Benvido a este teu lugar de información, consultas, aportacións e por suposto críticas.


Un grupo, un compromiso, unha idea, unha ilusión...

Poñemos o teu alcance unha ferramenta necesaria para coñecer toda a información sobre o noso Concello: actuacións, acordos, propostas, necesidades, acontecementos.... e tamén lugar para opinar libremente a través dos teus comentarios.

Esperamos as túas aportacións.

viernes, 29 de noviembre de 2013

Actividade deportiva no concello na fin de semana do 30 de novembro e 1 de decembro de 2013

A actividade deportiva para os representantes do noso Concello è a seguinte:

A PEROXA C.F-AMOEIRO C.F: Domingo 1 as 16:15 no campo do Marco.
ATL. PEROXA - CRESPOS C.F: Sábado 30 as 16:00 no campo do Marco.
C.D. CALDELAO - A PEROXA C.F. "B": Domingo 1 as 16:15 no campo de Castro Caldelas.
ANTELA C.F. - A PEROXA C.F. XUVENIL: Sábado 30 as 12:15 no campo de Xinzo de Limia.
PONTE OURENSE "B" - A PEROXA C.F. BENXAMIN: Sàbado 30 as 12:30 no campo de Oira.
C.D. OURENSE "B" - A PEROXA C.F. PRE-BENXAMIN: Sàbado 30 as 16:00 nos Salesianos. 
GADAFFI PEROXA VETERANS - AURIA VELLA: Sàbado 30 as 18:00 no campo do Marco.
OS PEARES FS - BARBADAS FUTSAL: Sábado 30 as 20:30 no pabellón de Oira.
EDC CELANOVA - A PEROXA FS FEMININO: Sàbado 30 as 18:00 no pabellón de Celanova.
EMD CELANOVA - A PEROXA FS INFANTIL: Sábado 30 as 17:00 no pabellón de Celanova.

 A participación dos nosos representantes no mundo do atletismo será en algunha das numerosas probas que marca o calendario para este fin de semana, e que podedes consultar no seguinte enlace:

http://www.correrengalicia.org/index.php?name=CPGNuCalendar

Temos confirmación que varios dos nosos representante do Concello da Peroxa desprazaranse a Castrelo de Miño a Carreira Vertical, que o igual que a da semana pasada en Parada de Sil, compatían cartel anunciador:

 No seguinte enlace podedes consultar máis información sobre a proba:

http://www.ribeirasacracm.org/base/galego/ICarreiraVertical.php

UNHA SEMANA MÁIS, E XA VAN VARIAS, TEMOS QUE NOVAMENTE FELICITAR OS NOSOS VECIÑOS E VECIÑAS POLA SÚA ESPECTACULAR PARTICIPACIÓN NA CARREIRA DE PARADA DE SIL, ONDE SE OBTIVERON UNS RESULTADOS DESTACADOS, COA VICTORIA NA CATEGORÍA FEMININA DE ANA SOUTULLO, E NA REPRESENTACIÓN MASCULINA ADRIÁN RGUEZ DÍAZ ACADOU UN MERITORIO TERCEIRO POSTO, ADEMÁIS DE OUTRAS DESTACADAS ACTUACIÓNS COMO A DE MARCOS, CLASIFICADO ENTRE OS MELLORES DESTA EXIXENTE PROBA, ASÍ COMO MARIO FENTE......entre outros.

Nas seguinte imaxe os nosos dous triunfadores....


O podium feminino....


O podium masculino...


Agora varias imaxes do esforzo dos nosos representantes en plena carreira....






 COMO DIRÍA O MONARCA........"enchennos de orgullo e satisfacción......"

NA SEGUINTE IMAXE A "FAMILIA" DO ATLETISMO DA PEROXA......




NORABOA E A SEGUIR PARTICIPANDO E DISFRUTANDO¡¡¡¡.....E GAÑANDO.


jueves, 28 de noviembre de 2013

Datos interesantes ¡¡¡¡

No seu día xa fixéramos un amplo resumo sobre o debatido e os acordos do pasado Pleno Ordinario celebrado o pasado 22 de outubro deste mesmo ano 2013, pero agora queremos voltar sobre un punto importante e xa que dispoñemos por fin da acta do citado pleno, amosarvos os documentos acreditativos.


Un dos puntos da orde do día era unha modificación de créditos, onde segundo a proposta feita polo Sr. Alcalde o Remanente de Tesourería, ou o que èl mal-chamaba superávit, pasa a empregarse básicamente en pagar o que o Concello adebeda.

Unha importante cantidade de màis de 443.000€ que existían no Remanente do Concello, ou como ben indicamos, según o Sr. Alcalde....."os aforros do Concello da Peroxa".
Aforros que dito sea de paso, sacados dos impostos dos veciños e veciñas da Peroxa, e conseguidos a base de negar ano tras ano inversións e obras importantes e demandadas pola veciñanza, coa sempre excusa de que non había cartos.....¡¡¡¡   POIS AGORA TOD@S PODEDES COMPROBAR QUE SÍ EXISTÍAN FONDOS, O QUE FALTABAN ERAN INICIATIVAS E INTERESE POR CUMPRIR COA VECIÑANZA ¡¡¡

¿Son estes datos unha boa xestión?.......a resposta está na analise da veciñanza ¡¡

Pois ben, agora decídese que eses "aforros" se destinen prácticamente na súa totalidade a amortizar a DÉBEDA existente no Concello, e que xa indicamos en innumerables ocasións que era de 350.000€ ¡¡, a pesar da constante negativa pùblica da súa existencia por parte do grupo de goberno do Concello.

No seguinte documento os datos da aprobación desta actuación:



SEGUIREMOS INFORMANDO ¡¡¡

 





martes, 26 de noviembre de 2013

Pleno ordinario no Concello da Peroxa


O vindeiro xoves 28 de novembro as 20:30 celebrarse no Concello da Peroxa o correspondente Pleno Ordinario do mes de novembro.

A convocatoria e orde do día para este pleno é a seguinte:


Unha vez máis, as únicas materias e puntos a tratar no Pleno son os aportados pola nosa Agrupación Municipal Socialista, o grupo de goberno municipal do PP como é habitual votará en contra de tódalas nosas propostas despois de negar a existencia ou a urxencia de mellora das necesidades que expoñemos.


Presentamos a seguinte MOCIÓN, na defensa dos intereses dos veciños e veciñas do concello para que por parte do propio Concello e da Xunta de Galicia non se produza o previsto e inxusto incremento do 34% no recibo do lixo por unha mala xestión en Sogama.

 NON PODE PAGAR A NOSA VECIÑANZA OS ERRORES DOS XESTORES DESTA ENTIDADE PÚBLICA E XESTIONADA POLA XUNTA DE GALICIA.



Tamén, como en cada correspondente Pleno bimensual presentamos as solicitudes de mellora dos servizos  existentes no Concello a través dos correspondentes ROGOS:


Finalmente, no apartado de PREGUNTAS, interesámonos por cuestións que afectan o Concello e que preocupan a veciñanza:




ASUNTOS SOBRE DIVERSOS TEMAS QUE AFECTAN E PREOCUPAN OS VECIÑOS E VECIÑAS DOS POBOS E PARROQUIAS DO NOSO CONCELLO.

SI CHE AFECTAN OU ESTÁS INTERESADO NOS ASUNTOS A TRATAR.....

NON DUBIDES.....

ACUDE ¡¡¡ E COÑECE COMO FUNCIONA E COMO SE TRATAN OS ASUNTOS NO TEU CONCELLO.

O ACCESO É LIBRE E PÚBLICO.





lunes, 25 de noviembre de 2013

Melloras solicitadas e realizadas ¡¡¡

NORABOA ¡¡¡¡

Asì  comenzamos este artigo, felicitando a veciñanza do Concello e tamén os nosos visitantes.

Agradecendo sen ningún tipo de rubor o Concello da Peroxa o cumprimento das nosas demandas plantexadas sobre unha situación que nos parecía mellorable.

Dende a nosa Agrupación Municipal Socialista, como xa fixemos noutras ocasións anteriores, temos tamén a virtude de saber recoñecer  as boas actuacións que se acometen dende o noso Concello, ainda que o noso desexo è que esta situación fose máis habitual e que dende o grupo de goberno se entendese por fin que as nosas propostas sempre son buscando a mellora dos servizos e das condicións dos veciños e veciñas.

No pasado mes de abril deste ano 2013 fixemos un interesante artigo neste mesmo blog onde amosàbamos a situación actual e real de abandono dun dos lugares máis senlleiros e espectaculares do noso Concello....O Castelo da Peroxa.

Denunciamos a través deste medio a situación na que se atopaba este lugar privilexiado da natureza e insignia do noso patrimonio.

O analise que fixemos da situación a través das ilustrativas imaxes foi o seguinte:

http://www.socialistasdaperoxa.blogspot.com.es/2013/04/esta-e-realidade-actual.html

Pois como xa indicamos, estas actuacións de mellora chegaron a través do seguinte proxecto:




E a situaciòn mellorouse según amosamos nas seguintes imaxes:


IMAXES ANTERIORES DOS VALADOS ROTOS





IMAXES ACTUAIS





 IMAXE ANTERIOR DA PORTA DETERIORADA

IMAXE ACTUAL
 
 
 
 
 

 IMAXE ANTERIOR DO MURO CAÍDO.

IMAXE ACTUAL





IMAXE ANTERIOR ARBORES CAÍDOS

RETIRADA DAS ARBORES E MELLORA DO TORNO DE ENTRADA





IMAXE ANTERIOR DE FALTA DE LIMPEZA DA MALEZA
 
IMAXE ACTUAL DE LIMPEZA E RECOLLIDA DE MALEZA






IMAXE ANTERIOR DO DETERIORO DA PONTE SOBRE O REGATO

 
IMAXE ACTUAL DA REPARACIÓN DA PONTE



Tamén se realizaron outras destacadas obras de mellora....


 CONSTRUCCIÓN DUN PEQUENO APARCAMENTO


CONSTRUCCION DUN PASEO DE TERRA ATA O REGATO


A pesares da melloría evidente que todos podemos comprobar nas imaxes, e mesmo no propio lugar o que vos convidamos visitedes e disfrutes, xa que è unha fermosa paraxe mesmo no outono ou inverno, lamentar unhas pequenas melloras que quedaron sen realizar como as que se amosan nas imaxes seguintes:

CARTEL INDICATIVO SEN ARRANXAR


FONTE SEN LIMPEZA NEN POSTA EN FUNCIONAMENTO


VALADO ROTO SEN ARRANXAR NO CAUCE DO REGATO

Informamos tamén que se acometeron melloras no paseo a beira do regato do Rial, realizando unha obra de empedrado para a mellora do firme:



 EMPREDRADO NO PASEO DO RIAL

 Preto desta actuación tamén indicar que quedou sen arranxar algunha parte rota do valado de madeira que protexe o cauce do río, e que pode ocasionar algún perigo se non se arranxa, sobre todo para algún menor que transite polo paseo. Polo tanto reiteramos a petición desta pequena anomalía.









AGORA, COMA XA INDICAMOS TOCA DISFRUTAR DESTE LUGAR IDÍLICO DO NOSO CONCELLO, EN CALQUER ÉPOCA DO ANO, E PREGAMOS OS RESPONSABLES MUNICIPAIS TEÑAN EN CONTA AS DEFICIENCIAS QUE POIDAN VOLTAR A XURDIR PARA ARRANXALAS CON PRONTITUDE PARA MANTER ESTE LUGAR NUNHAS CONDICIÓNS DIGNAS DE SER VISITADAS E DISFRUTADAS, XA QUE O LOGO DESTAS ACTUACIÓNS, O CONCELLO DEBE ASUMIR NON VINDEIROS 5 ANOS O MANTEMENTO DAS MESMAS, SEGUNDO SE INDICA NAS BASES DESTA ACTUACIÓN.



SEGUIREMOS INFORMANDO ¡¡

 




viernes, 22 de noviembre de 2013

Actividade deportiva no Concello na fin de semana do 23 e 24 de novembro de 2013

A actividade deportiva para os representantes do noso Concello è a seguinte:

CRESPOS C.F. - A PEROXA C.F: Domingo 24 as 16:15 no campo de Padrenda.
RIBEIRO F.C. - ATL. PEROXA: Domingo 24 as 16:15 no campo de San Cristobal.
A PEROXA C.F. "B" - PARADA DO SIL C.F.: Domingo 24 as 16:15 no campo do Marco.
C.P. CALASANCIO "B"- A PEROXA C.F. XUVENIL: Domingo 24 as 10:30 no campo dos Escolapios en Monforte de Lemos.
PABELLÓN C.F "B" - A PEROXA C.F. ALEVÍN:  Sàbado 23 as 11:00 no campo dos Remedios.  

A PEROXA C.F. BENXAMIN - S.D. NOGUEIRA: Sàbado 23 as 12:00 no campo do Marco.
A PEROXA C.F. PRE-BENXAMIN - C.P. CALASANCIO "B": Sàbado 23 as 11:00 no campo do Marco.
MACEDA - GADAFFI PEROXA VETERANS: Sàbado 23 as 16:00 no campo de Maceda.
CONCELLO DE COLES - OS PEARES FS: Sábado 23 as 19:00 no pabellón de Coles.
A PEROXA FS FEMININO - STA. TERESITA FSF: Sàbado 23 as 20:15 no polideportivo da Peroxa.
EMD CEA - A PEROXA FS INFANTIL: Mèrcores 27 as 19:00 no pabellón de Cea.

 A participación dos nosos representantes no mundo do atletismo será en algunha das numerosas probas que marca o calendario para este fin de semana, e que podedes consultar no seguinte enlace:

http://www.correrengalicia.org/index.php?name=CPGNuCalendar

Temos confirmada a presencia na carreira vertical "da castaña" en Parada do Sil, onde agardarmos de novo poder contar novas positivas e boas clasificacións dos nosos representantes.

Este è cartel desta difícil e peculiar proba:


Para rematar esta información, non podíamos deixar de pasar a ocasión para felicitar os moitos participantes dos noso concello que finalizaron con éxito a Carreira Popular do San Martiño 2013 celebrada o pasado domingo e da cal vos facilitamos a clasificación e resultados dos participantes do noso Concello da Peroxa, tanto en cativos como senior:
Indicar que houbo outros moitos participantes tanto na categoría cativos como escolares pero que se anotaron a través dos seus respectivos colexios.

A clasificación dos nosos en CATIVOS:


E na categoría ABSOLUTA:


NORABOA A TOD@S ELES.



UNHA SEMANA MÁIS, DISFRUTA E ANIMA OS NOSOS EQUIPOS E DEPORTISTAS  ¡¡¡

 

miércoles, 20 de noviembre de 2013

" WELCOME TO THE PEARES"

Desta vez o título expresa plenamente o sentido deste artigo. Onde damos conta da apertura da nova escola de inglès no poboado antigo de Fenosa nos Peares, tan como indica o seguinte titular da prensa local:

http://www.lavozdegalicia.es/SSEE/print.jsp?idContenido=0003_201311O19C8992&idSeccion=75B7B43F0A80B197001770399536394C

Este ambicioso proxecto naceu xa no ano 2011 como indica a seguinte imaxe....

 
Como è xa habitual neste tipo de proxectos con orzamentos millonarios, xa que estamos a falar de máis de 8 millóns de euros, nunca cumpren cos prazos previstos de execución tal como se anunciaba fai un tempo...

http://www.europapress.es/galego/noticia-fenosa-proxecta-inaugurar-pobo-ingles-os-peares-ourense-principios-2013-20120619200627.html

A obra foi denominada tamén FENOSA WIND, e anunciaba o desenvolvemento da zona, así como a creación de moitos postos de traballo, especialmente dos veciños e veciñas da zona....algo que todavía está por ver si será así.....DE MOMENTO NON ¡¡¡

A presentación deste ambicioso proxecto fíxose a través das seguintes noticias:

Na prensa galega....por suposto en La Voz de Galicia a través dunha reportaxe coas características publicado en decembro de 2012 e que podedes ver nas seguintes imaxes:



 Tamén se fixo por parte do Alcalde de Carballedo a presentación na televisión como podedes observar no seguinte enlace:



A realización das obras recaeu na empresa Gomez Crespo....

 
Esta inversión, como non podía ser doutro xeito, nace tamén na polémica no ámbito político, xa que como è de todos coñecidos a empresa Gas Natural Fenosa foi a maior beneficiaria no reparto do concurso eòlico feito polo goberno da Xunta de Feijoo, e considèrase esta obra como "pago" a tal adxudicación.

Tamén se reclama a aportación econòmica que fai a Consellería de Educación a este inicio do proxecto de máis de 300.000€ de cartos públicos para unha empresa privada, como podedes ler na seguinte noticia.

http://ccaa.elpais.com/ccaa/2013/11/06/galicia/1383773149_228828.html

Falaba na presentación o Sr. Alcalde de Carballedo, lembremos que agora preside o Consorcio dos Peares, de que este proxecto faría "recuperar o explendor" da zona que tivera antaño......

Certamente que o tivo, e seguramente fose a zona turìstica máis aproveitable que podían ter cada un dos catro concellos, pero que pouco a pouco se foi apagando por unhas nefastas xestións dos mandatarios responsables que parecían mirar cara outro lado, e que levan moitos anos apoltronados nuns sillóns presidenciais que os foron alonxando da cidadanía e da realidade.

Ao impresionante valor paisaxístico que ten a zona hai que engadir que a súa maior forza como pobo está na propia veciñanza e no seu inmenso amor por esta terra, como podedes amosar no magnífico reportaxe que a Televisión de Galicia fixo do mesmo....

http://www.crtvg.es/tvg/a-carta/os-peares

Para rematar, e como nota amigable a este artigo, e por suposto tamén, como unha das súas características como pobo reivindicativo e defensor dos seus dereitos e servizos, pregamosovos que non deixedes de ver este vídeo feito pola veciñanza dos Peares:

http://www.youtube.com/watch?v=5jbvZ5V-6w4

AGARDAMOS POLO TANTO, QUE ESTE PROXECTO SEXA DE NOVO UN PUNTO DE PARTIDA PARA A RECUPERACIÓN E POSTA EN VALOR DESTA ZONA DO NOSO CONCELLO, E QUE SIRVA PARA A CREACIÓN DOS TAN DESEXADOS E NECESARIOS POSTOS DE TRABALLO, ASÍ COMO PARA A MELLORA DOS NEGOCIOS E EMPRESAS DA ZONA.

martes, 19 de noviembre de 2013

Seguen as celebracións dos magostos populares ¡¡

Os veciños e veciñas dos pobos e parroquias do Concello da Peroxa seguen coas celebracións tradicionais dos magostos.

Este vindeiro fin de semana, concretamente o sàbado 23 celebrarase no pobo de Gulfariz.

Seguramente son moitos os que noutros lugares do concello tamén terán lugar, polo tanto, animamos a veciñanza a participar nesta tradicional festa.

Este è o cartel co que se anuncia o de Gulfariz.....


 PARTICIPA E DISFRUTA DAS NOSAS FESTAS ¡¡¡¡

lunes, 18 de noviembre de 2013

Petición atendida....¡¡

A pesar das negativas iniciais, que xa è unha costume habitual dos mandatarios do Concello, por fin se van atendendo algunhas das peticións veciñais para a mellora dos seus servizos.

Despois de presentar por escrito a través dos nosos concelleiros socialistas a través dun Rogo diante do Pleno a petición da instalación dun banco no pobo da Orde e tamén reiteramos a mesma petición a través dunha pregunta directamente para a resposta do Sr. Alcalde, parece que a pesar das negativas iniciais por parte dos mandatarios do Concello, por fin dita solicitude foi atendida.

Na seguinte imaxe o resumo da situación exposta e solicitada polos nosos concelleiros, así como tamén as respostas por parte do Sr. Alcalde a nosa demanda en nome dos veciños e veciñas:



Como podedes comprobar neste resumo que fixemos da situación, con respecto o Rogo e segundo a resposta extraída directamente da acta do citado pleno o Sr. Alcalde en lugar de atender as demandas presentadas e aportar solucións, os seus únicos e tristes argumentos baseanse en lembrar en cada pleno que "él e os seus concelleiros son que gobernan" e quen, por tanto, deciden. 

Situación que coñecemos perfectamente, porque non fai falta máis que botar unha pequena ollada os nosos pobos para coñecer que é o responsable da súa situación de deterioro e abandono.

Ademáis parece molestarlle continuamente a nosa labor de oposición, que entre outras funcións, estamos para demandar a mellora dos servizos existentes no concello.....e nos tamén somos representantes da veciñanza ¡¡¡

A petición que fixemos para este pobo era a sustitución deste banco deteriorado.....



E a petición, como xa expuxemos, logo das reticencias e negativas iniciais, por fin foi atendida e agora presenta este novo aspecto....



SEGUIREMOS TRABALLANDO POLA MELLORA DOS SERVIZOS NO CONCELLO E TAMÉN INFORMANDO DA REALIDADE E ACTUACIÓNS QUE SE PRODUCEN DENDE O CONCELLO, PARA QUE A VECIÑANZA COÑEZA A LABOR E ACTUACIÓNS QUE REALIZAMOS.



viernes, 15 de noviembre de 2013

Actividade deportiva no Concello na fin de semana do 16 e 17 de novembro de 2013

A actividade deportiva dos representantes do noso Concello da Peroxa nos diferentes deportes e a seguinte:

FRANCELOS FC - A PEROXA C.F.: Domingo 17 as 16:15 no campo de Francelos.


ATL. PEROXA - CD. CEA.: Sàbado 16 as 16:00 no campo do Marco.
CD CENLLE - A PEROXA C.F "B": Domingo 17 as 16:15 no campo de Cenlle.
A PEROXA C.F. XUVENIL - E.M.F. ARENTEIRO "B": (aprado da 1ª xornada) hoxe Xoves 31 as 18:30 no campo do Marco.
A PEROXA C.F. XUVENIL - C.D. BARCO: Sàbado 16 as 11:30 no campo do Marco.

A PEROXA C.F. ALEVÍN - CP CALASANCIO "C": Sàbado 16 as 10:30 no campo do Marco.
EMF ARENTEIRO - A PEROXA C.F. BENXAMIN: Domingo 17 as 11:30 no campo da Uceira.
CF MONFORTE - A PEROXA C.F. PREBENXAMIN: Sàbado 16 as 10:45 no campo de Monforte.
GADAFFI PEROXA VETERÁNS - IRIXO:  Sàbado 16 as 16:00 no campo do Irixo.
OS PEARES FS - ALB. Y PINT. RAMÓN SAETA: Sàbado 16 as 19:30 no pabellón dos Peares.
AMOEIRO - A PEROXA FS FEMININO: Sàbado 16 as 18:00 no pabellón de Amoeiro.
EMD CEA - A PEROXA FS INFANTIL: Sàbado 16 as 11:00 no pabellón de Cea.

 Os nosos atletas "profesionais" do Concello, así como moitos veciños e veciñas aficionados a este deporte este fin de semana teñen participación no evento por excelencia na nosa provincia en canto a carreiras populares se refire.......A CARREIRA POPULAR DO SAN MARTIÑO, este ano cun espectacular record de inscritos, que supera os 11.000 ¡¡¡

Os horarios desta proba que o domingo 17 percorrerá as rúas da cidade serán os seguintes:

CARREIRA DE ADULTOS (10 Km) con saída as 11:00
CARREIRA ESCOLAR (4,7 Km) con saída as 12:30
CARREIRA DOS PITUFOS (1,4 Km) con saída as 13:00

Todas terán a saída dende a Ponte do Milenio e a chegada no Pabellón dos Remedios.


PARTICIPA, APOIA E DISFRUTA DOS NOSOS DEPORTISTAS ¡¡¡


jueves, 14 de noviembre de 2013

Peticións de mellora solicitadas

Novamente e de cara o vindeiro pleno deste mes de novembro presentaremos os rogos correspondentes solicitando as melloras en algunhas das anomalías que nos fan chegar veciños e veciñas dos pobos e parroquias do Concello.

Unha das peticións será a reparación definitiva do estado deteriorado en parte do treito da estrada que vai dende a zona de Gulfar-Casarizas ata Verdelle e que é usada frecuentemente pola veciñanza da zona para os seus desprazamentos e que sufren nos seus vehículos as consecuencias deste abandono.

Esta anomalía xa foi reclamada con anterioridade polo deterioro que se produciu pola circulación de camións de gran tonelaxe por esta vía que é de recente construcción e que non estaba preparada para a circulación destes vehículos, entre os que se atopaba o do propio do Sr. Alcalde na súa labor empresarial con madeira sacada de montes da zona.

Tristemente nas seguintes imaxes amosamos a LAMENTABLE reparación que se fixo para reparar a vía, xa que esta consistiu en tapar os baches.....CON TERRA ¡¡¡¡

As imaxes falan por sí soas ¡¡¡



 Tamén precisa unha reparación urxente un camiño de acceso as fincas que se atopa na carretera que vai cara os pobos de Bustos e Turbisquedo dende o cruce de Mirallos e que presenta este lamantable estado dificultando claramente a circulación dos vehículos agrícolas.

As imaxes do seu estado son as seguintes:




Finalmente, e tamén despois de ter escoitado varias peticións veciñais pola ausencia dunha correcta sinalización dos pobos da parroquia de San Cristobo de Souto, debido a que os conductores que non coñecen a zona teñen dificultades para acceder dende o cruce existente preto do pobo de Fontefría.

A sinalización existente è xa de fai moitos anos e ten deficiencias, xa que no caso de que algún vehículo de emerexencias, como pode ser unha ambulancia que precise chegar a pobos desta parroquia unha vez chegados a este punto a sinalización é escasa ou inexistente, complicando así unha posible atención con rapidez, perxudicando e pondo en risco os veciños e veciñas destes pobos.

Polo tanto, solicitaremos unha mellora das indicacións os pobos desta parroquia neste punto que facilite o acceso a pobos da parroquia: Bustos, Turbisquedo, Turzavella, Moreda, Vilasusá......

Estas son as imaxes que amosan as deficiencias expostas:





ESTAS E OUTRAS PETICIÓNS DE MELLORA SERÁN SOLICITADAS A TRAVÉS DOS NOSOS CONCELLEIROS SOCIALISTAS OS MANDATARIOS MUNICIPAIS PARA ACTUACIÓNS DE MELLORA.

APROVEITAMOS PARA SEGUIR SOLICITANDO A COLABORACIÓN DA VECIÑANZA DO CONCELLO PARA QUE NOS FAGAN CHEGAR AS SUAS NECESIDADES DE ARRANXO DAS MOITAS E DIFERENTES ANOMALÍAS EXISTENTES EN TODO O TERMO MUNICIPAL.

AS NOSAS CANLES DE COMUNICACIÓN COMA SEMPRE ESTÁN A VOSA DISPOSICIÓN.