Benvido a este teu lugar de información, consultas, aportacións e por suposto críticas.


Un grupo, un compromiso, unha idea, unha ilusión...

Poñemos o teu alcance unha ferramenta necesaria para coñecer toda a información sobre o noso Concello: actuacións, acordos, propostas, necesidades, acontecementos.... e tamén lugar para opinar libremente a través dos teus comentarios.

Esperamos as túas aportacións.

jueves, 30 de diciembre de 2010

Eventos deportivos do primeiro fin de semana do 2011

Pouca actividade deportiva "oficial" neste primeiro fin de semana, tan só xoga un dos noso equipos:

CAMBADOS - A PEROXA C.F. : Domingo 2 as 16:15 en Cambados

Saída do bus da Peroxa as 13:00 (fronte o bar O Agro) e de Ourense (na avenida de Santiago, fronte o restaurante Novo Milenio-Llovizna) as 13:20

Acompaña e anima o teu equipo ¡¡

miércoles, 29 de diciembre de 2010

Datos estatísticos do noso Concello

Aquí vos deixo un enlace onde podedes ver datos detallados sobre o noso concello. Moitos deles moi negativos como os da poboación infantil e xuvenil, nacementos ou un dos máis graves, a falla de empresas con postos de traballo para os nosos veciños e a perda constante na agricultura e gandeiría, unha dos pilares durante anos da nosa economía.
Todo isto resultado dunha política sen ambición, negativa e perxudicial para o noso concello por falta de inversión en infraestructuras, en axudas para o campo, servicios sociais para maiores e para a infancia, etc, etc, etc...

http://www.ige.eu/igebdt/esq.jsp?paxina=002003001&c=-1&ruta=fichas%2Fbdmunicipal_tablas.jsp%3FESP%3D32059

Os datos parecen dun concello perdido no medio da nada, e non dun que está a 15 minutos da capital e cunha materias primas e unha beleza fora de toda dúbida.

O regalo de nadal do señor Feijoo.

Nestes días vimos es diferentes xornais unha noticia que para moitos pasou desapercibida completamente e que realmente é moi negativa para o noso futuro.
Moito se está a falar da subida da luz, do gas, dos combustibles, etc....estou dacordo de que son subidas impopulares e dolorosas para os nosos bolsillos, pero por culpa de  malas xestións de hoxe ou do pasado, necesarias.
A noticia da que vos falo é que o SERGAS, seguindo coa súa liña cara a privatización da sanidade (uns dos obxetivos do Sr. Feijoo), vai cobrar polos servicios das ambulancias ¡¡, si señor, cobrar polos nosos dereitos a gratuidade da sanidade....vergoñento ¡¡, e todo isto cunha norma agochada nun decreto.
Calquer persoa que faga uso das ambulancias, para ir as consultas, tratamentos médicos, traslados entre centros, vai ter que pagar.
Haber si dunha vez por todas non concienciamos e realmente protestamos e nos queixamos por cousas realmente importantes e que moitos queren agochar.
Lede aquí a noticia:

http://www.elpais.com/articulo/Galicia/Sergas/abre/puerta/cobrar/traslados/ambulancia/elpepiautgal/20101221elpgal_3/Tes

Convocatorio de axudas para os nosos emigrantes

Tendo en conta que nos consta que nos seguen algúns veciños dende a emigración exterior, e tendo en conta a nosa labor informativa, comunicamoslles a publicación no DOG das convocatorias para as axudas individuais e tamén dos diferentes seminarios e obradoiros.

Nestes dous enlaces tedes as convocatorias onde se recollen coma sempre, requisitos, prazos, etc:

http://www.xunta.es/dog/Dog2010.nsf/0e5fb445f3681a75c1257251004b10d7/d5203bf7f93be8a3c12577ff0059600d/$FILE/24300D001P006.PDF

http://www.xunta.es/dog/Dog2010.nsf/0e5fb445f3681a75c1257251004b10d7/30355c027dc321d6c12578070058a93a/$FILE/24900D002P040.PDF

Unha vez máis poñémonos dende aquí a vosa disposición para calquer tipo de consulta ou axuda ao respecto.
Lémbrovos a nosa principal vía de comunicación, o enderezo electrónico: socialistasdaperoxa@gmail.com

martes, 28 de diciembre de 2010

A nosa inocentada de hoxe 28 de decembro de 2010

Como non podía ser doutro xeito nun día coma o de hoxe, axeitado para facer bromas, imos aportar a nosa, pero non de colleita propia, senón unha das moitas que podemos sacar das palabras do noso alcalde, que unha vez tras outra nos engana con promesas e prazos irreais para obras básicas e dexesadas o longo de moitos anos polos nosos veciños......como a nosa carretera "nova", (aproveito para felicitarlo por poñer novamente, e non sei xa cantos van, outro cartel anunciador do inicio das obras....¿?). Ollade esta perla:

http://www.lavozdegalicia.es/ourense/2009/11/26/0003_8131557.htm?utm_source=buscavoz&utm_medium=buscavoz&idioma=galego

A principios do 2011?.....ja, ja, ja.......
O citado cartel anunciador creo que prevé un prazo de 18 meses para finalizar as obras.....¿dende cando?: dende a colocación do cartel? dende o inicio das obras? ....BASTA XA DE ENGANOS ¡¡

Aquí vos deixo outra boa noticia: lembrádesvos cando na Peroxa (e outros lugares non afectados tamén para facer bulto), se recolleron sinaturas para quitar as bandas rugosas da carretera na Barra?, si home, esa folla que che ofrecían para asinar o tempo que tomabas o café nos bares.

Pois ben, pouco tempo despois esa obra fíxose e as bandas tan brutas iniciais que colocaron, foron sustituidas por otras axeitadas e menos molestas........Tendo en conta que están convencidos que foron polas súas sinaturas (cando xa estaba previsto facía tempo atrás), porqué non iniciamos agora outra recollida de sinaturas por algo verdadeiramente interesante: QUE SE FAGA UNHA CARRETERA DIGNA PARA O NOSO CONCELLO,  e non do século pasado (como en algúnha ocasión recoñeceu o noso citado alcalde).

http://www.lavozdegalicia.es/ourense/2009/11/18/0003_8114184.htm?utm_source=buscavoz&utm_medium=buscavoz&idioma=galego

Sobre a nosa historia ¡¡

Interesante artigo sobre a recuperación dos restos do noso histórico personaxe Roberto Blando Torres:

http://www.elpais.com/articulo/Galicia/dobre/desaparicion/Roberto/Blanco/Torres/elpepiautgal/20100917elpgal_17/Tes

E outro non menos interesante sobre a súa dona Julia e a súa vida no pobo do Amido ( A Peroxa):

http://fragmentosgutenberg.blogspot.com/2010/09/tia-julia.html

Lástima que dende o noso concello non se lembren dos nosos personaxes históricos e que deron a súa vida por defendelas súas ideas e a nosa liberdade. Tan só se engadiron os actos do día das Letras Galegas para saír na foto e facer promesas inclumplidas a día de hoxe todavía e seguramente olvidadas por completo.

miércoles, 22 de diciembre de 2010

GRAZAS ¡¡

Logo destes poucos meses que levamos con vos, son xa máis de 2.000 páxinas visitadas neste blog. Por iste motivo tan só nos queda darvos as GRAZAS a todos e asegurarvos que seguiremos expondo as nosas opinións, suxerencias, avisos, queixas, etc..durante moito tempo neste lugar de información para tod@s.

Unha aperta.

GRUPO MUNICIPAL SOCIALISTA A PEROXA.

O noso apoio tamén ¡¡

Como non podía ser doutro xeito, o Grupo Municipal Socialista da Peroxa apoia completamente o noso Secretario Xeral (Pachi Vázquez) e noso Secretario Provincial (Raúl Fernández) nesta proposta de "unha persoa, un cargo"....todos podemos aportar cousas e ideas de mellora o noso partido. Noraboa pola iniciativa.

http://www.ourensedixital.com/_novas/10/12/23_02.htm

Para mostra do noso apoio, unha foto na primeira liña de batalla ¡¡

Eventos deportivos do fin de semana de nadal 2010

O domingo 26 disputarase no campo do Marco dende as 11:30 da maña un triangular entre os equipos "veteráns" do GADAFFI, LLOVIZNA E UN COMBINADO PEROXANO.
Unha boa iniciativa para pasar un bo momento entre amigos.

Pola tarde dende as 16:00 e no mesmo escenario disputarán un amigable entre os equipos do ATLETICO PEROXA e o BARRA DE MIÑO.

Outra opción deportiva para pasar a tarde do domingo.

Boas festas a tod@s ¡¡

lunes, 20 de diciembre de 2010

Cos nosos mellores desexos para tódolos veciños e visitantes ¡¡

Tempo de diversión ¡¡

Nestas datas especiais para os nosos nenos e nenas, abre as suas portas un ano máis PAZOLANDIA.
Un lugar para a súa diversión e entretemento.

Os nenos do noso concello tócalle este ano ir o vindeiro 4 de Xaneiro de 2011:

Saída da Peroxa as 10:00

Apúntate a diversión ¡¡

jueves, 16 de diciembre de 2010

Hoxe branco e mañá negro ¡¡

Pouca ou ningunha credibilidade nos poden ofrecer estos cafres do PP cando un día defenden unha idea ou proxecto (como sempre con insultos e descalificación incluídas), e o seguinte din amén a todo.....eso sí e ser consecuente coas ideas, OLÉ ¡¡

Eventos deportivos fin de semana 18 e 19 de Decembro de 2010

E para rematar o 2010....estes son os partidos dos nosos equipos:

A PEROXA - PORRIÑO: Domingo 19 as 16:00 no campo do Marco.

ATL. PEROXA - OS CHAOS: Domingo 19 as 11:30 no campo do Marco.

OS PEARES - MAQUINOR: Sábado 18 as 20:00 no pabellón de Coles.

Anima os equipos do teu concello ¡¡

jueves, 9 de diciembre de 2010

Eventos deportivos fin de semana 11 e 12 de Decembro de 2010

Partidos dos equipos do concello: 

A PEROXA C.F - ATIOS: Domingo 12 as 16:00 no campo do Marco.

ATL. PEROXA - ATL. VELLE: Domingo 12 as 11:30 no campo do Marco.

OS PEARES - SEIXALBO: Sábado 11 as 16:00 no anexo do Pabellón dos Remedios.

Anima os teus equipos ¡¡

jueves, 2 de diciembre de 2010

Eventos deportivos fin de semana 4 e 5 de Decembro de 2010

Estes son os partidos que xogaran os equipos do Concello:

RIBADUMIA - A PEROXA C.F: Domingo 5 as 16:30 (Saída bus da Peroxa as 13:00 fronte o bar O Agro e as 13:30 de Ourense, frente o Restaurante Novo Milenio, na Avenida de Santiago).

PIÑOR - ATLETICO PEROXA: Domingo 5 as 16:00 no campo de fútbol de Cea.

BAR GOMESENDE - OS PEARES: Sábado 4 as 17:00 no Anexo do Pabellón dos Remedios.

Neste tempo xélido, anima e dalle "calor" coa túa presencia os nosos equipos ¡¡

Subvencións para actividades físico-deportivas

No BOP do 02/12/2010 sae convocadas pola Deputacion de Ourense axudas para subvencionar actividades físico-deportivas a realizar no 2011 por asociacións.
Informate no seguinte enlace dos requisitos e das bases:

https://bop.depourense.es/portal/descargarPdf.do?numBoletin=277&fecha=20101202

Cumprindo o prometido ¡¡

Logo de múltiples xestións e traballos, por fin a concello de Ourense sacou adiante un dos grandes proxectos que levaba no seu programa electoral, a rede WIFI na cidade.
Estas son as políticas socialistas, encaradas o futuro e as novas tecnoloxías e o máis importante.....para todos ¡¡
Neste enlace deixovos a nova de prensa e na paxina do concello tedes os puntos de acceso e instruccions.
Noraboa a tódolos ourensáns ¡¡

http://www.ourensedixital.com/_novas/10/12/02_08.htm

http://www.ourense.es/portalOurense/RecursosWeb/DOCUMENTOS/1/0_3610_4.pdf

miércoles, 1 de diciembre de 2010

Ou con eles, ou contra eles ¡¡

Sorprendente para moitos a nova de prensa de hoxe onde se reflexa a dimisión do ata fai pouco tempo portavoz e cabeza visible do PP en Ourense (Poly Novoa).
Esta claro que o "clan" Baltar non quere xente o seu redor que non baile a súa música...en fin...unha pena....e logo enchéselle a boca coa palabra tan vilipendiada e humillada por eles: "democracia".
Un acicate máis para tentar librarnos deles e do seu "poder malintencionado". Usan os seus cargos institucionais para beneficio e lucro propio.

http://www.elpais.com/articulo/Galicia/Dimite/lider/local/PP/Ourense/enfrentamiento/Baltar/elpepuespgal/20101201elpgal_11/Tes