Benvido a este teu lugar de información, consultas, aportacións e por suposto críticas.


Un grupo, un compromiso, unha idea, unha ilusión...

Poñemos o teu alcance unha ferramenta necesaria para coñecer toda a información sobre o noso Concello: actuacións, acordos, propostas, necesidades, acontecementos.... e tamén lugar para opinar libremente a través dos teus comentarios.

Esperamos as túas aportacións.

lunes, 25 de noviembre de 2013

Melloras solicitadas e realizadas ¡¡¡

NORABOA ¡¡¡¡

Asì  comenzamos este artigo, felicitando a veciñanza do Concello e tamén os nosos visitantes.

Agradecendo sen ningún tipo de rubor o Concello da Peroxa o cumprimento das nosas demandas plantexadas sobre unha situación que nos parecía mellorable.

Dende a nosa Agrupación Municipal Socialista, como xa fixemos noutras ocasións anteriores, temos tamén a virtude de saber recoñecer  as boas actuacións que se acometen dende o noso Concello, ainda que o noso desexo è que esta situación fose máis habitual e que dende o grupo de goberno se entendese por fin que as nosas propostas sempre son buscando a mellora dos servizos e das condicións dos veciños e veciñas.

No pasado mes de abril deste ano 2013 fixemos un interesante artigo neste mesmo blog onde amosàbamos a situación actual e real de abandono dun dos lugares máis senlleiros e espectaculares do noso Concello....O Castelo da Peroxa.

Denunciamos a través deste medio a situación na que se atopaba este lugar privilexiado da natureza e insignia do noso patrimonio.

O analise que fixemos da situación a través das ilustrativas imaxes foi o seguinte:

http://www.socialistasdaperoxa.blogspot.com.es/2013/04/esta-e-realidade-actual.html

Pois como xa indicamos, estas actuacións de mellora chegaron a través do seguinte proxecto:




E a situaciòn mellorouse según amosamos nas seguintes imaxes:


IMAXES ANTERIORES DOS VALADOS ROTOS





IMAXES ACTUAIS





 IMAXE ANTERIOR DA PORTA DETERIORADA

IMAXE ACTUAL
 
 
 
 
 

 IMAXE ANTERIOR DO MURO CAÍDO.

IMAXE ACTUAL





IMAXE ANTERIOR ARBORES CAÍDOS

RETIRADA DAS ARBORES E MELLORA DO TORNO DE ENTRADA





IMAXE ANTERIOR DE FALTA DE LIMPEZA DA MALEZA
 
IMAXE ACTUAL DE LIMPEZA E RECOLLIDA DE MALEZA






IMAXE ANTERIOR DO DETERIORO DA PONTE SOBRE O REGATO

 
IMAXE ACTUAL DA REPARACIÓN DA PONTE



Tamén se realizaron outras destacadas obras de mellora....


 CONSTRUCCIÓN DUN PEQUENO APARCAMENTO


CONSTRUCCION DUN PASEO DE TERRA ATA O REGATO


A pesares da melloría evidente que todos podemos comprobar nas imaxes, e mesmo no propio lugar o que vos convidamos visitedes e disfrutes, xa que è unha fermosa paraxe mesmo no outono ou inverno, lamentar unhas pequenas melloras que quedaron sen realizar como as que se amosan nas imaxes seguintes:

CARTEL INDICATIVO SEN ARRANXAR


FONTE SEN LIMPEZA NEN POSTA EN FUNCIONAMENTO


VALADO ROTO SEN ARRANXAR NO CAUCE DO REGATO

Informamos tamén que se acometeron melloras no paseo a beira do regato do Rial, realizando unha obra de empedrado para a mellora do firme:



 EMPREDRADO NO PASEO DO RIAL

 Preto desta actuación tamén indicar que quedou sen arranxar algunha parte rota do valado de madeira que protexe o cauce do río, e que pode ocasionar algún perigo se non se arranxa, sobre todo para algún menor que transite polo paseo. Polo tanto reiteramos a petición desta pequena anomalía.









AGORA, COMA XA INDICAMOS TOCA DISFRUTAR DESTE LUGAR IDÍLICO DO NOSO CONCELLO, EN CALQUER ÉPOCA DO ANO, E PREGAMOS OS RESPONSABLES MUNICIPAIS TEÑAN EN CONTA AS DEFICIENCIAS QUE POIDAN VOLTAR A XURDIR PARA ARRANXALAS CON PRONTITUDE PARA MANTER ESTE LUGAR NUNHAS CONDICIÓNS DIGNAS DE SER VISITADAS E DISFRUTADAS, XA QUE O LOGO DESTAS ACTUACIÓNS, O CONCELLO DEBE ASUMIR NON VINDEIROS 5 ANOS O MANTEMENTO DAS MESMAS, SEGUNDO SE INDICA NAS BASES DESTA ACTUACIÓN.



SEGUIREMOS INFORMANDO ¡¡

 




No hay comentarios:

Publicar un comentario