS DO PEROXA RUNNING TRIUNFAN POR TODA A XEOGRAFÍA GALEGA


Tamén segue a axenda de magostos e eventos nesta fin de semana, cos carteis seguintes que anuncian os actos previstos para esta fin de semana.





 APOIA, PARTICIPA E DISFRUTA DAS ACTIVIDADES PROPOSTAS ¡¡¡