Benvido a este teu lugar de información, consultas, aportacións e por suposto críticas.


Un grupo, un compromiso, unha idea, unha ilusión...

Poñemos o teu alcance unha ferramenta necesaria para coñecer toda a información sobre o noso Concello: actuacións, acordos, propostas, necesidades, acontecementos.... e tamén lugar para opinar libremente a través dos teus comentarios.

Esperamos as túas aportacións.

viernes, 29 de agosto de 2014

Doa o teu sangue...¡¡


Axenda deportiva no Concello na fin de semana do 30 e 31 de Agosto de 2014

Un ano máis, e seguindo fieis o noso compromiso coa información que acontece no noso Concello da Peroxa, comenzamos a tempada deportiva anunciando o que serán as competicións nas que participarán os equipos representativos do concello nas súas respectivas categorías e modalidades deportivas.

OS CHAOS C.F. - A PEROXA C.F.: Domingo 31 as 18:00 no campo da Penafita en Amoeiro eliminatoria de Copa Deputación.

C.D. BARRA DE MIÑO - ATL. PEROXA: Sàbado 30 as 18:00 no campo do Tato de Barra de Miño eliminatoria de Copa Deputación.

A PEROXA C.F. INFANTIL - U.D. BARBADÁS "B": Sàbado 30 as 11:00 amigable no campo do Marco.

GADAFFI PEROXA VETERÁNS - CALDARIA: Sàbado 30 as 18:30 no campo do Marco.


Seguimos tamén lembrando o calendario de probas nas que seguramente participará algún representante do PEROXA RUNNING, que durante todo o verán participaron e obtiveron destacados resultados en moitos puntos da xeografía galega.

Este é o calendario de probas para esta fin de semana:

http://www.correrengalicia.org/index.php?name=CPGNuCalendar


APOIA, DISFRUTA E ANIMA OS NOSOS DEPORTISTAS ¡¡¡¡


jueves, 28 de agosto de 2014

Os Peares: testigos dun novo engano...

Neste días pasados o pobo dos Peares foi noticia en toda a prensa, tv e radio pola súa loita e defensa dos seus intereses e servizos......

Dìas despois vemos de novo como son protagonistas e desculpa dunha nova mentira sobre un asunto que é unha auténtica burla a veciñanza tanto da zona dos Peares como de todo o Concello da Peroxa.

O asunto en cuestión é a famosa creación dunha ruta en catamarán polo Miño dende Ourense, e a instalación duns pantaláns que farán a función de embarcadoiro e que no caso do noso Concello por moito que o Sr. Alcalde intente enganarnos citando o pobo dos Peares como final da ruta, todos os veciños e veciñas do Concello deben saber que eso non é real.....O PANTALÁN-EMBARCADOIRO ESTÁ UBICADO NO POBO DE REZA....preto dos seus negocios particulares.

As noticias que estes días están a salir na prensa faltan completamente a verdade xa que se fala, como no artigo que podedes leer a continuación de embarcadoiros en Reza e en Peares (final da ruta), cando en realidade tan só existe o de Reza...

http://www.lavozdegalicia.es/noticia/ourense/2014/08/27/hidrografica-ve-viable-catamaran-barra-os-peares/0003_201408O27C9991.htm

A mesma noticia curiosamente con outro titular publicase hoxe no mesmo medio....

http://www.lavozdegalicia.es/noticia/lemos/2014/08/28/municipios-ourensanos-quieren-catamaran-barra-os-peares/0003_201408M28C4991.htm

A ruta en catamarán será segundo os responsables un complemento o que sí consideramos unha boa nova para o noso Concello, como é unha ruta peonil entre Ourense.....e esta vez sí....O POBO DOS PEARES ¡¡

http://www.lavozdegalicia.es/noticia/ourense/2014/08/27/proyecto-complementaria-senda-peatonal-tramites/0003_201408O27C9992.htm

A mesma noticia contada por outro medio de prensa local....

http://www.laregion.es/articulo/provincia/concellos-apuestan-ruta-navegable-mino/20140823073935488854.html

A principios do verán o noso Alcalde manifestaba o seguinte nunhas declaracións cando se trataba o tamén polèmico trazado da futura A-76 por esta zona do río Miño...

http://ourensedixital.com/_novas/14/06/09_03.htm

Tamén o noso Alcalde o verán pasado falaba de orzamentos desta ruta do Catamarán e unha vez máis pecando da súa osadía, se atrevía a poñerlle prazo....(estas declaracións son de principios de 2013):



Para os que non coñecían deste "proxecto" publicamos a continuación o que sería o plano e a ubicación concreta dos tres embarcadoiros....



As imaxes da súa instalación e ubicación son as seguintes....

 ESTE É O DE VELLE


 ESTE É O DE BARRA DE MIÑO


 ESTE O QUE CHAMAN OS PEARES.......QUE VEMOS CLARAMENTE A SÚA UBICACIÓN BAIXO O POBO DE REZA E DOS VIÑEDOS E BODEGAS DOS NOSO ALCALDE

AQUI IMAXE CON MAIS DETALLE DAS SÚAS CARACTERÍSTICAS


CREEMOS QUE XA ESTÁ BEN DE TANTO ENGANO E TANTA MENTIRA A POBOACIÓN. 

AS IMAXES E A REALIDADE ESTÁ AHÍ PARA A COMPROBACIÓN DE QUEN O DESEXE. 

QUE NON TRATEN DE OCULTAR A REALIDADE TROCANDO A REALIDADE....OS VECIÑOS E VECIÑAS DOS PEARES SON TESTIGOS DE QUE NO SEU POBO NON HAI NINGÚN EMBARCADOIRO......E MÁIS....O ÚNICO QUE TEÑEN È UNHA PISTA COMPLETAMENTE DETERIORADA TRALAS OBRAS DE CONSTRUCCIÓN DESTE PANTALÁN E QUE TODAVÍA ESTÁ SEN REPARAR, DIFICULTANDO O PASO DE PEÓNS, CICLISTAS E MESMO ALGÚN VEHÍCULO.

SEGUIMOS E SEGUIREMOS COA NOSA LABOR DE INFORMACIÓN A POBOACIÓN.



miércoles, 27 de agosto de 2014

Convocatoria interesante

No DOG de hoxe mércores publicase a convocatoria de cursos preparatorios para  a obtención dos certificados de lingua galega CELGA, tan necesarios hoxe en día para o acceso a calquer actividade, traballo público, cursos, obradoiros, etc..

Toda a información sobre esta convocatoria no seguinte enlace:

http://www.xunta.es/dog/Publicados/2014/20140827/AnuncioG0164-210814-0002_gl.pdf


SI ESTÀS INTERESADO.....

NON DEIXES PASAR ESTA OPORTUNIDADE ¡¡¡


lunes, 25 de agosto de 2014

Actividade interesante.....¡¡¡¡

Logo do seu aprazamento da data inicial prevista polo mal tempo, hai novas datas para as actividades de verán na piscina co Concello da Peroxa....



PARTICIPA.....E DISFRUTA ¡¡¡

NON FALTES ¡¡

viernes, 22 de agosto de 2014

Historia dun día nos Peares...¡¡¡¡

Non podiamos deixar de  publicar neste blog o que foi, segundo o noso punto de vista, unha experiencia a carón dun grupo de veciños e veciñas dos Peares, que outra vez máis amosaron a súa unión pola defensa común dos seus intereses.

A noticia sobre o que trata este artigo, producíase o martes 19 de Agosto, cando, como outras tantas veces, o noso inquieto e intrépido colaborador na zona dos Peares, e membro da nosa Agrupación Socialista no Concello dos Peares, Miguel Palacios nos telefoneaba para solicitar a nosa colaboración diante dun grave problema que iban a sufrir os veciños e veciñas do pobo dos Peares, así como tamén todos os limítrofes das zonas veciñas.

Avisábanos que aparecía pulbicado da prensa un MINI-ANUNCIO que informaba do corte da carretera que atravesa o encoro dos Peares entre os días 20 de agosto e 18 de setembro, tódolos días as 24 horas, deixando unha vez máis, totalmente incomunicada a zona co grave prexuízo que ocasionaba a veciñanza, os servizos básicos, a economía e o turismo do pobo.

O anuncio en cuestión era o seguinte....


O lugar onde se cortaría a estrada sería na propia presa, a carretera que a cruza....



A información que se nos transmite é que a veciñanza acordou unirse e loitar contra esta inxustiza, quedando en reunirse o día seguinte mércores as 08:00 na presa para non permitir o corte da estrada nin o inicio das obras.

Debido a importancia do asunto, e sendo xa case o remate do día, a noso única colaboración posible nese momento foi poñerse en contacto con tódolos medios informativos (prensa, tv, radio....), para que lle deran cobertura informativa o que considerábamos un atropello, feito a espaldas da veciñanza.

O mesmo mércores pola maña, algúns medios informativos xa publicaban a problemática surxida e anunciaban as medidas que se íban a levar a cabo...

ESTA PUBLICACIÓN SAE O MESMO MÉRCORES DÍA 20 NO XORNAL LA REGIÓN.

Asimesmo, tamén o Faro de Vigo, recolle a noticia....

http://www.farodevigo.es/portada-ourense/2014/08/20/vecinos-peares-quejan-cierre-circulacion/1078402.html

O noso portavoz socialista, desprázase o lugar das protestas para apoiar esta xusta reivindicación e tratar de buscar unha solución xusta.

No seu percorrido ata o lugar da cita, circula mesmo detrás da propia grúa que se pretendía colocar na presa, pero como calquer outro conductor, en todo o percorrido non atopa sinais algunhas de anuncio de peche da estrada, nin moito menos das alternativas, tal como se propoñía no anuncio da prensa.

As 08:00 puntuais a súa cita, estamos colocados na entrada da estrada que cruza a presa dos Peares para impedir o paso da maquinaria, con moita presencia de xente como amosan as imaxes...


Minutos máis tarde......seguen a chegar máis veciños para apoiar esta protesta....momento no que tamén comenzan a chegar os medios de comunicación.....como a TVG:


Sen lugar a dúbidas un dos momentos de máis afluencia e interese por parte da veciñanza foi cando chegaron o lugar da protesta os responsables de Gas Natural Fenosa para dar a súa versión e escoitar as demandas da veciñanza...



A indignación dos veciños e veciñas alí reunidos vai en aumento xa que a versión que dan os responsables non lles parece axeitada e sentense enganados unha  vez máis.

A veciñanza pregunta si realmente teñen permiso da propietaria da vía, que é a Deputación de Lugo, a que informan que NON É PRECISO AUTORIZACIÓN, CON UNHA SIMPLE COMUNICACIÓN LLES VALÍA, SEGUNDO UN CONVENIO ASINADO NO ANO 1999, E ESA COMUNICACIÓN FOI FEITA CON SUFICIENTE ANTELACIÓN.

Pouco a pouco, o longo da maña tamén van chegando outros representantes políticos, entre os que se atopa o Presidente do Consorcio dos Peares e alcalde de Pantón Jose Luis Alvarez.

Os veciños e veciñas, indicanlle os responsables da empresa que non se van a mover de alí ata que se lles propoñan outras datas ou alternativas para evitar este corte e o illamento dos seus pobos e servizos.
Ofrecen aperturas alternativas para o paso o longo do día en tramos horarios para negociar cos veciños e veciñas, cuestión que os veciños deciden estudiar unha vez propostas por escrito.

A nosa colaboración prodúcese a través do contacto cos responsables da Deputación de Lugo, concretamente  en conversa coa Vicepresidenta, que unha vez exposta a problemática comprométese a verificar a situación nun breve prazo.

Asì foi, minutos despois confirma que existe esa comunicación de peche, pero que a Deputación AUTORIZA OS CORTES PERO SEMPRE CON APERTURAS PROVISIONAIS DURANTE O DÍA, FACENDO INSISTENCIA NAS PRIMEIRAS HORAS DA MAÑA, NAS HORAS FINAIS DA MAÑA, TAMÉN A ÚLTIMA HORA DA TARDE E POR SUPOSTO, APERTURA NOCTURNA E FIN DE SEMANAS E FESTIVOS ¡¡¡

AQUÍ POLO TANTO CORROBORAMOS OUTRO ENGANO DE GAS NATURAL FENOSA QUE PRETENDÍA NEGOCIAR COA VECIÑANZA ALGO QUE XA TIÑAN QUE CUMPRIR SEGUNDO INDICABA A AUTORIZACIÓN DADA POLA DEPUTACIÓN.....LAMENTABLE ¡¡¡

TAMÉN NOS INDICAN DENDE A DEPUTACIÓN QUE SAE PARA A ZONA UN TÉCNICO DE OBRAS PARA MENTER UNHA REUNIÓN AS 13:00 COS RESPONSABLES DA EMPRESA E COA VECIÑANZA.

Durante a maña os veciños e veciñas permaneceron no lugar impedindo o paso a vehículos pola presa que non fosen veciños da zona ou servizos básicos. 
Sirva como exemplo que mesmo o panadeiro ou o pescadeiro fixeron parada para efectuar as ventas neste punto que sería unha das situacións que se producirían de levarse a cabo o corte da estrada, xa que segundo eles manifestaron non lles sería rentable un rodeo de tantos kilómetros...

 O PESCADEIRO FACENDO AS SÚAS VENTAS...

Nesa reunión, por certo, cuberta por un gran número de xornalistas, logo de debatir sobre o tema, a veciñanza propòn como alternativa os traballos nocturnos que ocasionarian menos inconvenientes.
A empresa alega cuestións de seguridade e económicos que o farían inviable.
Propoñen uns horarios de peche alternativos por escrito que os veciños e veciñas dos Peares deciden debatir e decidir nunha reunión que se celebrará no mesmo lugar as 17:00.

Como indicamos esta noticia xa aparece nas noticias da TVG de mediodía. Podedes ver no seguinte enlace a partir do 18' 52"...

http://www.crtvg.es/tvg/a-carta/galicia-noticias-mediodia-873109#

Na posterior reunión, exclusiva para os veciños e veciñas da zona afectada acordan aceptar unha proposta de traballo nocturno con aperturas alternativas en tramos horarios segun se indica na seguinte publicación:


CREEMOS POLO TANTO, QUE É UNHA RAZONABLE PROPOSTA E POLO TANTO UN ÉXITO DAS DEMANDAS E DA PRESIÓN POPULAR DUN POBO UNIDO.

Como non podía ser doutro xeito, os xornais do xoves 21 de agosto abrían mesmo con esta noticia e as imaxes que se produciron as súas portadas e grandes reportaxes sobre a noticia producida por esta xusta protesta. 

Entre outras seleccionamos as seguintes...

http://www.farodevigo.es/portada-ourense/2014/08/21/vecinos-peares-retrasan-inicio-obras/1078918.html


http://www.laregion.es/articulo/ourense/vecinos-peares-rebelan-corte-trafico-presa/20140821062747488542.html

http://www.lavozdegalicia.es/noticia/ourense/2014/08/21/pueblo-os-peares-paraliza-obra-cortaria-principal-acceso/0003_201408O21C7991.htm
(nesta publicación observamos a presencia (con camisa negra) do noso portavoz Socialista no Concello da Peroxa, atento as decisións e propostas que se fan na reunión).

Foron moitas as manifestacións feitas polos diferentes afectados e políticos en medios de comunicación, pero queremos destacar unhas que consideramos totalmente desafortunadas por parte do Presidente do Consorcio dos Peares....

http://www.lavozdegalicia.es/noticia/ourense/2014/08/21/presidente-consorcio-local-culpa-diputacion-lugo-avisar-actuacion/0003_201408O21C7992.htm

TRISTES DECLARACIÓNS CON CLARO TINTE POLÍTICO, CANDO O QUE SE TRATABA NESTA PROTESTA ERA O APOIO INCONDICIONAL OS VECIÑOS E VECIÑAS AFECTADAS INDEPENDENTEMENTE DE QUE FORA "MÁIS OU MENOS CULPABLE".

Lamentablemente, diante destas desafortunadas declaracións, e como algúns temos memoria e exemplos suficientes para amosar diante da veciñanza o seu estilo de facer política tamén lle imos a refrescar a memoria a través do seguinte artigo onde os nosos Concelleiros Socialistas no Concello da Peroxa, no seu día, actuaron diante das políticas de falta de transparencia e oscurantismo que son habituais nos nosos mandatarios do PP, e nas que este señor era co-responsable como membro do Consorcio, cando non se publicitou nen avisou os interesados para un proceso selectivo para tres postos de traballo que a través do noso traballo e insistencia conseguimos que se anulara e realizase con total legalidade:

http://www.farodevigo.es/portada-ourense/2013/11/28/fuerzan-repeticion-proceso-selectivo-consorcio/922653.html

Tamén o longo do día foron varios os medios escritos e de radio que se interesaron da situación de protesta a través do noso portavoz que en todo momento destacou a iniciativa e o mérito única e exclusivamente da veciñanza da zona dos Peares, amosando e xustificando a súa presencia alí únicamente como apoio diante desta inxustiza.

A raíz da lectura destas citadas declaracións con tinte político do Presidente do Consorcio, tamén tivemos que respostar e amosar a nosa postura a través dun interesante artigo publicado no xornal El Pais, e que non ten desperdicio o publicado pola xornalista presente na protesta, e que podedes ler no enlace seguinte...

http://ccaa.elpais.com/ccaa/2014/08/20/galicia/1408566204_870729.html


Curiosamente, fai un par de semanas, este mesmo xornal realizaba unha reportaxe e entrevista sobre a "singularidade" desta zona dos Peares, e que seguramente a maioría da veciñanza non coñece......por este motivo vos facilitamos esa opción no enlace seguinte....NON TEN DESPERDICIO ¡¡¡

http://politica.elpais.com/politica/2014/08/01/actualidad/1406893974_173427.html

Sinceiramente, leendo algunhas manifestacións dos que nos gobernan creemos que están xa no momento de botarse a un lado e deixar a outras persoas que asuman estas responsabilidades que eles non foron quen de asumir, nin o máis importante.....SOLUCIONAR A PROBLEMÁTICA QUE DURANTE DÉCADAS LEVAN RECLAMANDO OS VECIÑOS E VECIÑAS DESTA ZONA.


REMATAMOS ESTA ARTIGO, INSISTINDO UNHA VEZ MÁIS O ÉXITO E O MÉRITO TOTAL DA VECIÑANZA DOS POBOS DA ZONA DOS PEARES POLA SUA INICIATIVA E DEFENSA DOS SEUS INTERESES, INDEPENDENTEMENTE DA SÚA COR POLÍTICA.


FELICITAMOLOS POLO TANTO POR OS OBXETIVOS ACADADOS ¡¡¡¡

AGARDAMOS QUE ESTE ARTIGO SEXA LEÍDO, ANALIZADO, REFLEXIONADO E COMO SEMPRE DECIMOS........AS CONCLUSIÓNS A SACAR SON DA VECIÑANZA ¡¡¡¡¡¡

A NOSA LABOR E COMPROMISO SEGUE A SER ESTAR O LADO DA VECIÑANZA PARA DEFENDER OS SEUS PROBLEMAS......E SOBRE TODO INFORMAR, CUESTIÓN QUE DURANTE DÉCADAS PARECÍA UNHA AUTÉNTICA UTOPÍA QUE OS VECIÑOS E VECIÑAS DE TODO UN POBO OU PARROQUIA POIDESEN TER ACCESO O QUE SE DEBATE E DECIDE NO SEU CONCELLO, LABOR QUE ESTAMOS A LEVAR A CABO CON TOTAL ADICACIÓN.


SEGUIREMOS TRABALLANDO POLA MELLORA DO NOSO CONCELLO ¡¡¡




jueves, 14 de agosto de 2014

ANÀLISE DE CARRETERA......¿NOVA?

Este é o nome que se usou e se segue a usar para denominar a carretera recentemente rematada e que une o pobo da Peroxa coa zona de Vilarchao.

Unha infraestructura pola que tivemos que agardar para o seu remate definitivo máis de 20 anos......e na que as opinións son moi diversas e variadas, unha vez analizados os seus pros e contras.

Certamente a melloría en canto a accesos o Concello é evidente se o comparamos coa precariedade que tiñamos anteriormente.....pero a duda é si realmente esta obra está a altura e se corresponde coas características que debería ter unha obra feita no século XXI, ainda que con proxecto do século pasado.

Temos visto estos días pasados multitude de artigos na prensa sobre reunións, manifestacións, propostas e tamén protestas sobre a seguridade do tramo da N-525 entre Ourense e Cambeo, que nos afecta a case todos os veciños e veciñas da Peroxa, pola súa extrema perigosidade e que xa nos ten deixado multitude de accidentes e víctimas entre as que se atopaban coñecidos, veciños, veciñas e mesmo familiares....e que lamentablemente ese perigo sigue existindo xa que as medidas lonxe de buscar solucións, parece van encamiñadas màis o afán recaudatorio que a propia seguridade dos usuarios.

Opinamos pois, e tomando como exemplo o exposto no párrafo anterior, que esa mesma situación se está a dar nesta "nova carretera", debido os xa múltiples accidentes, por sorte, de momento....sen víctimas mortais, ainda que con danos graves materiais nos vehículos afectados, e case todos centrados únicamente nun punto da vía, como é a perigosa curva de Mira.

No caso indicado da nacional dende Ourense podemos ter en conta os xa moitos anos da construcción e tamén das modificacións feitas no seu trazado, pero NESTA OBRA RECENTE DA "CARRETERA NOVA" FAISE MOI DIFÌCIL ENTENDER COMO OS RESPONSABLES DESTA VÍA PERMITEN ESTE PERIGOSO TRAZADO CON CURVAS QUE MÁIS BEN PARECEN PROPIAS DE CARRETERAS DO SÉCULO PASADO ¡¡¡....e que tristemente o tempo está a confirmar o tremendo erro no seu proxecto.

Unha carretera na que día sí e día tamén se producen todo tipo de accidentes, sobre todo en días con choiva, pero tamén en seco, a pesares dos moitos esforzos por sinalar a extrema perigosidade da curva antes indicada con carteis e sinais varias......O PROBLEMA NON É DE SINALIZACIÓN SENÓN DO SEU MAL TRAZADO ¡¡¡

Nas imaxes seguintes amosamos exemplos varios dos accidentes recentemente producidos....


Accidente producido este pasado domingo 10 de agosto...


 Accidente producido o pasado sábado 2 de Agosto...


Restos dun grave accidente ocurrido a principios do verán...


E LAMENTABLE QUE MESES DESPOIS DA SÚA ESPERADA APERTURA SEXAN XA MOITAS AS VOCES QUE PIDEN A SÚA MELLORA PARA NON TER QUE LAMENTAR GRAVES CONSECUENCIAS PERSOAIS ¡¡¡¡

Unha estrada que como xa indicamos anteriormente ten zonas altamente perigosas no seu trazado, e na que nos podemos atopar no seu curto percorrido con infinidade de sinais que nos indican constantemente esa perigosidade e na que a velocidade está claramente limitada segundo indica a sinalizaciòn...


 LIÑA CONTÍNUA QUE IMPIDE O ADIANTAMENTO EN CASE TODO O SEU RECORRIDO


LIMITES DE VELOCIDADE...


 UNHA DAS CURVAS PERIGOSAS DO TRAZADO...


 ESTA É DAS ÚNICAS ZONAS DE ADIANTAMENTO, E A VELOCIDADE MÁXIMA EN TODA A VÍA TAN SÓ NESTE CURTO TRAMO...


 AQUÍ A CURVA CITADA E NA QUE SE PRODUCIRON XA MOITOS ACCIDENTES TANTO NUN SENTIDO COMA NOUTRO...

 
NOVA RESTRICCIÓN DE VELOCIDADE A ENTRADA DA PONTE DA BARRA ONDE XA VIMOS EN ALGUNHA OCASION COLOCADO O RADAR......"VELANDO POLA NOSA SEGUIRIDADE AGOCHADO NA PARTE DEREITA DA ESTRADA..."


Unha carretera que xa tivo que ser reparada en varias ocasións por algunhas deficiencias importantes como as que amosan as imaxes seguintes, e que pon de manifesto a pouca calidade da súa execución...



Badenes que se aprecian claramente....


 Zona onde xa se produciron diversos desprendemente sobre a vía...


"Reparacións"....feitas por derretirse o asfalto coa calor....(menos mal que o verán veu bastante fresquiño).


"Chapuza" de reparación con arena en lugares onde o asfalto se deteriorou coa calor...¡¡


MESMO NOS POIDEMOS ATOPAR IMAXES DE PASOS DE PEÓNS QUE SE ATOPABAN ENTRE DOUS GARDARAÍS POLO QUE OS PEÓNS TIÑAN QUE SALTAR PARA NON TER QUE CIRCULAR POLO SEU MINÚSCULO ARCÉN...

FINALIZAMOS CON UNHA PUBLICACIÓN QUE NOS FIXO CHEGAR UN DOS NOSOS CONCELLEIROS DA AGRUPACIÓN SOCIALISTA NO CONCELLO DA PEROXA POUCOS DÍAS DESPOIS DA APERTURA DESTA VÍA E QUE COMPARTIMOS CON TODOS VOS, E NA QUE ESTAMOS TOTALMENTE DE ACORDO, SUSCRIBINDO CADA UN DOS PUNTOS TRATADOS, COMPARTINDO A SÚA OPINIÓN DE QUE ESTA NON É UNHA CARRETERA "DE PRIMEIRA", QUE NON PRETENDAN ENGANARNOS CON ESTA INFRAESTRUCTURA.....TOD@S TEMOS OLLOS É A VISTA ESTÁ QUE MERECÍAMOS ALGO MELLOR ¡¡¡




UNHA VEZ MÁIS MANIFESTANDO PÚBLICAMENTE A NOSA OPINIÓN E RESPETANDO OS QUE NON OPINAN COMA NÓS.

NESTE, COMO NOUTROS MOITOS ASUNTOS E PROBLEMÁTICAS, TRABALLAREMOS PARA BUSCAR SOLUCIÓNS DE MELLORA DOS NOSOS SERVIZOS.....E DESEXAMOS QUE OS ACADEMOS ANTES DE TER QUE LAMENTAR NOVOS ACCIDENTES E SOBRE TODO DESGRACIAS PERSOAIS.

miércoles, 13 de agosto de 2014

Actuacións mellorables......e outras moi necesarias ¡¡¡

Estamos a comprobar como o Concello está realizando labores de mellora en algunha das nosas carreteras, melloras moi demandas e necesarias.

Unhas actuacións que xunto con outras previstas parece que se intenta facer nuns meses o que non se fixo nos últimos anos, ocasionando unhas situacións de abandono grave das nosas estradas en tódolos pobos e parroquias do Concello, que facían e fan prácticamente intransitables algunhas delas, causando como xa ocorreu varios problemas en algúns vehículos.

Algunhas das actuacións que se están realizando son demandas xa feitas pola veciñanza e outras moitas  solicitadas a través dos cauces previstos nos plenos do Concello feitas polos nosos concelleiros socialistas.

Aplicando un vello refrán que di....."MOITO E BEN HAI POUCO QUEN", argumentamos algunhas deficiencias que están a quedar pendentes en actuacións que se están realizando e que no afán do Concello por querer "agradar a todos" nos demostran que o interès principal non é a mellora con certa calidade, senón que o único obxetivo é a cantidade e "facer que fan en moitos dos casos".

Entendemos que os orzamentos para estas actuacións son os que son, pero o que non se pode é enganar a veciñanza con falsas expectativas de melloras que levan anos agardando por elas, e no momento que se decide actuar o resultado dos traballo non sexa satisfactorio para case ninguén.

Aconsellamos polo tanto, os responsables municipais que sería recomendable facer actuacións de mellor calidade e servizo, xa que este tipo de actuacións se realizan cada moitos anos, polo que deberían ser máis duradeiros.

Sirva como exemplo destas actuacións decepcionantes, entre outras, a executada dende o pobo do Mato hacia a carretera de Barra de Miño, onde podemos atoparnos perigosos buratos que quedan a caron da estrada, perigosamente situados para deteriorar calquer vehículo e tamén chama a atención que non se tivera a previsión de facer unha pequena limpeza da maleza das cunetas antes de asfaltar por encima as herbas ou encher de grava.

As imaxes seguintes corresponden o lugar descrito anteriormente.....




E significativo que preto deste mesmo lugar, chegando o pobo do Casar existían uns badéns na estrada ocasionados polas raíces das arbores que foi subsanado parcialmente, xa que a actuación mellorou a situación pero non nos parece de recibo que as pedras e terra extraídos do propio arranxo sexa depositado na propia cuneta, como amosa a imaxen seguinte.



Reiteramos polo tanto, a nosa demanda de que as actuacións sexan realmente de mellora, e non enganemos a veciñanza con arranxos parciales e deficientes.

Outro claro exemplo destas actuacións que se están a levar a cabo e que parecen unha burla os veciños e veciñas dase no pobo de Casundila onde a situación de deterioro da pista que vai dende o pobo cara San Xes era máis que evidente.....



Esta situación de deterioro e abandono tivo unha petición de mellora e arranxo feita polo noso portavoz socialista no Concello, a través do formulario que está a dispor da veciñanza tanto nas oficinas municipais como na propia web para solicitar arranxos e melloras na vía pública.

Fixemos xa no ano 2012 esta petición a través do citado documento...


 
 Esta petición tamén incluía outra petición no mesmo lugar demanda polos veciños e veciñas da zona...


Esta petición por escrito NUNCA FOI CONTESTADA POLO CONCELLO. Preguntamos nun pleno recente por esta demanda e o Sr. Alcalde manifestou non coñecela.

Fai unhas semanas atopámonos coa "sorpresa" de que se INTENTOU UNHA MELLORA NESTE LUGAR, DESTACAMOS A PALABRA INTENTAR, PORQUE A REALIDADE DA ACTUACIÓN FOI BOTAR UN PARCHE DE CEMENTO QUE PARA NADA SOLUCIONA O PROBLEMA QUE TODOS E TODAS POIDESTES COMPROBAR NAS IMAXES SUPERIORES.

A situación "arranxada" segundo os responsables municipais quedou como se ve na imaxe seguinte...



REALMENTE INDIGNANTE.....¡¡¡¡ esto é o que o Concello considera unha mellora do estado desta estrada ¡¡¡

APROVEITANDO ESTA "AVALANCHA" DE ACTUACIÓNS POR PARTE DO CONCELLO NAS NOSAS ESTRADAS E DESEXANDO UNHAS MELLORAS REALMENTE A ALTURA DAS NECESIDADES INCLUÍMOS NAS POSIBLES PETICIÓNS QUE POIDAN E QUEIRAN ATENDER ALGUNHAS IMAXES DE SITUACIÓNS DE DETERIORO DAS NOSAS ESTRADAS QUE ESTÁN A CAUSAR AUTÉNTICOS PROBLEMAS PARA A CIRCULACIÓN DE VEHÍCULOS CON DESPERFECTOS COMO OS QUE AMOSAMOS NAS IMAXES SEGUINTES E QUE SOLICITAMOS E ROGAMOS UNHA URXENTE E DIGNA MELLORA.

As imaxes seguintes corresponden a estrada de acceso o pobo da Barrosiña:



As imaxes seguintes son na estrada de Vilar de Corbelle e Moure, na parte pertencente o Concello da Peroxa, xa que o veciño Concello de Coles realizou recentemente as actuacións que correspondían neste punto o seu termo municipal....




Os veciños dos pobos do Conchouso, Alende e Casdeguístola teñen na súa estrada, a maiores dos baches que xa tiñan e que parece non son atendidas as moitas peticións xa feitas, teñen agora algúns máis que como amosan a imaxes fan que circular por esta estrada sexa un auténtico risco de non danar gravemente os seus vehículos....



Rematamos esta serie de imaxes e peticións de mellora cos baches que atopamos na estrada que une os pobos de Vispín e Vilerma, onde a situación è realmente preocupante....



POLO TANTO, E TRAS O EXEMPLOS DE ACTUACIÓNS FEITAS QUE PODÍAN HABER SIDO DE MÀIS CALIDADE E DAS PETICIÓNS DE MELLORA URXENTE AMOSADAS NAS IMAXES TAN SÓ NOS QUEDA AGARDAR QUE DENDE O CONCELLO SE TOME NOTA DAS NOSAS DEMANDAS, QUE SON AS DEMANDAS DA VECIÑANZA DO CONCELLO, E AS ACTUACIÓNS NECESARIAS SEXAN REALIZADAS PARA MELLORAR AS NOSAS ESTRADAS CON CERTA GARANTÍA E NON TRATAR DE QUEDAR BEN PARA FACER NUNS MESES O QUE NON SE FIXO NOS ÚLTIMOS ANOS.....E QUE COMA SEMPRE A CERCANÍA DOUTRAS ELECCIÓNS MUNICIPAIS PARECE MOTIVAR OS NOSOS GOBERNANTES PARA A POSTERIOR RECOLLIDA DE VOTOS.


POR TODO O EXPOSTO E ARGUMENTADO DEIXAMOS NAS VOSAS MANS E NAS VOSAS INTELIXENCIAS A REFLEXIÓN, ANALISE E DECISIÓN SOBRE ESTA SITUACIÓN.


SEGUIREMOS INFORMANDO E TRABALLANDO POLA MELLORA DO NOSO CONCELLO...¡¡

martes, 12 de agosto de 2014

Problemas para ver a TV no Concello da Peroxa.

Moitas son xa as queixas e durante moito tempo manifestadas pola veciñanza de algunhas das parroquias do noso Concello da Peroxa, entre outras......Graíces nos pobos de Fontaíño, Barra de Cima, etc. Tamén na de San Xes nos pobos de Laxas, Cidadella, Casundila, Costa da Cabra, etc.

As demandas son sobre a deficiente cobertura para a correcta recepción de tódalas canles da TDT que actualmente existen na televisión.

Son contìnuas e con periodos longos de duración as avarías na recepción correcta de moitas das canles.

Concretamente, agora mesmo parte da veciñanza dos pobos e parroquias indicados estàn a ter problemas para recepcionar as canles correctamente nas súas televisións.

Tan só están a recibir estes días as canles do paquete onde se atopan TVE1, TVE2, 24Horas e Clan.....con ausencia total de recepción do resto de canles, causando un grave prexuizo o seu dereito a información e tamén diversión a través deste medio, faltando non só canles privadas, senón tamén públicas como as da TVG.

O problema radica no repetidor do Campo de Fútbol de Melias, no Concello de Pereiro de Aguiar, que é o que debería dar correcta cobertura as nosas parroquias afectadas.

Un repetidor que segundo a conversa recente desta mesma maña do noso portavoz socialista cos responsables desta anomalía, trasladándolle a queixa e demanda veciñal indicaron que son coñecedores da situación, pero non dan localizado o problema dos moitos fallos que provoca, e polo tanto de momento a solución non pode ser definitiva. Garantizando que están traballando no problema para tratar de darlle solución o antes posible.

A empresa RETEGAL è a responsable deste servizo. 

Calquer veciño ou veciña afectada pode trasladar as súas demandas de arranxo da anomalía a través do teléfono da oficina de atención o usuario da TDT en Galicia:  981-572154 indicando Provincia, Concello, Parroquia e pobo.

Tamén se pode facer esta mesma consulta a través da súa web:


http://www.tdtgalicia.es/index.php?option=com_wrapper&view=wrapper&Itemid=106

Os datos que se poden obter son os do repetidor do cal se recibe a sinal, a súa ubicación e orientación para as antenas do domicilio.

No seguinte exemplo, os datos do pobo de Barra de Cima:

http://gis.tdtgalicia.es/TDTV2/detalle.php?idc=3205805T00=42.41742,-7.79968=149=320590602

Tamén nos podemos atopar con indicacións como a seguinte para o pobo de Laxas:

 

Esto indica que a única solución para unha boa cobertura será unha antena receptora satélite que se explica no seguinte enlace.

http://www.tdtgalicia.es/ntdt/index.php?option=com_content&view=article&id=248&Itemid=125

Para esta solución existe unha liña de subvencións as cales a veciñanza pode acollerse para sufragar os gastos desta costosa instalación.

Información completa no enlace seguinte:

http://www.tdtgalicia.es/ntdt/index.php?option=com_content&view=article&id=395:convocatoria-de-subvencions-a-familias-para-a-adquisicion-de-equipamentos-de-television-dixital-terrestre-mediante-recepcion-satelital-en-vivendas-e-edificacions-situadas-en-zonas-que-hai-que-revitalizar-do-programa-de-desenvolvemento-rural-sustentable-en&catid=12:latest-news&Itemid=128


Para calquer outra dúbida ou consulta sobre esta situación, podedes contactar connosco.

AGARDAMOS POIS, UNHA PRONTA SOLUCIÓN A ESTA PROBLEMÁTICA QUE AFECTA A PARTE DA VECIÑANZA DO NOSO CONCELLO, QUE NON ESTÁN EN IGUALDADE DE CONDICIÓNS NESTE ASUNTO QUE O RESTO DO CONCELLO.

SEGUIMOS A TRABALLAR POLA MELLORA DOS SERVIZOS DO NOSO CONCELLO ¡¡¡¡