Benvido a este teu lugar de información, consultas, aportacións e por suposto críticas.


Un grupo, un compromiso, unha idea, unha ilusión...

Poñemos o teu alcance unha ferramenta necesaria para coñecer toda a información sobre o noso Concello: actuacións, acordos, propostas, necesidades, acontecementos.... e tamén lugar para opinar libremente a través dos teus comentarios.

Esperamos as túas aportacións.

jueves, 31 de marzo de 2011

Eventos deportivos fin de semana 02 e 03 de abril de 2011

Partidos que disputarán os equipos do concello:

CHOCO - A PEROXA: Domingo 3 as 17:00 en Redondela (Saida do Bus da Peroxa fronte o Bar O Agro as 14:00 e de Ourense da Avenida de Santiago, fronte o Restaurante Novo Milenio-Llovizna as 14:30).

ATLETICO PEROXA - S.D. PIÑOR : Domingo 3 as 17:30 no campo do Marco.


Acude animar os teus equipos ¡¡

Boletin de emprego público semanal.

Enlace de acceso o boletín de emprego semanal: pulsar en boletin semanal.

http://www.060.es/060/appmanager/portal/desktop//page/trabajarEnlaAdministracion&fia=ciudadanosHome

miércoles, 30 de marzo de 2011

Un abandono que supón un risco para a nosa saúde.

Engadimos estas liñas a esta nova antiga na que seguimos traballando continuamente (05/10/2011):

A situación actual é a seguinte: Trala presentación na Delegación de Medioambiente da Xunta, ésta por non ser competente na materia, traspasou a solicitude a Comisaría de Augas, dependente da Confederación Hidrográfica do Miño-Sil en Ourense, do Ministerio de Medio Ambiente.

Aquí tras atender a nosa petición no nome dos veciños e veciñas realizaron as probas e mostras oportunas polos seus técnicos e decidiron abrir 4 expedientes sancionadores o Concello da Peroxa por carecer da Autorización Administrativa para a realización de tales vertidos, uns expedientes que poderían acarrear multas de ate 6010,12.

Todo isto surxe por unha neglixente actuación do Concello e pola constante negativa a mellorar esta situación de risco para a saude dos veciños e de contaminación medioambiental que levamos tempo reclamando dende a nosa agrupación municipal no Concello, chegando incluso a nosa preocupación o pleno anterior onde novamente se nos volveu negar unha actuación o respecto.

Agardamos a postura e actuación do Concello neste tema e tentaremos de novo presentalo e debatilo no seguinte pleno, que por certo agardamos con impaciencia, xa que se tería que ter celebrado a principios de setembro como se acordou pero parece que non deben considerar importantes as situacións que preocupan os veciños do Concello hoxe en día: situación da carretera dende Gustey, situación das fosas, incendios....etc.

Seguiremos coma sempre informando das novas que vaian xurdindo.

___________________________________________________________________________________

A continuación tedes a noticia que publicamos no seu día:

Levamos tempo traballando nun tema de vital importancia para a saúde dos nosos veciños e veciñas, así como un grave problema de contaminación medioambiental. Estamos a falar do estado da abandono total por parte do concello das fosas sépticas, unha vez postas, alí quedaron sen ningún tipo de control nin mantemento.

Xa fai tempo estamos a pagar as consecuencias do pasotismo do concello neste tema, en moitos lugares do concello están vertendo os nosos regatos, co perigo añadido que en algúns deles bombean agua para o consumo de persoas e animais ( Souto, Conchouso, Pousada, etc).

Tras solicitar en reiteradas ocasións unha solución o concello e ante a falta de actuacións, o grupo municipal socialista a través do seu portavoz presentou un escrito no concello....novamente sen resposta, logo presentouse un escrito na delegación da Consellería de Medio Ambiente en Ourense, e estamos a espera de noticias ou o que sería mellor..actuacións.

A noticia tuvo a súa repercusión na prensa cos seguintes artigos:

http://www.lavozdegalicia.es/ourense/2011/03/30/0003_201103O30C10994.htm?idioma=galego

http://www.laregion.es/noticia/148369/socialistas/peroxa/urgen/arreglo/fosas/septicas/

http://www.ourensedixital.com/_novas/11/03/30_05.htm

Aquí tedes unha fotos do exemplo de abandono desta situación, en pobos como o Souto os vertidos e lodos campan as súas anchas pola beira da carretera en dirección o río da Barra, deixando un rastro cuns olores que fan  intransitable a zona; o mesmo ocorre en Pousada onde as tuberias verten lodos continuamento o regato que vai a beira da ruta de sendeirismo cara Gulfariz, onde bombean auga deste regato e o igual que no caso anterior facendo do que podía ser un agradable paseo pola ruta un calvario de imaxes penosas e olores insoportables.







Agrupación Municipal Socialista da Peroxa, traballando e preocupándose polos seus veciños ¡¡


martes, 29 de marzo de 2011

Concurso de fotografía

A mancomunidade de concellos Santa Agueda convoca un concurso de fotografía coas seguintes características:

Concellos participantes: Coles, Vilamarin, Amoeiro e A Peroxa.
(As bases poden ser consultadas nas oficina de calquera dos concellos).
Requisitos:

TEMA: libre que resalte os valores naturais, culturais, sociais, paisaxísticos e artísticos dos concellos
FOTOGRAFÍAS: 1 por cada concello.
TAMAÑO: minimo 20x30 e máximo 40x50
LUGAR DE PRESENTACIÓN: Dirixidas a Mancomunidade Santa Agueda (concurso de fotografía)        A Pena s/n - 32101 Vilamarin.
PRAZO: ata o 15 de abril

Hai que participar nestas iniciativas para poder exixir dos nosos concellos tamén outro tipo de actividades.

lunes, 28 de marzo de 2011

Novas achegas económicas para o concello da Peroxa

Informamos os veciños das recentes achega económicas que recibiu o noso concello.

Primeiramente tedes no enlace que sigue a adxudicación de case 200.000€ para o pavillón dos Peares. Importante inversión a realizada, lástima que chegue con varios anos de retraso, nun pobo onde o deporte do futbol-sala tivo unha importancia notable pero que hoxe en día coma en case todas as actividades do concello está en decadencia polo abandono pola nefasta e inexistente xestión deportiva a que nos somete o concello.

http://www.xunta.es/dog/Dog2011.nsf/0e5fb445f3681a75c1257251004b10d7/58811d812952e710c125784c00519823/$FILE/04600D011P020.PDF

Esta inversión desexamos que sirva para revitalizar esta práctica deportiva ou otra calquera e non para usar o recinto para "paperotadas" de políticos. Miraremos para que o seu mantemento sexa o correcto e tentaremos que non chegue o estado de abandono e case ruina do que se fixo na Peroxa, que leva moitos anos sen actividade algunha.
Dende o noso grupo estamos dispostos se nos dades o voso apoio a facer da práctica deportiva e sobre todo na dos nosos nenos e nenas, sen esquecer as actividades para a mocidade e os nosos maiores unha das liñas básicas do noso goberno.

A seguinte aportación económica chega dende medio rural para obras de infraestructuras no rural para o seu desenvolvemento. A cantidade de de 154.000€ que estaremos atentos e vixiantes a que se invirtan realmente no subscrito no convenio, non como sucedeu con anterioridade.

http://www.xunta.es/dog/Dog2011.nsf/0e5fb445f3681a75c1257251004b10d7/6d6bfe7b91deb422c1257856004d3c48/$FILE/05500D004P006.PDF

As seguintes achegas económicas están destinadas a actividades deportivo-culturais.

Primeiramente máis de 800€ para a actividade TEMPO DE LECER NA 3º IDADE ¿?

https://bop.depourense.es/portal/descargarPdf.do?numBoletin=55&fecha=20110309
(Páxina 3)

Temos tamén outra de 900€ para a actividade deportiva DEPORTE PARA TODOS (ou case todos).

https://bop.depourense.es/portal/descargarPdf.do?numBoletin=62&fecha=20110317
(Páxina 3)

A pregunta é ben sinxela.....¿ata cando vamos a consentir que se sigan rindo de nós? ¿realmente credes que estas actividades son suficientes para os nosos veciños? ¿porquè os nosos nenos e nenas non teñen actividades como calquer outro concello? ¿porqué os nosos maiores non teñen actividades? ¿porqué a noso mocidade a única actividade que ten no concello e reunirse nos bares?....

ATA CANDO IMOS ATURAR ESTO?

 Necesitamos xente con gañas de facer o que esta xente do concello se nega a facer, ben sexa por vagancia, por incompetencia, ou porque realmente pouco lle interesamos.

Propoñemos actividades diarias, semanales ou mesmo mensuales, dependendo da demanda que teñan: teatro, talleres de pintura, de manualidades, de baile, etc......con acceso a todas as persoas e a todos os pobos pensando na xente que non se pode desprazar.

DE TÍ DEPENDE CAMBIAR ESTA TENDENCIA, TÍ ELIXES ¡¡

sábado, 26 de marzo de 2011

Interesantes convocatorias para o mercado laboral.

No DOG do venres 25/03/2011 saiu unha interesante convocatoria para o proceso de acreditación de competencias profesionais adquiridas a través da experiencia laboral, ou o que e o mesmo, con esta convocatoria pódense obter cualificacións profesionais (hoxe tan necesarias para acceder a un posto de traballo), a través de certificar experiencia laboral durante un tempo determinado.

Aquí vos deixo este interesante enlace:

http://www.xunta.es/dog/Dog2011.nsf/0e5fb445f3681a75c1257251004b10d7/5db18f731832de6ec125785d004f2f3a/$FILE/06000D001P005.PDF

Añadimos outra convocatoria no eido sociosanitario do DOG do luns 28/03/2011:

http://www.xunta.es/dog/Dog2011.nsf/0e5fb445f3681a75c1257251004b10d7/f26b9c39e16682c0c125785e00578c75/$FILE/06100D011P110.PDF

jueves, 24 de marzo de 2011

Eventos deportivos fin de semana 26 e 27 de Marzo de 2011

Os partidos que van a disputar os nosos equipos son os seguintes:

A PEROXA - SANXENXO: Domingo 27 as 17:00 no campo do Marco.

LOUREIRO - ATL. PEROXA: Sábado 26 as 17:00 en Loureiro.

Anima os equipos do teu concello ¡¡

lunes, 21 de marzo de 2011

O caderno branco dos 60 días = 60 aportacións dos veciños.

A falta de 60 días para a cita das eleccións municipais onde decideremos o que queremos para no noso concello:

Rutina ou vitalidade,
Favores ou dereitos,
Oscurantismo ou transparencia,
Intereses ou oportunidades,
............

INCINERADORA ou INDUSTRIA.

Un grupo de goberno caduco e continuísta ou a forza e a ilusión da xuventude que quere un concello mellor.

Para comenzar esta etapa pre-electoral e sendo fieis as nosas ideas, buscamos a aportacións dos nosos veciños e veciñas para que nos fagan chegar as súas necesidades e inquedanzas para trazar unhas liñas básicas para coñecer e atallar os problemas básicos do noso concello.

Dende hoxe e ata o comenzo da campaña electoral restan preto de 60 días; pois ben, tentaremos que a través da vosa aportación cada día poder por neste apartado unha idea de mellora para acadar o concello que queremos e que necesitamos.

Plantexamos así un dos nosos primeiros retos, pensar dende XA e a diario nas necesidades da nosa xente.

Por este motivo convidamosvos a participar a través deste blog, deixandoo no apartado de comentarios, no e-mail: socialistasdaperoxa@gmail.com   ,a través do grupo do facebook "Agrupación Socialista A Peroxa" e tamén coa indicación particular a algún membro da candidatura.

1.- Non permitir a instalación no noso concello do VERTEDOIRO DE LIXO = INICINERADORA. (Martes 22/03/2011).
2.- Apertura da GARDERÍA para que os nosos nenos e os seus pais teñan así un servizo BÁSICO.     (Mércores 23/03/2011)
3.- Creación dun PARQUE para disfrute dos nenos e para reunión dos non tan nenos. (Xoves 24/03/2011)
4.- Realizar as xestións e medidas oportunas para o remate logo de máis de 20 anos de enganos da "NOVA CARRETERA" de acceso o Concello: Vilarchao-A Peroxa. (Venres 25/03/2011)
5.- Campañas de PROMOCIÓN DO TURISMO para o espectacular patrimonio do noso concello (Sábado 26/03/2011)
6.- Finalización e posta en funcionamento con actividades diversas da CASA DE CULTURA (Domingo 27/03/2011)
7.- IGUALDADE de acceso dos veciños os postos e ofertas de emprego do concello, cambiar a política de favores pola de dereitos. (Luns 28/03/2011)
8.- Recuperación e promoción do noso extenso PATRIMONIO CULTURAL. (Martes 29/03/2011).
9.- REPARACIÓN e conservación periódica das carreteras de acceso os pobos do concello. (Mércores 30/03/2011)
10.- FOMENTO para a participación das distintas e variadas asociacións existentes no concello nas actividades veciñais, culturais, deportivas, etc. (Xoves 31/03/2011).
11.- LIMPEZA periódica da maleza e das beirarúas nas vías de acceso os pobos do concello. (Venres 01/04/2011).
12.- RECUPERACIÓN, MANTEMENTO E PROMOCIÓN a través actividades turísticas do noso emblema de patrimonio....o Castelo da Peroxa (Sabado 02/04/2011).
13.- VIXIANZA, CONTROL E MANTEMENTO das fosas sépticas existentes no concello. (Domingo 03/04/2011).
14.- LIMPEZA, MANTEMENTO E PROMOCIÓN das rutas de senderismo do concello. (Luns 04/04/2011).
15.- CREACIÓN de suelo industrial nun parque empresarial "real" para captar empresas. (Martes 05/04/2011).
15.- CREACIÓN de escolas deportivas municipais para fomentar o deporte nos nosos nenos e nenas. (Mércores 06/04/2011).
16.- Realización de actividades con XOGOS TRADICIONAIS onde os nosos maiores ensinen os nosos nenos e nenas as súas diversións da infancia. (Xoves 07/04/2011).
17.- CREACIÓN dun Museo Etnográfico permanente coa colaboración dos veciños para o seu disfrute e o dos nosos visitantes. (Venres 08/04/2011).
18.- ORGANIZACIÓN e promoción dende o concello da Festa da Carne e das actividades paralelas para promocionar os productos dos nosos artesáns e empresarios. (Sabado 09/04/2011).
19.- Campaña de PROMOCIÓN do Turismo para o noso concello. (Domingo 10/04/2011).
20.- DOTACIÓN de alcantarillado a tódolos pobos que todavía hoxe non o teñen. (Luns 11/04/2011).
21.- POSTA EN FUNCIONAMENTO dunha páxina WEB para o concello, operativa e funcional que sirva para promocionar o noso concello e para a realización de trámites e consultas básicas polos veciños/as.(Martes 12/04/2011).
22.- CREACIÓN dun Tanatorio Municipal. (Mércores 13/04/2011).
23.- PROGRAMAS e actividades de lecer e participación a desenrolar nos nosos pobos. (Xoves 14/04/2011).
24.- CREACIÓN do servizo de "Farmacia a Domicilio". (Venres 15/04/2011).
25.- ACTIVIDADES formativas e de lecer para as nosos mozos e mozas. (Sábado 16/04/2011).
26.- PROGRAMAS SOCIAIS de atención e mellora da calidade de vida para os nosos maiores. (Domingo 17/04/2011).
27.- ORGANIZACIÓN dunha andaina anual que sirva para promocionar o noso Concello e as rutas de senderismo para mantelas limpas e sinalizadas. (Luns 18/04/2011).
28.- XORNADAS DE CONVIVENCIA para que os nosos maiores ensinen os máis cativos os costumes e xogos tradicionais. (Martes 19/04/2011).
29.- POSTA EN FUNCIONAMENTO da Casa da Cultura como lugar de referencia para xuntanzas, actuacións e actividades para a xuventude. (Mércores 20/04/2011).
30.- APERTURA das instalacións deportivas (Polideportivo, Ximnasio, etc), para a práctica do deporte e AMPLIACIÓN do seu horario, para adaptalo as necesidades dos veciños e veciñas. (Xoves 21/04/2011).
31.-CREACIÓN e mellora dos accesos as explotacións agrícolas, gandeiras, vinícolas, forestais...(Venres 22/04/2011).
32.-AXUDA material e social para as mulleres para o coidado de maiores dependentes e discapacitados o seu cargo. (Sabado 23/04/2011).
33.- INSTALACIÓN de bocas de emerxencia para incendios nos lugares de maior risco para poder actuar con rapidez e eficacia. (Domingo 24/04/2011).
34.- AMPLIACIÓN do horario de apertura da guardería municipal para adaptalo as necesidades reais dos usuarios. (Luns 25/04/2011).
35.- Para as nosas mulleres solicitar a posta en funcionamento de ESCOLAS OBRADOIROS de emprego e cursos de orientación laboral para facilitar o seu acceso o mercado laboral. (Martes 26/04/2011).
36.- CREACIÓN dunha escola de verán que desenvolverá actividades lúdicas e de formación para os nenos e nenas nos horario laboral dos seus proxenitores. (Mércores 27/04/0211).
37.- IGUALDADE de oportunidades para o acceso aos postos de traballo ofertados a través do concello. (Xoves 28/04/2011).
38. - PUBLICITAR a toda a veciñanza as axudas e subvencións de calquer administración a través dun servizo de asesoramento e tramitación dende o concello. (Venres 29/04/2011).
39.- REALIZACIÓN de diversidade de actividades participativas e periódicas nos nosos pobos para acadar un mellor estado físico e mental: talleres de memoria, manualidades, ximnasia de relaxación. (Sábado 30/04/2011).
40.- COLABORACIÓN cos nosos pobos e parroquias na organización das súas festas e romerías como actividades de xuntanza e convivencia familiar e de veciñanza. (Domingo 01/05/2011).
41.- ORGANIZACIÓN  da Festa da Carne e Mostra da Artesanía, onde os nosos hostaleiros, artesáns e empresarios en xeral promocionarán e venderán os seus productos. (Luns 02/05/2011).
42.- CREACIÓN de Talleres Formativos para as nosas mulleres para ampliar os seus coñecementos. (Martes 03/05/2011).
43.- ACTIVIDADES de Lecer (Pilates,Ioga, Simnasia, Teatro, Pintura...) para fomentar e potenciar o asociacionismo e a convivencia. (Mércores 04/05/011).
.........


Ante o comenzo no día de maña da campaña electoral e a presentación "oficial" do noso programa electoral creado a partir das aportacións, suxerencias e ideas de moitos dos nosos veciños poñemos fin a este apartado agradecendo enormemente a colaboración de todos e todas.

So nos queda agora pedir a vosa colaboración para o 22 de maio para poder levar a cabo a realización de tódalas ideas e aportación propostas.

Vémonos na campaña ¡¡

jueves, 17 de marzo de 2011

De cara a fin de semana.....un pouco de "humor".

Por si todavía nos vistes o ridículo que fixo a provincia de Ourense nunha cadea de televisión nacional a través do noso "empresario" / presidente da Deputación.

A algúns fíxolle graza....a min sinceiramente diume pena e vergoña axena.

Por Dios, hai que librarse deste señor dunha vez por todas, e eso depende de tí ¡¡


http://www.youtube.com/watch?v=bVTELlnoP8E&feature=player_embedded#at=598

Eventos deportivos fin de semana 19 e 20 de Marzo de 2011

Pouca actividade deportiva neste fin de semana, tan só xoga o equipo da Preferente Autonómica e desta vez nun campo histórico da 2ªB e categorías importantes. Xogará en Vilagarcia de Arousa fronte o equipo local.

Recordamos que para este desprazamento importante e para disfrute do equipo e da afición a expedición sairá pola maña para ir a comer a Vilagarcia, visitar a vila e logo disputar o encontro.

Todo aquel que queira anotarse debe poñerse en contacto con calquer membro da directiva.

A saida do autobús será as 10:20 da Peroxa fronte o bar Agro e as 10:45 de Ourense, na avenida de Santiago fronte o restaurante/cafeteria Novo Milenio Llovizna.

O encontro sera no campo da Lomba as 17:00

Acompaña e disfruta cos equipos do teu concello ¡¡

Total abandono do servizos os cidadáns.

Hoxe refollando na prensa vin un artigo que me chamou a atención e que me lembrou a imaxes que presencio dia a dia no meu concello.

Neste artigo alguén denuncia a situación lamentable e de deterioro dunha marquesina en Cea onde agardan os autobuses.
Interesante ¡¡  pensei eu, que alguén se preocupe de denunciar públicamente estas actuacións de abandono os máis esenciais servizos públicos..

http://www.lavozdegalicia.es/ourense/2011/03/17/0003_201103O17C159912.htm?idioma=galego

Pois ben, como dixen antes lémbrame a unha situación que temos que soportar durante xa fai moitos anos no noso concello e que ninguén se preocupa nin o máis mínimo de arranxar; o concello mira para outro lado, a deputación hai anos que non mira por nós,...... e mentras tanto os poucos veciños que quedan nos nosos abandoados pobos sufren a diario as consecuencias, ademáis de ser unha imaxe deplorable para os que nos visitan.

Esto é un exemplo máis do que miran polo veciños dende o noso concello, o que lles interesa e que a xente se canse destas situacións tercermundistas e se vaia dos pobos cara A Peroxa ou o que é máis preocupante, cara as cidades para así non ter que gastar cartos e empregalos só na "capitalidade" para favorecer sempre os mesmos......BASTA XA ¡¡

Como se dí nestes casos......VALE MÁIS UNHA IMAXE QUE MIL PALABRAS.

 


miércoles, 16 de marzo de 2011

Un exemplo de desprezo a xuventude.

Outra vez imos a mostrarvos como o Sr. Alcalde da Peroxa utiliza a xuventude do noso concello.

Nestes días que parece que lle iluminaron as ideas e agora dedícase a rodearse e fotografarse coa nosa enganada xuventude imos lembrarvos un par de cuestións que caeron no caixón dos olvidos co grave perxuizo que esto supuxo para os nosos mozos que tan so teñen a día de hoxe como lugar de reunións, actividades e cita os bares do concello, (lugares onde por certo aproveita para xuntanrse e fotografarse con eles) sen o máis mínimo pudor. Creemos que ese non é o mellor lugar para fomentar e involucrar a xuventude a que mire polo noso concello (cousa esta que aplaudimos, lástima que so sexa con fins electorais).

http://www.lavozdegalicia.es/ourense/2007/08/15/0003_6061435.htm?utm_source=buscavoz&utm_medium=buscavoz&idioma=galego

No enlace superior tedes unha noticia do ano 2007, recén pasadas as anteriores eleccións municipais onde se puxo de prazo para inauguración do Centro Xuvenil, Biblioteca, Auditorio, Servizos Sociais e non se que máis nomes lle deron, para finais do ano 2008.

Pois ben logo de dilapidar 90 millóns das antigas pesetas entregadas polos Plan E do goberno de España o único que temos e unha estructura sen rematar e que se usa como pendello/garaxe para gardar vehículos do concello, ou como almacén.

 
 E por si lles parecía pouco despropósito de xestión logo de 4 interminables anos de obras e deterioros, podedes comprobar vos mismos o estado lamentable da praza do concello, con roturas, buratos, etc, co conseguinte peligros para os nosos viandantes e visitantes.

No enlace seguinte tedes outra nova sobre este tema onde se chamaba "Centro Juvenil".


Así é como se levan burlando de nos moitos anos, con enganos e máis enganos, e arrimándonos os mozos cando nos interesa e despreciándoos cando non son necesarios.

Unha vez máis pedimos reflexión sobre situacións como a exposta nesta noticia e lembrar que este goberno municipal pensa moi pouco ou nada na xuventude......

CENTRO XUVENIL= ENGANO
GARDERÍA = ENGANO
PARQUE INFANTIL= ENGANO
AUDITORIO= ENGANO.........

De vos depende, podedes seguir agardando polas mentiras ano tras ano ou optar por unha idea diferente de facer e de pensar na xente e nos veciños. Pero recordade que para as vindeiras eleccións do 2015 moitos de vos xa non seredes "NOVAS XERACIÓNS", senón homes e mulleres feitos e dereitos e con necesidades nun concello onde quereredes e poderedes vivir con dignidade e igualdade de oportunidades.

Por este motivo pensade ben que queredes ou que merecedes para estas municipais 2011, logo xa será tarde.

Para rematar e como aviso para os "interesados", lembrade que estamos a vixiar tòdalas actuacións no noso concello para que se realicen nos prazos previstos, e esta obra incompleta concretamente investigaremos as posibles irregularidades legais cometidas por ser unha obra pertencente o Plan E, con que eso supón, unha dos requisitos era que as actuacións foran "obras rematadas", nunca por fases, como aquí acontece.


Poñemoslle cara e nome os membros da candidatura.


                                                             CANDIDATO A ALCALDÍA:

                                          Antonio González Fiuza

                                                                 Amido




Rocio Moreiras Pavón
Souto
 





Jose Artemio Iglesias Amorín
Gulfariz




Antonio Saavedra Quintela
Turzabella

Oscar Amosa Cerviño



Ramón Soto López
Outeiriño

 Xa temos a lista completa 26/03/2011, na vindeiro semana teredes cumplida información desta situación que nos fai especial ilusión por acadar unha boa mezcla de xuventude e veteranía que espero que sexa do agrado dos veciños e veciñas e vexan en nós unha alternativa seria para un cambio necesario de rumbo na política obsoleta e chea de intereses persoais no noso concello, sempre de espaldas os veciños e tan pensando neles en èpocas electorais.








Estamos en condicións de confirmar oficialmente a candidatura dos socialistas da Peroxa para as municipais do vindeiro 22 de maio de 2011.

A algúns xa lle fomos pondo cara e agora a todos lle imos poñer os nomes, porque as caras dos que faltan son de sobra coñecidos por todos. Eso sí todas as caras teñen uns rasgos en común:

ILUSIÓN, AMBICIÓN, RESPONSABILIDADE E SOBRE TODO GAÑAS DE TRABALLAR POLO NOSO DETERIORADO CONCELLO.

Antonio González Fiuza (Toño do Amido)
Rocío Moreiras Pavón ( Rocío do Souto)
José Artemio Iglesias Amorín (Artemio de Gulfariz)
Oscar Amosa Cerviño (Oscar de Pazos de Armental)
Miguel Palacios Rodriguez (Miguel de Forxán)
Ramón Soto López (Ramón de Outeiriño)
Antonio Saavedra Quintela (Toño de Turzabella)
Delmiro Fernández González (Delmiro do Coto)
Mª del Rosario Fernández Cudeiro (Charo da Touza)
José Antonio Soutullo Prada (Soutullo de Barra)
Ana Mª Gomez Amorin (Ana de Cinconogueiras)
Mª del Pilar Fernández Gil (Pili da Peroxa Vella)
José Iglesias Silveira (José de Cinconogueiras)
Javier Rey Rey (Javier de Toubes)
Rodrigo Rodriguez Rodriguez (Rodrigo da Peroxa)

A maiores destes compoñentes da lista estas eleccións contamos con moita máis xente anónima (por distintos "motivos") pero que nos ofreceu a sua importante colaboración para esta empresa ambiciosa.
A todos eles grazas por colaborar por unha boa causa: "O futuro do noso concello".

martes, 15 de marzo de 2011

Boletín semanal de emprego público.

Entrade neste enlace e pulsade "boletín semanal".


http://www.060.es/060/appmanager/portal/desktop//page/trabajarEnlaAdministracion&fia=ciudadanosHome

Novamente un artigo negativo na prensa sobre o concello da Peroxa.

Unha noticia de prensa que fai relevancia a falta total hoxe en día do interese da xente polo noso concello, somos uns dos poucos concellos da provincia que en todo o 2010 non tivo vivenda nova.

Esta é a consecuencia de non ter unha vía de comunicación digna coa capital, unha liña de axudas para paliar o grave problema do éxodo da xuventude cara as cidades, a falta de oportunidades para traballar no noso concello, a falta de gardería, etc, etc, etc,

http://www.lavozdegalicia.es/ourense/2011/03/15/0003_201103O15C4991.htm?utm_source=buscavoz&utm_medium=buscavoz&idioma=galego

Esta tendencia de noticias sempre negativas necesita un xiro radical.

lunes, 14 de marzo de 2011

Por fin chegou o aforro.

Parece ser que por fin nos demos conta da situación e estos do PP se unen a idea do aforro enerxético. Hai que recordar fai ben pouco tempo o seu "lider" o Sr. Rajoy mofabase públicamente do que chamaron por aquel entón "cambio climático", onde todos estabamos a cometer excesos e a medio-longo prazo seguramente nos vaian pasar factura.

Na prensa deste fin de semana aparece unha importante noticia para o noso concello, parece que estamos nun plan piloto da Xunta para o aforro enerxético na iluminación a través de novas tecnoloxías.

Curiosamente, como destaca o titular é paradóxico que en toda Galicia tan só accedan a este plan concellos gobernados polo partido popular; será casualidade ou será xa a estratexia electoral a través de fondos públicos como acostuman a facer sempre.

http://www.elpais.com/articulo/Galicia/Guerra/ensaya/ahorro/energetico/municipios/Partido/Popular/elpepiautgal/20110313elpgal_7/Tes


Pois ben, esta ben recibida noticia para o noso concello que agora agardamos se cumpla realmente e non quede como otras moitas cousas no caixón do olvido sírveme para recordar en imaxes a hipocresía desta xente....

Agora lémbranse do aforro cando fai ben pouco tempo e durante varios meses foron capaces de ter encendidas durante o día o alumbrado público da nova residencia Aspanas do noso Concello.

Tras solicitar en varias ocasións a solución a dito despilfarro e sen obter resposta (coma sempre), a este problema agora colgánse as medallas para ter un cambio de "bombillas" (cando por certo, tamén criticaron cando o goberno de España as facilitou gratuitamente a través das oficinas de correos).



Seguen cumprindo a raxatabla o seu estilo de facer política:

1º - negan a situación
2º - critican as medidas propostas
3º - adoptan esas medidas como súas.
4º- cólganse as medallas do resultado positivo.

PURA E DURA HIPOCRESÍA E ENGANO UNHA VEZ MÁIS ¡¡

sábado, 12 de marzo de 2011

Presentación candidatos 2011

Na noite do pasado venres 11 de marzo presentaronse oficialmente os candidatos do PSdG-PSOE as alcaldías dos concellos da comarca de Ourense:

http://www.xornal.com/album/2011/03/12/foto/2011031215290000945.html/4#imaxe

Con este acto damos o pistoletazo de saida a unha eleccións importantes para o noso concello onde por unha banda teremos a opción de "sempre"...; obsoleta, caduca e movida únicamente por intereses electoralistas e persoais, onde a mellora de condición de vida do veciños é unha opción non contemplada nesta opción política do PP.
Os seus ideais son sempre os mesmos; políticas de favores e nunca de dereitos, promesas incumplidas unha e outra vez, falsas expectativas a unha xuventude que so se usa en épocas electorais para seguir no poder, recorte dos servizos sociais os nosos maiores, illamento total dos pobos do concello cun abandono que roza o tercermundismo en moitos dos seus accesos, nula preocupación polos problemas reais dos veciños e veciñas onde tan só se acordan deles nestas datas preelectorais, preocupación únicamente polos intereses duns poucos aplicando a frase máis de moda no PP..."haber cando e onde me colocan".
Resumindo, unha opción onde o único que prevalece son os intereses persoais e seguir vendendo favores a conta de permanecer no poder e con iso privarnos dun futuro digno para o noso concello.

Por outra banda, a opción polo que aposta a nosa agrupación, onde se aposta plenamente pola xuventude, pola renovación, polas gañas de traballar polos nosos e polos seus problemas, pola igualdade de oportunidades para todos e todas, polos dereitos dos veciños, polas infraestructuras, polos nosos cativos, polo FUTURO dun concello que non merece seguir recibindo este castigo o que nos someteron todos istes anos, e o que nos queren seguir castigando e arruinando o futuro das xentes e terras por teren esa macabra idea de traer o noso territorio ese VERTEDOIRO DE LIXO.

Lembrade ben:  Alcalde do PP na Peroxa = Vertedoiro de lixo.

Para rematar presentamos o noso candidato para as municipais 2011 na Peroxa polo PSdG-PSOE.

ANTONIO GONZÁLEZ FIUZA  (O Toño do Amido)

Xuventude, Optimismo, Forza, Traballo, Carácter, Entrega, Seriedade e con gañar de mellorar o seu concello.

Os nosos parabéns,moito animo e sorte.



jueves, 10 de marzo de 2011

Eventos deportivos fin de semana 12 e 13 de marzo de 2011.

Os partidos que van a disputar os equipos do noso concello son os que siguen:

A PEROXA C.F. - GRAN PEÑA: Domingo 13 as 17:00 no campo do Marco.

BORULFE VILAMARIN - ATL. PEROXA: Domingo 13 as 17:00 no campo de Vilamarin.

SEIXALBO FS - OS PEARES C. : Sábado 12 as 18:00 no polideportivo de Coles.

Anima os teus equipos ¡¡

miércoles, 9 de marzo de 2011

Boletín semanal de emprego público.

Como vos anunciamos a semana pasada, e tentaremos facelo en case todas, aquí tedes o enlace o boletin semanal de emprego público:

http://www.060.es/060/appmanager/portal/desktop//page/trabajarEnlaAdministracion&fia=ciudadanosHome

Tan so tedes que pulsar en boletin semanal.

Xa temos Gardería ¡¡

O titular é soprendente a estas alturas, e sería unha agradable sorpresa logo de levar anos agardando por outra promesa inclumplida.

Para comezar mirade esta noticia do ano 2005:

http://www.lavozdegalicia.es/hemeroteca/2005/04/25/3669644.shtml?utm_source=buscavoz&utm_medium=buscavoz&idioma=galego

Máis tarde sairon outras novas o respecto poñendo datas de apertura, pero coma sempre incumplidas.

Sacaron no Boletín da Provincia unhas bases e normas de uso do PAI ( punto de atención a infancia), nada se volveu saber do tema.

Logo fixeron uns "procesos selectivos" para "escoller" o persoal da gardería.

Nos orzamentos deste ano 2011 xa aparecen na relación de postos de traballo do concello as dúas prazas para as empregadas da gardería, e decir, dende a súa aprobación e publicación, aló por principios de xaneiro xa deben estar a cobrar por este servicio.

Unha e outra vez enganados e os nosos nenos e nenas sin un servizo básico que están a ter xa caseque tódolos concello de Galicia, pero nos coma sempre estamos avocados o abandono e as mentiras.

Ata cando nos van a seguir enganando e dando largas ?

Finalmente do que vos queremos informar non é da apertura da nosa gardería, senón do prazo para solicitar tanto as escolas infantis da xunta:

http://www.xunta.es/dog/Dog2011.nsf/0e5fb445f3681a75c1257251004b10d7/9408fbddf370b018c125784d004ee358/$FILE/04700D003P010.PDF

Como as prazas nas gardería da rede "galiña azul" que temos preto de nós: Coles, Vilamarin, Ourense, etc.

http://www.igualdadebenestar.org/mediateca/escolas_infantis/Prazo_ordinario_2011_2012/preinscricion/resolucion_matricula_2011-2012.pdf

Realmente nos gustaría dar a nova da apertura da gardería do concello da Peroxa, pero pola nefasta xestión municipal, onde rexeitou primeiramente incluirse na rede de galescolas (por motivos que eles saberán), e logo tras invertir unha e outra vez cartos nela (incluso para reparacións antes da súa apertura), atopamonos agora na situación que a xente moza debe desprazarse a concellos limítrofes ou a capital para poder deixar alí os seus cativos.

Unha vez máis decimos BASTA XA DE ENGANOS ¡¡

lunes, 7 de marzo de 2011

Investimento na rede viaria.

No BOP do venres 04/03/2011 na súa paxina 2 publicanse os orzamentos do Plan especial para a rede viaria provincial de municipal 2011.

https://bop.depourense.es/portal/descargarPdf.do?numBoletin=52&fecha=20110304

Unha mísera achega económica de 60.000 € para a carretera: Vilarchao - A Peroxa - Barra de Miño. E refírome a mísera porque as nosas necesidades son moi elevadas para estas irrisorias "obras".

Cada vez que sae publicado algo nestes temas, debemos examinalos con atención para ver si dunha vez por todas algúen se decide a poñer cartos para saldar a deuda histórica a que teñen sometido dende a Deputación as nosas carreteras e vias principais.

Unhas carreteras onde o abandono e deterioro e cada día máis palpable e notable, sexa cal sexa pola que nos despracemos necesitamos poñer atencíón para esquivar baches, cortes, maleza, cunetas inexistentes, etc.

Xa non só nos enganan unha e outra vez coa sempre "prometida" carretera NOVA ¿? senon que agora xa non arranxan as únicas existentes. Recordade que novamente se colocou, e van xa moitas, o cartel de inicio desta obra, e outra vez máis caerá coas inclemencias meteorolóxicas antes da execución da obra.

Vías de comunicación básicas para o futuro e desenrolo das poboacións. Unha paralización que nos fixo ter o noso concello, cercano a Ourense, aislado completamente do progreso e do futuro empresarial, industrial e turístico que se experimentaron os nosos concello limítrofes. É moi triste asociar o nome da Peroxa o dunha carretera e uns accesos lamentables, propios doutro século.

Por este e por outros moitos motivos, creo que deberíamos decir BASTA XA ¡¡ a unha xestión municipal obsoleta, falta de criterios (tan só electoralistas), e dar paso a unha nova etapa como fixeron e van a facer os concellos veciños.

Convocatoria prazas xuvenis no programa Campaña de verán 2011

No DOG do 07/03/2011 atoparedes na páxina 3743 a convocatoria coas bases para as prazas en actividades de tempo libre para a mocidade no ano 2011.

Moi interesante esta convocatoria para xovenes con gañas de pasalo ben e vivir novas experiencias.

http://www.xunta.es/dog/Dog2011.nsf/0e5fb445f3681a75c1257251004b10d7/1ae5ef182ed9b7d9c125784900552a35/$FILE/04500D005P035.PDF

jueves, 3 de marzo de 2011

Eventos deportivos fin de semana 5 e 6 de Marzo de 2011

Os encontros onde van participar os equipos do noso concello son os seguintes:

OURENSE "B" - A PEROXA C.F: Domingo 6 as 12:00 no campo de Oira.

ATL. PEROXA - CIDADE DAS PONTES: Domingo 6 as 17:00 no campo do Marco.

OS PEARES C. - CAFE BAR GOMESENDE: Sábado 5 de marzo as 18:00 no polideportivo de Oira.


Acude animar os teus ¡¡

martes, 1 de marzo de 2011

Novas achegas económicas para o concello da Peroxa

Nestas datas o noso concello recibiu novas subvencións para temas diversos:

No DOG do 16/02/2011 na súa páxina 2639 aparece concedida o noso concello a cantidade de 15.000€ para a realización de actividades de información, orientación e busca de emprego. Actividades que estamos agardando todaví;, unha nova cantidade de cartos que seguramente se empregaron coma outras veces no soldo de algún traballador/a do concello.

http://www.xunta.es/dog/Dog2011.nsf/0e5fb445f3681a75c1257251004b10d7/20af594600b27e1cc125783800542ba1/$FILE/03200D008P014.PDF

A Deputación tamén dentro dos plans provinciais 2011 (este ano máis que nunca, para fins meramente electorais), ben de publicar as obras para o noso concello:

41.000 € para o acceso a Abertesga e Outeiro.
41.000 € para o acceso a Graíces.

No BOP de 01/03/2011 nas paxinas 11 e 23 atoparedes esta información.

https://bop.depourense.es/portal/descargarPdf.do?numBoletin=49&fecha=20110301

Esperamos con ansiedade e preocupación o emprego deste cartos para un uso realmente de mellora e de futuro.