Benvido a este teu lugar de información, consultas, aportacións e por suposto críticas.


Un grupo, un compromiso, unha idea, unha ilusión...

Poñemos o teu alcance unha ferramenta necesaria para coñecer toda a información sobre o noso Concello: actuacións, acordos, propostas, necesidades, acontecementos.... e tamén lugar para opinar libremente a través dos teus comentarios.

Esperamos as túas aportacións.

miércoles, 27 de febrero de 2013

"ANOMALÍAS"

Novamente neste blog temos que facer referencia a varias "anomalías" detectadas polos membros da nosa Agrupación Municipal nas recentes visitas os pobos e parroquias do concello.

Dentro da etiqueta de "imaxes indesexables" amosamos outra das consecuencias do recente temporal sufrido e que nos deixa algún deterioro no campo da saúde como è a caida dun panel informativo, o cal, solicitamos o seu arranxo antes dun maior deterioro.

Esta è a situación actual.....



Tamén informamos dalgunha situación "incorrecta" no que se refire os tan famosos Bancos da Deputación Provincial que están salpicados por todo o concello.



Entendemos que a característica destes bancos son para uso PÚBLICO dos veciños e veciñas do concello nos lugares que son instalados, tras petición o Concello.

Tendo en conta que o responsable do reparto e ubicación destes bens è como indicamos, o Concello de A Peroxa, tamén solicitamos un control sobre e seu uso e ubicación.


Nas seguintes imaxes atopamos como non sempre se usan públicamente........, senón que están en propiedades privadas ¡¡¡



Estes mesmos elementos de uso público tamén deberían estar "accesibles", que como ocorre na situación da imaxe seguinte non sempre è así ¡¡¡¡



REITERAMOS A NOSA PETICIÓN DE ARRANXO DESTAS "ANOMALÍAS" PARA UN MELLOR APROVEITAMENTO E USO DOS BENS DE CARÁCTER PÚBLICO NO NOSO CONCELLO.



 


viernes, 22 de febrero de 2013

Actividade deportiva no concello na fin de semana do 23 e 24 de febreiro de 2013

 A actividade deportiva no Concello de A Peroxa, unha semana máis está protagonizada polos respectivos encontros que disputan os equipos representativos do noso concello nas súas competicións, e que son os seguinte:

 
A PEROXA C.F - S.D VALENZA:  Domingo 24 as 16:30 no campo do Marco.
 
AT. PONTEDEVA - ATL. PEROXA : Domingo 24 as 16:30 no campo de Pontedeva.

A PEROXA C.F "B" - BORULFE VILAMARIN : Domingo 24 as 18:15 no campo do Marco.

PONTE OURENSE "B" - A PEROXA C.F XUVENIL: Sàbado  23 as 10:30 no campo de Oira.

A PEROXA C.F. PREBENXAMIN - C.D. OURENSE:  Sàbado 23 as 12:00 no campo do Marco.

GADAFFI PEROXA VETERÁNS - AURIA VELLA:  Sàbado 23 as 16:30 no campo do Marco.

ABEDES F.S - A PEROXA F.S. MASCULINO : Sàbado 23 as 16:30 no pabellón de Verin.  

XUNQUEIRA ATC - A PEROXA F.S. FEMININO : Sàbado 23 as 18:15 no pabellón de Maceda.




APOIA E ANIMA OS NOSOS EQUIPOS ¡¡

martes, 19 de febrero de 2013

Para tomar exemplo ¡¡¡

Grata sorpresa nos causa ver nas páxinas webs de Concellos limítrofes como se publicitan as ofertas de emprego público para o acceso de calquer veciño ou veciña do propio concello ou de outros, como ocorre no de Amoeiro.

Unha práctica que no noso de A Peroxa, a pesares de que nestas últimas èpocas parece que atoparon e descubriron que a información os veciños e veciñas non dana a ningúen e certamente se están publicando anuncios e actos que fai uns meses era unha mera utopía.

Segue de todas formas, faltando transparencia e publicidade os procesos selectivos que se desenrolan no noso concello como ocorreu recentemente con prazas para limpiadora, para a oficina de información xuvenil, auxiliar administrativo, persoal para a gardería entre outras e que non foron capaces de publicar en ningún lugar máis que no "agochado" taboleiro de anuncios, ou como no caso da praza de auxiliar administrativo porque legalmente era obrigatorio no BOP.

Este è o anuncio que atopamos na web do Concello de Amoeiro, e que mesmo pode interesar a algún dos veciños e veciñas da Peroxa:

http://www.amoeiro.es/index.php/concurso-para-a-contratacion-temporal-de-conductora-de-tractor-rozadora-e-outra-maquinaria-similar.html


AGARDAMOS E LOITAREMOS PORQUE ESTA "RESERVADA" INFORMACIÓN SOBRE O EMPREGO NO CONCELLO CHEGUE A TOD@S ¡¡¡¡

Triste situación ¡¡¡¡

A situación na que se atopan as obras da mal chamada "carretera nova", logo de moitos anos agardando por unha infraestructura necesaria, prometida, re-prometida e tras contínuos enganos e mentiras, parece dunha película de intriga.

As obras vanse realizando en "fases" e en diferentes zonas, pero ningúnha delas ainda operativa e aberta a circulación.....

Poidemos observar estes días pasados situacións "peculiares" como son obras "de reparación" de anomalías en partes consideradas rematadas e nas que se teñen que acometer xa reparacións.

Nas imaxes seguintes os "restos" das obras acometidas por anomalías recentes sobre a vía citada...



PODEMOS OBSEVAR O LAMENTABLE ESTADO E O BARRIZAL QUE QUEDOU DESPOIS DUNHA ACTUACIÓN SOBRE ESTA VÍA TODAVÍA SEN CIRCULACIÓN.

AGARDEMOS QUE CANDO CHEGUE O GRAN E ESPERADO DÍA DE PODER CIRCULAR POR ELA ESTÉ NUN ESTADO AXEITADO, AINDA QUE POLO QUE LEVAMOS VISTO TEMOS DÚBIDAS POLO DETERIORO O QUE ESTÁ SENDO SOMETIDA.


Tamén amosamos dentro deste artigo como ben sendo habitual imaxes do abandono do noso Concello, onde en calquer lugar aparecen basuras e lixos sen que ninguén mire por eles, e preocuparse de ter un Concello limpo e cuidado ¡¡¡¡

PEDIMOS TAMÉN A COLABORACIÓN CIDADÁ PARA USAR CORRECTAMENTE OS SERVIZOS DE RECOLLIDA DE LIXO E DE RESIDUOS SÒLIDOS A TRAVÉS DO PUNTO LIMPO EXISTENTE NO CONCELLO.

TER UN CONCELLO MELLOR E LABOR E COMPROMISO DE TOD@S¡¡¡¡


 
 

lunes, 18 de febrero de 2013

Interesante convocatoria

No DOG de hoxe luns 18/02/2013 publicouse unha importante e agardada convocatoria pola que a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia convoca as "probas para a obtención de determinados carnés profesionales e habilitacións profesionais para o ano 2013".

Son moitas as categorías que se convocan en diferentes profesións:

No seguinte enlace tes toda a información dispoñible:

http://www.xunta.es/dog/Publicados/2013/20130218/AnuncioG0164-080213-0002_es.pdf

Coma sempre quedamos a tùa disposición para consultas sobre esta interesante convocatoria.

Tamén agardamos que o agora tan "activo" (que por certo, xa era hora), lugar de información que está a ofrecer o Concello se centre nestas cuestións importantes para os veciños e veciñas para o seu futuro laboral publicando estas convocatorias, xunto con outras importantes no mesmo senso, e ampliar e engadir contidos a información que publica xunto coas fotos ilustrativas das súas "actuacións".

Seguiremos informando.........DE TODO ¡¡



viernes, 15 de febrero de 2013

Actividade deportiva no Concello na fin de semana do 16 e 17 de febreiro de 2013

 A actividade deportiva no Concello de A Peroxa, unha semana máis está protagonizada polos respectivos encontros que disputan os equipos representativos do noso concello nas súas competicións, e que son os seguinte:

 
OURENSE "B" - A PEROXA C.F  Domingo 17 as 12:00 no campo de Oira.
 
ATL. PEROXA - AT. RAZAMONDE : Domingo 17 as 16:30 no campo do Marco.

OS CHAOS - A PEROXA C.F "B" : Domingo 17 as 16:30 no campo de Amoeiro.

A PEROXA C.F XUVENIL - C. F. MONFORTE: Sàbado  16 as 11:00 no campo do Marco.

RIBEIRO F.C. "B" - A PEROXA C.F ALEVIN: Domingo 17 as 10:00 en Ribadavía.

C.D. VELLE - A PEROXA C.F. PREBENXAMIN: Sàbado 16 as 12:30 no campo de Velle.

AURIANET RAIRO - GADAFFI PEROXA VETERÁNS: Domingo 17 as 11:30 na Universidade.

LASIDER/DyC F.S - OS PEARES F.S: Sàbado 16 as 20:00 no pabellón dos Salesianos.

A PEROXA F.S. MASCULINO - PADRENDA F.S : Sàbado 16 as 19:00 no polideportivo da Peroxa  

A PEROXA F.S. FEMININO - EDC CELANOVA : Sàbado 16 as 21:00 no polideportivo da Peroxa.



APOIA E ANIMA OS NOSOS EQUIPOS ¡¡

Preocupantes e curiosos listados de deudores do Concello

Nos tempos actuais de recortes contínuos os nosos petos e sobre todo os nosos dereitos,  e tamén no noso Concello onde se sufren contínuos incrementos de tasas polos servizos prestados è preocupante os listados de "deudores" que anualmente se publican no Boletín Oficial da Provincia sobre veciños do concello que non están o corrente dos pagos dos impostos, como son:

IMPOSTO SOBRE OS VEHÍCULOS
IMPOSTOS DE BENS INMOBLES
RÚSTICA
ACTIVIDADES ECONÓMICAS
RECOLLIDA DO LIXO....

Moitos dos citados nestes listados poidera ser que non fose notificados das súa débedas por simples erros nas direccións, ben sexa por cambio de domicilio ou situacións diversas, xa que moitos deles son residentes ou visitantes habituais do noso Concello.

A cifras son realmente preocupantes e cuantiosas, sobre todo, como expuxemos anteriormente, cando vemos que moitos servizos son recortados por falta de orzamentos e mesmo a gran disculpa para non realizar obras propias municiapais é sempre que "non hai cartos".

A labor recaudatoria deste impostos faise a través da Mancomunidade Santa Àgueda.

Estamos a falar de cantidades o redor dos 10.000€ anuais ¡¡¡¡

Concretamente nos exercicios que publicaremos a continuación son:

Ano 2006: 9.796€
Ano 2007: 10.311€
Ano: 2008....tamèn 10.000 ¡¡¡¡


A información completa para a posible consulta dos deudores vai nos seguintes enlaces:

ANO 2006:
Publicado no BOP do luns 21/06/2010 nas súas páxinas 35,36 e 37

https://bop.depourense.es/portal/descargarPdf.do?numBoletin=139&fecha=20100621


ANO 2007:
Publicado no BOP do mercores 05/10/2011 nas súas páxinas 71, 72 e 73

https://bop.depourense.es/portal/descargarPdf.do?numBoletin=226&fecha=20111005


ANO 2008:
Publicado no BOP do xoves 20/12/2012 nas súas páxina 27 ata a 36

https://bop.depourense.es/portal/descargarPdf.do?numBoletin=291&fecha=20121220


AGARDEMOS UNHA SOLUCIÓN A ESTE GRAVE PROBLEMA DE IMPAGOS QUE PERXUDICA A TÓDOLOS VECIÑOS E VECIÑAS DA PEROXA.






miércoles, 13 de febrero de 2013

Outra proposta da nosa Agrupación.......¿realizada?

Unha das recentes propostas de mellora feitas polos membros da nosa Agrupaciòn foi atendida polo Concello e arranxou parte do solicitado.

Concretamente a nosa petición era para o asfaltado duns baches que se produciran na pista do pobo do Amigo, onde entre o paso dos vehículos e as contínuas choivas fixeran intransitable a circulación.

Tras ser comprobada esta demanda persoalmente polo Sr. Alcalde (será que non se fìa da nosa demanda nin da súa concelleira residente no lugar) estes días pasados a "brigada" do Concello subsanou parte das deficiencias como se amosa nas seguintes imaxes....





Como se pode apreciar nas imaxes os arranxos non foron moi extensos, ainda que sì efectivos nos casos máis graves....¡¡

Ahora tamén amosamos unha imaxe deste mesmo lugar, onde todavía existen baches nunha zoa que todavía está de terra, logo dunhas reformas que se fixeron xa fai máis de 10 anos e que ainda non fora arranxada, e polo que observamos desta vez tamén miraron cara outro lado.......¡¡


(ESTA ZONA ONDE SE APRECIAN OS BACHES CHEOS DE AUGA TODAVÍA É DE TERRA)



QUE LÁSTIMA QUE DESPOIS DUNHA ACTUACIÓN TAN EFECTIVA E RÁPIDA DESPOIS DA NOSA DEMANDA NON FOSEN QUEN DE FACER UNHA MELLOR ACTUACIÓN.



viernes, 8 de febrero de 2013

Actividade deportiva no Concello na fin de semana do 9 e 10 de febreiro de 2013

Escasa actividade deportiva no Concello nesta fin de semana festiva do Entroido, onde os nosos equipos que teñen competición disputarán os seguintes encontros:


A PEROXA C.F ALEVIN - S.D. NOGUEIRA: Sàbado 9 as 12:00 no campo do Marco.

S.D ARRABALDO - A PEROXA C.F. PREBENXAMIN : Sàbado 9 as 11:30 en Santa Cruz.

GADAFFI PEROXA VETERÁNS - CASA POLLO: Sàbado 9 as 16:00 no campo do Marco..

OS PEARES F.S - F.S. BEARIZ: Sàbado 9 as 18:30 no pabellón dos Peares.

A PEROXA F.S. FEMININO - CARTELLE F.S.F:  Sàbado 9 as 20:00 no polideportivo da Peroxa.


ANIMA OS NOSOS EQUIPOS ¡¡


Asì está o noso Concello

Volvemos a recuperar neste blog outro artigo amosando a realidade do noso Concello en canto a situacións que precisan arranxos urxentes e que os nosos mandatarios parecen mirar cara outro lado continuamente....


BACHE NA PEROXA QUE XA LEVA UN TEMPO SIN QUE NAIDE SE PREOCUPE DO SEU ARRANXO COA DIFICULTADE DE DANOS NOS VEHÍCULOS, O MESMO TEMPO TAMÉN A "FAMOSA" ALCANTARILLA QUE ACTÚA COMO UN BACHE PERMANENTE.


AGORA AS SEGUINTE IMAXES CORRESPONDEN A CARRETERA QUE VAI DE CINCONOGUEIRAS O SOUTO, DETERIORADA CADA DÍA MÁIS.

XA RECLAMAMOS FOI MOITO TEMPO O ARRANXO DOS BACHES E SE NOS CONTESTOU QUE ESTÁ A ESPERA DUN NOVO ASFALTADO DENTRO DO PLAN DE ARRANXO DE PISTAS NO MEDIO RURAL (CON CARTEL INFORMATIVO EN CINCONOGUEIRAS), E ONDE O SR. ALCALDE SEMPRE ALEGA QUE EN TEMPOS DE HUMIDADE E CHOIVA NON SE EXECUTA.

 UNHA DECISIÓN QUE AGORA QUE SE LLE "CEDEU" A DEPUTACIÓN O MANTEMENTO DAS CARRETERAS NO NOSO CONCELLO, BEN BASTARÍA CON PREOCUPARSE DE QUE CUMPRIRAN COAS SÚAS OBRIGAS ¡¡

 POLO TANTO AGARDEMOS POLO SOL E POR UNHA PRIMAVERA QUE PERMITA UNS ARRANXOS MOI DEMANDADOS POLA VECIÑANZA, E QUE NON ESTARÍA DE MÁIS QUE ATA ESE MOMENTO DEFINITIVO SE SOLUCIONASEN PROVISIONALMENTE.




Este è o cartel que anuncia unhas obras moi necesarias....


 


SEGUIMOS OCUPÀNDONOS E PREOCUPÀNDONOS POR MELLORAR O NOSO CONCELLO ¡¡


A nosa labor de control.

Continuamos coa nosa labor de control os òrganos de goberno municipais, solicitando informes sobre situacións que se dan no noso Concello e acceso os expedientes tramitados que obtiveron subvencións por parte doutras administracións, para comprobar que se axustan as actuacións realmente subvencionadas.

Nas seguintes imaxes as dúas últimas e máis recentes peticións de informacións das cales vos teremos suficientemente informados cando nos faciliten as nosas demandas.





A NOSA LABOR PARA A QUE FOMOS ELEXIDOS CONTINÚA....¡¡


jueves, 7 de febrero de 2013

Resumo da visita a pobos da parroquia de Vilarrubin


Este pasado sábado 2 de febreiro pola tarde os membros da nosa Agrupación Municipal Socialista realizaron a súa visita periódica, dentro do seu proxecto "Sàbados coa veciñanza" a algúns pobos da parroquia de Vilarrubin.

Quixemos que foran máis os pobos visitados, pero as necesidades existentes e as escoitas os veciños e veciñas fixeron que o tempo e a tarde se pasase con rapidez, polo que emprazamos ao resto dos pobos que conforman esta extensa parroquia a un vindeiro sábado que comunicaremos con suficiente antelación.

Comenzamos visitando Corneda, onde os veciños nos trasladaron algunhas situacións que precisan do seu arranxo e mellora.

Solicitaron a posible reparación  do alumeado do poste público a entrada do pobo, no cruce da carretera que continùa cara sestelo, a carón do lavadorio e fonte, que fai xa tempo que non encende.
Neste mesmo lugar poidemos considerar o estado lamentable e de dificil acceso no que se atopan a fonte e lavadoiro....


Fronte a este lavadoiro atópase un espazo pùblico que no seu día xa foi ofrecido e solicitado o concello o seu arranxo para disfrute dos veciños mediante a instalaciòn dunhas àrbores  e bancos, que nunca foi atendida.


A maiores destas demandas, os veciños tamén nos indicaron que nestes días de moitas choivas e ante a ausencia de cunetas a auga baixa pola carretera dificultando o acceso a vivendas e outros inmobles. Esto tería solución realizando na carretera de acceso o pobo que ven dende a zona de Mirallos un rebaixe nas beiras ou mesmo con rexistros de recollida de augas pluviais a entrada do pobo.

Informamos que neste como en outros moitos pobos non hai alcantarillado.

Continuamos a nosa visita a Sestelo, onde observamos o deterioro evidente na carretera de acceso o centro do pobo, con grandes dificultades para a circulación de vehículos e mesmo dos veciños que esvarah na grava e pedras soltas.



A nosa visita continuou os pobos de Vilarrubin e a Touza.

Neste ùltimo no seu acceso atopamos unha reixa que debería facer a función de recollida de augas pero está inutilizada por completo dende fai moitos anos, según aseguran os veciños e veciñas do lugar.


No centro do pobo da Touza todavía existen camiños de acceso a vivendas (con xente censada e residente en èpocas do ano) que non teñen nin asfalto nin cemento.


Pola contra, neste mesmo punto sí se manteñen 2 puntos de luz que únicamente benefician a citada vivenda e na que residen, como xa indicamos só en algúns días puntuais do ano. Si se aplicase o "criterio" de apagado que impuxo o Sr. Alcalde non deberían estar encendidas as dúas permanentemente, xa que notros pobos situacións similares xa as ten apagadas.


Comprobamos como aquí tamén os propios veciños e veciñas teñen que tomar as súas propias solucións para a recollida de augas pluviais que arrasan parte dos terreos con colleitas, colocando prendas de roupa e outros aperos para guiar as augas a lugares que non sexan perxudiciais.

 Nesta mesma imaxe tamén se observa un perigoso desnivel do paso de acceso as vivendas que ben se podería garantir a seguridade cunhas vallas de protección.


No pobo de Outeiriño a maior demanda prodúcese solicitando o alcantarillado os 3 veciños que faltan, xa que aquí tan só unha privilexiada vivenda dispòn deste servizo.

En Rabacido tamén atopamos algunhas graves deficiencias que nos trasladaron e que amosamos a continuación.

O acceso o centro do pobo na baixada dende a carretera preto do pobo de Outeiriño, a pesar de ser de recente construcción amosa un estado no seu piso lamentable dificultando sobre todo a saída dos vehículos.



Neste mesmo punto poidemos observar o estado lamentable no que quedou o arranxo recente dun camiño público (cedido parte polos veciños para a súa mellora e ensanche), que acceso a unha nova vivenda, así como a fincas e mesmo o punto de localización da fosa séptica.
A dificultade de acceso e sobre todo de saída dos veciños da vivenda de nova construcción cos seus vehículos è realmente alta e mesmo perigosa, polo que solicitamos a sùa mellora.

 
Tamén se solicita que se atendan as demandas que xa se levan trasladado verbalmente e mesmo por escrito o Concello, e concretamente o Sr. Alcalde para subsanar aquí tamén o problema que se plantexa cando chove con intensidade, xa que o camiño non conta con cunetas e esto fai que a auga mesmo acceda as propias vivendas. No seu día obtiveron o compromiso do Alcalde para arranxar esta anomalía, pero seguen agardando moitos anos despois.....
Necesitase neste punto un rebaixe ou mesmo unha canle con reixa que solucione e canalize as aguas cara as fincas.


Neste pobo tamén, como en outros moitos, observamos o estado de abandono do lugar de ubicación dos contadores da auga....


A recollida das augas que arrastran desperdicios cara os pobos e cara as carreteras è un problema xeralizado en moitos puntos....

 
 
Para ir rematando neste pobo, chamounos a atención a presencia (outra vez, xa que por un tempo "desapareceran") as mangueiras que aportou o concello para realizar as obras de canalización para regadíos que teñen que realizar os veciños e veciñas de cada pobo.


Ata aquí o resumo desta visita aos pobos citados.

Damos xa de inmediato traslado destas demandas e necesidades os òrganos competentes no concello, a través das nosas canles habituais.....rogos, preguntas, mocións, etc.

Agardemos repostas positivas e sobre todo solucións.


SEGUIREMOS INFORMANDO.....¡¡¡¡  

e lembra.......

TRABALLAMOS POR UN CONCELLO MELLOR ¡¡¡


martes, 5 de febrero de 2013

Xa está aquí o Entroido 2013 ¡¡¡

Un ano máis atopàmonos diante dunha das fins de semana festivas máis agardadas por todos.......a do Entroido.
Festa para disfrutar das moitas actividades que esta celebración trae consigo.

Un ano máis no noso Concello celébranse dúas festas xa tradicionais e fieis a súa cita con esta celebración.

O sàbado día 9 en Corbelle, onde vai xa pola súa 27ª edición.

Con actos festivos e desfiles de disfraces no interior do recinto habitual con premio para os mellores disfraces tanto a nivel individual como coas tradicionais comparsas que enchen de cor este día de festa.

Este è o cartel desta festa:



Tamén como xa ben sendo habitual xa fai anos tamén o martes 12 na Peroxa terá lugar a festa do Entroido con obsequios para os máis peques disfrazados e premios interesantes para os mellores disfraces.

Este è o cartel que anuncia a festa:



Agardamos en ambolos dous casos que o tempo acompañe para disfrutar desta festiva celebración.



DISFRUTA DAS NOSAS FESTAS ¡¡¡



VIVE O ENTROIDO 2013 NA PEROXA.


lunes, 4 de febrero de 2013

Propostas aceptadas e realizadas......e algunha negativa ¡¡

Seguindo coa nosa liña informativa da labor que estan a desenvolver no Concello os membros da Agrupación Municipal Socialista, publicamos desta vez unhas imaxes onde se amosan algunhas nas propostas levadas os plenos do Concello de A Peroxa e que foron aceptadas polo goberno municipal e xa realizadas.

Comenzamos por unha das máis recentes, a nosa solicitude de reposición do espello no complicado cruce de Toubes que dificultaba a saída de vehículos cara a carretera de Ourense ou A Peroxa.

(ESTA ERA A SITUACIÓN ANTERIOR A NOSA PETICIÓN)

(AGORA VOLTASE A TER ESTE IMPRESCINDIBLE ELEMENTO DE SEGURIDADE)

Lembramos que a resposta no Pleno ante esta proposta foi que o Sr. Alcalde "estaba ata as narices, e de volver a faltar, non se reporía, polo elevado custe as arcas municipais".....¡¡¡



Fai xa un tempo tamén levamos a Pleno unha proposta ante a demanda e preocupación polos veciños e veciñas de Vilarrubin sobre o estado de rotura das columnas que sustentaban o teito do pendello do campo da festa. Logo da aceptación para seren reparadas, e ante unha longa espera fai xa un tempo que podemos observar os elementos para garantir a seguridade que se instalaron:





 (ESTA ERA O ESTADO DE PERIGOSIDADE, CON FENDAS PERIGOSAS)

(ROTAS DENDE PRÀCTICAMENTE A SÚA COLOCACIÓN)

(ASÌ FOI O PROCESO DE SUBSANACIÓN DAS DEFICIENCIAS...)

(ESTE O ESTADO ACTUAL UNHA VEZ REFORZADAS PARA GARANTIR A SEGURIDADE)

(APUNTALANDO TAMÉN E REFORZANDO AS VIGAS DO TEITO)



Tamén dentro das moitas propostas de mellora levadas os plenos temos tido respostas negativas diante de evidencias que se fan dificil de entender a súa negativa.

Esto foi o que surxiu no pleno pasado de novembro onde, ante a nosa petición de melloras no estado do firme de varias carreteras existentes no Concello, que agora deben ser reparadas polas brigadas da Deputación houbo algunhas que si foron atendidas recentemente tras actuacións da Deputación no noso concello, que sin seren moi precisas si foron efectivas en algúns lugares.....

Pero no propio pleno o noso concelleiro Jose Artemio informou e solicitou do Sr. Alcalde para que solicitase o servizo da Deputación melloras na carretera que une o pobo de Gulfariz coa carretera que sube ata a Peroxa mediante o pobo de Andelo, ante a existencia de varias baches que non foron reparados.

O Sr. Alcalde ante o seu descoñecemento da situación xa que transita pouco polos pobos para ver as suas necesidades consultou o estado da mesma co seu concelleiro "da zona", Jose Manuel Vazquez Pereira con residencia habitual en Fontaiño, e polo tanto moi preto da zona sinalada e NEGOU que existisen anomalías no firme dese acceso os pobos afectados.

Este è o extracto da acta do pleno indicado coas propostas do noso concelleiro e a resposta do Alcalde e o seu concelleiro....




Aplicando o refraneiro popular......."onde unha imaxe vale máis que mil palabras", amosamos fotos do estado lamentable da citada carretera, para desmentir a opinión do señor Vazquez Pereira,  o cal, ou ben non lle interesan as melloras os veciños e veciñas da zona ou ben nos quere facer tontos a todos....


PARA COMENZAR....O BARRIZAL QUE SE FORMA NA INTERSECCION COAS PISTA QUE BAIXA A BARROSIÑA ONDE VARIOS VEHÍCULOS ARRASTRAN.


CONTINUAMOS CON EXEMPLOS DE CORTES NA VIA EXISTENTES NOS LATERAIS QUE FAI PERIGAR OS NEUMÁTICOS DOS VEHICULOS SE TEÑEN QUE ARRIMARSE O CRUZARSE CON OUTROS....




UNS POUCOS BACHES DE EXEMPLO ENTRE OUTROS MOITOS.....


 
PARA REMATAR PODEMOS TAMÉN ENGADIR ALGÚN DERRUMBE SEN ARRANXAR...




ESTE È COMO BEN PODERÍA SER CALQUER OUTRO EN CALQUER PARTE DO CONCELLO, O INTERÉS QUE TEÑEN POLAS DEMANDAS DOS VECIÑOS E VECIÑAS ALGÚNS DOS CONCELLEIROS DO GOBERNO MUNICIPAL DO PP NO CONCELLO DA PEROXA.

NON PECHEN OS OLLOS ANTE AS EVIDENCIAS.....¡¡¡


SOLUCIONEN OS PROBLEMAS DO CONCELLO QUE PARA ISO FORON ELEXIDOS ¡¡¡¡



SEGUIREMOS INFORMANDO E SOLICITANDO O ARRANXO DESTAS E DOUTRAS DEFICIENCIAS.







viernes, 1 de febrero de 2013

Eventos deportivos na fin de semana do 2 e 3 de febreiro de 2013 no Concello da Peroxa.

A actividade deportiva céntrase nos encontros dos nosos representantes deportivas nas súas respectivas competicións e que son os que enumeramos:


A PEROXA C.F - MONTERREY: Domingo 3 as 16:15 no campo do Marco.

RIBADAVIA AT. - ATL. PEROXA: Domingo 3 as 16:30 no campo do Xestal de Ribadavia.

A PEROXA C.F "B" - PARADA DE SIL: Sàbado 2 as 18:00 no campo do Marco.

A PEROXA C.F XUVENIL - CHANTADA C.F "B": Sàbado  2 as 10:30 no campo do Marco.

ARRABLADO "B" - A PEROXA C.F ALEVIN: Sàbado 2 as 10:00 en Santa Cruz de Arrabaldo.

A PEROXA C.F. PREBENXAMIN - PABELLON C.F "B": Sàbado 2 as 12:30 no Marco.

MACEDA - GADAFFI PEROXA VETERÁNS: Sàbado 2 as 16:30 en Maceda.

BAR BARELA/PUB AVION F.S - OS PEARES F.S: Sàbado 2 as 17:00 no pabellón de Avión.

VISTA HERMOSA F.S. - A PEROXA F.S. MASCULINO: Sàbado 2 as 19:00 na Universidade.   

CIDADE DAS BURGAS FSF -  A PEROXA F.S. FEMININO : Sàbado 2 as 20:00 no polideportivo da Carballeira.



DISFRUTA E APOIA OS NOSOS EQUIPOS ¡¡

Resposta as nosas propostas.

Ante as preguntas que nos levan feito moitos veciños e veciñas interesados na proposta sobre a celebración dunha Carreira Popular que os membros da nosa Agrupación presentaron no Concello de A Peroxa, informamos que o Sr. Alcalde comprometeuse a levar a cabo esa proposta, analizando previamente as condicións..

Na seguinte imaxe amosamos un extracto da Acta do Pleno onde se tratou o tema e a manifestación de compromiso xa citada:



Nun primerio momento alegaba que posiblemente tivese un custo elevado. Insistimos que se buscase financiación a través do Consorcio de Turismo da Ribeira Sacra do que formamos parte e organiza noutros concellos da provincia de Lugo.

Seguramente non sexa de custe máis elevado que calquera das probas que se realizaron no noso concello en disciplinas do motor, das bicis, etc. e onde lembramos a grande afición a esta disciplina que existe no noso Concello, polo que reiteramos a nosa petición e agardemos se faga realidade, para paralamente amosar o noso Concello a tod@s os participantes chegados seguramente de gran parte de Galicia.


SEGUIREMOS INFORMANDO ¡¡