Benvido a este teu lugar de información, consultas, aportacións e por suposto críticas.


Un grupo, un compromiso, unha idea, unha ilusión...

Poñemos o teu alcance unha ferramenta necesaria para coñecer toda a información sobre o noso Concello: actuacións, acordos, propostas, necesidades, acontecementos.... e tamén lugar para opinar libremente a través dos teus comentarios.

Esperamos as túas aportacións.

jueves, 4 de abril de 2013

Esta è a realidade actual ¡¡¡

Somos coñecedores do seguimento que temos nestas nosas publicacións neste blog por parte de moitos veciños e veciñas do Concello, así como tamén, dos propios mandatarios do Concello.

Felicitàmonos no seu día tamén dende aquí da chegada as redes sociais do propio Concello de A Peroxa, como ferramenta de información, si ben è certo que non se publica toda a información que podería interesar a veciñanza, como poidera ser no seu día as convocatorias de emprego público que se ofertaron dende o Concello, noutro exercicio de oscurantismo e falta de transparencia, entre outros exemplos.

Somos como non podía ser doutro xeito, fieis seguidores desas publicacións, pero non podemos deixar pasar a ocasión para facer unha crítica a certas publicacións recentes.

Supoñemos que ante a falta de actividade municipal e de interesantes ofertas, convocatorias e actividades do propio Concello, publícanse segundo a nosa opinión con acerto, imaxes de partes do noso Concello supoñemos que con fins de promoción turística.

Neste punto surxe a nosa crítica e denuncia pública da recente reportaxe fotográfica (ainda que fora sen fotos reais e orixinais), dun dos lugares máis senlleiros e representativos do Concello como foi o entorno do Castelo.

Amosaronse unhas fotos realmente idílicas deste emprazamento, que por suposto estamos de acordo que è un lugar espectacular e digno de ser visitado e disfrutado, pero para nada se axustan a realidade ¡¡¡

Neste punto no seu día se fixo unha millonaria inversión para a súa mellora, pero o problema surxe cando despois de tantos anos nunca se tivo conciencia de conservación nin actuacións de mantemento algùn.


Este lugar è un paraxe como dixemos idílico e de disfrute para os que o visitan, pero fai xa moito tempo que a imaxe que ofrece non è a desexada...........e o que se atopan os visitantes son imaxes como as que siguen:

VALLADOS DETERIORADOS





ARBORES CAÍDOS


FONTE SEN SERVIZO


MALEZA SEN LIMPAR




SINALIZACIÓN ROTA E ESCASA

 
MURO CAÍDO




ACCESOS INUNDADOS



Poderíase restaurar o muíño e facelo funcionar como orixinalmente, coa limpeza da canle da auga e instalando os mecanismos existentes:




Tamén como suxerencia se poderían tomar como referencia as "lendas" feitas por un coñecido e entrañable historiador da zona, coñecedor deste maravilloso entorno e facelas en formatos "oficiais" e duradeiros:





Esta è a situación REAL e ACTUAL da situación, polo que emprazamos os mandatarios do noso Concello a tomar medidas e sobre todo solucións a esta problemática para manter en condicións òptimas este paraxe singular e ESPECTACULAR ¡¡¡


AGARDAMOS POLO TANTO UNHA ACTUACIÓN URXENTE, COMO TAMÉN PROPOÑEMOS FOMENTAR E PUBLICITAR ESTE LUGAR MEDIANTE ALGUNHA ACTIVIDADE QUE SE PODERÍA DESENVOLVER NESTA PARAXE COMO PODERÍA SER UNHA ANDAINA POLAS RUTAS DE SENDEIRISMO, ALGÚN TIPO DE XUNTANZA OU FESTA MEDIEVAL, ETC.


 


No hay comentarios:

Publicar un comentario