Benvido a este teu lugar de información, consultas, aportacións e por suposto críticas.


Un grupo, un compromiso, unha idea, unha ilusión...

Poñemos o teu alcance unha ferramenta necesaria para coñecer toda a información sobre o noso Concello: actuacións, acordos, propostas, necesidades, acontecementos.... e tamén lugar para opinar libremente a través dos teus comentarios.

Esperamos as túas aportacións.

martes, 30 de diciembre de 2014

Para rematar o ano.......máis festas ¡¡¡¡

Como remate deste ano 2014 algúns locais sociais do Concello, así como tamén algúns negocios de hoteleria celebrarán con festas o remate do ano 2014 e dándolle a benvida o novo 2015.

En canto os locais sociais, dos que temos coñecemento de celebración de festa de Noitevella serán o de Carracedo e o del Mirallos. 

Xa sabedes.......despois da uvas.........diversión ¡¡¡


lunes, 29 de diciembre de 2014

Convocatoria de interès ¡¡¡

No BOP de hoxe luns 29 de decembro publicase a convocatoria de axudas económicas para clubes deportivos da provincia de Ourense.

Toda a información no seguinte enlace a partir da paxina 30:

https://bop.depourense.es/portal/descargarPdf.do?numBoletin=297&fecha=20141229


Como sempre, quedamos a vosa disposición para calquer dúbida ou colaboración nesta tramitación.


SEGUIMOS SENDO FONTE DE INFORMACIÓN ¡¡¡¡

martes, 23 de diciembre de 2014

Seguimos anunciando eventos....¡¡¡

A pesar de estar metidos xa de cheo nas festas do nadal 2014 e nos previos do novo ano 2015, temos que seguir dando información de interese para a veciñanza do concello.

Celebraránse maña día 24 de decembro, dìa de noite boa, festas nos locales de hostelería seguintes, anunciados a través destes carteis para tódolos interesados que queiran participar e disfrutar destas festas organizados por estos locais que enchen de vida e actividades o noso Concello:



Disfrutemos desta noite especial acompañados dos veciños, veciñas e grupos de amigos e amigas ¡¡


Tamén queríamos informar a veciñanza do Concello dun importante acto a celebrar o vindeiro sábado no concello veciño de Coles sobre a situación actual do trazado da Autovía A-76, que afecta tamén a varios pobos do Concello da Peroxa.
Animamos polo tanto os interesados a acudir, informarse e tamén preguntar e opinar.



NESTE ASUNTO XA É DE COÑECEMENTO PÚBLICO A NOSA POSTURA....ESTAMOS NA DEFENSA DO NOSO PATRIMONIO E DA NOSA PAISAXE DA RIBEIRA SACRA, POLO QUE MANTEMOS QUE DEBERÍAN BUSCARSE ALTERNATIVAS MENOS DAÑINAS PARA ESTES PARAXES INCOMPARABLES....PERO TAMÉN INDICAMOS QUE NO CASO DE QUE ESTA INFRAESTRUCTURA PASE FINALMENTE, SE NON PROSPERAN AS DEMANDAS CONTRA ESTA VÍA, POLO NOSO CONCELLO, SE ABRA UN NOVO PERIODO DE ALEGACIÓNS, QUE XA RECLAMAMOS E ACADAMOS RESPOSTAS POSITIVAS NESTE ASUNTO, A PESAR  DAS TRABAS E DA IGNORANCIA DO PROPIO CONCELLO DA PEROXA CO SEU ALCALDE A FRONTE QUE NEGOU QUE FORA PASAR POLO NOSO TERMO MUNICIAPAL.

ASIMESMO, LOITAREMOS POR TER UN ENLACE NO NOSO CONCELLO, QUE BENEFICIE O NOSO DESENROLO E MELLORE AS INFRAESTRUCTURAS EXISTENTES, E NON SEXA O ÚNICO CONCELLO DOS 18 POLOS QUE TRANSCURRE DENDE PONFERRADA ATA OURENSE QUE QUEDARÍA SEN ÉL.



TAMÉN POÑEMOS EN COÑECEMENTO DE TOD@S QUE TEREMOS CONCERTO O VINDEIRO 3 DE XANEIRO NA PEROXA. ANUNCIADO CO SEGUINTE CARTE:


AGARDAMOS POLO TANTO A VOSA ASISTENCIA A ESTE EVENTO TRADICIONAL POR ESTAS DATAS E ORGANIZADO E PROTAGONIZADO POLO RONDALLA XUNTANZA DOS POBOS QUE PERCORRE CADA POBO E CADA PARROQUIA DO NOSO CONCELLO ENCHENDO DE MÚSICA E LEDICIA DURANTE TODOS OS DÍAS DO ANO.



Finalmente, querìamos aproveitar a ocasión para felicitarnos que por fín, dende o Concello se felicitasen públicamente na prensa local as festas a toda a veciñanza en nome de todo o Concello da Peroxa e de toda a corporación, e non como se fixo a través dos bandos feitos únicamente pola persoa do Sr. Alcalde, como xa indicamos e criticamos en artigos anteriores neste mesmo blog.

A imaxe corrobora a nosa xusta demanda...


FINALIZAMOS E NOVAMENTE DESEXAMOS BOAS FESTAS A TOD@S E UN MOI FELIZ ANO 2015 ¡¡¡

 



domingo, 21 de diciembre de 2014

Boas festas e feliz 2015 ¡¡¡

Un nadal máis os membros da Agrupación Municipal Socialista no Concello da Peroxa, así como tódolos compoñentes da familia socialista (afiliados, simpatizantes e demáis colaboradores), dexexamos os veciños e veciñas do noso concello,  con especial mención a aqueles que o longo do ano están lonxe da sùa terra e dos seus seres queridos e que nestas datas volven a súa casa, así como a tódolas familias.....UNHAS MOI FELICES FESTAS E QUE O ANO NOVO VEÑA CARGADO DE SAÚDE, ILUSIÒN E NOVOS RETOS PARA TOD@S ¡¡¡¡



TAMÉN CONTINUAMOS COA TRADICIÓN E BUSCANDO DE NOVO A SORTE NA LOTERIA DE NADAL, E  COMO É XA TRADICIÓN CON NÚMEROS QUE SIGNIFICAN MOITO PARA OS SOCIALISTAS DA PEROXA. OS ANOS ANTERIORES XOGAMOS O 0399 QUE FORON OS VOTANTES QUE OBTIVEMOS NAS PASADAS MUNICIPAIS, TAMÉN BUSCAMOS A SORTE COA DATA DA CELEBRACIÓN DESAS PASADAS ELECCIÓNS 25511.....E ESTE ANO TAMÉN TEMOS UN NÚMERO PARTICULAR......SERÁ O 00036 QUE SON OS ANOS QUE O ACTUAL ALCALDE LEVA O FRONTE DESTE NOSO CONCELLO E QUE DENTRO DE POUCOS MESES BUSCAREMOS POÑERLLE FIN E DETER O SEU CONTADOR PERSOAL NESE NÚMERO.

BOA SORTE ¡¡¡


viernes, 19 de diciembre de 2014

Actividade deportiva no concello na fin de semana do 20 e 21 de decembro de 2014....e outros eventos de interès ¡¡

Os equipos representativos do Concello terán os seguintes compromisos nas súas respectivas competicións:

A PEROXA C.F. - C.D.C. STA. TERESITA: Domingo 21 as 16:00 no campo do Marco.

C.D. CALDELAO - ATL. PEROXA: Sàbado 20 as 16:00 no campo de Castro Caldelas.
 
SALAMONDE C.F. - A PEROXA C.F. "B": Sàbado 21 as 16:00 no campo de Salamonde.

NOGUEIRA DE RAMUIN S.D. - A PEROXA C.F. INFANTIL: Domingo 21 as 10:45 no campo de Luintra.

A PEROXA C.F. PREBENXAMIN - E.D. CONCELLO BARBADAS "C": Sàbado 20 as 11:30 no campo do Marco.

ESCOLA DEPORTIVA OURENSE "B" - A PEROXA C.F. PREBENXAMIN: Sàbado 20 as 10:30 no campo do Campus Universitario

ANTELA - GADAFFI PEROXA VETERÁNS: Sàbado 20 as 16:00 no campo de Xinzo de Limia.

OS PEARES FS - CIDADE DAS BURGAS "A": Sàbado 20 as 18:00 no pabellón dos Peares.



Os compoñente do equipo de atletismo do PEROXA RUNNING participarán en algunha das probas que marca o calendario para este fin de semana, que podes consultar no enlace seguinte:

http://www.correrengalicia.org/index.php?name=CPGNuCalendar


En canto o anuncio de actividades previstas para as vindeiras datas festivas, destacamos os eventos adicados para os mais novos como son a visita a Pazolandia o próximo dìa 30 e anunciado a través do seguinte cartel:

Tamén teremos este ano, por fin, e pensando nos protagonistas principais destas datas festivas, unha importante novidade para os màis peques, como será unha festa infantil prevista para o Domingo 28 no Polideportivo da Peroxa, anunciado do seguinte xeito:

Tamén, por cercanía, e polos moitos aficionados existentes no noso Concello a boa música e os concertos e demàis actividades que se organizan asiduamente no Auditorio de Cambeo, no veciño Concello de Coles, anunciamos a través do seguinte cartel os eventos programados para estas datas próximas:


 
FINALMENTE, E PARA POÑER ALGO DE CRÍTICA A ESTE ARTIGO TEMOS QUE MANIFESTAR O NOSO PARECER CON RESPECTO O CARTEL QUE SE USA ESTE ANO DENDE O CONCELLO DA PEROXA PARA FELICITAR AS FESTAS A VECIÑANZA.

È OUTRO CLARO EXEMPLO DO QUE XA LEVAMOS MANIFESTADO DURANTE ESTES ANOS DE LEXISLATURA.......O PERSONALISMO E A CONCENTRACIÓN EXCLUSIVA SOBRE A PERSOA DO SR. ALCALDE QUE PARECE SER O ÚNICO SER E CENTRO TOTAL DE ATENCIÓN DUN CONCELLO, QUE XA SIN ENTRAR A VALORAR QUE A CORPORACIÓN ESTÁ FORMADA POR 11 CONCELLEIROS ENTRE OS QUE NOS ATOPAMOS, INDICAMOS QUE NOS PARECE UNHA FALTA DE RESPETO TOTAL OS SEUS PROPIOS COMPAÑEIROS E CONCELLEIROS DO GRUPO DO PARTIDO POPULAR.

O ASUNTO ESTÁ QUE NO CARTEL DE FELICITACIÓN QUE AMOSAMOS A CONTINUACIÓN TAN SÓ É O ALCALDE O QUE SE DIRIXE OS VECIÑOS E VECIÑAS PARA DESEXAR BOAS FESTAS.......CANDO O LÓXICO E O IGUAL QUE O RESTO DE CONCELLOS DEBERÍA FACER ESES BOS DESEXOS EN NOME DO CONCELLO E NON DE XEITO INDIVIDUAL E PERSONALISTA.



SEXA COMO SEXA, DENDE A NOSA AGRUPACIÓN MUNICIPAL SOCIALISTA NO CONCELLO, ASÍ COMO POR PARTE DE TODOS OS QUE FORMAMOS A FAMILIA SOCIALISTA TAMÉN DESEXAMOS E COMPARTIMOS ESES BOS DESEXOS DE PASAR UNHAS BOAS FESTAS E UN MOI FELIZ ANO 2015 ¡¡

jueves, 18 de diciembre de 2014

Peticións atendidas......e actuacións incomprensibles ¡¡¡¡

Como é de costume, facemos publicacións habitualmente de situacións que precisan melloras no noso concello, pero tamén informamos de cando esas peticións son finalmente atendidas, motivo polo cal felicitamos a veciñanza que recibe esas melloras.

Algunhas das nosas recentes demandas foron as seguintes:

SOLICITAMOS O ARRANXO DO ESTADO DA ESTRADA NO CASAR QUE PRESENTABA ESTE ESTADO:


TRASLADAMOS A CITADA PETICIÓN O PLENO DE SETEMBRO DE 2013 A TRAVÉS DUN ROGO (Nº 4) COMO AMOSA O SEGUINTE ESCRITO PRESENTADO:


A MELLORA SOLICTADA PRESENTA AGORA O SEGUINTE ASPECTO:


CONTINUAMOS CON OUTRA SITUACIÓN DE PERIGO PARA PEÓNS E CONDUCTORES POR UN DESPRENDEMENTO NO POBO DAS LAMELAS, TAL COMO SE VE NA IMAXE:


NO PLENO DE XANEIRO DE 2014 FACÍAMOS A TRAVÉS DO CORRESPONDENTE ROGO (Nº 2  ) A PETICIÓN DESTE ARRANXO, TAL COMO AMOSAMOS NO SEGUINTE DOCUMENTO:


LOGO DAS MELLORAS EFECTUADAS, AGORA PRESENTA O SEGUINTE ASPECTO:


A CONTINUACIÓN OUTRA DEMANDA DE ARRANXO DO ESTADO DE ABANDONO E DIFICIL ACCESO NO LAVADOIRO DE GOIÀS, QUE ESTABA COMO SE VE NA IMAXEN SEGUINTE:


TRASLADAMOS O PLENO DE XANEIRO DE 2014 A CORRESPONDENTE PETICIÓN A TRAVÉS DO ROGO (Nº 9 ), SEGUNDO O SEGUINTE ESCRITO DE PETICIÓNS:


E O ESTADO DAS MELLORAS REALIZADAS DEIXAN ESTA ACEPTABLE IMAXE:


FINALMENTE OUTRAS DAS DEMANDAS QUE FIXERON OS NOSOS CONCELLEIROS SOCIALISTAS FOI A DE PETICIÓN DE ASFALTADO NO POBO DE SESTELO, XA QUE PRESENTABA ESTE ASPECTO DE DETERIORO:


A PETICIÓN DESTA MELLORA DE ASFALTADO FÍXOSE XA NO PASADO MES DE MARZO DE 2013 A TRAVES DO ROGO (Nº 2), PRESENTADO NO CONCELLO:


FINALMENTE, REALIZOUSE ESTA MELLORA NO ASFALTADO, A QUE TAMÉN TEMOS QUE ENGADIR OUTRA DE REALIZACIÓN DO SANEAMENTO NESTE POBO POR SER DOS ÙLTIMOS DA PARROQUIA DE VILARRUBIN QUE TODAVÍA NON TIÑA ESTE SERVIZO. AGARDEMOS QUE ESTE TIPO DE ACTUACIÓNS SIGAN REALIZÁNDOSE XA QUE LEMBRAMOS UNHA VEZ MÁIS QUE TEMOS PARROQUIAS ENTEIRAS, COMO A DE SAN CRISTOBO, ONDE NINGÚN DOS SEUS POBOS DIPON DE ALCANTARILLADO, ASÍ COMO OUTROS MOITOS POBOS QUE QUEDAN NAS NOSAS PARROQUIAS.

AS IMAXES DA MELLORA DO ASFALTADO SON AS SEGUINTES:




POR TODO O PUBLICADO E EXPOSTO NESTE ARTIGO, UNHA VEZ MÁIS NOS SENTIMOS ÚTILES A VECIÑANZA, XA QUE TRASLADAMOS E POÑEMOS VOZ DIANTE DOS ÓRGANOS DE GOBERNO DAS DEMANDAS DOS VECIÑOS E VECIÑAS DO CONCELLO DA PEROXA. UNHA LABOR DA QUE ESTAMOS ORGULLOSOS DE REALIZAR E DE ADICARLLE O NOSO TEMPO E ESFORZO PARA MELLORAR OS SERVIZOS DO CONCELLO, TODO ISTO A PESARES DE ATOPARNOS RESPOSTAS COMO A DO PLENO PASADO ONDE O SR. ALCALDE NOS ACUSOU DE FACER ESTAS DIVERSAS PETICIÓNS DOS NOSOS POBOS E PARROQUIAS CO ÚNICO OBXETIVO DE "VENDER A MOTO" ¡¡¡

A ESTAS NECIAS PALABRAS O ÚNICO QUE LLE PODEMOS RESPOSTAR E QUE NÓS ESTAMOS A CUMPRIR CO NOSO COMPROMISO PARA O QUE FOMOS ESCOLLIDOS, MOI LONXE DAS SÚAS ACTUACIÓN CLARAMENTE ELECTORALISTAS E CO ÚNICO FIN DE TRATAR DE ENGANAR CON PÍRRICAS ACTUACIÓNS MESES ANTES DUNHAS ELECCIÓNS A VECIÑANZA, QUE POR CERTO, CADA DÌA QUE PASA ESTÁ XA MÁIS CONVENCIDA DE QUE ESTAS POLÍTICAS RANCIAS E ARCAICAS ESTÁN XA FORA DE LUGAR E A VECIÑANZA O ÚNICO QUE QUERE E QUE OS CARTOS QUE PAGAN DOS SEUS IMPOSTOS SE VEXAN REFLEXADOS EN ACTUACIÓNS NOS SEUS POBOS E PARROQUIAS, ANOS TRAS ANO E NON SOAMENTE CADA CATRO ANOS BUSCANDO ÚNICAMENTE RÉDITO ELECTORAL.

NÒS SEGUIREMOS A REALIZAR A NOSA GRATIFICANTE LABOR, AGRADECIDA CADA VEZ MÁIS POLOS VECIÑOS E VECIÑAS QUE VEN COMO NOS INTERESAMOS POLOS SEUS PROBLEMAS E NECESIDADES, QUE PERCIBEN QUE AS NOSAS SOLICITUDES E DEMANDAS REITERADAS NO CONCELLO SENDO INSISTENTES EN DENUNCIAR E PUBLICAR AS SÚAS PETICIÓNS OBSERVAN QUE DAN RESULTADO E SE REALIZAN LOGO DE ANOS DE ESPERA NA MAIOR PARTE DOS CASOS.

....... E SOBRE TODO PORQUE, DESPOIS DE DÉCADAS DE ESCURIDADE, POR FIN, VEN COMO HAI ALGUÉN QUE INFORMA DO QUE ACONTECE A SEU CARÓN.....NO SEU CONCELLO......COS SEUS CARTOS ¡¡¡¡


O titular deste artigo tamén se refería a "actuacións incomprensibles".

O motivo deste calificativo e que vemos como a través da publicación de diversas e diferentes subvencións por parte da Deputación de Ourense no Boletín Oficial da Provincia, non acabamos de entender o porquè de que o noso Concello de A Peroxa, coa necesidade que temos de actuacións e inversións sexa quen de RENUNCIAR A VARIAS SUBVENCIÓNS ¡¡¡¡

COMO TODO O QUE PUBLICAMOS, ESTÁ AMPARADO EN DOCUMENTOS OFICIAIS E ESTA INFORMACIÓN ESTÁ A VOSA DISPOSICIÓN NOS ENLACES SEGUINTES:

No seguinte enlace na pàxina 6 no punto 1 podedes leer perfectamente que o Concello da Peroxa RENUNCIA as axudas concedidas, o mesmo ocurre tamén na páxina 8 no punto 1, e finalmente o mesmo na paxina 11 tamén no punto 1.

https://bop.depourense.es/portal/descargarPdf.do?numBoletin=288&fecha=20141217


UNHA VEZ MÁIS NÓS PUBLICAMOS A INFORMACIÓN......O ANÁLISE E AS POSTERIORES CONCLUSIÓNS......SON TÚAS........TÍ DECIDES O QUE QUERES PARA O TEU CONCELLO ¡¡¡






miércoles, 17 de diciembre de 2014

Os orzamentos da Xunta 2015 na Peroxa.

Un ano máis, e despois da recente aprobación e publicación dos Orzamentos da Xunta de Galicia para o vindeiro ano 2015 nos atopamos que o noso Concello volve a recibir a mesma cantidade que no exercicion anterior.......0 € ¡¡¡

Os titulares que nos atopamos estes días na prensa local sobre este asunto, corrobora o perigosas que son as maiorías absolutas nos gobernos.....e si son do PP moito máis ¡¡ xa que non contan nin aceptan propostas de ninguén.....e iso que sempre se lles enche a boca que buscan acordos e consenso....HIPOCRESÍA E CINISMO PURO E DURO ¡¡¡

http://ccaa.elpais.com/ccaa/2014/12/16/galicia/1418753795_395062.html

NO PERIODO DE PRESENTAR AS ALEGACIÓNS POR PARTE DOS REPRESENTANTES POLÍTICOS NOS CONCELLOS, OS MEMBROS DA NOSA AGRUPACIÓN SOCIALISTA, COMO CADA ANO TRASLADA ÒS NOSOS REPRESENTANTES NO PARLAMENTO DE GALICIA AS OBRAS DE TITULARIDADE AUTONÓMICA, POLO TANTO, RESPONSABILIDADE DA XUNTA DE GALICIA E QUE NO SEU DÍA FORON COMPROMETIDAS, ORZAMENTADAS E NON REALIZADAS, ASÍ COMO OUTRAS QUE ENTENDEMOS QUE SON NECESARIAS PARA MELLORAR OS SERVIZOS DO CONCELLO DA PEROXA.

PRESENTAMOS AS SEGUINTES PROPOSTAS:

EN MATERIA DE INFRAESTRUCTURAS......LEMBRANDO O QUE ESTÁ COMPROMETIDO E TODAVÍA SEN EXECUTAR A PONTE SOBRE O MIÑO NOS PEARES, DIRECTAMENTE ANUNCIADO POLO PRESIDENTE DA XUNTA NUN DESES EVENTOS POLÍTICOS NOS QUE TANTO LLE GUSTA APARECER.....PARA LOGO COMO NO CASO DOS PEARES......DESAPARECER ¡¡¡



TAMÉN PROPUXEMOS A RECUPERACIÓN DA PRAZA DO MÉDICO SUPRIMIDO NO CENTRO DE SAUDE DA PEROXA.

FIXEMOLO ONDE O TIÑAMOS QUE FACER PARA DEBATER EN SANTIAGO TAMÉN AS PREOCUPACIÓNS DOS VECIÑOS E VECIÑAS DA PEROXA, ANTE O EVIDENTE ABANDONO E PASOTISMO DOS MANDATARIOS DO NOSO CONCELLO DA PEROXA, PREOCUPADOS COMA SEMPRE ÚNICAMENTE POLOS SEUS ASUNTOS ¡¡¡



SOBRE ESTA GRAVE PROBLEMÁTICA LEVAMOS MOITOS MESES DE LOITA SEN APOIO NUNGÚN POR PARTE DO CONCELLO, QUE PARECE ABANDONAR AS NECESIDADES DA VECIÑANZA E DEFENDER OS SEUS INTERESES POLÍTICOS, PLEGÁNDOSE UNHA VEZ MÁIS AS INSTRUCCIÓNS E MENTIRAS DO SEU PARTIDO.

SOBRE ESTE TEMA TEMOS PUBLICADO O SEGUINTE, COMO TODOS RECORDAREDES....

AS SEGUINTES IMAXES SOBRE A NON COBERTURA DAS VACACIÓNS...





E AGORA NOS ENLACES SEGUINTES A SUPRESIÓN DEFINITIVA DA PRAZA, ONDE POR PARTE DO SERGAS SE DAN UNHAS RESPOSTAS QUE NON SE AXUSTAN A REALIDADE.....

http://www.ourensedixital.com/_novas/13/09/12_10.htm

http://www.farodevigo.es/portada-ourense/2013/09/12/peroxa-contara-medicos-y-enfermeras/876202.html


LEVAMOS O TEMA A VARIOS PLENOS....

A RESPOSTA DO ALCALDE SEMPRE A MESMA....."ESTAMOS MIRANDO...."

PREGUNTOUSELLE DIRECTAMENTE A CONSELLEIRA EN SANTIAGO A TRAVÉS DOS DEPUTADOS SOCIALISTAS NA XUNTA...



E A RESPOSTA OFICIAL DO SERGAS COMO SEMPRE A TRAVES DA PRENSA E MENTINDO DESCARADAMENTE....


MESMO NESTES DIAS PASADOS VARIOS COLECTIVOS SANITARIOS RECODABAN ESTA TRISTE SITUACIÓN...

http://www.laregion.es/articulo/ourense/medicos-reclaman-no-discrimine-provincia-sanidad/20141216071848510682.html

E A RESPOSTA DO SERGAS VOLVE A FALTAR A VERDADE....

http://www.farodevigo.es/portada-ourense/2014/12/17/sergas-dice-suprimio-medicos-pueblos/1151537.html

POLO TANTO, QUEDA UNHA VEZ MÁIS DEMOSTRADO QUE SEGUIMOS A TRABALLAR E PETAR EN CANTOS LUGARES SEXA NECESARIOS PARA LOITAR POLA DEFENSA DOS SERVIZOS NO NOSO CONCELLO DA PEROXA.......MENTRAS TANTO......ALGÚEN SABE ALGO DAS ACCIÓNS DOS SR. ALCALDE E OS SEUS CONCELLEIROS ????

VOLTANTO O ASUNTO DOS ORZAMENTOS OS REPRESENTANTES SOCIALISTAS NO PARLAMENTO PRESENTARON A RAIZ DAS NOSAS DEMANDAS AS SEGUINTES PROPOSTAS PARA A OBRA DA PONTE DOS PEARES....



NO REFERENTE A PRAZA DO MEDICO QUE SE SUPRIMIU FIXOSE UNHA PETICIÓN DE REPOSICIÓN EN VARIOS CENTROS DE SAUDE DE TODA A PROVINCIA....OBTENDO A RESPOSTA QUE XA COÑECEDES POR PARTE DA XUNTA, TANTO NO ASUNTO DO MÉDICO COMO DA OBRA DOS PEARES...

O PP APROBOU OS ORZAMENTOS SEN ATENDER NIN UNHA SOA PROPOSTA DE MODIFICACIÓN ¡¡¡¡


ESTE SIGNIFICA QUE NON ATENDERON AS NOSAS INICIATIVAS E PROPOSTAS.......PERO NON CONSEGUIRAN QUE DESISTAMOS DAS NOSAS XUSTAS DEMANDAS PARA O NOSO CONCELLO E QUE SIGAMOS LOITANDO ¡¡¡

ESTA É A INFORMACIÓN QUE DEBES COÑECER, ANALIZAR.....E SACAR A TÚAS CONCLUSIÓNS.

LEMBRA.........NOS INFORMAMOS........TÍ DECIDES ¡¡¡

jueves, 11 de diciembre de 2014

Actividade deportiva na fin de semana do 13 e 14 de decembro de 2014

No que respecta as competicións deportivas, os nosos equipos representativos do Concello terán os seguintes compromisos:

SDC. ARRABALDO - A PEROXA C.F.: Domingo 14 as 16:00 no campo de Sta. Cruz.

ATL. PEROXA - AMOEIRO C.F.: Domingo 14 as 16:00 no campo do Marco.
 
A PEROXA C.F. "B" - ARCOS C.F.: Sàbado 13 as 18:00 no campo do Marco.

A PEROXA C.F. INFANTIL - SDC ARRABALDO "B": Sàbado 13 as 10:30 no campo do Marco.

AA.VV. ARRANXAR - A PEROXA C.F. BENXAMIN: Sàbado 13 as 10:00 no campo de Oira.

A PEROXA C.F. PREBENXAMIN - E.D. CONCELLO DE BARBADÁS"B": Sàbado 13 as 12:00 no campo do Marco.

ARNOIA - GADAFFI PEROXA VETERÁNS Sàbado 13 as 16:00 no campo de Arnoia.

FS. BEARIZ - OS PEARES FS: Sàbado 13 as 17:30 no pabellón de Beariz.

Os compoñente do equipo de atletismo do PEROXA RUNNING participarán en algunha das probas que marca o calendario para este fin de semana, que podes consultar no enlace seguinte:

http://www.correrengalicia.org/index.php?name=CPGNuCalendar


APOIA E DISFRUTA DO NOSO DEPORTE ¡¡¡

miércoles, 10 de diciembre de 2014

Actividades e eventos variados....e importantes ¡¡¡

Anunciamos, como é habitual neste blog dende xa fai moitos anos, os eventos e actividades que se desenrolan no noso termo municipal, organizados por distintos promotores.

Informamos dun acto destacado, novedoso e de interès que se celebra este venres 12 no local da Asociación de Veciños de Armental, que se anuncia a través do seguinte cartel.

Continuamos co anuncio dun interesante Concurso de Fotografía que organiza o Concello e que se anuncia a través do seguinte cartel:


E tamén se publicaron as bases que rexiran o concurso:


Tamén se levará a cabo unha campaña de recollida de alimentos, este ano en colaboración cos establecementos do Concello. O anuncio è o seguinte:


COMO NON PODÌA SER DOUTRO XEITO, INVITAMOS A TODA A VECIÑANZA A PARTICIPAR E COLABORAR NESTES INTERESANTES EVENTOS.

AGARDANDO TAMÉN OUTRAS ACTIVIDADES NO NADAL DIRIXIDAS OS GRANDES PROTAGONISTAS DESTAS DATAS COMO SON OS NOSOS NENOS E NENAS.



Non queríamos deixar pasar a ocasión de referirnos o acontecido con unha campaña similar a que se realiza este ano coa recollida de alimentos, e que se fixo o pasado ano sendo un cúmulo de despropósitos.

Lembremos o anuncio que se facía o ano anterior da campaña convocada...

 

 A recollida de xoguetes e de alimentos non foi todo o exitosa que a ocasión o merecía, pero o procedemento posterior por parte do Concello da Peroxa, non estivo a altura dunha circunstancia tan especial e sensible como esta.

Os xoguetes e alimentos tardaron semanas en ser repartidos os seus destinatarios quedando polo tanto os cativos sin os seus correspondentes xoguetes nunhas datas tan sinaladas.

Esta circunstancia foi preguntada no pleno de xaneiro polos nosos concelleiros a través dunha pregunta o Sr. Alcalde, tal como amosamos na pregunta 6 do seguinte documento:


As respostas dadas polo Sr. Alcalde, segundo se recolle na acta do citado pleno celebrado o 21 de xaneiro de 2014 foron as seguintes:

"A VALORACIÓN NON FOI POSITIVA, XA QUE FOI POUCA A RECOLLIDA NESTA CAMPAÑA"

"OS ALIMENTOS E OS XOGUETES ESTÁN ALMACENADOS XA QUE NON SE PODEN REPARTIR POR ESTAR A ASISTENTA SOCIAL DE BAIXA".

"O CONCELLO NON APORTOU NADA A ESTA CAMPAÑA"

COMO PODEDES COMPROBAR TRISTES RESPOSTAS, E MÁIS TRISTE A ACTUACIÓN E XESTIÓN QUE O CONCELLO DA PEROXA FIXO DESTA CAMPAÑA.


EN CANTO O TEMA DA NULA APORTACIÓN DO CONCELLO A ESTA RECOLLIDA É UN TRISTE DATO QUE CONTRASTA CO DESPILFARRO QUE NESAS MESMAS DATAS SE FIXO NUNS CALENDARIOS QUE CUSTARON MÁIS DE 2.000€ DOS NOSOS CARTOS E IMPOSTOS.

Os membros da nosa Agrupación Municipal Socialista no Concello así o expresaron públicamente a través das seguintes noticias na prensa local:




POLO TANTO, E PARA FINALIZAR ESTA PUBLICACIÓN.....REITERAMOS A NOSA PETICIÓN DE COLABORACIÓN E PARTICIPACIÓN NAS DISTINTAS ACTIVIDADES ORGANIZADAS E DESEXAMOS ESTE ANO UNHA CORRECTA XESTIÓN NA RECOLLIDA E REPARTO DE ALIMENTOS.


SEGUIMOS CUMPRINDO CO NOSO COMPROMISO DE INFORMACIÓN ¡¡¡
 
 

viernes, 5 de diciembre de 2014

Actividade deportiva no concello na fin de semana do 5,6,7 e 8 de decembro de 2014

Os nosos equipos representativos terán os seguintes compromisos nas súas respectivas competicións deportivas:

A PEROXA C.F. - C.D. CEA: Domingo 7 as 16:15 no campo do Marco.

CRESPOS C.F. - ATL. PEROXA: Domingo 7 as 16:00 no campo de Padrenda. 

A.D. CASTRELO DE MIÑO - A PEROXA C.F. "B": Luns 8 as 16:00 no campo de Macendo (partido aprazado).

AA.VV. ARRANXAR - A PEROXA C.F. INFANTIL: Sàbado 6 as 11:30 no campo do Marco.

A PEROXA C.F. BENXAMIN - U.D. OURENSE: Venres 5 as 19:00 no campo do Marco.


GADAFFI PEROXA VETERÁNS - LLOVIZNA NOVO MILENIO: Sàbado 6 as 16:00 no campo do Marco. (eliminatoria de Copa Deputación).



Os compoñentes do equipo de Atletismo PEROXA RUNNING participarán en algunha das carreiras que marca o calendario para esta fin de semana:


No enlace seguinte o calendario para este fin de semana:

http://www.correrengalicia.org/index.php?name=CPGNuCalendar


APOIA E DISFRUTA DO NOSO DEPORTE ¡¡¡


jueves, 4 de diciembre de 2014

Con evidente retraso...¡¡¡

Os responsables municipais do Concello da Peroxa, sempre mantiveron que as obras de reparación e mellora das nosas estradas se debían de facer en èpocas de clima seco, para garantir os traballos e a duración tras unha boa actuación.

Criterio, que evidentemente movido por intereses pre-electorais cambian o seu antoxo.

Sirva como exemplo as actuacións recentes de reasfaltado de algúns treitos das nosas estradas municipais, así como o claro exemplo da mellora da estrada dende A Peroxa a Barra de Miño que se está a facer nestes días de pleno inverno, e con un claro incumplimento dos prazos previstos.

Esta obra está feita dentro dos Plans Provinciais de obras da Deputación do ano 2013, onde tal e como se indica na páxina 4, no seu apartado 5ª desta publicación de convocatoria O PRAZO MÁXIMA PARA A EXECUCIÓN DAS OBRAS SERÁ O 01/12/2014 ¡¡¡¡¡ 

Podedes comprobalo vos mesmos no seguinte enlace, publicado con data 01/03/2013:

https://bop.depourense.es/portal/descargarPdf.do?numBoletin=50&fecha=20130301

Descoñecemos si tal como se indica tamén, se solicitou prórroga....agardemos que sí, para non cometer ningunha ilegalidade coas xustificacións ¡¡¡

A publicación e concesión das obras solicitadas publicouse no BOP do 09/05/2013 segundo se pode ver na paxina 14 do enlace seguinte:

https://bop.depourense.es/portal/descargarPdf.do?numBoletin=106&fecha=20130509

Evidentemente, os prazos non se están a cumprir xa que cando se licitou a publicación indicaba un prazo de execución de 4 meses.......ESTO OCURRÍA EN OUTUBRO DE 2013 ¡¡¡


A situación actual é coñecida por todos....

Estas actuación son un complemente a outras anteriores para completar este tramo que estaba pendente e que se fixeron no ano 2011 segundo a seguinte inversión...


UN TOTAL DESTA ACTUACIÓN DE 118.000€, case 20 millons das antigas pesetas para o seu remate deste treito que non chega a 1 Km de lonxitude.

Os nosos concelleiros socialistas no pleno do pasado mes de marzo de 2013, entre outros asuntos presentaban a seguinte pregunta sobre esta obra feita e sobre o tramo pendente.

Ver a pregunta 4:


As imaxes da nosa pregunta e petición de remate e mellora baseabase nas seguintes imaxes:


 
A resposta dada polo Sr. Alcalde a estas preguntas foi que "estaba a realizar xestión coa Deputación".

AGARDEMOS POLO TANTO O REMATE DEFINITIVO DESTA ESTRADA, ASÍ COMO A REALIZACIÓN DA NOSA PETICIÓN DE PINTADO DA PARTE QUE NON O TEN, E O REPINTADO DE TODO O SEU PERCORRIDO PARA MELLORAR A SEGURIDADE DOS MOITOS USUARIOS DESTA VIA DE COMUNICACIÓN.

POLO TANTO, UNHA VEZ MÁIS, E POR MOITO QUE LLE PESE O SR. ALCALDE (XA QUE NÓS SÍ ESTAMOS A CUMPRIR OS NOSOS COMPROMISOS E A NOSA LABOR QUE A VECIÑANZA DO CONCELLO NOS ENCARGOU NAS PASADAS ELECCIÓNS MUNICIPAIS, MOI O CONTRARIO DOS QUE PARECEN SÓ PREOCUPARSE POR ASUNTOS ALLEOS O CONCELLO E ESTRICTAMENTE PERSOAIS) OS NOSOS CONCELLEIROS SOCIALISTAS SE OCUPAN E PREOCUPAN POLAS NECESIDADES DE MELLORA DAS NOSAS INFRAESTRUCTURAS E DESEXAMOS SEXAN ATENDIDAS AS NOSAS DEMANDAS, QUE SON TAMÉN AS DA VECIÑANZA PARA ACADAR UNS MELLORES SERVISO E INFRAESTRUCTURAS.

SEGUIREMOS INFORMANDO E TRABALLANDO POLA MELLORA DO NOSO CONCELLO E SENDO ÚTILES PARA TRASLADAR OS MANDATARIOS AS DEMANDAS QUE NOS TRASLADAN OS VECIÑOS E VECIÑAS DO CONCELLO DA PEROXA.

martes, 2 de diciembre de 2014

Anuncios varios..¡¡¡

O Concello da Peroxa organiza para o vindeiro mércores día 10 unha interesante excursión a Cerceda e Santiago de Compostela.

Interesante para que a veciñanza coñeza cal è o proceso de tratamento dos seus residuos que se realiza na planta de Cerceda e para concienciar e animar a que realicen unha correcta separacións dos distintos tipos de basura.

Situación que aforraría moitos cartos as arcas municipais do Concello se a reciclaxe se realizase con eficacia, e sobre todo se o Concello fose quen de colaborar e a través do Servizo de recollida de lixo instalar na maioría dos nosos pobos os contenedores axeitados de basura órgànica, plásticos e tamén en algúns puntos recollida de cartóns e vidro.

O anuncio desta viaxe é o seguinte:


Animamos polo tanto os veciños e veciñas do Concello a participar e desfrutar ¡¡¡

Pola contra, e como comparativa tamén anunciamos oportunidades laborais que os concellos limítrofes ofertan e PUBLICITAN A TODA A POBOACIÓN INTERESADA, como son as 4 prazas para Axuda no fogar no Concello de Coles e que se publicou no Boletín Oficial da Provincia do sabado 29 de novembro, e que podedes consultar no seguinte enlace na paxina 13:

https://bop.depourense.es/portal/descargarPdf.do?numBoletin=275&fecha=20141129


DIFERENTES XEITOS DE XESTIÓN MUNICIPAL.....O NOSO DA PEROXA ANUNCIANDO CASE SEMPRE EXCURSIÓNS E FESTAS, MENTRAS AGOCHAN AS OFERTAS LABORAIS.......E O DE COLES PUBLICITANDO AS DIVERSAS E DIFERENTES OPORTUNIDADES LABORAIS PARA A SÚA VECIÑANZA E TÓDOLOS INTERESAD@S, E TAMÉN O SEU COMPLETO PROGRAMA DE ACTIVIDADES DEPORTIVAS, FESTIVAS E SOBRE TODO CULTURAIS ENCHENDO CADA DOMINGO O SEU AUDITORIO CON TODO TIPO DE EVENTOS.

SEGUIMOS INFORMANDO ¡¡¡




lunes, 1 de diciembre de 2014

Resumo do Pleno Ordinario do 3 de novembro de 2014



Seguindo fieis os nosos compromisos de información, damos conta a veciñanza dos asuntos tratados na celebración deste pleno, para que coñeza por fin, logo de anos de total escuridade e falta de transparencia, de todo o que acontece no seu concello, e de como se tratan e debaten as súas propostas e as súas preocupacións e necesidades.



O pasado luns día 3 de novembro celebramos por fin o Pleno Ordinario do Concello que correspondía o mes de setembro, motivo polo cal, unha vez máis o Sr. Alcalde facendo caso omiso as normas e leis que regulan estas periodicidades para a súa celebración coloca nas datas que él considera.



Por este motivo, e tendo en conta que o derradeiro pleno celebrado fora a finais de xullo, non podemos admitir que o noso concello permaneza case catro meses sen celebrar os plenos, lugar de debate, acordos e sobre todo peticións e preguntas de control os òrganos de goberno municipais, que parece que alargan intencionadamente estas celebracións dos Plenos (que reiteramos estàn prefixados por lei) para non dar explicacións nin respostas a veciñanza do concello a través das nosas propostas, rogos e preguntas, xa que somos os únicos que, como sucedeu neste pleno levamos temas e asuntos para tratar e que aparentemente pretendían que fose un simple trámite diu moito de sí, pero sempre en cuestións plantexadas polo noso grupo municipal, situación que se fose polos concelleiros do PP, sería un pleno de hola....y adiós ¡¡¡



A convocatoria e os asuntos da orde do día eran os seguintes:



No punto 1 (ACTA ANTERIOR): aprobouse por unanimidade a acta do pleno anterior, unha vez preguntado o Sr. Alcalde a que mes correspondía este pleno que hoxe íamos a celebrar, si era o pendente de setembro ou xa o correspondente a novembro. Confirmanos que é o de setembro.



No punto 2 (ESCRITOS E COMUNICACIÓNS): o Sr. Alcalde tivo a osadía de traer a este pleno o polémico asunto debatido lamentablemente nas redes sociais do Concello da Peroxa, onde afirmamos e demostramos coa publicación a acta da asamblea do Congreso Local do PP do Concello da Peroxa, onde se nomeaba un novo Presidente Local.



Pregúntounos de onde obtiveramos ese documento, xa que indicaba que ese Congreso Local nunca se celebrara, a pesar de que o documento asinado e fechado indica claramente o contrario (ou é que falsificaron a acta coas datas e as firmas??).



Nos indicamoslle a súa procedencia e tamén lle informamos a petición súa, que esa noticia foi publicada prensa local días despois da súa celebración, o pasado 14 de xuño. 

Como todos os que leemos e nos informamos na prensa a diario sí estabamos o corrente da celebración dese congreso polos seus moitos anuncios previos na prensa local, tal como podedes comprobar nos enlaces seguintes:









Na seguinte páxina tamén se publica información e documentación sobre a celebración dos congresos locais...




Tamén as redes sociais deron conta deste acto:




Lamentamos que así como se usou o Pleno para asuntos totalmente partidistas, lugar pouco apropiado para este tipo de asuntos, xa que realmente non tratan dos problemas e necesidades que os veciños e veciñas do concello sufren e teñen, non se tivera en conta e se trouxera a este pleno tamén, en igualdade de condicións, o noso escrito presentado diante do Sr. Alcalde sobre a situación lamentable e irregular que se está a producir cos nosos concelleiros en canto os seus dereitos de acceso e control dos expedientes que se tramitan nas oficinas municipais, que lembramos unha vez máis é unha das nosas funcións como grupo da oposición, que cada día parece molestarlle máis o Sr. Alcalde e os seus concelleiros, acostumados a facer e desfacer o seu antoxo.....



O referido escrito é o seguinte:




No punto 3 (DECRETOS DA ALCALDÍA): analizamos os acordos tomados por esta vía dos Decretos.

No punto 4 (ROGOS E PREGUNTAS): no apartado de Rogos presentamos os seguintes:


UNHA VEZ MÁIS O SR. ALCALDE PARECE MOLESTARLLE QUE FAGAMOS O NOSO TRABALLO DE DAR TRASLADO O PLENO AS PETICIÓNS E NECESIDADES DE MELLORA QUE O CONCELLO PRECISA E QUE SON APORTADAS TANTO POLOS VECIÑOS E VECIÑAS DO CONCELLO, QUE CADA VEZ MÀIS ACUDEN A NÓS PARA ESTAS PETICIÓNS E TAMÉN AS VISTAS POLOS NOSOS CONCELLEIROS SOCIALISTAS, ASÍ COMO OS NOSOS COLABORADORES E MEMBROS DAS NOSAS LISTAS ELECTORAIS REPRESENTATIVOS DE CADA POBO E CADA PARROQUIA.

NOVAMENTE TIVEMOS QUE ESCOITAR A MESMA RESPOSTA...."nos sabemos moi ben as necesidades que ten o Concello"¡¡¡¡

NON DUDAMOS DE QUE ASÍ SEXA, O QUE SÍ ESTÁ DEMOSTRADO É QUE A PESAR DE SABER DELAS NON ACTÙAN NIN FAN MOITO POR MELLORALAS, SEGUEN COAS POLÍTICAS DO SÉCULO PASADO DE DARLLE UN LAVADO DE CARA AS NOSAS DETERIORADAS ESTRADAS, CASUALMENTE SEMPRE EN ÈPOCA PRE-ELECTORAL PARA XUSTIFICAR QUE PASARON POR ALÍ. PERO MOITO NOS TEMEMOS QUE A VECIÑANZA XA ESTÁ FARTA DESTE TIPO DE POLÍTICAS DE "FACER QUE SE FAI"....E COMO XA AMOSAMOS CON IMAXES NESTE BLOG E TAMÉN NAS REDES SOCIAIS.....MOITAS VECES AS ACTUACIÓNS QUE SE FAN SON PARA EMPEORAR OS SERVIZOS EXISTENTES......NON HAI MÁIS QUE VER O ESTADO NO QUE QUEDARON MOITAS DAS NOSAS ESTRADAS LOGO DE GASTAR MILES DE EUROS DOS PETOS DOS VECIÑOS E VECIÑAS DO CONCELLO........BASTA XA DE ENGANOS ¡¡¡

Engadiu o Sr. Alcalde a súa xa coñecida resposta que...."moitos dos rogos xa están realizados, outros en proxecto e outros en lista de espera".

AHÍ ESTÁ A  NOSA LABOR DE RECORDARLLE E LEMBRARLLE AS NECESIDADES DE CADA POBO E DE CADA PARROQUIA.

ESTAMOS DE ACORDO TAMÉN, E COMO SEMPRE FACEMOS, FELICITAMOS PÚBLICAMENTE A VECIÑANZA QUE VE MELLORADOS OS SEUS SERVIZOS, PERO EN VARIOS CASOS DOS CALES FIXEMOS NOSA PETICIÓN DE MELLORA XA FAI MÀIS DE DOUS MESES FORON ATENDIDOS A RAÍZ DE FACER ESTAS SOLICITUDES POR ESCRITO LOGO DE NON TELAS ATENDIDAS A PESAR DAS PETICIÓNS DA VECIÑANZA.....ENTRE ESTES CASOS PODEMOS CITAR A FUGA DE AUGA DA PEDREIRA....O ASFALTADO DA ESTRADA DE VISPIN A VILLERMA....ETC. ETC.....MOTIVO POLO CAL REITERAMOS O NOSO ORGULLO POR SER ÚTILES A VECIÑANZA DO NOSO CONCELLO.

Neste punto fixemos unha pregunta aclarativa sobre o rogo nº 6, sobre a petición de ampliación do camiño que une os pobos de Costa da Cabra e Cidadella, e o Sr. Alcalde confirmounos "que están traballando neste tema para realizar esta actuación".

Facemos un repaso as nosas peticións, como sempre argumentadas e demostradas con imaxes:

ROGO 1: Asì estàn os accesos a este pobo, impropios para este século....



ROGO 2: Despois dunha inversión de mellora nesta estrada non deberían quedar elementos de perigo como o que se amosa na imaxen...


ROGO 3: Esta situación è moi habitual en varios dos nosos pobos, onde as canles de paso de auga atravesan con total descaro o asfalto das estradas dificultando o paso de vehículos, cando o normal sería que circulase entubado ou tapado baixo unha reixa....


ROGO 4: A imaxen non necesita xa máis comntarios.....fala por sí soa ¡¡


ROGO 5: A situación está neste estado....


ROGO 6: Esta demanda de ampliación desta pista é unha petición xa feita durante moitos anos polos veciños e veciñas da zona para evitar dar un longo rodeo. Agardemos que pronto sexa unha realidade esta actuación que a día de hoxe presenta este aspecto....


Na seguinte imaxe amosamos visión via satèlite do que sería o seu trazado para unir estes dous pobos...



ROGO 7: Situación perigosa tanto para vehículos como para peóns que precisa unha actuación de mellora urxente....


ROGO 8: Fixeronse recentemente neste mesmo lugar actuacións que ven poderían ser contempladas coa colocación dunha varanda que evite unha posible caída perigosa neste punto...


ROGO 9: Despois de varias petición o propio Concello e a propia empresa suministradora do Servizo de Augas, e sen ser atendida durante meses, por fin parece que a situación que denunciamos a través da seguinte imaxe foi subsanada...


Debido, como xa dixemos o retraso da celebración deste pleno, presentamos un novo Rogo sobre unha preocupante situación en moitas das pistas do noso concello, aproveitando a publicación dunha liña de axudas que nos podería beneficiar.

O rogo presentado foi o seguinte....


A resposta do Sr. Alcalde foi "que se está a facer un proxecto, e en algunhas das nosas peticións seguramente coincidan e outras xa están arranxadas".

Os exemplos que motivan as nosas peticións están argumentados coas seguintes imaxes da penosa situación na que están ou quedan as nosas pistas e camiños:

PISTA ENTRE ANSARIZ E REGOLEVADO

 PISTA NO CONCHOUSO


 PISTA NO CONCHOUSO

 PISTA NO CONCHOUSO
(Estas imaxes da pista do Conchouso igual lle deberían resultar coñecidas o Sr. Alcalde)
 
O PASO HABITUAL DOS PRACTICANTES DA MOTO TAMÉN DEIXA SITUACIÓNS COMO A ANTERIOR

UNHA DEMANDA XA FEITA FAI MOITOS MESES POLOS NOSOS CONCELLEIROS SEN QUE FORA ATA O DE AGORA ATENDIDA È A MELLORA DO CAMIÑO ENTRE RABACIDO E AS PARAXAS, POR DETRÁS DO CAMPO DE FÚTBOL, QUE ESTÁ NESTE PENOSO ESTADO E AGORA MESMO ESTÁ A SER USADO ADEMÀIS DE POR MOITOS VECIÑOS PARA ACCESO A FINCAS TAMÉN PARA O ACCESO O NOVO GRADERÍO DO CAMPO DE FÚTBOL.

No apartado de Preguntas sobre cuestións municipais presentamos as seguintes, tamén en dúas datas distintas pola demora na celebración do pleno. Estas foron as primeiras:



En resposta a PREGUNTA 1, o Alcalde respostou sobre uns domicilios particulares que se lle facilitou a cobertura vía satèlite, non tendo esto nada que ver co preguntado. O portavoz socialista indicoulle que se refería a unha factura existente elevada sobre a instalación dunha antena receptora vía satélite no Local Social da Orden que ven se podería ter solicitado a través das subvencións que convocou a Xunta de Galicia para este fin e que está todavía en vigor segundo se lle amosa o Sr. Alcalde a convocatoria seguinte:


O Sr. Alcalde indica "que non sabe de que lle está a falar neste momento e que o mirará para o pleno seguinte".

En resposta a PREGUNTA 2, o Alcalde resposta "que hai 3 persoas anotadas nesa bolsa e que son 3 persoas do Concello".

Pregunta o noso portavoz socialista onde e cando foron publicadas e feitas esas novas bases e esas novas listas, se foron publicitadas por todo o concello a través de Bandos ou se anunciaran na web ou nas redes sociais do concello....¿?.....a resposta foi...."non lembro".

Tamén engadiu o portavoz socialista que non entendía como era posible que tralo cese ou finalización de contrato das persoas que estaban na axuda no fogar, se contrataran unhas novas traballadoras e ningunha delas fose do Concello da Peroxa, senón de concellos limítrofes, preguntandolle si non había xente suficiente no paro na Peroxa que poideran ter esa oportunidade de traballar o cal o Sr. Alcalde respostou que con eses requisitos e titulación requerida non ¡¡¡

Matizamoslle que segundo a normativa vixente non se require a formación nin os cursos que indicou para desenrolar esa labor, tan só poden contar como mérito pero nunca como requisito, a pesar de esto, èl negou que fose así....unha vez máis descoñecendo as leis e normativas ao respecto, que seguramente nin nunca leeu nin saberá donde atopalas ¡¡¡

Indicar que os máis perxudicados son os propios usuarios deste servizo xa que as condicións nas que tiveron que empezar as novas traballadoras non son propias das necesidades e exixencias destes usuarios, incluso moitas delas descoñecendo por completo os pobos e estradas do concello para chegar a realizar a súa correcta labor.....LAMENTABLE ¡¡¡

En resposta a PREGUNTA 3, o Alcalde resposta que "a obra chamase igual, que non se lle puido cambiar o título o proxecto pero que non Plan Marco tan só se fixo Vilasusà e parte de camiño restante en San Cristobo"

O portavoz socialista manifesta que é difícil de creer a súa versión cando hai facturas que acreditan o pago a empresa constructora con data de decembro cando o remate das obras foi en marzo. O Alcalde matiza que na certificación do pago desa factura non estàn as obras feitas no mes de marzo.

Os accesos a Vilasusá que aparecían neste proxecto non se executaron tal como amosa a imaxe sacada no seu día...


O anuncio do cartel do proxexto eran ben claros das obras indicadas a realizar....


Polo tanto, a única obra que se fixo foi diante da Igrexa de San Cristobo tal como o propio Alcalde indicaba na prensa, con unha ilustrativa foto sacada nese lugar no mes de febreiro onde se ven todavía as máquinas traballando sobre unha obra que segundo os nosos datos se abonara en decembro....QUE CURIOSO ¡¡


Foi tamén quen de dudar do lugar onde se sacou esa foto, xa que segun manifestou, eu estou en moitas obras que se fan no concello......DUDAMOS, XA QUE MOITAS NON SE FAN E ADEMÀIS O TEXTO ALUDÍA CLARAMENTE AO LUGAR DA INVERSIÓN E DA FOTO ¡¡¡¡ È CAPAZ DE NEGAR O QUE TODOS ESTAMOS VENDO......VAIA ATREVEMENTO E FALTA DE ARGUMENTOS.

Enlazando coa pregunta anterior, na PREGUNTA 4, relacionada co mesmo asunto, indicou que "xa se explicara na pregunta anterior e que estaba todo claro, e se tiñamos dúbidas que foramos ver as certificacións".....cuestión a que o noso portavoz lle respostou que xa viran o expediente e as certificacións e por iso mesmo se traía a pleno esta pregunta para que aclarara a veciñanza esta situación pouco entendible de que se reciban dùas subvencións diferentes para dous proxectos que se denominan igual ¡¡¡¡

En resposta a PREGUNTA 5, o Alcalde noutra situación de tratar de escurrir o bulto e non ser quen de asumir responsabilidade para gobernar, pregunta o grupo socialista...¿Què faríamos nos?...a resposta do noso portavoz foi que quen goberna como dixo en moitos plenos e él e os seus concelleiros, polo tanto as respostas teñenas que dar vostedes, a nosa labor de momento tan solo é trasladar os òrganos de goberno as demandas e preocupacións dos veciños e veciñas do Concello. Engade o Alcalde que coñece ben as leis o igual que a veciñanza, pero ninguén a cumple, engade que se teñen que aplicar a lei empezarian nos pobos por unha punta e rematarían pola outra e poucas quedarían en pé. O portavoz socialista preguntalle si o Concello actúa cando hai unha queixa ou denuncia da veciñanza sobre esta situación, o que resposta que só actúan cando hai unha denuncia nas oficinas municipais.

Exemplos hai en moitos dos nosos pobos.....


Como resposta a PREGUNTA 6, o Alcalde manifestou "que se pediran 5 subvencions para diferentes programas, pero que tan só estaba pendente da resposta dunha posible que lle interesase o Concello, ademáis de outra xa concecida como è a da axuda para o mantemento do PAI (punto de atención a infancia), o resto non lle interesan o concello pola pouca cuantían concedida".

En canto a pendente de confirmación trátase dunhas actuacións de mellora no Polideportivo da Peroxa, entre as cales se atopa a petición feita polos nosos Concelleiros Socialistas fai xa varios meses de reparar a parte da pista que está sen pulir e que ten causado graves lesións os deportistas.

Os programas e condicións que convocou a Deputación son os que se publicaron no seguinte enlace:


E anunciados tamén na prensa local....


Preguntaremos e analizaremos polo tanto os expedientes das solicitudes feitas e non aceptadas polo Concello,

Debido como xa dixermos, o inxustificado retraso na celebración deste pleno, presentamos outro escrito de preguntas; que son as seguintes:



Na resposta a PREGUNTA 1, o Alcalde respostou "que o proxecto que se vai executar é o Saneamento en Sestelo e mellora da depuración das augas residuais no Souto"

Actuación a do Souto, tamén solicitada en reiteradas ocasións en diversos plenos polos concelleiros socialistas polo deficiente funcionamento da fosa séptica que realizaba vertidos o exterior que circulaban pola cuneta da estrada cara o regato da Barra, e que xa no seu día foi incluso motivo de Sanción económica por esta situación a través dun expediente da Confederación Hidrogràfica do Miño e que supuxo un elevado desembolso económico importante para as arcas do Concello pola súa neglixencia e por non atender as nosas demandas de mellora.

As primeiras peticións sobre esta situación foron das nosas primeiras actuacións xa no ano 2011, tal como se reflexa no seguinte escrito presentado no Concello:


Incluso a prensa se fixo eco das nosas xustas demandas de mellora deste servizo que se atopaba nun lamentable estado en prácticamente case todo o Concello, sen importarlle nada os nosos mandatarios:


En resposta a PREGUNTA 2, o Sr. Alcalde indicou "que se trataba dunha subvención para un novo camión de bombeiros, e que se leva xa solicitados en dúas convocatorias consecutivas e que agarda que para o vindeiro ano se lle conceda esta petición o Concello da Peroxa, que xa lle tocaría segundo a puntuación pola colaboración cos servizos de incendios da Xunta".

A resposta obtida a PREGUNTA 3, foi "que esta subvención é parte da mesma que a solicitada para o Saneamento de Sestelo e a fosa do Souto, que era a cuberta da nova grada do campo de fùtbol, e que veu denegada xa que o Concello debía escoller entre unha das dúas e optou pola primeira".

Polo tanto, un inverno máis tocará pasar frío e usar o paraugas para poder disfrutar da nova grada nos dìas de choiva.....que por desgracia son moitos ¡¡¡

Aquí matizamos que o asunto da grada ainda hoxe está sen aclarar xa que como xa manifestamos en moitas ocasións esa cuberta para a nova grada do Campo de Fútbol xa aparecía no proxecto e memoria inicial da obra.....que posteriormente e como se pode comprobar non se construíu ¡¡¡

Imaxes da mesma existían....e existen:


A resposta da PREGUNTA 4, por parte do Alcalde foi "que o Concello non lle pertenece nada. È un informador laborar que estará compartido cos concellos da mancomunidade".

Agardemos polo tanto que faga a súa labor e sobre todo que a veciñanza coñeza e se publicite a existencia deste servizo.

A resposta a PREGUNTA 5, o Alcalde nega a nosa exposición, indicando que "a Mancomunidade solicitou unhas axudas e o Concello outras, pero non se vai a executar ningunha das solicitadas e reitera que non son incompatibles, tal e como lle indicamos".

O portavoz socialista amparandose na convocatoria publicada no DOG do mércores 7 de maio de 2014, na súa páxina 20665, atópase o artigo 6, de Inadmisión de solicitudes individuais simultáneas a outra conxunta, onde claramente no punto 1, letra a) indica que "CADA CONCELLO SÓ PODERÁ PARTICIPAR NUNHA SOLICITUDE, INDIVIDUAL, CONXUNTA, DE MANCOMUNIDADES OU DE CONSORCIOS, SEN PREXUIZO DE QUE OS DIFERENTES PROGRAMAS POIDAN PERMITIR PRESENTAR MÁIS DUNHA ACTUACIÓN".

Todo esto que expresamos no pàrrafo anterior se pode consultar no enlace seguinte:


A Resolución destas subvencions deixa ben as claras a nosa exposición e a nosa razón, e unha vez máis deixa en evidencia os argumentos do Sr. Alcalde, por outra parte entendible xa que dudamos que algunha vez se interese por leer o DOG e as publicacións tanto das convocatorias como das resolucións das subvencións.

No seguinte enlace demostramos unha vez máis "con papeis" e con datos claros e publicados en Boletíns oficiais que a nosa exposición era correcta e polo tanto as solicitudes do Concello da Peroxa incompatibles coa solicitada a través da Mancomunidade, xa que como se publica na páxina 43915 as axudas solicitadas SON EXACTAMENTE AS MESMA DENTRO DO MESMO PROGRAMA: "a) Programa de promoción da igualdade entre mulleres e homes e de prevención e tratamento integral da violencia de xénero (Procedemento SI435A), na liña 1: "Programa de promoción da igualdade entre mullere e homes.
Na citada páxina no Anexo I están as concedidas entre as que se atopa a Mancomunidade e na mesma pàxina tamén está o Anexo II (solicitudes de reserva), dentro do mesmo Programa e liña onde se atopa o Concello da Peroxa....


Polo tanto.....Sr. Alcalde......QUE MÁIS PROBAS QUERE ¡¡¡
 
Finalmente en resposta a PREGUNTA 6, o Alcalde, visiblemente alterado nesta pregunta limitouse a respostar esquivamente "que esta convocatoria foi igual para os 4 concellos, que houbo un tribunal que tomou a decisión".

Nesta pregunta houbo un tenso debate que non vamos a reproducir xa que creemos pola importancia do asunto e de que están en trámite outras accións por parte dos nosos Concelleiros Socialistas, e polo tanto faremos unha publicación exclusiva nas vindeiras datas neste mesmo blog, para que unha vez máis a veciñanza coñeza a escuridade e falta de información e transparencia nos procesos selectivos que se levan a cabo no noso Concello, pisoteando continuamente os dereitos dos cidadáns.

Para rematar o pleno, o noso portavoz planteoulle o Alcalde unhas cuestións orais sobre asuntos de actualidade no Concello que foron as seguintes:

1) Preguntamos pola situación contractual do Peòn de construcción que traballa para o Concello, xa que se celebrou no mes de xuño deste ano un proceso selectivo polo cal se lle contratou por parte do concello e seguimos atopándonos facturas para o concello deste traballador como autónomo por traballo realizados. ¿È xa traballador do Concello?
O Alcalde respostou que xa era traballador do concello dende facía 2 ou 3 meses.

2) Preguntamos polo número de usuarios da Gardería: onde o Alcalde indicou que eran 4.
Neste mesmo punto preguntamos si estaba o corrente de que unha das traballadoras estaba a levar o seu fillo o centro de traballo tanto en època vacacional cando non ten colexio, como que, e por queixas veciñais comprobamos como o pasado outubro que tamén o levou cando non puido ir o seu colexio por atoparse enfermo. Indicamoslle que por idade non pode ir a Gardería nin nos parece razonable actitudes como a citada do pasado mes de outubro, coa preocupación do resto dos pais por este asunto. 
O Alcalde negou coñecer esta situación pero que falaría con ela porque ese neno non pode ir "nin san nin enfermo".

3) Preguntamos o Sr. Alcalde e por extensión o Secretario si eran conscientes de que non estaban a respetar as comunicación efectuadas, neste caso, o noso portavoz coas continuas negativas de acceso os expedientes nos prazos legalmente establecidos a través de Carta Certificada cando claramente a Lei de Procedemento Administrativo sinala que as resolución serán NOTIFICADAS, polo tanto as cartas deberían ser notificacións.
O Sr. Alcalde non sabía de que lle falaba, e o Secretario deu unha vaga explicación sen sentido para xustificar a súa labor.

4) Preguntamos o Alcalde o porquè de non dar traslado o Pleno dunha petición dunha traballadora do Concello para informar da súa situación e das súas demandas de aclarar as inculpacións feitas polo Sr. Alcalde contra o funcionariado por erros a hora de archivar os Decretos en fecha e no seu lugar correspondente.
O Alcalde manifesta que xa deu explicacións persoais a traballadora¡¡¡¡


ESTO É O QUE SE TRATOU, DEBATIU, ACORDOU E ACONTECEU NO PLENO, UNHA VEZ MÁIS TRASLADADO A VECIÑANZA NA NOSA LABOR E COMPROMISO DE INFORMACIÓN A VECIÑANZA.

ESTA É POLO TANTO, A INFORMACIÓN..... O ANÁLISE E AS CONCLUSIÓNS SON TÚAS ¡¡

SEGUIREMOS TRABALLANDO POLA MELLORA DO CONCELLO.