Benvido a este teu lugar de información, consultas, aportacións e por suposto críticas.


Un grupo, un compromiso, unha idea, unha ilusión...

Poñemos o teu alcance unha ferramenta necesaria para coñecer toda a información sobre o noso Concello: actuacións, acordos, propostas, necesidades, acontecementos.... e tamén lugar para opinar libremente a través dos teus comentarios.

Esperamos as túas aportacións.

miércoles, 30 de mayo de 2012

Subsanación de erros ¡¡

No artigo publicado no día de onte cometemos un erro importante en canto o novo número de teléfono dos Socialistas da Peroxa. O numero indicado onte tiña un cero de máis, polo que o número correcto é o seguinte:


688-950007

Disculpade o erro e lembrade que quedamos a vosa disposición ¡¡


Subvención interesante ¡¡

No DOG de hoxe mercores 30 de maio de 2012 na súa pàxina 20750 e posteriores convocanse axudas económicas a travès do "Cheque infantil" para escolas infantís para os nenos e nenas de 0 a 3 anos.

No seguinte enlace a convocatoria completa:

http://www.xunta.es/dog/Publicados/2012/20120530/AnuncioCA05-240512-0002_gl.pdf

Quedamos coma sempre a túa disposición para calquer dúbida ou axuda para a súa tramitación.


martes, 29 de mayo de 2012

Ampliando a nosa "cobertura".

A nosa Agrupación Municipal Socialista no Concello de A Peroxa dá un novo paso importante na atención os veciños e veciñas do Concello.

 Para subsanar unha demanda veciñal que se nos propuxera e para ter un contacto máis cercano e directo coa veciñanza poñemos un servizo básico de comunicación como è......

O TELÉFONO DOS SOCIALISTAS DA PEROXA

Un servizo para atender as vosas peticións e demandas de actuacións, cun servizo rápido e eficaz.

O nùmero è o seguinte:


688-9500007


AGARDAMOS AS TÚAS CHAMADAS ¡¡


domingo, 27 de mayo de 2012

Xa pasamos "por caixa" no SERGAS

O Sr. Feijoo deseoso de fundir os galegos e galegas xa puxo en marcha o sistema de "pasar por caixa" tras acudir os SERVIZOS PÚBLICOS DA SANIDADE GALEGA:

No seguinte enlace podedes comprobar como lle reclama a moitos dos nosos veciños e veciñas de Galicia o pago dos servizos realizados neste caso no Hospital de Vigo.

http://www.xunta.es/dog/Publicados/2012/20120528/AnuncioG0003-140512-0002_gl.pdf

Canto tempo máis temos que aguantar esta humillación, logo dirá que é para evitar un "MAL USO" da Sanidade......CÍNICO E HIPÓCRITA.

De nos depende librarnos deste pirata dos Servizos Sociais ¡¡


viernes, 25 de mayo de 2012

Actividade deportiva no concello na fin de semana do 26 e 27 de maio de 2012

Escasa actividade deportiva a que se celebrará esta fin de semana no noso Concello debido o remate das competicións dos equipos nas diferentes competicións e a ausencia de calquer outra actividade ou iniciativa.

Os encontros son os que siguen:

CELANOVA - A PEROXA C.F CADETE: Sàbado 26 as 10:15 en Celanova

OS PEARES F.S - AVIÓN: Sàbado 26 as 17:00 no anexo dos Remedios.

Anima os nosos equipos ¡¡

jueves, 24 de mayo de 2012

Acto para os nosos maiores ¡¡

O vindeiro 9 de xuño celebrase no Carballiño a festa "XUNTANZA DE MAIORES", organizada pola Xunta de Galicia.

Os interesados poderán anotarse nas oficinas do noso Concello ata o venres 25 de maio.


martes, 22 de mayo de 2012

Os nosos productos triunfan lonxe ¡¡

No seguinte enlace unha entrevista o noso Chef máis famoso do Concello levando o noso producto grastronómico estrela polos concellos de Galicia.
Lástima que no noso propio Concello non se promociones e se defendan máis os productos e os artesáns que manteñen tradicións antigas e de rotundo éxito como neste caso no gastronómico.

http://www.farodevigo.es/portada-deza-tabeiros-montes/2012/05/19/ingredientes-naturales-son-clave-buena-carne-o-caldeiro/649825.html

Noraboa e a seguir triunfando.


Período de cobro de impostos no Concello de A Peroxa

Segundo a información publicada nos bandos expostos do noso Concello, abrese o periodo voluntario de cobro dos seguintes impostos do exercicio 2012:

IBI
BICES
IAE

O prazo será dende o 18 de maio ata o 20 de xullo (ambolos dous incluidos)

Poderanse facer efectivos nas oficinas de Novagalicia Banco, Banco de Santander e na Recadación da Mancomunidade en A Pena (Vilamarin).


Festas en Vilarrubin

Este vindeiro sábado 26 de maio celebrarase unha nova edición da festa na honra as "Hijas de María" na parroquia de Vilarrubin.
Unha celebración festiva con claro caracter relixioso onde se amenizará a festa e verbena coa orquesta D`Tacón e tamén se celebrarán os tradicionais versos a Virxe.

Disfruta das nosas festas ¡¡

lunes, 21 de mayo de 2012

Aportación económica para o Concello

O convenio que regula a colaboración entre os concellos de Galicia e a Consellerìa de Presidencia, Administración Pùblicas e Xustiza da Xunta fixo efectiva a aportación económica que lle corresponde o noso concello para o funcionamento da secretaría do xulgado de paz dos meses de setembro a decembro de 2011 consistente en 8.500€ segundo se publicou no DOG do venres 18 de maio de 2012 na súa páxina 18715 o cal accededes dende o seguinte enlace:


http://www.xunta.es/dog/Publicados/2012/20120518/AnuncioC3C1-110512-0003_gl.pdf


viernes, 18 de mayo de 2012

Convocatoria interesante para a xuventude con iniciativas ¡¡

No DOG de hoxe na súa pàxina 18779 convocase unha liña de axudas do "Programa Xuventude Crea", onde hai axudas económicas para traballos e actividades da xente moza no ámbito artístico, sociocultural, artesanal, turístico, etc.

As bases no seguinte enlace:

http://www.xunta.es/dog/Publicados/2012/20120518/AnuncioCA05-090512-0005_es.pdf

Màis información e colaboración consultando neste blog ou os membros da agrupación.

Participa ¡¡

Datos e actuacións sobre a "prima" ¡¡

Nos gráficos resumen seguinte diferentes xeitos de actuar ante as situacións difíciles e declaracións para o recordo por si alguén xa se esquecera da hipocresía e cinismo do PP...



POR SUPOSTO QUE NON TODOS SOMOS IGUAIS A HORA DE GOBERNAR ¡¡



 

miércoles, 16 de mayo de 2012

Actividade deportiva no concello fin de semana 19 e 20 de maio de 2012

Os encontros dos equipos que quedan en competición no noso concello son os seguintes:

A PEROXA C.F CADETE - CD MACEDA: Xoves 17 as 17:00 no campo do Marco.

BARBADÁS "B" - A PEROXA C.F CADETE: Sàbado 19 as 11:30 no campo da Valenzá.

A PEROXA C.F. BENXAMIN - VELLE (Amigable):  Sàbado 19 as 11:30 no campo do Marco.

5 PONTES FS - OS PEARES F.S: Sàbado 19 as 17:00 no polideportivo de Oira.


NON DEIXES DE ANIMAR OS NOSOS EQUIPOS ¡¡


martes, 15 de mayo de 2012

lunes, 14 de mayo de 2012

Axudas os mozos e mozas para sacar o permiso de conducir

No DOG de hoxe luns 14 de maio aparece unha interesante convocatoria na súa páxina 17920 consistente en aportación económica para sacar o permiso de conducción clase B.

Màis información e datos no enlace seguinte:

http://www.xunta.es/dog/Publicados/2012/20120514/AnuncioCA05-090512-0001_gl.pdf

Ademàis como en convocatorias anteriores quedamos a túa enteira disposición para calquer dúbida na tramitación desta axuda.



viernes, 11 de mayo de 2012

Interesante convocatoria

No DOG de hoxe venres 11 de maio na súa páxina 17638 convócanse axudas para a modernización das explotación agrarias e para a incorporación de mozos á actividade agraria.

O obxeto e para Plans de mellora nas explotación agrarias e tamén para Primeira instalación de agricultores mozos ou mozas.

Pode ser de interès para moitos veciños ou veciñas do noso concello onde teñen como medio de vida as explotacións gandeiras ou agrícolas.

Màis información no seguinte enlace:

http://www.xunta.es/dog/Publicados/2012/20120511/AnuncioG0165-080512-0006_gl.pdf

Como sempre ofrecemos a nosa colaboración para consulta ou tramitación destas axudas a calquera que poida estar interesado.


Actividade deportiva no Concello para 12 e 13 de maio de 2012

Os eventos deportivos relacionados co noso concello céntranse nos encontros que disputarán os nosos equipos representativas nas súas respectivas competicións:

A PEROXA C.F - C.D. VELLE: Domingo 13 as 17:00 no campo do Marco.

TOÉN - ATL. PEROXA: Domingo 13 as 17:30 no campo de Toén.

C.D. VELLE - A PEROXA C.F CADETE: Sábado 12 as 16:30 no campo de Velle.

PABELLÓN "C" - A PEROXA C.F BENXAMIN: Sábado 12 as 11:00 no campo dos Remedios.


Non deixes de apoiar e animar os nosos equipos ¡¡


miércoles, 9 de mayo de 2012

Así gasto o Concello os nosos cartos....¡¡

Na seguinte imaxe publicamos os orzamentos do Concello de A Peroxa para o 2012, unha publicaciòn do BOP do luns 30 de abril de 2012.

Indignantes datos os que todos podedes comprobar nesta publicación, ainda que isto non deixa de ser un resumo pùblico para ocultar os verdadeiros datos do desglose dos gastos que ten o concello realmente.....e que foron debatidos no pleno de febreiro co voto negativo da nosa agrupación por considerar un abuso as partidos de gastos en persoal, material, mantemento e pola contra ridículas as partidas asignadas a servizos municipais básicos, obras, etc.

Por citar algúns preocupantes, no apartado de gastos aparecen consignados 33.000 para DIETAS ¿? ainda hoxe non foi capaz o Sr. Alcalde de explicarnos en que se gastará esa cantidade, no propio pleno non deu resposta. Tamén chama a atención máis de 140.000 euros para gastos de material oficina, telefono, gasoil e "outros". Pola contra contrastan cos pirricos 15.000 euros para reparación, mantemento e conservación ¡¡

Destacamos como non podia ser doutro xeito o excesivo porcentaxe do orzamento que se vai a gastos de persoal sin ser excesivamente numeroso.

Unha dos grandes temas de debate no pleno sobre o orzamento voltou a ser o elevadísimo soldo do Alcalde nunha situación de crise e onde os veciños e veciñas se lles está a pedir continuamente esforzos económicos e él mantén o soldo de case 30.000 euros anuais por unha ADICACIÓN PARCIAL ¡¡ Solicitamos unha rebaixa nestes emolumentos para poder atender os sevizos do concello con máis garantías pero negouse.

Rematamos esta pequena analise cun dato CURIOSO que ben podedes observar.....No concello temos 8 concelleiros do PP, pois ben, catro deles (o 50%) cobran do concello: o propio Alcalde, o tesoureiro, o concelleiro de urbanismo e tamén o de servizos sociais.

Seguiremos pelexando por uns orzamentos axeitados e acordes coas necesidades do concello e onde non se usen os cartos públicos para pagar servizos totalmente precindibles ¡¡


É ESTE O CONCELLO QUE QUERES ?

AXÙDANOS A CAMBIAR ESTA SITUACIÓN ¡¡

DE TÌ DEPENDE ¡¡


martes, 8 de mayo de 2012

A Peroxa nas américas....¡¡

Hoxe vemos nun xornal internacional a noticia de que o Sr. Feijoo foi nomeado socio de honra na Sociedade Arantei, Vilamarin  e A Peroxa.

Unha sociedade con sede en Arxentina e beneficiaria de subvencións suculentas por parte da propia Xunta de Galicia. Algunha delas ben curiosa como foron os cartos que recibiu recentemente por cambiar o seu nome antigo: Sociedad Arentei, Villamarin Perojano ao actual en galego.

Ademáis esta sociedade formada por emigrantes galegos recibiu ata fai ben pouco tempo cartos dos orzamentos do noso concello de A Peroxa.

Creo recordar que unha vez nada máis visitou o noso concello o seu presidente e foi precisamente para pedir cartos.


No enlace seguinte tedes a noticia publicada....

http://www.cronicasdelaemigracion.com/articulo/galicia/2012-05-07/feijoo-nombrado-socio-honor-arantei-vilamarin-peroxa/16340.html

Denunciamos publicamente unha vez máis que mentres aquí o Sr. Feijoo nos apreta os galegos coa sua falsa austeridade recortandonos cada semana servizos básicos,  logo pasa as semanas de paseo untando os petos dos seus aduladores polo mundo adiante.

Triste situación que debemos cambiar axiña ¡¡


Grandes frases e grandes mentiras de Mariano.

Na seguinte imaxe novamente mostramos as perlas de frases que solta Mariano con frecuencia e que creemos que nin el mesmo entende......Na mesma frase é capaz de decir que sí, logo que non e remata cun tal vez ¿?

Mariano en estado puro.....



O mellor xuíz.......o tempo ¡¡

Así se reflexa co paso das semanas as contínuas mentiras e enganos os que nos somete o goberno de España cun Rajoy que cada día que pasa amosa máis a súa incapacidade para endereitar esta difícil situación..
Unha situación que él mesmo manifestaba que arranxaría en cuestión de días, tan só coa súa presencia no goberno ¡¡

Para os que perderon a memoria "de repente" deixamos no enlace seguinte un resumo do vídeo do debate na campaña pasada. Cada un que saque as súas conclusións.

http://politica.elpais.com/politica/2012/05/07/actualidad/1336423965_000927.html

Esto é o que prometía e todos vemos o castigo o que nos somete cada día.

Así son os gobernos do PP, especialistas na mentira e a manipulación nas campañas electorais e logo os cidadáns non acadan as previsións que lle forón ofrecidas.

Unha lástima, pero que sirva de exemplo para as próximas eleccións galegas onde os datos nefastos da xestión de Feijoo están palpables na poboación e xa comenza a darlle a volta a tortilla como é a súa especialidade, decir xusto o contrario do que toda a poboación está a comprobar nos seus bolsillos principalmente ¡¡

sábado, 5 de mayo de 2012

RESUMO DO PLENO DO 30/04/2012

Analizamos brevemente os puntos màis interesantes do pleno celebrado o pasado luns 30/04/2012.

Sin dùbida o màis destacado do pleno e a súa celebración en sí ¡¡

A explicación é ben sinxela, había moitos anos que non se celebraba un pleno ordinario (segundo marca a lei debe ser cada 2 meses) no noso concello, e iste celebrouse logo de ter que solicitalo dende a nosa agrupación municipal socialista por escrito.

Este fóron os temas tratados e acordados: segundo os puntos da orde do día:

1) Aprobouse por unanimidade a acta do pleno anterior.

2) O secretario expuso os datos da liquidación de contas do orzamento do ano 2011. Non se somete a votación este punto.

3) Aprovouse por unanimidade a continuidade no Convenio para a recollida de residuos solidos urbanos. Neste punto nos propuxemos que dado o horario só de mañas que ten o punto limpo de Corneda de apertura, se colocase interiormente un contenedor onde algúen que fose pola tarde o poidese depositar alí. Respostouse que o horario xa era de por sí amplo, con sábado incluídos pero que se miraría o tema.

4) Aprovouse por unanimidade a modificación dos Estatutos do Consorcio de Turismo da Ribeira Sacra onde se incorporaban novos membros os xa existentes, ata o de agora con Concellos de Lugo e Ourense e agora coa entrada de Asociacións como a Denominación de Orixe Ribeira Sacra e unha Asociacións de Casas de Turismo Rural da provincia de Lugo.

5) O grupo de goberno propuxo de entre os 4 candidatos existentes a Mario Fente, que se aprobou cos 8 votos favorables do PP e a abstención do noso grupo municipal para o posto de Xuíz de Paz sustituto.

6) Aprovouse por unanimidade a adhesión ao Convenio coa Deputación para a realización dunha relación das estradas existentes no concello, tanto municipais como provinciais.

7) As nosas mocións presentadas fóron as seguintes:

a) Lembramos que do pleno anterior quedou por tratar unha onde a nosa Agrupación Municipal instaba o concello a defender diante da Xunta de Galicia o posible peche das urxencias nocturnas no PAC de Vilarchao. Quedara pendente dunha similar que se ía tratar no pleno da Mancomunidade pero o parecer ainda non tiveron o pleno pertinente. Queda polo tanto outra vez pendente, porque nos seguiremos insistindo no NON O PECHE DAS URXECIAS DO PAC de Vilarchao.

b) Aprovouse a nosa moción onde solicitamos do concello que se unira o convenio coa Dirección Xeral de Tràfico para a realización de trámites ON-LINE dende as oficinas municipais para facilitar os servizos os veciños e non ter que desprazarse a Ourense por cuestións sinxelas e que esta actividade se dera publicidade a través dos bandos nos pobos para que todo o concello coñecese este servizo e o utilizase, aforrando así tempo e cartos. O Sr. Alcalde aprovou e "agradeceu" esta moción porque seica xa facía tempo que a DGT llo propuxera pero "non sabía onde metera o papel".

c) Aprovouse parcialmente a nosa moción onde exixiamos o concello que restablecese as clases de ximnasia nos pobos nos días, horas e lugares que se viña desenvolvendo ata que unha decisión do Sr. Alcalde fixo que se suprimiran. Unha actividade que reclamamos porque a consideramos util e vital para a vida dos veciños e veciñas e case por ser a única da que a nosa poboación disfrutaba. 
A parte que non aprovou o grupo do PP foi a de reabrir o Ximnasio municipal. Seguen alegando que non hai xente que o demande ¡¡ Nos propuxemos que sexa o concello a través de programas e actividades periódicas e atractivas o que fomentase este servizo e o Alcalde insistia en que non ían gastar cartos para 2 ou 3. Reclamamos nós entón porqué se gastaron 9 millons de pesetas na súa construcción se non ia ter actividade. O alcalde respostou que se fixo "pola cara", que non costou cartos o concello. Certo é que así foi, que o fixo a Xunta, pero tamén e certo que estes cartos se poideron logo empregar en outra instalación como ben podería ser e que xa temos solicitado como sería a construcción dun Parque Infantil ou doutra instalación da que si tívera o uso e disfrute dos veciños e veciñas do concello.

8) Presentáronse os decretos aprobados pola Alcaldía.

9) En escritos e comunicación non houbo temas.

10) Rogos e preguntas:

Presentamos un rogo: Solicitamos que o concello trasladase a petición a Deputación para a limpeza, arranxo e asfaltado do aparcadoiro do campo de futbol polo seu mal estado de conservación para un mellor servizo os usuarios habituais e evitar averías como xa se ten producido algúnha en vehículos polos buratos e regos que alí existen. 
O alcalde respostou que non era época para estas obras ¡¡ pero que miraría de darlle unha volta e reparar provisionalmente con sábrego os buratos.

En canto as preguntas, aquí foi un dos momentos máis sorprendentes do pleno. Xa que o Sr. Alcalde non deu resposta as nosas preguntas sobre as problemáticas que trasladamos de veciños e veciñas de varias zonas do concello. Respostou que nese intre non tiña datos ¡¡ NON TIÑA DATOS DO FUNCIONAMENTO DO SEU PROPIO CONCELLO ¡¡
Informamos que temos a "boa costume" de presentarllas sempre por escrito con antelación legal suficiente: presentamola no rexistro do concello o Venres e o pleno foi o luns as 20:00, e segundo indica a norma "as preguntas presentadas por escrito con 24 horas de antelación son para resposta no pleno vindeiro". Ante esta exposicón legal reclamando o noso dereito tivo que consultar co Secretario si estabamos no certo cousa que nin fixo nin deixou de facer ¡¡ O Sr. Alcalde xustificou que estivera moi ocupado e que non as vira e que as respostará no vindeiro pleno. Manifestamos que tamén è verdade que está no seu dereito de facelo así sempre que motive o situación ¿?.
 A nosa opinión particular é que non foi por falta de tempo, senón que nos parece que algunha das preguntas o poñían en un serio compromiso e terá que "meditar" a resposta.

Finalizamos a sesión ofrecendo dende a nosa Agrupación Muncipal Socialista de A Peroxa o Concello a nosa colaboración para as posibles axudas que o concello lle poida propoñer as familias dos dous veciños recentemente detidos en paises do exterior.

Ata aquí o resumo, agardamos que sexa do voso interés e sobre todo invitarvos o vindeiro pleno para que coñezades de primeira mán como funciona o Concello e como dende a nosa agrupación se levan a pleno cuestións sempre para a mellora da calidade de vida dos veciños e veciñas e trasladamos as súas peticións e inquedanzas para que sexan atendidas.

Un pracer traballar por vòs ¡¡


GRAZAS.



viernes, 4 de mayo de 2012

Actividade deportiva no concello fin de semana do 5 e 6 de maio de 2012

A actividade deportiva no céntrase nos encontros seguintes que disputarán os equipos do Concello:

NOGUEIRA - A PEROXA C.F.: Domingo 6 as 17:00 no campo de Luintra.

ATL. PEROXA - VILARIÑO "B": Domingo 6 as 17:30 no campo do Marco.

BARBADAS FS - OS PEARES FS: Sàbado 5 as 20:00 na central dos Remedios.


Anima os nosos equipos ¡¡


miércoles, 2 de mayo de 2012

Os Peares na TVG

No enlace seguinte o programa da TVG "Vivir Aquí" do 29 de abril tedes acceso a unha bonita reportaxe sobre Os Peares e o seu contorno con entrevistas as súas xentes, onde mostran as maravillosas virtudes deste peculiar enclave. Tamén se manifestan unha vez máis reivindicacións para unha solución a dificil situación administrativa deste emblemático pobo, que co paso do tempo en lugar de unir parece que cada vez máis se alonxan pobos e veciños....

http://www.crtvg.es/tvg/programas/vivir-aqui

Bonita reportaxe ¡¡




Resumen gráfico do RE-PAGO farmaceutico.

No seguinte gráfico amosamos un resumo das navalladas económicas que o sr. Rajou lle meteu as economías dos cidadáns, voltamos a pagar por servizos básicos que durante anos, no caso dos pensionistas xa tiñan máis que pagados.


ESTE PAÍS NECESITA MEDIDAS PARA CRECER NON PARA AFUNDIRNOS ¡¡


martes, 1 de mayo de 2012

E agora qué ?

Pregunta feita e dirixida para os agora "responsables" da lacra do paro neste país, o sr. Feijoo e o sr. Rajoy...a quén lle votan agora a culpa dos terribles datos de paro deste primeiro trimestre de 2012?

No seguinte gráfico lembramos o que decían sobre o paro, que parece de repente xa se olvidaron das súas ofensivas declaracións:



LOGO DE REFRESCARLLES A MEMORIA E USANDO OS SEUS LEMAS DE CAMPAÑA......"LO PRIMERO EL EMPLEO" OU "SÚMATE AL CAMBIO"....PREGUNTÁMOS ONDE ESTÁN OS RESULTADOS E O CAMBIO Sr. RAJOY ?? 

O CAMBIO FOI BEN SINXELO, ANTES O PARO ERA ELEVADO PERO AS AXUDAS SOCIAIS OS MÁIS DESFAVORECIDOS INCREMENTÁBANSE......E AGORA O PARO È DESORBITADO E NON TEN LÍMITES E A POBOACIÓN ESTÁ A SUFRIR AS SÚAS NAVALLADAS SOCIAIS, RECORTANDO DEREITOS ADQUIRIDOS FAI DÉCADAS, TODO PARA TAPAR E AGUANTAR A SÚA NEGLIXENCIA E FALTA DE IDEAS ¡¡

LAMENTABLE SR. RAJOY ¡¡

PARA ISTO NON O VOTARON OS ESPAÑOIS ¡¡