Benvido a este teu lugar de información, consultas, aportacións e por suposto críticas.


Un grupo, un compromiso, unha idea, unha ilusión...

Poñemos o teu alcance unha ferramenta necesaria para coñecer toda a información sobre o noso Concello: actuacións, acordos, propostas, necesidades, acontecementos.... e tamén lugar para opinar libremente a través dos teus comentarios.

Esperamos as túas aportacións.

viernes, 31 de octubre de 2014

Actividade deportiva no Concello na fin de semana do 31 de outubro, 1 e 2 de novembro de 2014

Os nosos equipos representativos terán os seguintes compromisos nas súas respectivas competicións deportivas:

A PEROXA C.F. - MASIDE C.F.: Domingo 2 as 16:30 no campo do Marco.

LOÑOA C.F.  - ATL. PEROXA: Domingo 2 as 16:30 no campo de Loñoá. 

A PEROXA C.F. "B" - LOUREIRO C.F.: Sàbado 1 as 16:30 no campo do Marco.



OURENSE C.F. "C" - A PEROXA C.F. INFANTIL: Venres 31 as 19:00 no campo do Marco.

C.D. ARENTEIRO - A PEROXA C.F. BENXAMIN: Venres 31 as 18:30 no campo da Uceira (Carballiño).

ESCOLA DEPORTIVA OURENSE "B" - A PEROXA C.F. PREBENXAMIN: Venres 31 as 18:00 no campo do Marco..



Os compoñentes do equipo de Atletismo PEROXA RUNNING, terán a oportunidade de participar nalgúna das múltiples probas que se celebrarán en toda a xeografía galega.

No enlace seguinte o calendario para este fin de semana:

http://www.correrengalicia.org/index.php?name=CPGNuCalendar&view=month&day=1&month=11&year=2014


APOIA E DISFRUTA DO NOSO DEPORTE ¡¡¡


Ainda que con pouca relación co eido deportivo, si publicamos tamén eventos culturais e festivos de interese que se celebran no Concello, onde unha vez máis o Bar 1984 organiza outro evento para hoxe venres:


Pleno Ordinario do Concello

POR FIN ¡¡¡¡¡

Este vindeiro luns día 3 as 20:00 celebraremos no Concello da Peroxa o Pleno Ordinario que correspondería ter celebrado no mes de setembro ¡¡¡

Seguindo na súa líña habitual, o Sr. Alcalde fai e desfai o seu antoxo incumprindo continuamente as normas e leis que regulan estes procedementos, poñendo cada día máis trabas e dificultades a nosa labor de control e preocupación polos asuntos municipales e polos problemas reais dos veciños e veciñas da Peroxa, cuestión que cada vez parece molestarlle máis¡¡¡

Ainda que non resulta dificil de entender o inxustificado retraso, que non é outro que como case sempre non teñen nada que aportar a cada Pleno, convirtindose únicamente nun monográfico dos asuntos que os nosos concelleiros socialistas, a través das peticións, demandas e consultas veciñais trasladamos os òrganos de goberno.

A orde do día para o Pleno é a seguinte:


Como indicamos, as cuestións que se trataran no Pleno veñen dadas pola presentación dos seguintes Rogos que fai a nosa Agrupación Socialista no Concello, sobre peticións de mellora de servizos:



No apartado de preguntas, presentamos as seguintes sobre cuestións da actividade municipal, para obter información de asuntos que ocupan e preocupan a veciñanza:





ESTES, ENTRE ALGÚN OUTRO, SERÁN OS TEMAS E CUESTIÓNS QUE SE TRATARAN E DEBATIRAN NESTE PLENO.

POLO TANTO, UNHA VEZ MÁIS CONVIDAMOSTE A QUE NOS ACOMPAÑES E COÑEZAS COMO FUNCIONA O TEU CONCELLO.

AGARDAMOSTE ¡¡¡

miércoles, 29 de octubre de 2014

Obras realizadas dos Plans Provinciais 2013

Unha vez rematadas todas as obras que se incluían no Plan Provincial subvencionado pola Deputación de Ourense para o noso Concello da Peroxa, publicamos a continuación a nosa visión destas actuacións....

O citado Plan foi convocado e publicado no BOP do venres 1 de marzo de 2013, coas condicións e requisitos seguintes que podedes ver no enlace seguinte, a partir da páxina 2:

https://bop.depourense.es/portal/descargarPdf.do?numBoletin=50&fecha=20130301

A aprobación definitiva dos orzamentos e as obras para cada Concello publicouse posteriormente no BOP do xoves 9 de maio de 2013 onde na paxina 9 do enlace seguinte atopamos o proxexto solicitado para o Concello da Peroxa que se denomina "Pavimentación da rede viaria municipal", cun orzamento total de 41.300€:

https://bop.depourense.es/portal/descargarPdf.do?numBoletin=106&fecha=20130509

Unha vez coñecida esta subvención concedida, e como sempre facemos dende a nosa labor de control da actividade municipal, solicitamos por escrito o acceso, entre outros a ese expediente para ver cales ían ser as obras, lugares e pobos que se beneficiarían desta actuación, para comprobar si eran atendidas algunhas das moitas peticións de mellora que a través dos Rogos nos plenos municipais do Concello levabamos feito os tres concelleiros socialistas.

A citada petición de acceso foi a seguinte, onde no apartado cuarto nos referíamos a esta situación:



Unha vez comprobado o expediente, recibimos con agrado como entre outras, había varias das nosas peticións que serían atendidas para a mellora de infraestructuras que a propia veciñanza dos pobos e lugares afectados nos tiñan solicitado, e nos dèramos traslado os mandatarios municipais destas solicitudes.

As actuacións incluían melloras en: O Mato(Graíces) - Bouzalonga - Rabacido - Gulfar/Berdelle - Outeriño - Conchouso e a estrada Souto-Cinconogueiras.

AS NOSAS DEMANDAS DE MELLORA SOLICITADAS E ACEPTADAS DENTRO DESTE PLAN FORON AS SEGUINTES:

1) PARA OS POBOS DO CASAR E DO MATO FIXEMOS A PETICIÓN SEGUINTE.....NO PUNTO 4:



SOLICITAMOS O ARRANXO DOS DESPERFECTOS DA ESTRADA QUE ATRAVESA O POBO DO CASAR ATA O MATO, POLO SEU EVIDENTE DETERIORO. NESTA ACTUACIÓN CONSIDERAMOS QUE SE PUIDO TER FEITO MÁIS E MELLOR XA QUE A PETICIÓN QUE FACÍAMOS NO POBO DO CASAR NON SE ATENDEU E A IMAXE SEGUE A SER A MESMA...


SI SE ATENDEU A DEMANDA DOS LOMBOS DA ESTRADA CHEGANDO O POBO DO MATO QUE PRESENTABA ESTE ASPECTO....


NESTE PUNTO ACTUOUSE DEIXANDO A IMAXE ACTUAL, QUE TAMÉN É MELLORABLE, SOBRE TODO RETIRANDO O SOBRANTE DE MATERIAL QUE SE DEIXOU NA CUNETA...

 
ESTE ASFALTADO NO ENTORNO DO POBO DO MATO, SI BEN, MELLOROU O QUE HABÍA, TAMÉN HAI SITUACIÓNS QUE SE PODERÍAN TER MELLORADO, COMO A DE LIMPAR E ROZAR AS BEIRAS DA ESTRADA E CUNETAS PARA NON ASFALTAR ENCIMA DA MALEZA E DAS HERBAS....



OU TAMÉN O PERIGOSO BURATO QUE SE DEIXOU NA BEIRA DA VÍA.....


2) PARA A MELLORA DOS ACCESOS O POBO DE RABACIDO E A MELLORA DA ENTRADA A VIVENDA DE VECIÑOS DESTE POBO TAMÈN PRESENTAMOS A SEGUINTE SOLICITUDE, A TRAVÉS DO SEGUINTE ROGO NOS SEUS PUNTOS 4 E 5:


AS NOSAS PETICIÓNS EN IMAXES AMOSABAN O ASPECTO LAMENTABLE SEGUINTE....



DESPOIS DO ARRANXO A SITUACIÓN PRESENTA ESTE ASPECTO MELLORADO....




3) TAMÉN TRASLADAMOS A NECESIDADE DO ARRANXO URXENTE DOS BACHES E DETERIORO DA ESTRADA QUE VAI DENDE A ZONA DO GULFAR ATA BERDELLE E QUE SOLICITAMOS A TRAVÉS DO ROGO  NUMERO 2 DAS SEGUINTES DEMANDAS:


A SITUACIÓN QUE MOTIVOU A NOSA PETICIÓN ESTABA COMO AMOSA A IMAXE SEGUINTE....


LOGO DAS ACTUACIÒNS ATENDIDAS E REALIZADAS PRESENTA ESTE MELLOR ASPECTO....


4) TAMÉN FIXEMOS A PETICIÓN DE ASFALTADO E MELLORA DA ESTRADA QUE UNE O POBO DO CONCHOUSO COA CARRETERA A PEROXA-GUERAL, XA QUE O SEU ESTADO ESTABA MOI DETERIORADO PARA O PASO DE VEHÍCULOS. A PETICIÓN, O IGUAL QUE AS ANTERIORES ENUMERADAS TRASLADOUSE O PLENO DO CONCELLO A TRAVÉS DO SEGUINTE ESCRITO DE PETICIÓN DE ROGOS NO PUNTO 7:


A SITUACIÓN DE DETERIORO ERA MÁIS QUE EVIDENTE SEGUNDO SE AMOSA NAS IMAXES SEGUINTES...


 
 AGORA OS VECIÑOS E VECIÑAS DESTE POBO DISFRUTAN DUNHA MELLORA CONSIDERABLE, AINDA QUE MELLORABLE,  PARA A CIRCULACIÓN DOS SEUS VEHÍCULOS....



A CONTINUACIÓN INDICAR CON RESPECTO A ESTAS ACTUACIÓNS QUE DETECTAMOS QUE ALGUNHA NON SE CORRESPONDÍA CO PROXECTADO INICIALMENTE, COMO OCORREU NO CASO DA ESTRADA DENDE O SOUTO ATA CINCONOGUEIRAS, MOTIVO POLO CAL, CONSULTAMOS COS RESPONSABLES MUNICIPAIS SOBRE ESTA SITUACIÓN, ONDE NOS ACLARAN QUE CONSIDERARON QUE ERAN PRIORITARIAS ACTUACIÓNS NOUTROS PUNTOS DESTA MESMA ESTRADA E ASÍ O FIXERON. 

AS MELLLORAS CENTRARONSE NO CONTORNO DO POBO DE CINCONOGUEIRAS ONDE O ASFALTADO DEIXOU ESTAS NOVAS IMAXES...



O RESTO DE ACTUACIÓNS REALIZADAS DEIXARONNOS AS SEGUINTES COMPARATIVAS DO ESTADO ANTERIOR E O ACTUAL QUE AMOSAMOS NAS IMAXES SEGUINTES, XA QUE NOS PREOCUPAMOS UNHA VEZ MÁIS DE COMPROBAR E CONTROLAR A SÚA EXECUCIÓN CORRECTA.

EN BOUZALONGA O ESTADO ANTERIOR ERA ESTE....





TRALAS MELLORAS REALIZADAS AGORA PRESENTE ESTE.....






FINALMENTE, TAMÉN SE MELLORARON ACCESOS NO POBO DE OUTEIRIÑO TANTO NA PARTE SUPERIOR DO POBO COMO NO NÚCLEO INFERIOR, ONDE A SITUACIÓN DE DETERIORO ANTERIOR ERA BEN VISIBLE NOS DOUS CASOS....




AS OBRAS REALIZADAS DEIXARON ESTA NOVA IMAXE....



NESTA OBRA TEMOS QUE LAMENTAR QUE NON SE AMPLIARA A SÚA EXECUCIÓN ATA UNHA VIVENDA RECENTEMENTE HABITADA POR TRES NOVOS VECIÑOS E QUE SEGUNDO SE VEN NAS IMAXES RECENTES AS MELLORAS ERAN MÁIS QUE NECESARIAS. AGARDEMOS SE TEÑA EN CONTA ESTA PETICIÓNS PARA UNHA POSTERIOR E PRONTA ACTUACIÓN NESTE PUNTO.....


POÑEMOS UNHA VEZ MÀIS COA PUBLICACIÓN DESTE ARTIGO, O NOSO COMPROMISO DE DAR CUMPLIDA INFORMACIÓN A VECIÑANZA DE TODO O QUE SUCEDE NO SEU CONCELLO, E QUE DOUTRO XEITO NON TERÍA ACCESO NUNCA.

TAMÉN CONSIDERAMOS QUE A TRAVÉS DAS NOSAS PETICIÓNS DE MELLORA FEITAS E ATENDIDAS POLO CONCELLO SE PÓN DE MANIFESTO QUE ESTAMOS A CUMPRIR COA LABOR QUE A VECIÑANZA NOS ENCARGOU DE POÑER VOZ E IMAXES NOS ORGANOS DE GOBERNO AS SÚAS NECESIDADES E PREOCUPACIÓNS, E QUE NOS CASOS QUE SON ESCOITADAS E MELLORADAS NOS ENCHE DE SATISFACCIÓN SER ÚTILES NA NOSA LABOR, AGARDANDO QUE SEXA MOTIVO PARA QUE MÁIS XENTE CONFÍE NO NOSO TRABALLO, E SOBRE TODO...... REPETIMOS.....NO NOSO COMPROMISO PARA O QUE FOMOS ESCOLLIDOS.


SEGUIREMOS SENDO FONTE DE INFORMACIÓN E TRABALLANDO DÍA A DÍA PARA A MELLORA DO NOSO CONCELLO ¡¡¡

martes, 28 de octubre de 2014

Peticións atendidas nos Peares.

Novamente temos que comunicar actuacións realizadas sobre peticións feitas polos nosos concelleiros socialistas nos plenos do Concello da Peroxa.

Xa a principios deste ano 2014 solicitamos os seguintes arranxos e melloras para anomalías existentes en varios puntos do pobo do Peares. As nosas peticións e as respostas dadas polos mandatarios municipais foron as seguintes que xa moitos de vos coñeceredes...



As situacións de perigo que denunciabamos presentaban o seguinte aspecto...



Estas dúas anomalías solicitadas foron arranxadas, faltando a petición da mellora dos desperfectos sobre a Ponte do río Bubal, que está en procesos coas aseguradoras do vehículo que ocasionou os moitos desperfectos.

A situación sobre o perigoso paso cara a igresa dos Peares, ante a ausencia dunha varanda foi arranxada, deixándonos unha imaxe moito màis segura, como se amosa na imaxe seguinte...



TAN SÓ NOS QUEDA POR TANTO, FELICITAR OS VECIÑOS E VECIÑAS DESTE POBO POLAS MELLORAS ATENDIDAS E REALIZADAS.

LEMBRAR, UNHA VEZ MÁIS, QUE O IGUAL QUE SE NOS TRANSMITIRON ESTAS QUEIXAS DA VECIÑANZA PARA DAR TRASLADO OS ÓRGANOS DE GOBERNO MUNICIPAL, QUEDAMOS A DISPOSICIÓN PARA NOVAS PETICIÓNS PARA A MELLORA DOS SERVIZOS E ANOMALÍAS EXISTENTES NO NOSO CONCELLO DA PEROXA.

SEGUIMOS CO NOSO COMPROMISO DE INFORMACIÓN A VECIÑANZA¡¡¡¡

viernes, 24 de octubre de 2014

Actividade deportiva no Concello na fin de semana do 25 e 26 de outubro de 2014

Os nosos equipos representativos terán os seguintes compromisos nas súas respectivas competicións de deportes:

C.D. CALDELAO - A PEROXA C.F.: Domingo 26 as 16:30 no campo de Castro Caldelas.



ATL. PEROXA - ATL. PONTEDEVA C.F.: Domingo 26 as 16:30 no campo do Marco.
 
C.D. PALMÉS - A PEROXA C.F. "B": Domingo 26 as 16:30 no campo de Palmés.

A PEROXA C.F. INFANTIL - C.D. LA PURISIMA: Domingo 26 as 10:30 no campo do Marco.

A PEROXA C.F. BENXAMIN - S.D. NOGUEIRA: Domingo 26 as 12:00 no campo do Marco.

A PEROXA C.F. PREBENXAMIN - E.D.C. VERIN: Sàbado 25 as 11:30 no campo do Marco.

GADAFFI PEROXA VETERÁNS - SARREAUS: Sàbado 25 as 18:00 no campo do Marco.









OS PEARES F.S. - GARABÁS F.S. Sàbado 25 as 16:30 no pabellón dos Peares.
 
Os compoñente do equipo de Atletismo PEROXA RUNNING, terán a oportunidade de participar nalgúna das múltiples probas que se celebrarán en toda a xeografía galega. Onde destacará a participación o Domingo 26 na Carreira de Santiago.

O calendario de probas para este fin de semana no seguinte enlace:

http://www.correrengalicia.org/index.php?name=CPGNuCalendar



APOIA E DISFRUTA DO NOSO DEPORTE ¡¡¡
 

martes, 21 de octubre de 2014

Festas, eventos e actividades vindeiras...¡¡

De cara a fin de semana, volvemos a ter unha axenda cargada de actividade, neste caso moi diversa e variada, de carácter lúdico, informativo e deportivo, no noso Concello e no limítrofe de Coles.

Comenzamos por anunciar a celebracion da tradicional festa da Ribeira, que ano tras ano aumenta o seu número de asistentes para gozar de boa música e de ser oficialmente o primeiro magosto da tempada.

O cartel que anuncia esta festa é o seguinte...


Continuamos completando a axenda, unha vez máis coa iniciativa do Bar 1984 da Peroxa, dunha interesante e novidosa xornada micolóxica onde os moitos seguidores desta afición poderá disfrutar dunha xornada de formación, recollida e deguste sin precedentes no noso Concello.

O cartel que anuncia este acto e o seguinte...



Tamén pola súa cercanía, e polo seu fin solidario, anunciamos no veciño Concello de Coles a celebración doutra edición máis dunha Andaina que ano tras ano vai a máis.....e onde vemos con certa envexa como con ilusión, gañas de traballar se poden organizar este tipo de eventos que teñen unha gran afición e auxe en toda a nosa provincia, e serve como ferramenta para potenciar e descubrir os paraxes e paisaxes de cada concello.....agardemos polo tanto, que a nosa petición feita e reiteradas ocasións o noso Concello da Peroxa, onde aceptando a nosa proposta se comprometían a facer unha este ano....pero que vemos como lamentablemente parece que non vai ser así ¡¡¡

O cartel que anuncia este evento e este....


Rematamos informando que o luns día 27 dende as 10:30 ata as 14:30 a carón do antigo local de Cruz Vermella da Peroxa a veciñanza do Concello poderá asisitir a unha sesión informativa titulada "SEPAREMOS BEN, RECICLAREMOS MELLOR", onde formarán a poboación sobre esta cuestión, que pode aforrar moitos cartos o noso Concello, sempre e cando tamén se poñan por parte dos responsables municipais os medios axetados para esta función, como pode ser ir extendendo os diferentes contenedores de reciclaxe polos pobos e parroquias do noso concello, como son principalmente o do vidro e papel para facilitar esta labor os veciños e veciñas do Concello.



SEGUIMOS CUMPRINDO A NOSA LABOR INFORMATIVA ¡¡¡